Rapaces


» A Biblioteca Nodal de Pontevedra e BD Banda organizan un obradoiro de banda deseñada

» Descubrir os corpos dun xeito lúdico

» II Premio Literario Escolar Caixanova

» Os oficios centrarán as actividades do mes de febreiro na libraría Libros para soñar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

A Biblioteca Nodal de Pontevedra e BD Banda organizan un obradoiro de banda deseñada

 

Obradoiro de Banda Deseñada na Biblioteca Nodal de Pontevedra(17-02-2009) Kiko da Silva, Fernando Iglesias e Fran Bueno Capeáns imparten o obradoiro ‘Facer BD: Seminario de técnicas de narración visual’ organizado pola Biblioteca Nodal de Pontevedra 'Antonio Odriozola' e coordinado pola Asociación BD Banda.

 

O proxecto consiste nun curso para aprender a facer banda deseñada, destinado a persoas de máis de trece anos cuns mínimos coñecementos do medio. O seminario desenvolverase ao longo de seis sesións entre o 19 de febreiro e o 16 de abril.

 

No seminario abordarase o emprego das ferramentas de debuxo, técnicas para a creación de guión, creación de personaxes, planificación de páxina, técnicas de cor e, finalmente, unha sesión na que se analizarán varios títulos clásicos da historia da BD á luz do aprendido. Os participantes deberán desenvolver diferentes exercicios que serán revisados polos relatores. Finalmente, e tras ter experimentado coas técnicas de BD de maneira directa, analizaranse algúns dos clásicos do mundo cómic.

 

As datas de delebración do obradoiro serán os días 19 e 26 de febreiro, o 5 e 26 de marzo e os días 2 e 16 de abril rn horario de 19.00 h. a 21.00 h. As prazas son limitadas e xa está aberto prazo de inscrición na propia biblioteca (3ª planta), no correo-e biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou no teléfono 986850838.

 

Descubrir os corpos dun xeito lúdico

 

Descubrindo os corpos(12-02-2009) Divulgar e fomentar a aprendizaxe en galego de coñecementos científicos dunha forma amena e divertida é un dos obxectivos da colección Descubrindo os corpos, que acaba de ver a luz da man de Edicións A Nosa Terra. Trátase dunha serie de manuais de consulta con materiais complementarios en tres dimensións nos que se abordan cuestións relacionadas coa rama das ciencias e, máis concretamente, coa bioloxía, xa que neles se afonda no estudo dos seres vivos desde a perspectiva da súa anatomía.

 

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López e o director da editorial A Nosa Terra, Xosé Puga presentaron onte esta colección onde se destacou a importancia desta clase de proxectos para “fomentar o uso do galego mediante ferramentas que resulten atractivas sobre todo para os máis mozos, e tamén para normalizar o emprego da nosa lingua vinculado a todos os ámbitos da vida, incluído o académico e o científico”.

 

Descubrindo os corpos ten unha tiraxe inicial de 18.000 exemplares, 3.000 por cada un dos seis títulos cos que arranca esta colección e que están dedicados a descubrir os corpos humano, do dinosauro, da ra, do can, do tiburón e do golfiño.

 

O responsable de Edicións A Nosa Terra sinalou que de cara ao vindeiro Nadal agardan poder editar algún título máis da colección.

 

II Premio Literario Escolar Caixanova

 

 II Premio Literario Escolar Caixanova(05-02-2009) Caixanova convoca á segunda edición do Premio Literario Escolar, dirixido a estudantes de Primaria, ESO e bacharelato, co obxectivo de fomentar a lectura e promover a creación literaria no ámbito escolar.

 

Todos os textos participantes deben ser orixinais e inéditos, escritos en galego ou en castelán, pudendo ser ben traballos poéticos como  narrativos. Caixanova fará entrega dun premio por cada nivel tanto aos alumnos gañadores en cada categoría como aos profesores que avalen os seus traballos. O galardón consiste nun equipo informático completo para o estudante e dun ordenador portátil para o docente. O fallo do xurado cualificador, que estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no campo da literatura, farase público a través dos medios de comunicación o día 11 de maio de 2009. A entrega de premios terá lugar nun acto literario que se comunicará oportunamente e que contará coa presenza dos galardoados.

 

[Descargar as bases]

 

Os oficios centrarán as actividades do mes de febreiro na libraría Libros para soñar

 

Programa Libros para Soñar(05-02-2009) O novo traballo musical do grupo MamaCabra, titulado Todos os animais ao caixón, no que colabora tamén a profesora Susa Herrera abrirá o venres 6 de febreiro, ás 18.30 h., as actividades para o mes de marzo da libraría viguesa Libros para Soñar (R/ Triunfo, 1). O programa de actividades da Libraría para este mes de febreiro está adicado aos oficios, polo que a música será a profesión da que mañá falarán os convidados á sesión de animación á lectura.

 

O vindeiro venres día 13 o invitado especial será José Villar, que lles contará aos nenos e nenas que se acheguen en que consiste o seu traballo como bombeiro.

 

Para a semana seguinte, a libraría celebrará a Festa de Entroido, cunha sesión de contos e un taller de maquillaxe. Pechará as actividades do mes a sesión protagonizada polos “pallasos lectores”.

 

Durante febreiro, a sala de exposicións de Libros para Soñar amosa unha escolma das ilustración do libro O nacemento do dragón (Faktoría K) ao que se adicou a sesión anterior, sobre o Día Escolar da Paz.

 

A entrada a todas estas actividades é de balde.

 

 

RECURSOS

 

Galeteca

 

 

LIGAZÓNS

 

Biblioafonso

 

 

 

MESES ANTERIORES

 

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

BIBLIOTECA  MÁXICA

 

Prelectores

Os catro amigos

 

Os catro amigos

 

 

Infantil

 

Lu e Go pola muralla

 

Lu e Go pola muralla

 

 

Xuvenil

 

O segredo de Marco Polo

 

O segredo de Marco Polo

 

 

 

 

Prelectores

 

¿Quen me quere adoptar?

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns