Rapaces


» Educación reparte mochilas de libros para fomentar a lectura entre os nenos e nenas ingresados en hospitais este Nadal

» Kalandraka e a brasileña Callis crean Kalandraka Brasil

» Marcos S. Calveiro faise co premio Lazarillo 2009

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Educación reparte mochilas de libros para fomentar a lectura entre os nenos e nenas ingresados en hospitais este Nadal

 

Hora de ler(21-12-2009) Ao longo do Nadal a Consellería de Educación e Ordenación Educativa repartirán en hospitais de Galicia mochilas destinadas a fomentar a lectura. Esta actividade inclúese dentro do programa ‘Hora de ler’.

 

O Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, sinalou que “esta mochila será sen dúbida compañía grata para os máis de 250 nenos e nenas que se vexan obrigados a permanecer no hospital nos días de Nadal”. Os lotes inclúen un pequeno lote de libros, co mellor da literatura infantil e xuvenil actual, seleccionados con criterios de calidade e apropiados á idade dos lectores e lectoras. Polo valor terapéutico que se lle da á lectura agardase que esta experiencia contribúa a facer máis grata está época para os rapaces, que atoparán na lectura unha forma de evadirse e de gozar.

 

 

Kalandraka e a brasileña Callis crean Kalandraka Brasil

 

Nace Kalandraka Brasil(09-12-2009) A editorial pontevedresa Kalandraka e a editorial brasileira Callis asinaron na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México) un acordo para crear o selo Kalandraka BRASIL, co que aspiran a converterse nun referente na edición de álbums ilustrados de calidade para os lectores dese país.

 

Ao longo de 2010 publicaranse os primeiros dez títulos, entre os que figuran as obras gañadoras do Premio Internacional Compostela: Cerca, de Natalia Colombo, e Un gran soño, de Felipe Ugalde, ás que se sumará o traballo que resulte galardoado o vindeiro mes de abril na terceira edición do certame.

 

Coa súa implantación en Brasil, Kalandraka avanza na súa proxección internacional e reforza o seu proxecto editorial plurilingüístico, iniciado en 2002 coa creación de Kalandraka Portugal. Seguiulle hai dous anos a posta en marcha de Libros para Soñar en México e de Kalandraka Italia.

 

A proxección de Kalandraka no Brasil responde ao interese de afondar na relación cos países lusófonos, cos que existen lazos históricos e culturais. A colaboración entre Kalandraka e Callis remóntase aos últimos anos, cando esta última comezou a adquirir dereitos para a tradución e publicación de varios álbums ilustrados en Brasil. Callis é un destacado selo editorial con 22 anos de historia, especializado en libros infantís e xuvenís, que conta con coleccións de Arte, Historia, Literatura e Música, e que aposta pola revalorización da cultura brasileira.

 

 

Marcos S. Calveiro faise co premio Lazarillo 2009

 

Marcos S. Calveiro, Premio Lazarillo 2009(09-12-2009) A AOEPLI (Organización Española para el libro infantil y juvenil) deu coñecer os galardoados co premio Lazarillo 2009. No apartado de Creación literario o premio recaeu no escritor vilagarcián Marcos S. Calveiro pola obra O pintor do sombreiro de malvas.

 

No libro, un adolescente problemático que reside no París de finais do século dezanove pasa unha tempada na vila de Auvers cunha vella tía da súa nai. Durante a súa estancia, coñecerá a Vincent, un pintor que parece beber a vida con cada unha das violentas pinceladas practicadas sobre o lenzo. Axiña faranse inseparables e o acompañará no seu deambular polos campos de Val d'Oise e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. O pintor do sombreiro de malvas, publicarase en galego por Xerais, en castelán por Edelvives e en éuscaro por Idiazabal.

 

O Premio Lazarillo, o máis antigo do Estado español na literatura infantil e xuvenil, foi convocado polo extinto Instituto Nacional del Libro Español no ano 1958 coa finalidade de estimular a creación de bos libros para nenos e xoves. Dende o ano 1986 é a OEPLI quen se encarga de convocalos anualmente, co patrocinio do Ministerio Cultura e Deportes, nas súas dúas modalidades: Álbum Ilustrado y Creación Literaria. Co galardón nesta edición a Marcos S. Calveiro, o Premio Lazarillo pulsa o bo momento actual no que se encontra a LIX infantil e xuvenil galega. A este premio, ao que concorren obras escritas nas linguas oficiais do Estado, considerou nos últimos dez anos seis obras en galego como gañadoras do certame, a este O pintor do sombreiro de malvas habería que engadir os premiados A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre; Cándida Viladecruces de Gloria Sánchez; Amar e outros verbos, de Ana María Fernández; A noite da raíña Berenguela, de Xosé Antón Neira Cruz; A ollada de Elsa, de An Alfaya.

 

 

RECURSOS

 

Galeteca

 

 

LIGAZÓNS

 

Biblioafonso

 

 

 

MESES ANTERIORES

 

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

BIBLIOTECA  MÁXICA

 

Prelectores

Os catro amigos

 

Os catro amigos

 

 

Infantil

 

Lu e Go pola muralla

 

Lu e Go pola muralla

 

 

Xuvenil

 

O segredo de Marco Polo

 

O segredo de Marco Polo

 

 

 

 

Prelectores

 

¿Quen me quere adoptar?

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns