Rapaces


» A literatura infantil procedente de  Galicia buscará un oco na 16º Feira Internacional do Libro de Beijing

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A literatura infantil procedente de  Galicia buscará un oco na 16º Feira Internacional do Libro de Beijing

 

Presenza galega na 16ª Feira Internacional do Libro de Beijing(31-08-2009) Beijing celebra a súa 16º Feira Internacional do Libro do 3 ao 7 de setembro cunha ampla representación galega, centrada básicamente na produción das editoriais dirixidas ao público máis novo. Este ano, que conta con España como país invitado, chegarán ata os andeis chineses os libros de Kalandraka, Faktoría K, OQO, Nova Galicia e Netbiblo, así como escritores como Alfredo Conde, María Menéndez-Ponte ou Ramón Pernas.

 

Kalandraka Editora, que mantén dende hai anos unha estreita relación co mercado asiático, a través da tradución de obras de produción propia que foron publicadas por editores de Taiwán, Xapón e Corea a chinés, xaponés, coreano e inglés. Avós, de Chema Heras e Rosa Osuna, e Renato, de Manuel Hidalgo, son os títulos existentes nas librarías e bibliotecas de China. A estes libros sumarase proximamente a tradución dun dos principais clásicos contemporáneos da literatura universal, xa que A que sabe a lúa?, de Michael Grejniec, tamén se publicará en chinés. Trátase da primeira tradución internacional que se fará desta obra dende que Kalandraka se converteu en axente deste autor polaco, afincado en Tokio. No último ano, a editorial pontevedresa vendeu ao mercado asiático os dereitos para traducir ata dez álbums ilustrados, aos que en pouco tempo haberá que sumar a obra gañadora do I Premio Internacional Compostela, Cerca, de Natalia Colombo.

 

 

RECURSOS

 

Galeteca

 

 

LIGAZÓNS

 

Biblioafonso

 

 

 

MESES ANTERIORES

 

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

BIBLIOTECA  MÁXICA

 

Prelectores

Os catro amigos

 

Os catro amigos

 

 

Infantil

 

Lu e Go pola muralla

 

Lu e Go pola muralla

 

 

Xuvenil

 

O segredo de Marco Polo

 

O segredo de Marco Polo

 

 

 

 

Prelectores

 

¿Quen me quere adoptar?

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns