Rapaces
| » As editoras Kalandraka e Faktoría K disporán de stand propio na Feira do Libro de Guadalajara » O Ministerio de Educación e a Consellería de Educación da Xunta investirán máis de dous millóns de euros no Plan de Mellora das bibliotecas escolares neste 2008 » O escritor inglés de orixe hindú Bali Rai percorrerá a vindeira semana varios institutos galegos » Kalandraka Editora expón en Vilagarcía de Arousa orixinais dalgúns dos seus "clásicos" » Política Lingüística organiza entre os centros de ensino un concurso centrado na figura de Ramón Piñeiro » El secreto del oso hormiguero de Beatriz Osés, gaña o I Premio de Poesía para nenos "Ciudad de Orihuela"
|
|
|
As editoras Kalandraka e Faktoría K disporán de stand propio na Feira do Libro de Guadalajara
A FIL de Guadalajara, que se prolongará ata o 7 de decembro con Italia como país invitado, inclúe no seu programa de actividades a celebración do VII Foro Internacional de Editores e Profesionais do Libro, co lema “O libro para nenos e mozos, un mercado en crecemento”. Os representantes de Kalandraka asistirán a estas xornadas, os días 2 e 3 de decembro, organizadas pola FIL e o Centro Rexional para o Fomento do Libro en América Latina e o Caribe.
O stand de Kalandraka e Faktoría K situarase no acceso a ‘FIL Niños’, unha sección da feira adicada exclusivamente a potenciar o libro e a lectura entre o público infantil e xuvenil. Nese espazo celebraranse obradoiros, espectáculos, exposicións e encontros con autores.
[Máis información sobre a Feira do Libro de Guadalajara]
|
O Ministerio de Educación e a Consellería de Educación da Xunta investirán máis de dous millóns de euros no Plan de Mellora das bibliotecas escolares neste 2008
A conselleira destacou que, ao longo dos últimos tres anos, un dos obxectivos no ámbito educativo do Goberno galego foi a renovación da rede de bibliotecas. Sánchez Piñón destacou que a addenda ao convenio de colaboración para o Plan de mellora das bibliotecas escolares asinado supón unha continuación ao conxunto de achegas económicas que se iniciaron en 2006, coa subscrición dun convenio para a mellora de bibliotecas entre a Xunta e o Ministerio de Educación e Ciencia.
|
O escritor inglés de orixe hindú Bali Rai percorrerá a vindeira semana varios institutos galegos
Bali Rai, considerado como un dos escritores máis prolíficos e de maior éxito na literatura anglosaxona xuvenil, con títulos de tanta repercusión coma Rani & Sukh ou The crew e gañador de prestixiosos prmio coma o “Brandford Boase Award Shorlist” ou o “Angus Book Award”, percorrerá ao longo da próxima semana os centros educativos da Coruña, Sada, Arteixo, Silleda, Catoira, Boiro e Santiago de Compostela para partillar cos rapaces e rapazas a súa experiencia de fillo de emigrantes hindús -punxabis- e os seus problemas de integración dentro dunha cultura tan diferente como é a anglosaxona. Este diálogo cara a cara cos rapaces terá como punto de partida a presentación do seu libro Un casoiro ben mal amañado. A obra, destinada a un público xuvenil, retrata, cunha linguaxe áxil e sen complexos, o conflito que representa para un rapaz adolescente desafiar as ríxidas estruturas patriarcais da cultura punxabi e forxarxe a si mesmo para procurar a propia identidade.
|
Kalandraka Editora expón en Vilagarcía de Arousa orixinais dalgúns dos seus "clásicos"
Destaca a obra de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado dende hai anos en Galicia, que ilustrou o clásico A verdadeira historia de Carapuchiña. Esta obra foi galardoada en 2005 co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial ao mellor Álbum Infantil. Nesta mesma sala están as figuras de plastilina das pontevedresas Sofía F. Rodríguez e Ana Míguez para o libro Os sete cabritos.
Xunto cos artistas galegos, a exposición conta coa obra doutros ilustradores convidados. Así, o valenciano Pablo Auladell ilustrou A casiña de chocolate, un título que Kalandraka reeditou co gallo do décimo aniversario da editorial. Na exposición da Biblioteca Rosalía de Castro destaca unha reprodución -de gran formato e feita con cartón- da casa ilustrada por Auladell para este conto dos irmáns Grimm.
Ademais, figuran os orixinais de Os tres osos, realizados polo extremeño Miguel Tanco cunha técnica mixta a base de acrílicos, collage e materiais textís.
|
Política Lingüística organiza entre os centros de ensino un concurso centrado na figura de Ramón Piñeiro
Entre os obxectivos que persegue esta iniciativa, destacan os de potenciar o estudo da obra e da época de Ramón Piñeiro e propiciar a reflexión sociolingüística sobre a etapa histórica na que viviu. Ao mesmo tempo, a convocatoria trata de contribuír a impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración entre departamentos dentro dun mesmo centro educativo e que propicien a implicación activa de profesorado e alumnado. Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega e promover a súa divulgación como referentes para outros centros é outro dos fins que ten este concurso. O eixo temático da exposición será a obra e a época de Ramón Piñeiro, observada dende unha perspectiva pluridisciplinar e na que o transcurso biográfico sirva de motivo para abordar unha realidade máis complexa. O traballo deberá ser interdepartamental e contar coa implicación dun mínimo de cinco seminarios.
A mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída en máis de tres mil puntos de Galicia e do exterior, como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros. As dúas montaxes elixidas recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 euros.
|
El secreto del oso hormiguero de Beatriz Osés, gaña o I Premio de Poesía para nenos "Ciudad de Orihuela"
O xurado destacou "o valor e calidade poética da obra premiada, a súa riqueza de imaxes, a súa tenrura e o seu humorismo cercano ao neno” na obra de Beatriz Osés. O fallo do premio coincide co día no que se celebra o 98º aniversario do nacemento do poeta Miguel Hernández (1910-1942). En homenaxe ao autor oriolán, e para impulsar a creación, a publicación e a lectura de poesía infantil, o Concello de Orihuela e Faktoría K apostaron por crear este certame de carácter anual, que aspira a converterse nun referente no mundo hispanofalante. A esta primeira edición presentáronse 151 traballos procedentes de numerosos puntos de España e Latinoamérica, un dato que os organizadores consideraron moi satisfactorio polo alto nivel de interese amosado polos creadores.
Da obra gañadora, que publicará Faktoría K, farase unha tirada de 3.000 exemplares que se distribuirán por Europa e América. A editorial galega tamén a promocionará nas feiras do libro máis importantes a nivel internacional, como Liber (España), Boloña (Italia), Bos Aires (Arxentina), Frankfurt (Alemaña) e Guadalaxara (México).
|
|
RECURSOS
|
|
LIGAZÓNS
|
|
MESES ANTERIORES
|
| BIBLIOTECA MÁXICA |
|
Prelectores |
|
Os catro amigos |
|
Infantil
|
|
Lu e Go pola muralla |
|
Xuvenil
|
|
O segredo de Marco Polo
|