Rapaces


» O novo de Momán distribuirase con A Peneira

» O Grove celebra a I Festa do Libro Infantil e xuvenil

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

O novo de Momán distribuirase con A Peneira

 

Por unha palabra tan só(30-07-2010) O xornal A Peneira distribuirá este mes de xullo entre os seus lectores o poemario Por unha palabra tan só. Poemas para @s máis nen@s, do poeta ferrolán e Alberte Momán.

 

Por unha palabra tan só é un alegato a prol da lingua, xa que é ela moito máis do que un simple recurso para a comunicación, definíndonos como pobo, é a cerna da diversidade. Con ela mostramos a evolución de séculos de historia, dando forma aos elementos que nos son propios, porque cada palabra axunta un cento de conotacións que achegan toda unha forma de sentir, unha forma diferente de entender o mundo. Renunciando a unha palabra tan só, estariamos prescindindo da nosa personalidade.

 

Alberte Momán, poeta e enxeñero agrícola, ten unha longa actividade escrita e cultural as súas costas. Colaborador en diversos volumes colectivos como A porta verde do sétimo andar, Poesía escarlata ou Burla negra. A nivel individual foi premiado co Narrativas Quentes, Illas Sisargas ou o Francisco Añón de poesía. Este poemario para nen@s pódese descargar dende a web do autor http://moman.wordpress.com/por-unha-palabra-tan-so

 

 

O Grove celebra a I Festa do Libro Infantil e xuvenil

 

Os Bolechas na I Festa do Libro Infantil e Xuvenil(16-07-2010) O Grove celebra mañá sábado a I Festa do Libro infantil e xuvenil, que contará coa presenza de ilustradores, magos, contacontos, Pepe Carreiro e os seus Bolechas.

 

A I Festa do Libro infantil e xuvenil está organizado pola Concellería de Cultura e a Agrupación de Libreiros do Grove e comezará ás 19.30 h. na rúa peonil da Pratería, onde se contará cun amplo stand para a exposición e venda de obras ilustradas e literatura infantil e xuvenil, con particular atención ás dúas editoras especialmente convidadas para esta ocasión: a galega A Nosa Terra ,editora da serie Os Bolechas, e a castelá SM, que conta entre os seus fondos cunha ampla oferta destinada ao público infantil. Ambas as editoras colaboran de xeito especial nesta xornada.

 

Dentro das diversas actividades programadas, destacan os obradoiros de ilustración infantil e xuvenil, aos que poden sumarse nenas e nenos de entre 6 e 11 anos, e que serán impartidos polos ilustradores Pepe Carreiro, creador de Os Bolechas, quen ademais lle dedicará os seus libros ao público asistente; e Gogue, autor do personaxe Floreano, grovense e un dos máis destacados artistas gráficos de Galicia.

 

Estas actividades terán lugar entre as oito e as nove da tarde e, en palabras do concelleiro de Cultura, Antón Mascato, “pretenden iniciar e motivar os máis novos a realizaren as súas ilustracións, guiados pola man experta destes dous importantes creadores de imaxes”.

 

Outra das destacadas actividades desta xornada será a actuación da contacontos Fátima Fernández e do mago David Méndez, que nos traen Unha maleta chea de contos e maxia, un espectáculo musical en que os contos e a maxia se envolven co teatro para enganchar o público infantil asistente e facelo participar na montaxe como se fosen parte dela.

 

A I Festa do Libro infantil e xuvenil complétase coa proxección dun audiovisual en que poderá verse o proceso de execución dunha obra de ilustración.

 

 

 

RECURSOS

 

Galeteca

 

 

LIGAZÓNS

 

Biblioafonso

 

 

 

MESES ANTERIORES

 

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

BIBLIOTECA  MÁXICA

 

Prelectores

Os catro amigos

 

Os catro amigos

 

 

Infantil

 

Lu e Go pola muralla

 

Lu e Go pola muralla

 

 

Xuvenil

 

O segredo de Marco Polo

 

O segredo de Marco Polo

 

 

 

 

Prelectores

 

¿Quen me quere adoptar?

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns