|
Prelectores
|
|

|
Os
mil brancos dos esquimós
Isabel
Minhós Martins (Textos) e Madalena Matoso (Ilustracións)
[Trad. de Antón Fortes]
OQO
36
p. ; 11,90 €
|
|
Ás veces para viaxar lonxe, o único que se necesita é un xesto. Coma
neste caso, en que só hai que abrir esta pequena xoia e pasear polas
súas páxinas. No interior agárdannos chairas inmensas, baleiras e
brancas, polas que vagan os osos…
Nese lugar tan afastado, vive un pequeno neno esquimó que nos vai
deixar ver o mundo a través dos seus ollos. E cal será a nosa sorpresa,
cando descubramos que os esquimós son capaces de distinguir mil tons de
brancos, tan diferentes uns doutros, como o amarelo e o azul. Branco
pinga, branco folerpa, branco nube…
Velaquí un álbum que mira con naturalidade cara ao outro lado do mundo e que conclúe cunha pregunta: Os esquimós ven mil brancos. E ti, cantos brancos podes ver?
A través del, os máis cativos comprobarán dunha maneira espontánea e
divertida, que hai de certo niso de que as coordenadas xeográficas e
culturais condicionan a nosa forma de ver o mundo.
|
|

|
Latcho
Drom
Abraham
Carreiro
A
Nosa Terra
30
p. ; 9 €
|
|
Conto popular xitano protagonizado por unha familia que ten que marchar
da India nun carro tirado por un cabalo, en busca dun lugar onde poder
vivir mellor.
Ao longo da viaxe atravesan Asía, África e Europa, mentres a familia e os trastos van medrando cada vez máis.
|
|

|
Un
becho estraño
Mon
Deporta (Texto) e Óscar Villán (Ilustracións)
Faktoría
K
14
p. ; 8 €
|
|
Libro
de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados “contos
sen fin”. Un conto para contar, no que son fundamentais a rima
e o ritmo, a partir dunha estrutura de oito sílabas,
que se mantén ao longo de todo o relato.
Malia
a súa sinxeleza dende o punto de vista literario e artístico,
este libro destaca polo “xogo” que dá cos nenos e nenas,
que descubrirán con el a función lúdica
da lectura. Porque pasando as páxinas ata o final e dándolle
a volta ao conto...
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
Escolma
poética
Ramón
Cabanillas (Ed. literaria de Luís Rei)
Faktoría
K
50
p. ; 15 €
|
|
No
Ano Cabanillas, co gallo do 50 aniversario do pasamento deste
autor senlleiro, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales
e FAKTORÍA K fanlle unha homenaxe especial ao ‘Poeta
da Raza’. Un libro de poemas e imaxes para ler e admirar pausadamente;
reflexionando sobre cada idea, saboreando as súas cores
evocadoras. Pousado sobre un atril, as súas páxinas
desprenderán un halo de misterio que inundará
o espírito do lector.
Xornalista
crítico, funcionario municipal, cantor nostálxico
das paisaxes nativas, autor de versos galeguistas e combativos,
académico da lingua, admirador dos artistas galegos do
seu tempo... Na faceta literaria, Ramón Cabanillas foi
o continuador do Rexurdimento, o enlace con Rosalía de
Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, o renovador
da poesía galega: o ciclo artúrico, a etnografía,
o amor. Débeselle especialmente a promoción do
uso da lingua en todos os ámbitos da vida cotiá.
|
|

|
Libro
das M'Alicias
Miquel
Obiols (Textos) e Miguel Calatayud
(Ilustracións) [Trad. de Xosé Ballesteros]
Kalandraka
14
p. ; 15€
|
|
Alicia cánsase de estar diante do ordenador, sen saber que facer, e
decide saír da casa; pero non sabe que poñerse. Abre o frigorífico. No
seu interior hai unha pota con coello e, nun prato branco, unha orella
esquerda cun brinco de ouro con forma de estrela...
“Libro
das M’Alicias” é unha mostra de vangarda creativa para lectores de
todas as idades. Este libro foi seleccionado no VI Simposio sobre
Literatura Infantil e Xuvenil, organizado pola Fundación Germán Sánchez
Ruipérez en xuño de 2000, como unha das cen obras da Literatura
Infantil española máis representativas do século XX.
|
|

|
O
maquinista Antón
An
Alfaya (Textos) e Santy Gutiérrez (Ilustracións)Jacobo
Fernández Serrano (Textos e ilustracións)
Xerais
80
p. ; 10 €
|
|
O maquinista Antón é unha obra de teatro dun
único acto. Na estación do tren hai un gran barullo, porque o
maquinista Antón está agochado e non quere conducir ningunha máquina
máis. Mentres non aparece o maquinista, o home dos globos cre que o
mellor será cantar, o pescador de soños cre que deberá facer o que el
sabe, pescar soños, e a vella pensa: ¿non será mellor xogar ás
agachadas e seguirlle o xogo ao Antón?
O maquinista Antón obtivo o premio de Teatro Xeración Nós en 1991,
sendo o libro co que se deu a coñecer como autora An Alfaya. Xerais
recupera para a súa colección Merlín tan magnífico texto da man das
ilustracións de Santy Gutiérrez.
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
Morte
desde seis vinte e cinco
Jordi
Cervera
Rodeira
280
p. ; 9,30 €
|
|
O brutal asasinato dunha muller e de seu fillo, a familia dun famoso
xogador de baloncesto procedente de NBA, sacode a vida cotiá dunha
tranquila cidade catalá. Ninguén imaxinaba que aquilo puidese ocorrer,
coma quen di, na porta do veciño. E con todo, detrás dese caso, o
sarxento Joan Pons e os seus homes atoparán unha maquinación tecida
minuciosamente durante anos para gozar dunha cruel vinganza. Antes de
resolver o dobre crime, a Brigada de Investigación terá que enfrontarse
a presións e trampas até descifrar o enigma, tirando de cada un dos
fíos desta arañeira nunca trepidante carreira contrarreloxo.
Premio
Edebé de Literatura Xuvenil.
|
|

|
Poderosa
2
Sérgio
Klein [Trad. de Mercedes Pacheco Vázquez]
Xerais
192
p. ; 12,45 €
|
|
Todo o que escribe coa man esquerda convértese en
realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa , moi especial.
Como debe usar ese poder para curar a súa avoa?, como axudar a unha
amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son
algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu
diario. Neste segundo título da serie, Sérgio Klein adéntrase no
complexo mundo da adolescencia e nos embarca na aventura de descubrilo.
Poderosa 2 constitúe a segunda entrega a serie Poderosa, iniciada o
pasado ano con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo. Un
diario, como a primeiro, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo
na man. Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder
transformador das palabras.
|
|

|
Os
Megatoxos e os Templarios da Luz
Anxo
Fariña (Textos e Ilustracións)
A
Nosa Terra
176
p. ; 11,50 €
|
|
Para Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, a vida non volverá a ser igual despois
dos recentes acontecementos vividos. Algo tan inocente como unha viaxe
de estudos coa clase vai transformarse, grazas a intervención dos
xemelgos Ezbel e Exeria, nun inesperado pesadelo.
Os Megatoxos descubrirán que as redes dos misteriosos Templarios da Luz
esténdesde a todos os niveis e que, para a súa desgraza, están máis
ligados á súa existencia do que lles gustaría aceptar.
Uns descubrimentos que realizarán no pasado, no medio da Revolución
Industrial en París, a cidade das luces. Alí terán que facer fronte a
unha decisión na que, nun lado da balanza estará un ser querido e no
outro, unha cidade enteira. Elixan o que elixan, o futuro non volverá a
se o mesmo.
|