|
Prelectores
|
|

|
Antón
si tal!
Arturo
Casas (Texto) e Xosé Tomás (Ilustracións)
Baía
32
p. ; 6,95 €
|
|
Antón
si tal! conta a historia dun neno coa fala da Costa da Morte, que en
lugar de dicir verdade ou mentira, di "si tal!" ou "non tal!". Unha historia
sinxela de cousas que son verdade. Si tal! e
outras que son mentira. Non tal!.
|
|

|
A
voda do galo Pinto
Juan
Alfonso Belmontes (Texto) e Natalie Pudalov (Ilustracións)
[Trad. de Marisa Núñez]
OQO
40
p. ; 12,90 €
|
|
Galo Pinto quería engaiolar a
Xiana e a vaca Gallarda fixo de casamenteira. No curral, nada máis saberse a
noticia, andaban todos ás carreiras: as pitas poñían ovos para facer unha
torta, Gallarda preparou a nata, as cabras colleron amoras das silveiras, os
porcos apañaron flores, e un coro de ovellas ensaiaba cancións de voda.
Unha voda sempre é motivo de alegría, por iso todos na granxa
estaban tan contentos, todos menos a raposa da matogueira. A ela
comíana os demos! Como podía casar a súa nena de prata cun galo tan
fachendoso! É que non se decataba de que ao Galo Pinto só lle
preocupaba lucirse no casamento? E por riba de vaidoso, interesado!
Todo o día a preguntarlles aos convidados polos regalos!
|
|

|
Os
oficios de Chuquelo
Pinto
& Chinto
Galaxia
36
p. ; 9,30 €
|
|
Chuquelo, como can, era un auténtico desastre.
Un can sen oficio nin beneficio.
Só desenterrar ósos o compensaba da súa tristura.
Velaí a clave da súa vida.
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
Un
mundo raro
María
José Ferrada Lefenda (Textos) e Nicolai Troshinsky (Ilustracións)
[Trad. de Xosé Ballesteros]
Kalandraka
88
p. ; 13 €
|
|
María bailaba. Oía a choiva e bailaba. Oía o timbre e bailaba. Oía os
paxaros pola mañá e bailaba. E mesmo as cousas que ela tocaba daban en
bailar.
Sara quería debuxar o mundo. Subía ás árbores e debuxáballes mazás,
miraba o ceo e debuxáballe estrelas, miraba as flores e debuxáballes
vestidos.
Xoán oía o que as cousas dicían porque, no canto de dúas orellas, tiña
dez. Cando naceu, a súa nai preocupouse ao verlle tantas orellas, mais
Xoán, que a oíu, amosoulle un gran sorriso.
Cando Rodrigo inventou unha gran rede, cazou os planetas e púxoos a dar
voltas dentro da súa casa, todos dixeron: Rodrigo é inventor!!! e
daquela saíronlle anteollos.
Antía, no canto de cabelos tiña flores. Por iso algunhas persoas
pensaban que, en vez dunha nena, era un testo. Esta confusión non a
amolaba porque sabía que, cando florecía, a súa cabeza era realmente
fermosa.
Cando Catarina naceu, imaxinou que era unha mazá. E, como para ela
imaxinar algo e ser ese algo era o mesmo, co tempo foi un gran de
arroz, un peixe e unha lagoa.
|
|

|
Do
A ao Z con... Uxío Novoneyra
Francisco
X. Fernández Naval (Textos) e Manolo Uhía (Ilustracións)
Everest
Galicia
60
p. ; 7,75 €
|
|
Uxío Novoneyra é o escritor a quen se lle dedica a festa das letras
galegas de 2010. Poeta fortemente vinculado á terra -que cantou e
interpretou nos seus versos cheos de ritmo, de forza e de referencias á
natureza-, destaca polo seu compromiso coa lingua de Galicia, coa paz e
coa liberdade. A serra do Courel, Galicia, os bidueiros, o río, a auga
ou o silencio, así como as persoas queridas como María Mariño ou Otero
Pedrayo, forman parte do universo dos seus versos e delas válese
Fernández Naval para ofrecer neste abecedario esencial a súa partibular
interpretación dun autor que lle é particularmente querido.
|
|

|
Caixa
de cartón
Txabi
Arnal (Texto) e Hassan Amekan (Ilustracións) [Trad.
de Marisa Núñez]
OQO
40
p. ; 20 €
|
|
Neste álbum,
Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan
únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de
vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e
periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin
estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama
humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos
relate a súa historia.
O xénero autobiográfico convértese aquí nun vehículo idóneo para
trasladar as experiencias dos que emigran. Pero o seu testemuño alén de
ofrecernos unha perspectiva máis humana da inmigración, vainos
descubrir a complexidade deste fenómeno que presenta caras moi
distintas: a cara da fame e da miseria nos países de orixe, a cara das
mafias que trafican con persoas, a cara do odio e da xenofobia coa que
o primeiro mundo recibe os estranxeiros…
E pese a esta realidade tan desoladora, en Caixa de cartón
hai esperanza. Porque esta historia tamén fala de solidariedade, dese
vínculo fraternal que se establece entre os inmigrantes; e de segundas
oportunidades, como a desta nena que tras perder todo, finalmente é
adoptada por unha familia e atopa un novo fogar.
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
A
paixón de Alexandra
Xulio
Ricardo Trigo (Textos) [Trad. de Eva Lozano]
Xerais
144
p. ; 10,45 €
|
|
Alexandra é unha rapaza de primeiro de
Bacharelato a quen lle gusta moito a lectura e a música da cantante
islandesa Björk, afeccións nas que atopa no seu cuarto os seus mellores
aliados á hora de construír un mundo paralelo onde vivir. A amizade con
Eva, unha compañeira de clase que arrastra un pasado difícil, levaráa a
descubrir en Internet a páxina de bookcrossing, un espazo web de
persoas que liberan libros para que outras os atopen. Alexandra e Eva
entrarán en contacto cun misterioso personaxe que, despois de anuncialo
na rede, abandona nos cafés libros da poeta arxentina Alejandra
Pizarnik. A lectura desta autora muda a maneira de ver as cousas de
Alexandra que, mentres investiga a verdadeira identidade do personaxe,
irá descubrindo os segredos da súa nova amiga. A paixón de Alexandra do
escritor catalán, nacido en Betanzos, Xulio Ricardo Trigo, é unha
historia emocionante que nos fala dos misterios que todos levamos
dentro e de como podemos compartir con outras persoas as paixóns máis
secretas.
|
|

|
Vento
do norte
Alex
Cal e David DiGilio
El
Patito editorial
120
p. ; 16 €
|
|
Edición
en álbum da historia abeirada á ciencia ficción
de pinceladas épicas dada a coñecer por entregas
na revista xuvenil Galimatías, creada polo escritor e
produtor americano David DiGilio e acompañada do forte
estilo do novo debuxante galego Álex Cal (Vigo, 1985).
O escenario escollido á un planeta Terra destruído
e desolado, a onde o vento do norte trouxo un inverno sen fin.
Os poucos sobreviventes resisten refuxiados nas grandes cidades
conxeladas, nas que a vida é unha loita continua na procura
da calor. Os habitantes de Lost Angeles deben aturar a tiranía
implacable de Matachín Joe e mais da súa banda
de necrófagos. Mais entre os proscritos hai un rapaz
afouto, Pak, a quen as circunstancias lle aprenden cedo o significado
do sufrimento e que co tempo será o encargado de levar
a cabo a súa vinganza. Será daquela cando
xurda a posibilidade dunha nova vida.
|
|

|
O
esconxurador
Xesús
Manuel Marcos
Galaxia
108
p. ; 11 €
|
|
Velaquí unha novela que arrecende a medo, intriga y pasado, tres dos
mellores ingredientes para manter o lector preso a unha cadeira, co
libro aberto diante dos seus ollos. Unha historia que tende pontes
entre tempos e que deseguro te atrapará ata o final.
Unha gran novela chea de intriga de principio a fin.
|