Biblioteca máxica


 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                                                                                                                                           

Enigma soterrado

Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches

Bon Appétit

A princesa e o trasno

Punver de volta

A idade do orballo

Yared e a escola

Olga e o dinosaurio

A nena e o grilo

 

 

Prelectores

A nena e o grilo

A nena e o grilo

Magín Blanco (Texto) e Iván Prieto (Ilustracións)

OQO

64 p. + 1 CD ; 20 €

 

Dun xeito sinxelo, delicado e sutil, a historia de amizade entre a nena e o grilo descobre dimensións determinantes da existencia e abre horizontes positivos e ilusionados, na construción de nós mesmos e a sociedade.

 

Estamos ante unha obra ambiciosa e cosmopolita que invita a ter fe na vida e nos outros a través dunhas cancións que reparten aloumiños a eito e amosan un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades.

 

Ao mesmo tempo, é un material, para todos os que traballan e apostan por un ensino aberto, innovador e significativo, no marco dos problemas e os cambios sociais que teñen lugar na realidade.

 

En conclusión, un chisquiño de mel neste mundo egoísta e feroz que habitamos. Para fuxir do frío e sentirse moradores no verdadeiro País das Apertas porque as cancións de Magín Blanco son, tanto pola melodía como pola letra, para degustar en familia, nas festas, entre amigos.

 

 

Yared e a escola

Yared e a escola

Analia Pérez Otero (Texto) e Pablo Álvarez Rosendo (Ilustracións)

Nova Galicia

32 p. ; 12,50 €

 

A Yared non lle gusta a escola. Cre que é un sitio aburrido e non entende por que ten que ir cada día. Nesta historia, Yared ofrécenos unha visión positiva da escola, como un lugar onde cada día é diferente e onde podemos aprender moitas cosas.

 

 

 

 

 

  

Punver de volta

Punver de volta

Yolanda Castaño (Texto) e Eduardo Hermida (Ilustracións)

Galaxia

36 p. ; 9,30 €

 

Punver é un verme moi punki e tamén moi despistado: mentres non atope o camiño non o dará endereitado.

 

 

 

 

 

 

Infantil

Olga e o dinosaurio

Olga e o dinosaurio

Breogán Riveiro (Textos) e Andrés Meixide (Ilustracións)

Galaxia

92 p. ; 9,70 €

 

Se aparecese de súpeto un dinosauro no teu cuarto, ben seguro que te asustarías.

 

Pero este dinosauro é un chisco especial, e iso vai descubrilo Olga dende o primeiro instante, pois é un animal ben intelixente, curioso e, sobre todo, sorprendente.

 

 

 

Bon Appétit

Bon appétit

Begoña García Ferreira (Texto) e Fran Pedreira (Ilustracións)

Baía

56 p. ; 9 €

 

Gañadora na modalidade de teatro para nenas e nenos do Barriga Verde 2009, Bon appétit é unha peza de estrutura clásica que ofrece un canto á gastronomía, en que están "moi ben aderezados" os ingredientes dramáticos e culinarios, ademais de adaptarse perfectamente ao teatro de monicreques. 

 

 

 

 

 

Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches

Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches

Philippe Nessmann (Texto) e Nathalie Choux (Ilustracións) [Trad. de Emma Lázare]

Faktoría K

130 p. ; 16 €

 

“Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches” responde a máis de 100 preguntas inéditas, pero sempre a serio e con bo humor. Un descubrimento orixinal do universo, dos homes, da natureza e dos animais, do inmenso ao minúsculo. Unha nova ocasión para poñer a proba os pais, os profes, e os compañeiros.

 

Despois da súa exitosa primeira parte, “Todas as respostas” segue saciando a curiosidade dos lectores máis inquedos, interesados no que, como, cando, onde e porqué do que nos rodea. Esta nova entrega aborda oito grandes áreas nas que se ofrecen solucións ás preguntas máis inesperadas. Mantén a súa presentación, a modo de caderno, e a súa estrutura narrativa, de xeito que ao final de cada resposta se engade unha nova cuestión relacionada co tema tratado, ampliando os coñecementos recén adquiridos.

 

A existencia ou non de seres extraterrestres, as etapas polas que atravesou a vida no noso planeta ou cal é o fósil vivinte pertencente ao reino vexetal son algunhas das cuestións que se expoñen nos apartados sobre o Universo, a Terra ou as prantas. A identidade do ser que representa o 80% da masa total dos animais terrestres, as diferenzas entre animais de sangue quente e fría, ou as habilidades lingüísticas do hombre de Cromañón son preguntas referidas á evolución humana e aos seres vertebrados, tanto grandes como de pequeno tamaño. Tamén se pode aprender sobre reciclaxe ou formulación química nas seccións de ecoloxía e de misterios científicos.

 

 

 

Xuvenil

A princesa e o trasno

A princesa e o trasno

George MacDonald [Trad. de Xabier Cid]

Urco

210 p. ; 15,95 €

 

A princesa e o trasno é un dos pouco coñecidos alicerces da literatura fantástica moderna escrita en forma de conto de fadas. Entre os herdeiros da narrativa de MacDonald cabe destacar a Tokien e a C.S. Lewis, grandes figuras da fantasía do século XX que lle deben non pouco aos escritos do autor escocés. Trátase dunha novela par todos os públicos, tanto nenos como adultos, aínda que, como ocorre con outras obras como as de Lewis Carrol, está preñada de simbolismos e segundas lecturas que fan que o lector adulto ache na lectura das súas páxinas un intenso pracer, amplificado polas fermosas ilustracións de Arthur Hughes que se reproducen nesta edición.

 

 

 

Enigma soterrado

Enigma soterrado

Fausto Isorna

Fundación Caixa Galicia

48 p. ; 10 €

 

Enigma Soterrado é o novo álbum das Aventuras de Simón Martel. A obra de Fausto Isorna preséntase en formato apaisado e conta unha nova historia das aventuras protagonizada por Simón Martel e os personaxes xa habituais da serie, a máis lonxeva da banda deseñada galega.

 

 

 

 

A idade do orballo

A idade do orballo

Xosé Lois García (Texto) e Manolo Uhía (Ilustracións)

Everest

64 p. ; 8,50 €

 

A idade do orballo conxuga dúas expresións que consolidan a creatividade narrativa do autor: o real e a ficción. Dous contextos que trascenden unificados e sen perder cada un deles a súa identidade e atribución. Un auténtico inventario de formulacións e referencias á terra, ao home e con recorrencia ao mito e á historia, todo en clave de ficción.

 

 

 

 

 

 

E moitos moitos máis ...