|
Prelectores
|
|

|
Carrapeto
Ánxela
Gracián (Textos) e Juan Berrio (Ilustracións)
MacMillan
48
p. ; 7,70 €
|
|
Carrapeto
é un Cempés que asiste á escola Cempés
con Futuro,onde os seus profesores son moi esixentes, especialmente
coa táboa do nove. Así que Carrapeto sofre moito,
e o peor, é que ten que aguantar os pisotóns do
cempés Atila.
|
|

|
O
serrote do Gil
Margarita
Ledo (Textos) e David Pintor (Ilustracións)
Galaxia
32
p. ; 9,30 €
|
|
Margarita Ledo, coa colaboración do ilustrador David Pintor publica O serrote do Gil,
un enigmático persoeiro que ten sobre alerta a todos os veciños. ¿A que
vai para a fraga co seu serrote?, ¿a verse con Guntín e Gontán? Haberá
que ler o libro para saír de dúbidas.
|
|

|
A
sopa queima
Pablo
Albo (Textos) e André Letria (Ilustracións)
OQO
36
p. ; 11,90 €
|
|
No
día a día, os máis pequenos teñen que facer fronte a retos que a eles lles
parecen insuperables, aínda que os adultos os vexan como algo nimio; neste
caso, a sopa a unha temperatura imposible.
Superar
eses retos forma parte dun natural proceso de aprendizaxe e de crecemento, onde
a imaxinación se converte no máis eficiente recurso do que dispón un neno, como
suxire Pablo Albo nesta historia enriquecida coa intencionalidade expresiva e o
equilibro formal das imaxes de André Letria.
Os
acrílicos sobre papel do ilustrador portugués caracterízanse por unha particular
presenza de primeirísimos planos, para enfiar unha serie de imaxes de notable
porte cromático nunha característica proposta figurativa sobre fondos predominantemente
planos.
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
Maripepa
e o club dos tarambainas
Alfredo
Gómez Cerdá (Textos) e Miguel Navia
(Ilustracións)
MacMillan
116
p. ; 9,50 €
|
|
“Maripepa é española e ademais gústanlle os
churros. Aínda que naceu en China, os seus pais tamén son españois e de
ningunha maneira é ‘amarela’, como algún di por algures. Ela teno claro: para
ela o amarelo é un canario e a camiseta da selección do Brasil. Con todas estas
preocupacións na cabeza, atoparase de xeito casual con outro neno que vai
fuxindo de alguén que quere se aproveitar da súa identidade.
|
|

|
A
dama da Luz
Agustín
Fernández Paz (Textos) e Jorge Magutis (Ilustracións)
Xerais
40
p. ; 14 €
|
|
O avó de Marta garda un enigmático segredo na
súa memoria. Un segredo que fala de seres extraños que habitaban na
cidade cando era moi distinta, apenas había coches e a xente non vivía
coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e
de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mítica illa de San
Brandán. Un día, algo especial sucede. E entón Marta coñecerá por fin o
sorprendente segredo que o seu avó gardaba, unha historia que a levará
a descubrir todas as marabillas que a roda da vida nos ofrece.
A dama da Luz é un fermoso álbum ideado
e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz
ambientado nun Vigo vello e mariñeiro, envolto nunha atmosfera de
misterio, e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e
seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e
a Primavera.
|
|

|
Como
facer un cómic
Lewis
Trondheim e Sergio García (Textos) e Sergio García (Ilustracións)
[Trad. de David Gippini]
Faktoría
K
80
p. ; 15 €
|
|
Lewis
Trondheim e Sergio García alíanse neste álbum
para explicarlles aos lectores as claves da Novena Arte: como
construir unha páxina, a composición das viñetas
e a súa función narrativa, os tipos de planos,
a descomposición do movemento, os criterios para escoller
un bo enfoque das esceas, a forma dos 'bocadillos’ ou
‘globos’ a través dos cales se amosan os diálogos
entre os personaxes; tamén se expoñen os métodos
para expresar sentimentos e emocións a través
de onomatopeas e outros elementos gráficos, ou como plasmar
o paso do tempo mediante recursos como o flash-back.
O
cómic “está moi presente nas librarías,
nas bibliotecas e nos currículos escolares, pero son
moitos os que se confesan incapaces de comprendelo”, apuntan
os autores. Para establecer as bases da aprendizaxe, escritura
e lectura do xénero, Faktoría K presenta este
libro lúdico e didáctico para descubrir a súa
trastenda e animar os seguidores a iniciarse nas súas
técnicas e códigos artísticos. Guionista
e debuxante aportan a súa experiencia directa e comparten
os seus coñecementos sobre o mundo da historieta.
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
A
morte dun editor. Derradeiros días de Ánxel Casal
Vicente
Piñeiro
Sotelo
Blanco
100
p. ; 8 €
|
|
Cando Lola chega a Santiago de
Compostela para matricularse na facultade de Historia, ignora os
misterios que a cidade sartego lle ten reservados. Serán esas rúas de
astros que gardan os segredos dun tempo que foi, onde a protagonista de A morte un editor
se descubra a si mesma, a través de dúas vivencias, a do primeiro amor
–como tropel de sentimentos confusos, desexo, ansia, paixón, compromiso
e unión de dúas liberdades individuais-, pero tamén a vivencia de algo
máis profundo e irreversible: a vocación literaria. Así, unha Lola
ávida de coñecemento enfrontarase á investigación e descuberta do que
foron aqueles derradeiros días da República na cidade de pedra tras o
levantamento fascista e, sobre todo, o brutal asasinato do entón
alcalde e tamén editor Ánxel Casal. Logo deste axuste de contas coa
verdade histórica, unha nova Lola agroma, e a persoa que agora é sabe
que non hai regreso posible, pois abriu unha porta que endexamais
poderá volver pechar.
|
|

|
Bartleby,
o escribente
Herman
Melville [Trad. de Eva Díaz Rodríguez]
Xerais
88
p. ; 10 €
|
|
Bartleby é un escribente excelente que despacha
unha cantidade extraordinaria de documentos na oficina de Wall Srett
onde traballa ás ordes dun avogado. Porén, un bo día, cando o seu xefe
lle pide que examine con el un documento, Bartleby se nega con total
serenidade dicindo: “Preferiría non facelo”. Dende entón, diante de
calquera requerimento do abogado, o narrador do relato de nome
descoñecido, contesta coa mesma frase: “Preferiría non facelo”. O
avogado descubre que Bartleby quedou vivir na oficina e, como se nega a
obedecerlle e despois a escribir máis, o despide. Porén, este curioso
personaxe se nega a marchar e continúa vivindo na oficina. O xefe que é
incapaz de botalo, decide mudar a sede do escritorio. Cando chegan
novos inquilinos, Bartleby segue alí, prefire non facer nada que altere
a súa situación.
|
|

|
Bícame
mon amour
Anjel
Lertxundi (Textos) e GoChi (Ilustracións) [Trad. de Carmen
Torres París]
Galaxia
128
p. ; 10,80 €
|
|
A protagonista deste libro recibe unha cámara de fotos como agasallo.
Con ela na man, vai retratando todo o que a rodea. Pero... ¡velaquí que
as fotos roubadas tamén poden agochar suxestivas sorpresas!.
|