Biblioteca máxica


 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                                                                                                                                           

Érguete

O contador estrelas

Esta é a miña familia

Bícame profe. 4

Furacán

Kafka e a boneca viaxeira

Picurruchos

COLEGA. 1

Ás de bolboreta

 

 

Prelectores

Picurruchos

Picurruchos

Mar Pavón (Textos) e João Vaz de Carvalho (Ilustracións)

OQO

40 p. ; 12,50 €

 

Nesta divertida e orixinal historia sobre o absurdo de certas prohibicións, Mar Pavón da vida a unha galería de personaxes surrealistas que nos atrapan desde o primeiro intre, ao tempo que o ilustrador luso João Vaz de Carbalho sae airoso do reto de facernos visibles a uns curiosos protagonistas asumindo esa perspectiva fantasiosa que envolve unha proposta que, sobre todo, invita ao sorriso.

 

O artista portugués desprega unha xenerosa paleta cromática de cores cálidos, na que brancos e vermellos marcan a pauta dunhas ilustracións de clara orientación narrativa, que complementan a proposta literaria mantendo un delicado equilibrio estructural na carga informativa aportada en cada unha das dobres páxinas nas que se desenvolve a historia.

 

A tipografía é clave para remarcar algúns momentos narrativos que sustentan a historia, ao tempo que permiten unha lectura cómoda; o seu papel neste álbum é importante, sobre todo na parte final do libro, onde a peripecia se resolve coa achega do narrador, que propón unha solución ao problema do relato e pecha unha obra chea de humor de principio a fin. 

 

Colega 1

Colega 1. Comprensión e lectoescritura en galego

Mª Teresa Fuciños Castro, Mª del Carmen García Vila e Mª José Rodríguez Ares

Glía Edicións

 

A colección COLEGA, COmprensión e LEctoescritura en GAlego, está composta por 5 volumes no que o/a neno/a aprenderá a ler e escribir correctamente adecuando a aprendizaxe ao seu ritmo. Estes novos cadernos contan cun vocabulario adaptado a última normativa do galego, cubrindo un baleiro existente reclamado polos profesionais da educación.

 

Neste primeiro volume trabállanse as letras m. p, s, l, t, d, f e n. Nel, ademáis das actividades habituais neste tipo de cadernos, inclúense exercicios de grecas, conceptos básicos, discriminación auditiva e visual, comprensión, series e xogos. Este método permitiralle ao rapaz adquirir as habilidades precisas para o seu desenrolo na lectoescritura dun xeito máis ameno.

 

Cada libro conta cun completo anexo que inclúe: Ditados, Glosario e Material manipulable.

 

  

Esta é a miña familia

Esta é a miña familia

María Cristina González Pereira (Textos) e Manel Craneo (Ilustracións)

Everest Galicia

36 p. ; 6 €

 

As familias están formadas por persoas e, igual que cada un de nós temos unhas características determinadas que nos fan únicos e especiais, as familias ás que pertencemos tamén posúen uns costumes, unhas crenzas ou unha estrutura diferentes.

 

O respecto, a tolerancia e o cariño son os elos da convivencia e garanten un futuro harmónico e enriquecedor para todos nós.

 

 

 

Infantil

Érguete

Érguete

Carmen Baz (Textos) e Marta Rivera Ferner (Ilustracións)

Everest Galicia

48 p. ; 6,75 €

 

Son moitas as cousas que facemos ao longo do día e tamén son moitas as persoas coas que compartimos o noso tempo.

 

Na vida, coma nos xogos, debemos aprender e aplicar unha serie de normas se queremos que esta sexa máis agradable e divertida.

 

 

 

Kafka e a boneca viaxeira

Kafka e a boneca viaxeira

Jordi Sierra i Fabra (Textos) e Minia Regos (Ilustracións) [Trad. de Carmen Torres París]

Galaxia

164 p. ; 11,50 €

 

Velaquí un libro que fala dun misterio: o que xunguiu o escritor Franz Kafka cunha nena que perdera a súa boneca. Para consolala, o grande escritor foille contando, a través de cartas, o periplo polo mundo da boneca perdida.

 

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2007

 

 

 

Furacán

Furacán

Txabi Arnal (Textos) e Neus Bruguera (Ilustracións) [Trad. de Manuela Rodríguez]

Kalandraka

40 p. ; 15 €

 

Comezou sendo unha brisa agradable. Moi agradable. Pouco a pouco a brisa gañou velocidade. Converteuse en vento, por veces trouleiro, por veces molesto. Despois o vento soprou con máis forza, con carraxe, e transformouse en vendaval, un vendaval que roubou as follas das árbores, os chapeus das cabezas, as tellas dos tellados e o equilibrio dos ciclistas. O vendaval medrou ata converterse nun furacán.

 

Txabi Arnal presenta un relato de gran beleza literaria construido a partir da idea do ‘efecto bolboreta’, un concepto que tamén enlaza coa ‘teoría do caos’. O seu nome provén do proverbio chinés segundo o cal o bater de ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo.

 

 

 

Xuvenil

O contador de estrelas

O contador de estrelas

Jaureguizar

Obradoiro

170 p.

 

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañándo á nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.

 

O contador de estrelas é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dun ha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.

 

 

Bícame profe. 4

Bícame profe 4

Kazuma Kodaka [Trad. de María do Carme Pampín Otero]

Cumio

194 p. ; 8,90 €

 

 

Despois de que Masami-san confesase ao seu pai que mantén unha relación con Toru-kun, este irá aceptándoa pouco a pouco.

 

 

.

 

 

Ás de bolboreta

Ás de bolboreta

Rosa Aneiros

Xerais

232 p. ; 12,50 €

 

Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d’ As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño… 

 

 

 

E moitos moitos máis ...