|
Prelectores
|
|

|
Fiz,
o coleccionista de medos
Fina
Casalderrey (Textos) e Teresa Lima (Ilustracións)
OQO
40
p. ; 12,50 €
|
|
Fiz non era como os demais nenos:
era o máis medorento do mundo!
Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar
proveito de algo que, en principio, podería parecer unha limitación ou
unha barreira para o día a día.
A coñecida escritora galega fainos unha invitación para que nos
riamos de nós mesmos, e a ilustradora portuguesa Teresa Lima, que
acepta o convite, amósalle a súa complicidade nas sempre elegantes e
cálidas imaxes do álbum.
A artista lusa, resolve a parte visual coa súa coñecida e xa
recoñecida, despois dos múltiples e importantes premios recibidos, liña
plástica, baseada nunha técnica mixta na que mestura os tons pastel, os
lapis de cores e a colaxe dalgúns elementos.
Trátase dunha proposta plástica onde predominan as imaxes creadas a
partir dunha suave paleta cromática que xoga constantemente cunha
persoal luminosidade. Unhas imaxes, coas que a ilustradora nos
introduce neste fascinante mundo de Fiz..
|
|

|
Tom
e Mix, os cabalos de Clara
Paco
López-Barxas (Textos) e Jaime Asensi (Ilustracións)
Sotelo
Blanco
|
|
Clara vivía nas aforas da cidade, nunha casa rodeada de cabalos. O seu
cuarto tamén estaba cheo de cabalos: cabalos con rodas, cabalos de
goma, de cartón e de madeira… Nun dos estantes do seu cuarto estaban
Tom e Mix, dous purosangue de madeira, que suxeitaban os libros de
Clara como dúas sentinelas anoxadas…
|
|

|
Cando?
Onde?
Qué
é?
Quen
é?
Leo
Leonni
Kalandraka
14
p. ; 6 € c/u
|
|
Estes catro libriños abordan catro grandes cuestións. Moitos nenos non
saberán as respostas de maneira inmediata. Pero as respostas correctas
non son tan importantes. O propósito destes libros é entrenar o ollo e
a mente dos pre-lectores.
Libros sen texto, de pequeno formato, cartón duro e cantos
redondeados. As ilustracións, sinxelas e facilmente recoñecibles, son
perfectas para que o pre-lector faga unha lectura visual das
situacións, espazos, obxectos e figuras cotiás que o rodean.
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
A
avoa Encarna fai niño
Xosé
A. Neira Cruz (Textos) e Noemí López
(Ilustracións)
Everest
Galicia
48
p. ; 9,95 €
|
|
A avoa Encarna naceu e viviu coma un paxaro.
Un día abriu as ás e saíu pola fiestra na procura dunha árbore onde
facer un niño e ficar nel para sempre. Agora, cando canta a merla,
todos sabemos que é a avoa Encarna quen nos fala para dicirnos que está
aí, que nunca nos abandona.
|
|

|
Un
gran soño
Felipe
Ugalde
[Trad. de Manuela Rodríguez]
Kalandraka
36
p. ; 15 €
|
|
Era un pequecho con grandes soños, ansioso por medrar, por ser grande, por ser alguén que non pasase... inadvertido.
O
álbum ilustrado gañador do II Premio Internacional Compostela é un
microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao
fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O mexicano Felipe
Ugalde cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a
través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa propia existencia no
mundo.
|
|

|
Cacaborro
Xabier
López Rodríguez (Textos) e Antón Taboada
Vázquez (Ilustracións)
Everest
168
p. ; 8,50 €
|
|
Sen pretendelo, Álvaro acaba sendo o único
amigo dun vello misterioso ao que os veciños do lugar alcuman Cacaborro
e ao que sempre culpan de todas as desgrazas. Álvaro vai superando os
receos que lle inspira ese estraño home e, nas sucesivas visitas á casa
prohibida, sempre realizadas ás agachadas, coñece e comparte historias
e mundos marabillosos, aínda que tamén escenas arrepieantes.
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
E
Xoel aprendeu a voar
Marica
Campo
Obradoiro
180
p. ; 8 €
|
|
Xoel
é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e
sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir
xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de
mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria
toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa
vida cambiará dunha maneira progresiva na obra. O protagonista
vivirá aventuras incribles cos seus amigos, que o levarán
a descubrir lugares e segredos inesperados, grazas a unha persoa
anónima que parece sabelo todo del.
|
|

|
O
home do traxe branco. O accidente
Herikberto
Muela Quesada (Textos e Ilustracións) [Trad. de M. Dolores
Torres París e Carmen Torres París]
Xerais
208
p. ; 12 €
|
|
Nun caloroso día de verán prodúcese un grande
incendio nun bosque de Galicia. Pola noite, uns rapaces descobren unha
gran nave. Dela xorden varios buzos escoltando unha estraña criatura
anfibia que dá a luz a súa cría. Cando parece que todo finalizou, da
nave descende un misterioso home con traxe branco, acompañado dun
estraño animal. ¿Quen é ese home? Só este grupo de rapaces descubrirá
de onde vén e cales son as súas intencións.
O océano Atlántico, praias, noites de lúa, campos amarelos, verdes
fragas, insectos, polbos, peixes, solpores, ríos, alieníxenas,
veraneantes, terribles monstros, iropis e homes de negro.
Esta é a historia dun neno que vive nun planeta aínda verde e azul.
|
|

|
O
lobishome de Candeán
Paula
Carballeira
Galaxia
132
p. ; 12,10 €
|
|
Nestes tempos en que xa non se escoitan ouveos a medianoite, en que os
lobos visten coma persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen
rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación
lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos
lobishomes.
|