|
Prelectores
|
|

|
O
Apalpador
Xoán
G.
Biblos
24
p. ; 12 €
|
|
O
Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa
polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite
nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles
a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles,
ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten
un tronco común con outras tradicións europeas
e do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro)
e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza
estaba practicamente esquecido. O rito da Noite do Apalpadoiro
foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese
na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.
No
oriente ourensán existen referencias a este personaxe
aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e,
noutros, con atribucións menos simpáticas como
son as de espantar aos nenos.
Neste
conto, Xoán G. pretende espilo das deturpacións
que ben poden responder a superposicións pouco afortunadas
doutros costumes e quedarse co concepto positivo do personaxe
e co seu agarimo.
|
|

|
Mago
Goma
Toño
Núñez (Textos) e Adrià Fruitós (Ilustracións)
Kalandraka
|
|
“Mago
Goma” é un conto rimado que describe, por dentro e por
fóra, a este divertido personaxe, entrañable e
excéntrico á vez. Un mago que, malia que pareza
algo tolo, en realidade está de volta do mundo. O único
que lle preocupa é facer felices aos nenos e nenas, porque
só así é feliz el. E porque, coa súa
maxia, Mago Goma pode facer realidade os soños dos lectores
e transportalos a un mundo onírico, onde todo é
posible.
|
|

|
Lendas
de Leonardo da Vinci
Leonardo
da Vinci (Textos) e Rossana Casano Paladino (Ilustracións)
[Trad. de María Lado]
Cumio
38
p. ; 9,95 €
|
|
Os cachorros aínda non abriran os ollos.Levaban tres díasarrecunchados
entre as patas da nai leoa movéndose ás toas,unicamente para buscar o
leite,insensibles a calquerareclamo.
O león,apartado,mirábaos.De súpeto,ergueuse e,sacudindo a súa bela melena,emitiu un bramido sonoro eestridente.
De súpeto,os cachorros abriron os ollos de par en parmentres todas as feras da sabana fuxían aterrorizadas.
E,como o león,que esperta os seus pequenos cunforte berro,un eloxio
oportuno esperta a adormecidavirtude dos nosos fillos incitándoos a
esforzarse con honra.Ese eloxio que afasta todo o que non é fermoso nin
bo.
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
O
corazón de xastre
Txabi
Arnal (Textos) e Cecilia Varela
(Ilustracións)
OQO
40
p. ; 14 €
|
|
Mais
como ía imaxinar el, que o mundo andaba tan esfarrapado!
Hai pobreza, desastres naturais, guerras…
O
vello xastre ten moito que zurcir e remendar! Só ten
nobelos de fío, agullas de varios grosores e unhas vellas
tesoiras, pero alí onde chega, acaba coas penas. E como
nos recantos do camiño vai deixando amigos, cada vez
que marcha dun lugar, o noso protagonista ata a punta do nobelo
e vai soltando fío a medida que se afasta. Así,
todos os sitios visitados van quedando conectados polo fío,
e deixa trazada a ruta para cando decida volver.
Pero
non será ata a derradeira ilustración, xa sobre
un mapa, cando os lectores descubramos o verdadeiro significado
da súa viaxe. E a encargada de revelarnos este segredo
vai ser...
|
|

|
Valados
Agustín
Fernández Paz (Textos) e Xan López Domínguez
(Ilustracións)
Xerais
72
p. ; 12,85€
|
|
Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai
horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a
suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a
alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Axiña se
erguen altos valados para separar e illar unhas persoas doutras.
Valados visibles, e tamén invisibles, que afastan a Xoel e a Helena. Os
dous terán que idear mil e unha artimañas para manter viva a intensa
amizade que os une.
Valados, conto de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López
Domínguez, é un libro chamado a converterse nunha das achegas máis
importantes realizadas pola literatura infantil galega até a
actualidade. Un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un
libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre
a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os seres
humanos.
|
|

|
Mil
cousas poden pasar. Libro I
Jacobo
Fernández Serrano (Textos e ilustracións)
Xerais
232
p. ; 12,50 €
|
|
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na
conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e
aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil
cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do
Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración
vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á
sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil,
onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo
convértese en lóxico.
O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou “que Mil
cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que
acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e
único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal
e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes)
historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un
universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a
tópicos anteriores da literatura infantil.”
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
O
Brindo de ouro. II. A Táboa da Hospitalidade
Xesús
Manuel Marcos
Xerais
416
p. ; 12,45 €
|
|
Selmo, o Gardián do Brindo de Ouro, protexe ao
seu pobo arxina no Pico de Brío, até que unha noite chega un guerreiro
con novas que trocarán a paz das aldeas e porán ao Gardián nunha
encrucillada onde nada é o que parece. Alguén quere acabar para sempre
cos arxinas, e pode que o inimigo estea ao seu carón. O que lle vai ser
revelado a Selmo significará o comezo dunha apaixoante novela de
acción, misterio e aventuras, na que, arredor do terrible segredo dunha
máxica táboa de arxila, o amor e a traizón, a fidelidade e a cobiza
enfrontaranse no marco das antigas fragas e devesas das Terras Outas
dos arxinas.
A Táboa da Hospitalidade é a segunda entrega da serie O Brindo de Ouro,
iniciada con A chamada do Brindo, novela pola que Xesús Manuel Marcos
obtivo o Premio Merlín 2004.
|
|

|
A
maldición de Odi
Maite
Carranza
Rodeira
528
p. ; 9 €
|
|
A guerra das bruxas está próxima e a elixida non pode pospoñer máis o momento de empuñar o cetro e destruír as temibles Odish.
Pero Anaíd, que desexa o amor de Roc e do pai que nunca tivo, que
confía en levar a paz definitiva para as Omar, terá que se enfrontar á
traizón, ao rexeitamento dos seus e á soidade. A maldición de Odi
cumpriuse: a elixida incorreu nos erros, sucumbiu ao poder do cetro e
ata os mortos reclaman o seu tributo. É o momento da verdade, da
batalla definitiva entre as Omar e as Odish.
|
|

|
O
anteollo de ámbar
Philip
Pullman [Trad. de Fernando Moreiras]
Faktoría
K
432
p. ; 20 €
|
|
Trala
publicación de “A aurora boreal” e “O coitelo sutil”,
este derradeiro volume da triloxía ‘A materia escura’
transcorre entre o noso propio universo e outros moitos. A primeira
parte estaba ambientada na época vitoriana, onde mandaban
os férreos corsés da moral e das crenzas. A seguinte
aventura transcorría no mundo actual coñecido.
Nesta terceira entrega, Lyra e Will irán atopando todas
as respostas aos enigmas que os envolven, e descubrirán
por que foron eles os elixidos para desvelar o gran segredo.
Despois da gran guerra terán que afrontar o seu propio
destino.
...Máis
espías, aliados, inimigos e criaturas fascinantes. Novas
viaxes cheas de perigos e arriscadas misións de rescate.
A ciencia e a conciencia. A divinidade. Vida e morte. Amores
imposibles. Mundos que se separan. Todos estes ingredientes,
e máis, manteñen e mesmo incrementan o nivel de
intriga nunha lectura apaixoante. Os 38 capítulos deste
libro van encabezados por citas de autores e obras senlleiras,
o que lle confire un maior calado intelectual.
Persiste
a rebeldía dos protagonistas, a reflexión en torno
a conceptos filosóficos, a curiosidade científica
e as dúbidas existenciais que cuestionan as convencións
establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de
coñecemento e a valentía son a chave para que
mozos e adultos compartan este interesante desafío. Philip
Pullman tece, nesta saga, unha emocionante rede de historias
que se mesturan no tempo e no espazo con dinamismo e orixinalidade
argumental.
|