|
Prelectores
|
|

|
No
cubil da Lúa
Xoán
Neira (Textos) e Juan Darien (Ilustracións)
Baía
30
p. ; 12 €
|
|
14 poemas que, coa mestría que acostuma o poeta mariñao Xoán Neira,
achegan a nenas e nenos outros tantos animais que viven en liberdade e
dormen baixo o amparo da lúa, descritos con fermosas e evocadoras
figuras que perfilan poeticamente os seus singulares trazos.
|
|

|
A
máscara do león
Margarita
del Mazo (Textos) e Paloma Valdivia (Ilustracións)
OQO
48
p. ; 12,50 €
|
|
O paso á idade adulta do chamado a ser Rei da sabana é usado por Margarita
del Mazo como unha alegación contra clixés, convencionalismos e estereotipos. Consecuentemente,
este álbum convértese nunha crítica ás vidas rexidas sobre todo polo que os
demais esperan dun, e alerta sobre a enorme infelicidade que provoca a dificultade
de acadar algo tan simple, e paradoxalmente tan complicado, como ser un mesmo.
A organización cromática (vermellos, amarelos, azuis) das ilustracións de
Paloma Valdivia reforza a localización xeográfica da historia e a súa carga
dramática, o que non é incompatible coa idoneidade dunhas cores que acentúan o
carácter positivo e alegre dos protagonistas, para converter as imaxes nun
solvente complemento da carga narrativa do texto.
|
|

|
A
araña e máis eu
Fran
Alonso (Textos) e Manuel G. Vicente (Fotografías)
Kalandraka
48
p. ; 13 €
|
|
Un día alegre, de súpeto, una araña gorda e
fea... brincou desde o ceo para aterrar no meu corpo. A descarada,
primeiro explorou unha deda do meu pé, avultada coma un kiwi.
Logo, subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel dunha mandarina.
Un álbum
de gran beleza artística e literaria, ideal para todos os públicos,
dende os primeiros lectores ata os adultos, pola delicadeza coa que as
palabras percorren a xeografía do corpo humano na figura dunha nena,
comparando cada parte cunha froita, a través da súa forma, tamaño e
textura.
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
Nacer.
Animais extraordinarios
Xulio
Gutiérrez (Textos) e Nicolás Fernández
(Ilustracións)
Faktoría
K
32
p. ; 16 €
|
|
“Nacer” é o segundo volume da colección Animais
Extraordinarios. Neste libro descríbese a forma asombrosa en
que se reproducen e coidan as súas crías doce especies
de animais. No volume anterior, “Bocas”, explícase con
detalle e rigor o modo peculiar no que algunhas especies obteñen
o seu alimento. Noutros libros desta colección mostraranse
as construcións máis sofisticadas do reino animal, as
migracións máis espectaculares e as insólitas
estratexias que algúns seres vivos utilizan para pasaren
desapercibidos.
Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo
visual, que comenza situando o lector ante os diversos grupos de
reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de
norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de
animais e ofrece de cada un un volume de información ben
dosificadaa sobre as súas características, localización
e costumes, centrándose na súa forma de chegar ao
mundo, isto é, de nacer.
|
|

|
A
noite das filantes
Xabier
P. Docampo (Textos) e Xosé Cobas (Ilustracións)
Galaxia
32
p. ; 9,30 €
|
|
En A noite das filantes, Xabier Puente DoCampo, un dos nosos autores máis recoñecidos
dentro e fóra de Galicia, fálanos dunha clara noite de agosto na que unha filante cruza o ceo
diante dos ollos asombrados duns cativos que terán nada menos e nada máis que atopala.
¿Onde caería?
|
|

|
Contos
azuis
Fernando
Cabeza Quiles (Textos) e RuÁn (Ilustracións)
Galaxia
176
p. ; 11,80 €
|
|
Azuis e de moitas outras cores -a cor da lembranza, a cor da nostalxia,
tamén a cor da aventura e da ilusión- están tinguidos estes relatos cos
que has viaxar polo tempo, polos sentimentos e pola literatura.
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
A
praga escarlata
Jack
London [Trad. de Tomás González Ahola]
Urco
128
p. ; 12,95 €
|
|
Nun futuro non moi afastado a humanidade vese arrasada por unha praga
mortal. Os poucos superviventes viven nun estadio primitivo, como hai
miles de anos. O profesor James Howard Smith é o único que queda vivo
dos poucos que sobreviviron á praga, e na súa vellez conta aos seus
netos como foi a caída da civilización por mor da Praga Escarlata.
|
|

|
Hexed.
A marca de Lucifer
Michael
Alan Nelson (Textos) e Emma Ríos (Ilustracións)
El
Patito Editorial
104
p. ; 16 €
|
|
Din
que non hai honor entre ladróns, pero ese é o
seu oficio. Presentámosvos a Luci Jennifer Inacio das
Neves, máis coñecida como Lucifer, unha rapaza
que se dedica profesionalmente a roubar cobizados obxectos e
que traballa á marxe dunha sociedade que califica de
noxentos aos da súa clase. Nesta misión enfrontarase
ao máis macabro da cidade e desvelará o terrible
segredo que marca a súa pel.
|
|

|
Sansón
Troleyro. Estudante de pan e sardiña
Enrique
Vázquez Pita
Xerais
304
p. ; 12,45 €
|
|
Sansón Troleyro, estudante de Medicina,
posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en
1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don
Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un
can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición, que o
persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles
anda a vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e
compañeiros téñeno por burricán e búrlanse das súa snovas teorías sobre
a circulación do sangue. Ademais, Troleyro vive atormentrado polo
sospeitoso pasado da súa familia de menciñeiros e curandeiros, pese a
que el interésanlle mñías as ciencias e a razón que ilumina Europa. É
un inadaptado, un rebelde fóra de tempo e lugar que ve como a vida pasa
e se lle escorre entre as lecturas prohibidas polo Santo Oficio. Pero
grazas ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopio gaña fama
pola súa agudeza para resolver crimes e salvar a vida de inocentes, que
non de doentes.
Sansón Troleyro. Estudante de pan e
sardiña, primeira novela de Enrique Vázquez Pita no catálogo de Xerais,
é a primeira entrega dunha serie protagonizada por este inquedo e
rebelde bacharel compostelán do século XVII.
|