Biblioteca máxica


 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                                                                                                                                           

O bastón dos desexos

Discurso do oso

Don Pol e o pequeno Pin

As pedras do destino

As fábulas de Leonardo da Vinci

A revolución dos globos

Porgy and Bess

Os tres porquiños

A noite que Wendy aprendeu a voar

 

 

Prelectores

Os tres porquiños

Os tres porquinhos

Raquel Méndez (Textos) e Helga Bansch (Ilustracións)

OQO Editora

36 p. ; 11,50 €

 

O porquiño máis novo non tiña moitas ganas de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa de palla. O mediano traballou máis e fíxoa de madeira e o máis vello traballo moito para construír unha casa de ladrillo. E cando chegou o lobo e soprou e soprou...

”Os tres porquiños” é unha das narracións tradicionais máis coñecidas e de maior aceptación entre os máis pequenos. Bruno Bettelheim, na súa “Psicanálise dos contos de fadas”, destaca a simboloxía que posúen os personaxes, as accións que realizan e o desenlace como metáforas do proceso de crecemento e desenvolvemento da personalidade. O neno, segundo Bettelheim, identificándose con cada un dos tres personaxes, aprende, sen ter conciencia diso, que as persoas evolucionan e que medrar ten grandes vantaxes. Así, é o porquiño máis vello  quen finalmente vence ao inimigo, combinando o esforzo do traballo, a intelixencia e a planificación racional.

Os tres animais simbolizan a evolución e o progreso do ser humano, desde un estado de inmadurez, ata a condición de quen sabe enfrontar os conflitos de forma intelixente, permitindo ao neno que saque as súas propias conclusións.

Manténdose fiel a tan coñecida historia tradicional, este álbum brinda unhas imaxes sinxelas e divertidas que xeran un discurso visual susceptible de ser percibido con gran facilidade. Helga Bansch, unha vez máis, dá clara mostra da súa empatía co lector infantil, xogando coa expresividade dos personaxes e cos pequenos detalles que enriquecen cada ilustración, e que nos estimulan e nos convidan a abrir o libro unha e outra vez.

 

Discurso do oso

Discurso do oso

Julio Cortázar (Texto) e Emilio Urberuaga (Ilustracións) [Trad. de Xosé Ballesteros]

Kalandraka Editora

26 p. ; 13 €

 

No verán nado de noite

na cisterna picada de estrelas,

lávome a cara primeiro cunha man,

despois coa outra, despois coas duas xuntas,

e iso prodúceme unha grandísima ledicia. (Julio Cortázar)

 

Un oso que habita nos canos dun edificio vai descubrindo a estraña e solitaria vida dos seres humanos. Trátase dunha historia asombrosa, fiel expoñente da literatura de Julio Cortázar, que incluiu este relato no seu libro "Historias de cronopios y de famas", considerado polo autor arxentino Alberto Cousté como "unha sorte de ética, disfrazada polo humor e protexida da solemnidade pola tenrura".

Un oso que habita nos canos dun edificio vai descubrindo a estraña e solitaria vida dos seres humanos. Trátase dunha historia asombrosa, fiel expoñente da literatura de Julio Cortázar, que incluiu este relato no seu libro "Historias de cronopios y de famas", considerado polo autor arxentino Alberto Cousté como "unha sorte de ética, disfrazada polo humor e protexida da solemnidade pola tenrura".

Cortázar reúne nesta obra unha sucesión de situacións imposibles, retazos do seu humor surrealista que socavan o racionalismo trivial e mecanizado, cos que expresa a súa rebeldía contra os obxectos e as persoas que constitúen a nosa vida cotiá e a nosa maneira mecánica de relacionarnos con ela.

 

Don Pol e o pequeno Pin

Don Pol e o pequeno Pin

Max Portela (Textos) e Rodrigo Chao Blanco (Ilustracións)

Baía Edicións

36 p. ; 12 €

 

Pin é un cangrexiño desesperado por sentirse deforme, tralo encontro co vello polbo don Pol descobre quen é. E agora ten que escapar dos tentaculos do polbo...

 

 

 

 

Infantil

Porgy and Bess

Porgy and Bess

George Gershwin (Textos) e Daniel Jiménez (Ilustracións) [Adapt. de Joan de Déu Prats] [Interpretación musical de Ella Fitzgerald e Louis Armstrong]

Kalandraka Editora

40 p. ; 20 €

 

"Porgy and Bess" é unha ópera composta por George Gershwin con textos da súa irmá Ira Gershwin e de DuBose Heyward, autor da novela. Trata sobre o estilo de vida afroamericana nunha rúa de Charleston, en Carolina do Sul, a principios da década de 1930.

Malia que inicialmente foi concebida como unha 'ópera folclórica' dos Estados Unidos, acabou aceptándose lexitimamente como unha ópera a finais da década dos 70 e actualmente forma parte do repertorio de ópera estándar.

De "Summertime", a parte máis coñecida desta obra, existen numerosas interpretacións, como a que protagonizan neste libro-disco Ella Fitzgerald e Louis Armstrong. Os críticos valoran desta composición a súa síntese innovadora das técnicas orquestrais europeas co Jazz e a música folk estadounidense.

 

O bastón dos desexos

O bastón dos desexos

Ramón Caride (Textos) e Manuel Uhía (Ilustracións)

Planeta & Oxford

57 p. ; 6,50 €

 

Velaquí a fantástica aventura que viven Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato logo de atopar un bastón máxico.
Mal Podeían imaxinar aquela tarde ao saíren do cine que acabarían perdidos en Australia e traballando nun circo...

 

 

As fábulas de Leonardo da Vinci

As fábulas de Leonardo da Vinci

Leonardo da Vinci (Textos) e Rossana Casano (Ilustracións)

Edicións do Cumio

32 p. ; 15 €

 

“Unha folla de papel, que se encontraba sobre un escritorio xunto con outras follas iguais ca ela, atopouse un bo día toda chea de signos. Unha pluma, mollada de tinta negrísima, trazará sobre a folla de papel unha morea de debuxos e palabras… Xa non es unha folla de papel, desde agora serás unha mensaxe, e ademais custodiarás o pensamento do home.”
Cunha coidada edición delicadamente ilustrada aparecen As Fábulas de Leonardo, volume que recolle pequenos textos de valor simbólico escritos por Leonardo da Vinci baixo a fórmula dunha fábula moi próxima ao poético. A obra descubrirá aos lectores a faceta menos coñecida do xenio renacentista.

 

 

Xuvenil

As pedras do destino

As pedras do destino

Óscar Losada

Tambre

128 p. ; 9 €

 

Estamos no ano 1988. Comeza a primeira Intifada en Palestina, mentres en Irlanda do Norte continúa un inmobilismo político que só alenta o extremismo. Malia estar a moitos quilómetros de distancia, un adolescente palestino e outro irlandés levan vidas paralelas. Os dous, un en Nablús e o outro en Derry, implícanse no activismo político e apoian con accións a causa do seu pobo. Os dous, asemade, empezan a descubrir o amor.

 

 

A revolución dos globos

A revolución dos globos

Alfonso Álvarez Cáccamo

Galaxia

296 p. ; 13 €

 

Dentro deste libro latexa a vida. Tamén latexa esoutra forma de vida que é o recordo.

Lembrar é unha das experiencias máis humanas que existen, sobre todo lembrar aquilo que un nunca viviu, como acontece con Gurzonia, un país que non existe, mais existe porque se alicerza na creatividade do mundo infantil. Con estes bimbios está construído este artefacto literario que é algo máis ca unha novela.

Presente e pasado, realidade e ficción, lembranza e invención se mesturan maxistralmente coa presenza constante dun sutil humorismo.

 

A noite que Wendy aprendeu a voar

A noite que Wendy aprendeu a voar

Andreu Martín [Trad. de Ignacio Chao Castro]

Xerais de Galicia

160 p. ; 10,10 €

 

Roger Dueso e Wendy Aguilar inician a garda cun sesenta, o código que na comisaría alerta dun asasinato, mais este caso non será de xente corrente. O homicidio levaráos a descubrir unha cámara secreta onde desapareceu unha valiosa alfaia envolta nun misterio, cuxo roubo non foi denunciado por ninguén. Esta é unha novela trepidante na que a moza policía deberá enfrontarse por si mesma con asasinos perigosos; terá que correr, loitar e facer uso da pistola; coñecerá o fondo do mar, saltará abismos pavorosos e verá a morte de moi preto. Esta será a noite na que Wendy aprenda a voar. Esta novela de Andreu Martín foi merecedora do Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil 2007.

 

 

 

E moitos moitos máis ...

 

Prelectores

Infantil

Xuvenil

Os sete cabritos

O elixir do amor

O coitelo sutil

O señor mago e a folla

Novas minimaladas

A vida que non é

Historia da resurrección do  papagaio

Descubrir a arte a través do  mundo

Harry Potter e a Orde do Fénix

Arrolos e Rodas

A Monstroescola

O Clan da Loba

O Nadal

Os globos de andar

No labirinto do vento

Garavanciño

Soños de algodón

Crónicas corsarias

O Samaín / O Magosto

Ernesto Bo Día

A cabeza de Medusa

A araña máis intelixente

Cerca

Un casoiro ben mal amañado

Historia dun compás

Xenaro e o misterio da mochila verde

Améndoas e flores silvestres

Cando escoito o teu corazón

O soño de Xelá

Irmandiños. A Revolta

A miña amiga a escuridade

Amelia quere un can

Terra libre

Buscando o Norte

Amancio Amigo e o demo da botella

O retrato de Dorian Gray

Quén fala? Os partes do corpo opinan

Cucho, Coco e o dilema do 6

Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man

Soidades

O autobús da selva

A conta atrás

A casa redonda

Lendas da noite de San Xoán

Proxecto Bolboreta

Quén levou a Lúa?

Don Agapito o apesarado

Maus

Os bolechas queren saber como son os xogos olímpicos e paralímpicos

O pequeno señor Paul

Historias de Galiza. Tomo I

Do A ao Z. Galicia

Simios

Habitación 202

A historia do Rainbow Warrior

O tempo do revés

Bícame profe

A noite das mudanzas

Estas na lúa

O tesouro de Saída

Aloumiños

Unha chea de familias

A volta ao mundo en 80 días

Vacas na cidade?

Olladas

Cazaría salvaxe

Bea

Os Megatoxos e a espada esmeralda

Suso Espada. Istanbul e o cabaliño de ouro

Pétala

O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis

Os cinco narradores de Bagdad

Un gato na árbore         

Orellas de bolboreta

As pantasmas sodes do que non hai

Non é unha caixa         

Das novas cousas de Ramón Lamote

Harry Potter e as reliquias da morte

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

O abrigo misterioso

Saladina

Apertas de vainilla

O carteiro de Bagdad

A aurora boreal

Petra

Aiko

O único que queda é o amor

O soño do osiño rosa

Son un cabalo

Illa soidade

Un barco no ceo

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

O reino en perigo

Tres desexos

Furia

A casa dos lucarios

As linguas dos animais

O sorriso de Daniela

As máns do medo

Inventando números

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Viaxe a Libunca

Crocodilo namorado

Así comezou todo

Comandante Hussi

Leopoldo e Casilda

Ovos duros

Plastilina nos pulmóns

A abella na orella da ovella

A lagoa das nenas mudas

Soidades de Ana

¿Onde está o sol?

O cuarto prohibido

A expedición do Pacífico

¿Quén me quere adoptar?

Un día de treboada

Todo o verán por diante