Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

Apertas de vainilla

O carteiro de Bagdad

A aurora boreal

 

Apertas de vainilla

Fina Casalderrey ; ilustracións de Manuel Uhía

Galaxia

32 p. ; 9,10 €

 

 

O carteiro de Bagdad

Marcos S. Calveiro

Editorial Tambre

144 p. ; 7,5 €

 

A aurora boreal

Philip Pullman [Trad. de Fernando Moreiras]

Faktoria K

340 p. ; 16 €

 

Magali é moi amiga de Roi, pero un día ten que ir vivir a outra cidade. Daquela inventa un xogo fantástico que os vai manter sempre unidos, a pesar da distancia.

 

O último libro para os máis pequenos de Fina Casalderrey, con ilustracións de Manuel Uhía.

 

Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos d'As mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa nos xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

Estrañas desaparicións. Unha nena moi especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos...

Son algúns dos ingredientes desta novela fantástica, galardoada en 1995 coa prestixiosa Medala Carnegie, coas que se premian as mellores obras dirixidas a lectores infantís e xuvenís; velaquí as primeiras aventuras da apaixoante saga "A materia escura", convertida nunha obra de referencia en todo o mundo grazas á mestría e poderosa imaxinación do seu autor.

Ambientada na época victoriana, onde mandaban os férreos corsés da moral e as crenzas, esta obra aporta certas doses de rebeldía. Introduce elementos filosóficos, curiosidade científica e dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío.

A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectismos e pola variedade de rexistros que quedan plasmados nesta apaixoante lectura, que comeza cuns versos do poeta e ensaísta inglés John Milton. A esta entrega seguiranlle "O coitelo sutil" e "O anteollo de ámbar"

   

E moitos moitos máis ...

Petra

O soño do osiño rosa

Un barco no ceo

Tres desexos

As linguas dos animais

Inventando números

Crocodilo namorado

Leopoldo e Casilda

A abella na orella da ovella

¿Onde está o sol?

¿Quén me quere adoptar?

 

Aiko

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Furia

O sorriso de Daniela

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Así comezou todo

Ovos duros

A lagoa das nenas mudas

O cuarto prohibido

Un día de treboada

 

O único que queda é o amor

O reino en perigo

A casa dos lucarios

As máns do medo

Viaxe a Libunca

Comandante Hussi

Plastilina nos pulmóns

Soidades de Ana

A expedición do Pacífico

Todo o verán por diante

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns