Biblioteca máxica


 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                                                                                                                                           

A casa redonda

Poderosa

Cucho, Coco e o dilema do 6

Lendas da noite de San Xoán

Quén fala? As partes do corpo opinan

A conta atrás

O autobús da selva

Poderosa

Soidades

 

 

Prelectores

A casa redonda

A casa redonda

Paula Carballeira (Textos) e Manuel Uhía (Ilustracións)

Baía Edicións

32 p. ; 6,95 €

 

Wapiti vivía nunha casiña redonda, unha casiña de xeo, un iglú. Pero a medida que foi medrando e aprendeu a andar, a casa foille quedando pequena... Así empeza a historia da relación de Wapiti coas casas e o mundo.

 

Baía Edicións saca ao mercado unha nova colección de contos para nenos e nenas de educación infantil, a colección CEMPÉS, para que os máis pequenos se recreen nun mundo de historias e imaxes que potencien a súa fantasía. Neles, a imaxe é tan ou máis importante que a letra en si. Especialmente pensados para ler e mirar en familia. 

 

Soidades

Soidades

Neus Moscada (Textos) e Chiara Fatti (Ilustracións) [Trad. de Paco Liván]

OQO Editora

40 p. ; 11,5 €

Hai momentos nos que me gusta estar soa, porque só estando soa oio as pingas de auga que deciden o mellor instante para lanzarse desde as nubes e só así podo cheirar o verde do campo...

 

A protagonista desta historia fala en primeira persoa e vainas contando e guiando polas súas percepcións, os seus sentimentos. Por momentos achéganos a eles e fannos cómplices desa intimidade, desa sensación de liberdade que lle invade ao estar soa e poder facer cousas coma falar coas libélulas, contarlle secretos a lúa, escoitar a música do silencio; sensacións que poderá compartir... cando non estea soa.

 

Con frecuencia a soidade está asociada a sentimentos negativos. Como concepto, o seu significado é complexo, pois evoca un estado ou situación que provoca emocións e sensacións ás veces encontradas: tristeza, abandono, perda; pero tamén tranquilidade, satisfacción, benestar, creación...

 

A soidade pode ser considerada un problema cando non a eliximos, non sabemos convivir con ela ou sair dela; pero tamén pode ser unha experiencia necesaria, unha oportunidade para atoparnos con nós mesmos, os nosos pensamentos, os nosos soños...

 

Neus Moscada e Chiara Fatti móstrannos como a soidade se transforma en saña, en cor, en diálogo coa natureza... Nunha orixinal proposta plástica, a ilustradora sorpréndennos cun inversión de fondo/figura, na que os primeiros planos aparecen en branco e negro e só os fondos posúen cor. Metáforas e sinestesias en texto e imaxe que nos farán afondar en sentiméntos e sensacións. Para un público sen idade.

  

Quén fala? As partes do corpo opinan

Quen fala? As partes do corpo opinan

Taro Gomi [Trad. de Maki Fukuhara e Chema Heras]

Faktoría K

32 p. ; 14 €

 

Estaba Pablo paseando tan tranquilo cando, de súpeto...

«Ui! Isto que é?», di un dedo.

«Ah! É o caramelo que me deron o outro día»,

di a cabeza recordando.

«Foh! Que sucio! Está cheo de peluxe!», din os ollos ao velo....

 

Trala publicación de “A bañarse!”, o deseñador xaponés Taro Gomi propón estoutro álbum de achegamento ao corpo humano a través dos sentidos e das partes das que consta. Ademais de gozar das ilustracións, realizadas dun xeito semellante ás que fan os cativos cos seus debuxos, esta obra tamén é unha ferramenta de apoio para nais, pais e mestres, á hora de axudaren os nenos a gañar en autonomía e coñecemento sobre si mesmos.

 

A linguaxe infantil está presente ao longo de todo o libro, con onomatopeias, xogos visuais e de palabras que o convertirán nunha obra cercana e atractiva. Unha das características da obra de Taro Gomi é a liberdade creativa e a tendencia a rachar convencións impostas polo pudor da sociedade. Desta maneira, o ilustrador aposta por reflectir a nudez do neno con total naturalidade.

 

 

Infantil

Lendas da noite de San Xoán

Lendas da noite de San Xoán

Carlos Labraña (Textos) e David Pintor (Ilustracións)

Everest Galicia

36 p. ; 6,75 €

 

Na noite de San Xoán celébrase unha das festas máis ricas en lendas, crenzas e costumes da nosa cultura. É unha noite máxica na que todo pode ocorrer, desde desencantamentos de mouras até todo tipo de bromas protagonizadas por bandas de mozos. Por certo, lembrade apañar as herbas de San Xoán, amarralas nun feixe, colocalas nun cazo cheo de agua e deixalas fóra toda a noite. Cando vos ergades á mañá, con esa agua, lavade a cara, os pés... para así purificar a corpo.

 

O autobús da selva

O autobús da selva

Manuel Uhía

Tambre

40 p. ; 7,2 €

 

A tartaruga Pepa é deses seres dispostos sempre a axudar aos demais. Unha tarde, un ratiño mancado, e tamén algo lacazán, pídelle que o transporte sobre a cuncha. Ao día seguinte, outros bichiños da selva aproveitan a boa vontade de Pepa e utilízana como autobús. A cousa empeza a revirarse cando os animais máis mangallóns, como a elefanta, esixen o mesmo trato.

 

Cucho, Coco e o dilema do 6

Cucho, Coco e o dilema do 6

Tino Antelo (Textos) e Marina Seoane (Ilustracións)

Baía Edicións

38 p. ; 7 €

 

Cucho, Coco e o dilema do 6, de Tino Antelo, foi a obra gañadora do I Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2003, modalidade infantil).

 

Cucho e Coco, dous amigos e compañeiros do cole, procuran coa axuda dos maiores resolver o difícil dilema do 6 que se lles presenta no seu último encontro. O seu empeño e enxeño vailles servir para encontrar a solución ao problema, ao tempo que lles proporciona un saboroso final.

 

 

Xuvenil

Proxecto Bolboreta

Proxecto Bolboreta

Andrea Maceiras Lafuente

Xerais

120 p. ; 10,1 €

 

Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como “Efecto Bolboreta”, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: “o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”. Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.

 

A conta atrás

A conta atrás

Carlos Portela (Guión) e Sergi San Julián (Ilustracións) [Prólogo de Manuel Rivas e Entrevista de Álvaro Pons]

Faktoría K

104 p. ; 15 €

 

Transcorreu un ano desde a marea negra.

 

Otero, conselleiro do goberno autonómico, presenta aos medios de comunicación unha campaña propagandística que anuncia a limpeza total das praias e a recuperación do sector pesqueiro.

 

A campaña é, en realidade, un exercicio de manipulación informativa no que interveñen políticos e xornalistas. Con Otero, coñecemos o resto dos personaxes desta historia: unha ambiciosa presentadora de televisión, un pescador en paro, un mariñeiro que fixo negocio da desfeita ecolóxica, un redactor desencantado e un activista a favor do voluntariado.

 

“A conta atrás” é unha viaxe no tempo. Arrinca un ano logo da marea negra e vai repasando en sentido inverso, indo cara atrás, a historia do desastre ata chegar a como era a vida dos protagonistas antes do naufraxio... Unha viaxe que afonda nos porqués das cousas.

 

Poderosa

Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man

Sérgio Klein [Trad. de Mercedes Pacheco Vázquez]

Xerais

256 p. ; 12 €

 

Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora.

 

Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente? Joana Dalva non dubida en converter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. É o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia.

 

Esta novela de Sérgio Klein, que obtivo enorme éxito no Brasil, é para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

 

 

 

E moitos moitos máis ...

 

Prelectores

Infantil

Xuvenil

Os sete cabritos

O elixir do amor

O coitelo sutil

O señor mago e a folla

Novas minimaladas

A vida que non é

Historia da resurrección do  papagaio

Descubrir a arte a través do  mundo

Harry Potter e a Orde do Fénix

Arrolos e Rodas

A Monstroescola

O Clan da Loba

O Nadal

Os globos de andar

No labirinto do vento

Garavanciño

Soños de algodón

Crónicas corsarias

O Samaín / O Magosto

Ernesto Bo Día

A cabeza de Medusa

A araña máis intelixente

Cerca

Un casoiro ben mal amañado

Historia dun compás

Xenaro e o misterio da mochila verde

Améndoas e flores silvestres

Cando escoito o teu corazón

O soño de Xelá

Irmandiños. A Revolta

A miña amiga a escuridade

Amelia quere un can

Terra libre

Buscando o Norte

Amancio Amigo e o demo da botella

O retrato de Dorian Gray

Quén levou a Lúa?

Don Agapito o apesarado

Maus

Os bolechas queren saber como son os xogos olímpicos e paralímpicos

O pequeno señor Paul

Historias de Galiza. Tomo I

Do A ao Z. Galicia

Simios

Habitación 202

A historia do Rainbow Warrior

O tempo do revés

Bícame profe

A noite das mudanzas

Estas na lúa

O tesouro de Saída

Aloumiños

Unha chea de familias

A volta ao mundo en 80 días

Don Pol e o pequeno Pin

As fábulas de Leonardo da Vinci

A noite que Wendy aprendeu a voar

Discurso do oso

O bastón dos desexos

A revolución dos globos

Os tres porquiños

Porgy and Bess

As pedras do destino

Vacas na cidade?

Olladas

Cazaría salvaxe

Bea

Os Megatoxos e a espada esmeralda

Suso Espada. Istanbul e o cabaliño de ouro

Pétala

O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis

Os cinco narradores de Bagdad

Un gato na árbore         

Orellas de bolboreta

As pantasmas sodes do que non hai

Non é unha caixa         

Das novas cousas de Ramón Lamote

Harry Potter e as reliquias da morte

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

O abrigo misterioso

Saladina

Apertas de vainilla

O carteiro de Bagdad

A aurora boreal

Petra

Aiko

O único que queda é o amor

O soño do osiño rosa

Son un cabalo

Illa soidade

Un barco no ceo

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

O reino en perigo

Tres desexos

Furia

A casa dos lucarios

As linguas dos animais

O sorriso de Daniela

As máns do medo

Inventando números

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Viaxe a Libunca

Crocodilo namorado

Así comezou todo

Comandante Hussi

Leopoldo e Casilda

Ovos duros

Plastilina nos pulmóns

A abella na orella da ovella

A lagoa das nenas mudas

Soidades de Ana

¿Onde está o sol?

O cuarto prohibido

A expedición do Pacífico

¿Quén me quere adoptar?

Un día de treboada

Todo o verán por diante