|
Prelectores
|
|

|
Buscando
o Norte
Paula
Carbonell Penichet (Textos) e Cecilia Afonso (Ilustracións)
OQO
Editora
40
p. ; 11,905 €
|
|
O vagalume xoga a ser estrela fugaz, a límacha pide un desexo... e
entón comeza a viaxe cara ao país dos pexegueiros, seguindo a estrela
polar, acompañados polas distintas fases da lúa.
Un desexo convértese nunha viaxe, a viaxe convértese nun encontro, un
encontro lévate a buscar o Norte, o Norte é o lugar onde pedir desexos.
O propio camiño, máis que o destino final, fai que os protagonistas
desta historia se enriquezan, maduren e descubran novos mundos, dentro
e fóra deles mesmos. Un conto que nos deixa ver desde os ollos máis
pequenos, sobre a herba, entre as pingas de orballo.
Cecilia Afonso ofrécenos fermosas ilustracións nas que emprega a
técnica da colaxe, usando papeis e fíos combinados con lapis e témpera.
A través de figuras sinxelas e limpas, a ilustradora arxentina desprega
unha particular linguaxe simbólica, ás veces abstracta e cunha gran
carga poética, onde sempre queda lugar para que o lector se sorprenda,
busque e atope; e nos regala chiscadelas, pistas, chamadas de atención
nunha proposta que acompaña o texto e vai máis alá, inventando unha
historia dentro da historia, que nos leva a buscar, cos protagonistas,
a lúa nova.
|
|

|
A
miña amiga a escuridade
Ella
Burfoot
Baía
Edicións
34
p. ; 16 €
|
|
Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu
cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e
bailando.
Esta historia presenta a escuridade como a amiga das nenas e nenos.
O libro está especialmente recomendado para evitar o medo á escuridade. Ideal para compartilo cando se deitan.
|
|

|
Cando
escoito o teu corazón
Quen
son eu?
Soñei
que era unha árbore
Tan
grandes, tan pequenos
María
Teresa Puig Calzadilla (Textos) e Isao Llorens Ishikawa (Ilustracións)
[Trad. de María Lado]
Edicións
do Cumio
12 €
c/u
|
|
Cando
escoito o teu corazón
Cando escoitas o corazón doutra persoa todo pode cambiar nun intre. Iso é maxia!
E esta maxia aprenderáa Lucas de súa nai, quen tamén lle descubrirá en
que cousas hai que fixarse para averiguar como se atopa unha persoa sen
que esta che diga nada.
Quen
son eu?
Sen dúbida a mellor maneira de averiguar quen é un mesmo é preguntarlle
ao Silencio. Iso di a mamá de Lucas. Así que para atopar unha resposta
a ese gran interrogante, Lucas terá que atopar o Silencio e conseguir
escoitar a súa voz… e iso non é nada doado!
Soñei
que era unha árbore
Non é nada aburrido ser unha árbore, rodeado de animais e xogando co
vento e as sombras do sol entre as túas pólas. A noite que Lucas soñou
que era unha árbore non sabía que estaba soñando algo realmente
especial: un soño no que todos amaban a Natureza e a respectaban.
Tan
grandes, tan pequenos
Se Lucas non pode durmir súa nai senta ao seu carón e cóntalle un conto no que el é o protagonista. Xuntos da man pasean polo
bosque e baixo a luz da lúa descobren que se pode ser ao mesmo tempo grande e pequeno.
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
Amancio
Amigo e o demo da botella
Xosé
Miranda (Textos) e Patricia Castelao (Ilustracións)
Xerais
160
p. ; 10,3 €
|
|
A protagonista desta novela, Sabela, unha nena do Courel, é irmá da moza e amiga da irmá do meigo Amancio Amigo.
Un día, por accidente, librera un
demiño que o meigo ten pechado nunha botella. Para compensalo, ela e a
súa amiga Loreto chocan un ovo caído do ceo, do que sae un novo demiño,
ao que lle poñen por nome Anduriño.
Pero Anduriño escapa tamén e,
mentres todo iso sucede, no ceo comezan a concentrarse as nubes e as
treboadas e unha grande ameaza pende sobre a aldea. Uns ollos de sangue
vixían entre os nubeiros. Amancio é tomado por unha invencible
somnolencia e uns estraños personaxes visitan ao pai de Sabela, o
filósofo Kalouro e o seu axudante Franco Opaco, que investigan se, no
inexplicable roubo cometido na súa casa, o ladrón entrou pola ventá ou
viceversa…
Amancio Amigo e o Demo da
Botella é a segunda entrega da serie de novelas de maxia, escritas por
Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por
Amancio Amigo. Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante.
|
|

|
Amelia
quere un can
Tim
Bowley (Textos) e André Neves (Ilustracións)
[Trad. de Isabel Pita e Silvia Pérez)
Kalandraka
Editora
36
p. ; 13 €
|
|
Ás veces é preciso dar un rodeo para conseguir
unha meta; non sempre o camiño máis curto entre dous puntos é a liña recta. É a
estratexia de Amelia cando se lle antolla adoptar un can... Dende unha aguia a
unha balea, pasando por un cabalo ou un elefante, os intentos de Amelia por convencer
o seu pai son cada vez máis disparatados.
Ademais dunha divertida historia sobre os
pillabáns que poden ser os cativos e a pouca atención que os adultos lles
prestan ante asuntos aparentemente banais, o relato destaca pola súa marcada
estrutura. Tim Bowley recorre aos esquemas propios da literatura oral –estrutira
acumulativa e elementos repetitivos- para captar a atención dos lectores.
Unha obra de moito colorido cunha proposta estética
a base de técnica mixta e collage, para achegar os nenos a conceptos como a
responsabilidade, aplicada ás obrigas que supón coidar dunha mascota, que
animais son susceptibles de seren domesticados e cales polo seu carácter
salvaxe deben vivir en liberdade.
|
|

|
O
soño de Xelá
Alexandre
Honrado (Textos) e Marta Torrão (Ilustracións)
OQO
Editora
96
p. ; 12,5 €
|
|
"Non creo que se medre por ler un libro", fungaba Miguel. "Pois eu,
cada vez que entro nun, saio diferente. Un levoume a coñecer unha illa
onde chegou un náufrago; outro á lúa, montado nunha bala de canón",
dixo o avó, "Colle ese que está aí e ábreo pola última páxina. Ves o
punto final?" Entón comezou a aventura...
Miguel escorrega a través do punto final dun libro e cae nun delirante
mundo de fantasía. Con Xelá, Alex lido ao espello, navega por un río de
vidro nunha bañeira de vapor con patas de león, viaxa por desertos de
azucre...
Esta é unha historia sobre o crecemento, sobre o crecemento interior e
a importancia que os soños teñen na formación dos máis pequenos e no
seu desenvolvemento posterior como adultos.
O libro e a lectura aparecen como posibles pontes de pasaxe entre o
soño que precisamos e a realidade que atopamos día a día. No mundo do
imaxinario todo é posíbel, e o protagonista, a quen non lle gusta ler
nin imaxinar, vai descubrir o pracer da creatividade e a imaxinación,
xunto coa afectividade.
Desde o punto de vista plástico, Marta Torrão ofrécenos unhas
ilustracións ande o seu particular imaxinario de personaxes adquire
unha nova dimensión, máis depurada, xogando con dous niveis de
acabamento: o debuxo a lapis en branco e negro para algúns momentos, e
a recreación combinada de debuxo e colaxe a cor para os momentos de
maior intensidade da historia.
Coa mestura do marabilloso e do fantástico, asentado na base do real,
esta é unha historia para ler, reler e redescubrir en cada lectura,
sempre con sorpresa e agrado; e para que poidamos converternos, como
lectores, en creadores de soños, en loitadores sen armas.
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
O
retrato de Dorian Gray
Oscar
Wilde [Trad. de Cristina Felpeto García]
Urco
Editora
224
p. ; 15,95 €
|
|
“O retrato de Dorian Gray”, novela escrita polo autor irlandés Oscar Wilde
publicada en 1890, conta a historia de Dorian Gray, retratado polo artista
Basil Hallward, quen queda enormemente impresionado pola beleza física de
Dorian e comeza a se encaprichar con el, crendo que esta beleza é a responsable
da nova forma da súa arte. Falando no xardín de Basil, Dorian coñece a Lord
Henry Wotton, un amigo de Basil, e comeza a se cativar pola visión do mundo de
Lord Henry, que asume un novo tipo de hedonismo, el indica que “o único que
paga a pena na vida é a beleza, e a satisfacción dos sentidos”. Ao decatarse de
que un día se esvaecerá a súa beleza, Dorian clama, desexa ter a idade do cadro
que Basil pintou del para sempre. O desexo de Dorian cúmprese, ao que
posteriormente o leva a unha serie de actos de libertinaxe e perversión; o
retrato serve coma un recordatorio dos efectos da cada un dos actos cometidos
sobre a súa alma, con cada pecado o cadro vaise desfigurando ou envellece.
“O retrato de Dorian Gray” é considerado como unha das últimas obras clásicas
de horror gótico cunha forte temática faustiana. O libro causou controversia
cando foi publicado por vez primeira, sen embargo na actualidade é considerado
como “un dos clásicos modernos da literatura occidental”.
|
|

|
Terra
libre
Fran
Jaraba
Xerais
56
p. ; 15 €
|
|
Cuba, 1897. A illa vive sumida nunha crúa
guerra entre as tropas independentistas -os “mambises”- e o exército
colonial. A poboación campesiña sofre especialmente a dureza do
conflito. Por orde do mando militar español é desaloxada das súas casas
e evacuadas ás cidades, ou internada nos chamados “poboados de
reconcentración” baixo a vixilancia e o control do exército.
Un destes poboados, Cañas Largas, é
peza clave para que Chinito, un líder mambí, consiga liberar un amplo
territorio, proclamando así a primeira República independente cubana.
Ao mesmo tempo, un tenente norteamericano, camuflado de naturalista, é
desembarcado na costa sur da illa coa misión de entregarlle unha carta
na man ao xeneral mambí Calixto García. Na misiva, o Goberno
estadounidense ofrécelle a axuda das súas tropas para derrotar
conxuntamente o exército español.
Pero a este intrépido oficial
non lle vai vai resultar doado chegar ata García. No seu camiño
curzaranse Chinito, Gargajo, a Garda Civil, Pepesito e, sobre todo,
Maxi Torres.
|
|

|
Irmandiños.
A Revolta
V.V.A.A.
Difusora
de Letras, Artes e Ideas
180
p. ; 25 €
|
|
Irmandiños.
A Revolta é un libro dividido en dúas partes ben diferenciadas e complementares:
o manual do xogador e a crónica fotográfica da edición de 2007 do xogo
de rol con maior número de participantes do mundo. O manual de
instrucións divídese en seis capítulos: Crónicas do reino de Galiza,
Clases sociais, Argumento do xogo, Estrutura e funcionamento dos
exércitos, Regras do xogo e Armas.
A crónica fotográfica deixa constancia de tres dias de convivio e
devertimento dos case mil participantes na edición de 2007. O colorido
dos participantes e o seu atrezzo así como o realismo das accións fican
retratadas na reportaxe total de Nacho Gómez e Xan Muras.
O
asesoramento histórico correu pola conta de Anselmo López Carreira; os
textos do xogo son responsabilidade de Xurxo Iglesias Riveiro, Jacobo
Otero Romaní e 13Negativo; as ilustracións das personaxes son da
autoría de Idoia de Luxán Vázquez e as fotografías de Xan G. Muras e
Nacho Gómez, todo baixo a dirección artística de Adriana Pérez.
|