Biblioteca máxica


 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                                                                                                                                           

A cabeza de Medusa

O magosto / O samaín

Historia dun compás

Un casoiro ben mal amañado

Xenaro e o misterio da mochila verde

Améndoas e flores silvestres

Cerca

A araña máis intelixente

Ernesto Bo Día

 

 

Prelectores

Historia dun compás

Historia dun compás

Mónica Gozalbo Felip (Textos) e Marta Ribes Montoliu (Ilustracións) [Trad. de María Lado]

Cumio

44 p. ; 12 €

 

Tomás é un compás

Roma é unha goma

Abel é un papel

Ramón é un cartabón.

 

Se queres aprender a bailar

e non caerte xamais

só tes que aprender

a xirar ao compás.

 

A araña máis intelixente

A araña máis intelixente

Zdenko Basic

Baía Edicións

18 p. ; 18 €

 

- Son a araña máis hábil e intelixente -di Araña-.

 

É verdade, podo fabricar calquera cousa que me pidades! Podo tecer unha mazá tan vermella como o teu corpo -díxolle á xoaniña-, podo elaborar un traxe de festa, un paraugas para abrigármonos da choiva e... un fermoso arco da vella!. 

 

  

O magosto / O samaín

O Samaín

O Magosto

Jacobo Fernández (Ilustracións)

Galaxia

9,20 € c/u

 

O Samaín

A festa das cabazas. Nenos e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas que sobre a festa das cabazas ao mesmo tempo que aprenden as primeiras palabras.

 

O Magosto

A festa das castañas. Nenos e adultos poderán xogar coa historia tentando solucionar as preguntas que sobre a festa das castañas ao mesmo tempo que aprenden as primeiras palabras.

 

 

 

Infantil

Xenaro e o misterio da mochila verde

Xenaro e o misterio da mochila verde

Mar Guerra Cid (Textos) e Fernando Llorente Sagaseta (Ilustracións)

Xerais

168 p. ; 12,50 €

 

A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; porén, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio. Xirando arredor da amizade e os seus modelos e xogando coa linguaxe e o humor, esta novela de Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2008, ilustrada por Fernando Llorente, foi definida polo xurado como “un trhiller psicolóxico” que desenvolve unha historia cotián de rapaces e rapazas dun centro escolar. Unha viaxe fascinante ao mundo dos nenos e nenas de hoxe.

 

Cerca

Cerca

Natalia Colombo (Texto e ilustracións) [Trad. de Manuela Rodríguez]

Kalandraka Editora

36 p. ; 12 €

 

A ilustradora e deseñadora arxentina Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka, coa obra titulada “Cerca”.

 

Considerado polo xurado como un “perfecto álbum ilustrado”, “Cerca” é unha fábula sobre a incomunicación, unha reflexión poética e profunda sobre as relacións interpersonais e o individualismo, sobre os desexos e as emocións. Dende o punto de vista literario destaca pola súa sinxeleza narrativa e a engranaxe interna do relato, que plasma o paralelismo entre as accións dos protagonistas: un pato e un coello que viven pechados na súa soidade; nese sentido, a obra invita ao lector a non darlles as costas aos demais, “privándose da posibilidade de compartir os momentos máis simples e felices da vida”, como explica a propia autora.

 

A nivel estético, Natalia Colombo mestura diversas técnicas, dende a pintura con acrílicos ata o collage, ademais de deseñar unha tipografía propia. Tamén emprega diversos recursos visuais que lle permiten xogar cos conceptos de movemento e simetría, sen esquecer a combinación de cores, texturas e materiais, que lle imprimen estilo e carácter propio á obra no seu conxunto.

 

Ernesto Bo Día

Ernesto Bo Día

José Campanari (Textos) e João Vaz de Carvalho (Ilustracións)

OQO Editora

40 p. ; 11,90 €

 

Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta; a cita era ás seis, nin un minuto antes nin un minuto despois. Ernesto saíu da casa nunha tarde soleada, mentres Henriqueta, a irmá, a nai, o pai e a avoa preparaban a merenda. Levantouse unha brisa, caeron pingas, choveu e ventou… mentres a familia da noiva, desacougada, miraba o reloxo porque Ernesto non daba chegado.

 

Contidos e linguaxe accesibles a primeiros lectores, aos que se engaden ilustracións moi expresivas, en complicidade perfecta coa narración, porque están concibidas para non perder de vista o que acontece nos dous ambientes nos que se desenvolve a historia: a rúa e o interior da casa de Henriqueta.

 

Unha divertida historia na que o protagonista, seguindo a máxima do avó -ao mal tempo boa cara-, non perde o ánimo nin nos momentos máis críticos; un comportamento que induce a pensar que hai que mirar o horizonte e afrontar as dificultades con tenacidade e confianza.

 

O final, con desenlace feliz, reforza o optimismo que rezuma este álbum.

 

 

Xuvenil

Améndoas e flores silvestres

Améndoas e flores silvestres

David D. Vázquez Álvarez

Baía Edicións

325 p. ; 11,80 €

 

Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia.

 

É o fillo do ferreiro, un servo máis de don Guzmán, o conde que o domina todo desde a súa fortaleza amurallada. Desde moi pequeno, o mozo soña con ser, un día, un home libre para poder ser armado cabaleiro. Coñece polo seu avó, o mago, o druída, as historias do rei Arturo e a existencia do Santo Graal, o que o vai levar por inhóspitas e estrañas paraxes coa soa compaña de Alba, decidida, tamén, a romper co pasado, coas ataduras das tradicións e do destino que para ela marcou o seu pai, o conde. Xuntos van descubrir onde se agocha a verdadeira liberdade...

 

Un casoiro ben mal amañado

Un casoiro ben mal amañado

Bali Rai [Trad. de Ramón Porto Prado e Belén Souto García]

Sotelo Blanco

300 p. ; 12 €

 

Historia de alienación e identidade, Un casoiro ben mal amañado narra as peripecias vitais dun adolescentes punxabi, Manny, que se debate entre manter as relacións familiares e vivir a súa propia vida. A mañá do seu casamento, que asemade é a mañá do seu dezasete aniversario, Manny pasa revista á súa vida para se decatar de que os seus valores persoais non son os mesmos que os valores da comunidade punxabi onde vive. Manny non ten nada en común con seus irmáns, que viven na ignorancia doutros mundos posibles, nin con seus pais, que viven na somnolencia que lles producen os litros de alcol que inxire cada día, no caso do pai, ou esa non rebelión contra o sistema establecido, no caso da nai. Así, ao se decatar de que a única opción para amañar as relacións coa familia é aceptar o casamento amañado con só dezasete anos, Manny decide afrontar a súa propia vida e tomar unha decisión difícil de xeito valente. Escrita en primeira persoa, Un casoiro ben mal amañado narra de xeito cru e realista o intento de sobrevivir de moitas comunidades de inmigrantes en espazos culturais alleos e as contradicións que se xestan nas segundas xeracións no seo desas comunidades.

 

A cabeza de Medusa

A cabeza de Medusa

Marilar Aleixandre

Xerais

224 p. ; 12,50 €

 

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, “unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve”. A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.

 

 

 

E moitos moitos máis ...

 

Prelectores

Infantil

Xuvenil

Os sete cabritos

O elixir do amor

O coitelo sutil

O señor mago e a folla

Novas minimaladas

A vida que non é

Historia da resurrección do  papagaio

Descubrir a arte a través do  mundo

Harry Potter e a Orde do Fénix

Arrolos e Rodas

A Monstroescola

O Clan da Loba

O Nadal

Os globos de andar

No labirinto do vento

Garavanciño

Soños de algodón

Crónicas corsarias

Cando escoito o teu corazón

O soño de Xelá

Irmandiños. A Revolta

A miña amiga a escuridade

Amelia quere un can

Terra Libre

Buscando o Norte

Amancio Amigo e o demo da botella

O retrato de Dorian Gray

Quén fala? As partes do corpo opinan

Cucho, Coco e o dilema do 6

Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man

Soidades

O autobús da selva

A conta atrás

A casa redonda

Lendas da noite de San Xoán

Proxecto Bolboreta

Quén levou a Lúa?

Don Agapito o apesarado

Maus

Os bolechas queren saber como son os xogos olímpicos e paralímpicos

O pequeno señor Paul

Historias de Galiza. Tomo I

Do A ao Z. Galicia

Simios

Habitación 202

A historia do Rainbow Warrior

O tempo do revés

Bícame profe

A noite das mudanzas

Estas na lúa

O tesouro de Saída

Aloumiños

Unha chea de familias

A volta ao mundo en 80 días

Don Pol e o pequeno Pin

As fábulas de Leonardo da Vinci

A noite que Wendy aprendeu a voar

Discurso do oso

O bastón dos desexos

A revolución dos globos

Os tres porquiños

Porgy and Bess

As pedras do destino

Vacas na cidade?

Olladas

Cazaría salvaxe

Bea

Os Megatoxos e a espada esmeralda

Suso Espada. Istanbul e o cabaliño de ouro

Pétala

O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis

Os cinco narradores de Bagdad

Un gato na árbore         

Orellas de bolboreta

As pantasmas sodes do que non hai

Non é unha caixa         

Das novas cousas de Ramón Lamote

Harry Potter e as reliquias da morte

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

O abrigo misterioso

Saladina

Apertas de vainilla

O carteiro de Bagdad

A aurora boreal

Petra

Aiko

O único que queda é o amor

O soño do osiño rosa

Son un cabalo

Illa soidade

Un barco no ceo

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

O reino en perigo

Tres desexos

Furia

A casa dos lucarios

As linguas dos animais

O sorriso de Daniela

As máns do medo

Inventando números

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Viaxe a Libunca

Crocodilo namorado

Así comezou todo

Comandante Hussi

Leopoldo e Casilda

Ovos duros

Plastilina nos pulmóns

A abella na orella da ovella

A lagoa das nenas mudas

Soidades de Ana

¿Onde está o sol?

O cuarto prohibido

A expedición do Pacífico

¿Quén me quere adoptar?

Un día de treboada

Todo o verán por diante