Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

Non é unha caixa

Das novas cousas de Ramón Lamote

Harry Potter e as reliquias da morte

 

Non é unha caixa

Antoinette Portis

Faktoria K

40 p. ; 13 €

 

 

Das novas cousas de Ramón Lamote

Paco Martín

Galaxia

188 p. ; 11 €

 

 

Harry Potter e as reliquias da morte

J.K. Rowling

Galaxia

632 p. ; 22 €

 

Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña ata un cohete espacial, o coelliño desta historia demóstralles aos lectores que unha caixa poder ser todo aquilo que lles permita a imaxinación.

Este álbum foi calificado en 2007 como Libro de Honra polo comité do Premio Theodor Seuss Geisel, que se Ile concede ás mellores obras infantís publicadas en Estados Unidos. Tamén foi nomeado como Libro Distinguido pola Asociación Americana de Bibliotecas e incluído pola Biblioteca Pública de Nova York na lista "Un dos con libros para ler e compartir".

A autora recrea unha experiencia da súa nenez, cando sentaba coa súa irmá sobre unha caixa que había de camiño á súa casa. Cómpre seguir potenciando esa economía de recursos de antano: sen a penas nada co que enredar, os cativos poden converter o máis sinxelo dos obxectos no máis marabilloso dos xoguetes.

A autora emprega unha liña argumental moi sinxela, de frases curtas e directas, a modo de diálogo entre o protagonista e unha voz omnisciente que o interroga sobre a utilidade da súa caixa. As ilustracións destacan polos trazos básicos, expresivos e polo xogo de cores e perspectivas. Así, o que parece ser unha simple caixa convértese ao paso de cada páxina, nun obxecto diferente: coche de carreiras, robot, edificio en chamas e un sinfín de causas máis.

Un libro que invita a explorar novas mundos; que favorece a imaxinación, a interacción e o intercambio de ideas entre nenos e adultos.

 

"No que se volve dar noticia, despois de moito tempo, da vida e milagres de Ramón Lamote..."

 

Xa coñeces a Ramón Lamote Miñato. Agora, o señor Lamote está xubilado e leva unha vida tranquila e repousada. Pero iso non significa que non lle sigan sucedendo cousas das que paga a pena ter noticia.

 

Máis de vinte anos despois da publicación de Das cousas de Ramón Lamote, seguimos a pasalo ben, a rir e a pensar co señor Lamote, un pouco máis vello pero coa ollada e o corazón de sempre.

Nesta final e sétima entrega da serie de Harry Potter, J. K. Rowling desvela dunha forma espectacular as respostas ás moitas preguntas que tanto tempo se levan esperando coñecer. Unha narración fascinante, ricamente tecida e cun ritmo trepidante, dunha autora que é mestra do relato, cuxos libros serán lidos, relidos e se han volver a ler.

 

A Harry encoméndanlle unha tarefa perigosa e aparentemente imposible: atopar e acabar cos Horcrux que faltan por destruír. Nunca tan só se vira nin se enfrontara a unha misión tan chea de sombras ameazantes. Mais deberá encontrar dentro de si a forza necesaria para levar a cabo o que lle foi encomendado. Ten que abandonar a compañía, a calor e a seguridade do Tobo e emprender sen medo nin vacilación o camiño inexorable que ten por diante..

   

E moitos moitos máis ...

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Apertas de vainilla

Petra

O soño do osiño rosa

Un barco no ceo

Tres desexos

As linguas dos animais

Inventando números

Crocodilo namorado

Leopoldo e Casilda

A abella na orella da ovella

¿Onde está o sol?

¿Quén me quere adoptar?

 

O abrigo misterioso

O carteiro de Bagdad

Aiko

Son un cabalo

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Furia

O sorriso de Daniela

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Así comezou todo

Ovos duros

A lagoa das nenas mudas

O cuarto prohibido

Un día de treboada

 

Saladina

A aurora boreal

O único que queda é o amor

Illa soidade

O reino en perigo

A casa dos lucarios

As máns do medo

Viaxe a Libunca

Comandante Hussi

Plastilina nos pulmóns

Soidades de Ana

A expedición do Pacífico

Todo o verán por diante

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns