|
Prelectores
|
|

|
Pétala
Pep
Bruno (Textos) e Luciano Lozano (Ilustracións)
OQO
Editora
36
p. ; 11,50 €
|
|
Un día Pétala vai
regar as plantas e descubre que non hai auga. Disposta a coñecer o motivo, voa até as nubes
e descubre un tremendo dragón que se apoderou da casa da chuvia...
“Pétala”
é un álbum moi visual que aborda transversalmente a cuestión da necesidade da
auga, pero seguindo o fío da acción a través da fantasía. A auga é un recurso
esencial para a vida e a conservación do medio ambiente; desde a lectura tamén
podemos transmitir os valores necesarios para fomentar a conciencia
medioambiental e reflexionar sobre a necesidade de coidar o planeta. A
literatura infantil reforza a asociación simbólica con determinados
significados e facilita a asimilación da realidade externa.
A lectura deste
conto pode constituir unha estratexia para estimular a conciencia
medioambiental na educación infantil, tendo en conta que no lector xenérase de
maneira natural un novo concepto da importancia da auga ao provocarse un
encontro sensitivo coa realidade, desde a fantasía e a emoción.
Finalmente, Pétala
se transformará en narradora e contará a súa aventura, revelando
un segredo: os
dragóns, por feroces e monstruosos que parezan, tamén teñen medo.
Pep Bruno
desenvolve a idea orixinal do ilustrador, Luciano Lozano, construíndo un texto
sinxelo, con poucas frases e acontecementos ben dosificados, para crear unha historia que anime os máis pequenos a tomar partido activo
sen deixarse acobardar, enfrentándose aos problemas e avanzando no camiño dos
bos hábitos, da independencia e a seguridade.
|
|

|
Bea
Iván
Sende Gómez
Xerais
de Galicia
32
p. ; 7,50 €
|
|
Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena. E
igual que as nenas de hoxe en día sempre quere quedar cinco minutiños
máis na cama antes de se erguer para ir á escola. Bea vive cos seus
pais e mentres coida das súas irmás, estuda e fai os deberes, rega as
plantas… pensa que vai ser de maior: ¿será deportista, bandoleira,
astronauta?, pero ten un segredo, hai algo que lle gusta moito facer e
co que goza sempre que pode. Ás veces non é doado ser a irmá maior.
|
|

|
Vacas
na cidade?
An
Alfaya (Textos) e Jacobo Fernández (Ilustracións)
Galaxia
32
p. ; 9,10 €
|
|
De súpeto, a cidade está chea de vacas.
A Paulo encántanlle as vacas. Pero estas que vai ver na cidade son moi especiais.
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
O
rei Maragato estaba triste e tres pezas máis. Teatro
para nenos
Cipriano
Fernández Fernández
tresCtres
128
p. ; 11 €
|
|
Este
libro recolle unha selección de catro obriñas de teatro escritas e
levadas a escena polo seu creador, o escritor e mestre Cipriano
Fernández. Resulta unha opción moi adecuada para poder achegar o xénero
dramático ós nenos de infantil e de primaria, mesmo como escolla para
que sexan eles mesmos os que as representen. Os contidos e as
temáticas, ademais, teñen como eixes diversos valores educativos. O
limiar é de Segundo Durán “Chiki” e contén variadas ilustracións de
David Ferrando.
|
|

|
Os
Megatoxos e a espada esmeralda
Anxo
Fariña
A
Nosa Terra
144
p. ; 5 €
|
|
Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un
curso escolar do máis emocionante. Tras
desenvolver por accidente estraños poderes,
un milleiro de problemas comezan a xurdir
nas súas vidas.
Na procura dunha solución para a súa
mutación xenética, viaxarán desta vez ao
medievo, onde atoparán un antigo e
misterioso mosteiro no que nada é o que
parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán
medir a súa intelixencia e valor entre códices
medievais, nunha biblioteca chea de
enigmas e perigos, situación que porá en
xogo a súa amizade.
|
|

|
Olladas
Dieter
Wiesmüller [Trad. de Eva Almazán]
Kalandraka
Editora
40
p. ; 16 €
|
|
"O mundo está cheo de sorpresas. Sempre hai algo que descubrir, onde
queira que vivas. Nin por un momento estás só: ben na vila ou ben na
aldea, na fraga ou no lago, na sabana ou na selva, polo día ou pola
noite... só tes que mirar ao teu redor.
Coas orellas requichadas, aguza o oído desde o cómaro da fraga para
escoitar ben os ruidos do campo. Velo? El a ti xa te viu!
Asombrárono os bufidos do tractor. Agora vai pegar un brinco, dar unha
reviravolta e fuxir aos choutos para se esconder no agocho máis
próximo."
O
moucho, o rato, o león... vennos dende o seu niño, o seu escondite, a
súa gorida. E nós a eles? Un libro sobre miradas que axexan e buscan,
un libro para observar e ser observado, para identificar os animais nos
seus hábitats naturais.
Destaca a súa proposta estética, con ilustracións tremendamente
realistas e cheas de colorido. O autor dispón nunha páxina un primeiro
plano do olio do misterioso animal ao que alude e na seguinte a do
espazo que ve. Esta estructura permítelle ao lector achegarse a cada
escena con dous puntos de vista, o propio, e o do animal con respecto
ao que este capta dende o lugar no que está.
A
obra recibiu varios galardóns, entre eles foi distinguido como un dos
sete menores libros para lectores xuvenís en 2002, o álbume ilustrado
do mes en xaneiro de 2003, o Premio Frances and Wesley Bock 2003 e nos
Estados Unidos recibiu en 2004 o premio internacional ao mellor libro
outorgado pola Asociación de Bibliotecarios Escolares.
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
Os
cinco narradores de Bagdad
Fabien
Velhmann (Texto) e Frantz Duchazeau (Ilustracións) [Trad.
de David Gippini]
Faktoría
K de Libros
84
p. ; 18 €
|
|
Este
álbum de orixe francesa achegará o lector ás
peripecias de cinco contadores de historias, afanados na procura
do mellor conto do mundo, para gañar o reto proposto
polo califa de Bagdad e con el, acadar sona e riquezas. Nazim,
Tarek, Anouar, Wahid e Ahmed, o fillo do propio soberán,
son os protagonistas desta particular odisea arredor do mundo.
O
rosmón, o filósofo, o perspicaz, o rebelde, o
xentil... virtudes e defectos que adornan a personalidade de
cada narrador e que representan un amplo abano de arquetipos
humanos cos que xurdirá unha irremediable identificación.
Ao tempo que alimenta o deu imaxinario de vellas e fantásticas
historias, tamén o lector se contaxia desa sabedoría
que proporciona o contacto co pasado.
Nunha
cidade, Bagdad, chea de contrastes, de pasado esplendoroso e
de presente escuro, a lenda está presente en cada recuncho;
o exotismo de Oriente Medio e o ambiente envolvente de cada
historia -ao máis puro estilo das 'Mil e unha Noites'-
transportará o lector a outra esfera de realidade, dominada
pola arte dos contos.
Velhmann
e Duchazeau actúan como herdeiros da tradición
oral e beben tamén de fontes como o Marqués de
Anaón ou Gilgamesh, pero comparten a evolución
que emprenderon Blain e Sfar no xénero da banda deseñada.
Así, o lector poderá gozar das proezas narrativas
do guión, a posta en escea, o debuxo hábil e sinxelo,
o ambiente deslumbrante das paisaxes representadas, con
cores cálidas que ofrecen unha atmosfera máxica
e onírica.
|
|

|
Suso
Espada. Istanbul e o cabaliño de ouro
Francisco
Fernández Naval
Everest
176
p. ; 8,50 €
|
|
ADN, a axencia de detectives na que traballa Suso Espada, decide
envialo a Istambul para investigar a desaparición dunha muller de orixe
española, presa dende hai anos nunha cadea turca. Suso albiscará o
misterio e os perigos que envolven esta desaparición, circunstancias
agravadas polo feito de ter que desenvolver as pescudas nunha sociedade
complexa e nunha cultura para el descoñecida.
|
|

|
Cazaría
salvaxe
Agustín
Agra
Xerais
de Galicia
112
p. ; 10,10 €
|
|
Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña
ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba
o baleiro que ía deixando. Nas noites de invernía saía de caza, dacabalo, coa
compaña dos seus cadelos diabólicos, zugadores de sangue, que perseguían e degoaban
canto atopaban. Mais, foi Ricardo Ferreiro, o rapazolo da aldea de Marselle que
salvou o pelello por dúas veces, quen foi designado para ser o elixido. Cando
regresou ao País do Vento, despois do seu longo exilio na Illa de Dona Escura
do Mar Tenebroso, conseguiu cos poderes e artes alí adquiridos acabar con Wotan
e pór fin a súa tiranía, que asolaba vilas e aldeas, aínda a custa de pagar un
prezo altísimo por semellante afouteza.
Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía,
enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas, Cazaría salvaxe non deixa alento ao
lector até a súa derradeira páxina.
|