Biblioteca máxica
|
Prelectores |
Infantil |
Xuvenil |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza Werner Holzwarth ; ilustracións de Wolf Erlbruch ; tradución de Franck Meyer Kalandraka 24 p. ; 20 €
|
O abrigo misterioso Jeannette Jenning ; tradución de Alfred Lobmayr e Chema Heras Editorial Tambre 32 p. ; 13 € |
Saladina Xavier Queipo Galaxia 100 p. ; 9 €
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Pódelle pasar a calquera, pero ese día tocoulle á pobre da toupiña. Saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza a modo de pucho cheirento. Daquela, a toupa percorrerá todo o campo investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... Esta obra traduciuse a máis de 20 idiomas e publicouse nuns 25 países. Ademáis da súa versión no formato tradicional, esta nova proposta de libro despregable ten o aliciente de que en cada páxina emerxen diversas figuras troqueladas -para un maior realce do libro e da historia que conta- grazas ás "lingüetas" coas que os personaxes e os seus respectivos excrementos adquiren movemento. As gargalladas xorden a esgalla a medida que avanza o libro, ata que a toupiña logra recuperar o seu orgullo malferido. Nenos e maiores terán con esta historia a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embrago, non sempre aparece nos libros. Ata os máis exquisitos desbotarán os seus prexuízos para mergullarse de cheo no conto. Este título recibiu numerosos galardóns, entre os que destaca o Premio Alemán de Literatura Xuvenil.
|
Este libro contén as cualidades básicas que, segundo Jeannette Jenning, caracterizan ao bo álbum infantil: contribúe a desenvolver a curiosidade e a imaxinación dos máis novos. Un personaxe algo excéntrico chama a atención dun grupo de nenos, que se propoñen desvelar o seu segredo. Baixo o seo abrigo ocúltase algo misterioso que se move e emite estraños ruídos. O obxectivo é saber que e por que. A este relato intrigante engádese unha proposta estética que destaca polo carácter panorámico das ilustracións, dotadas de sensación de perspectiva e profundidade. As accións transcorren nunha gran variedade escenarios interiores e exteriores. Cada imaxe envolve ao lector nunha atmosfera cálida, luminosa, de cores suaves e trazos detallistas. Trátase dun libro de textos breves e sinxelos, no que a lectura visual ten moita importancia, para que o lector se recree na exploración das ilustracións e, a través delas, e do seu innato poder de observación, chegue ao fondo da historia. En cada páxina xorden pistas que non Ile pasarán desapercibidas: algo que asoma polo peto, unhas patas a ras do chan, unha cola enroscada que sae entre os botóns... O momento de maior expectación e tensión argumental coincide cunha arriscada misión de rescate na que os nenos amasan o seu lado máis solidario co señor Abehón. O personaxe que espertara neles o seu espírito detectivesco estaba en apuros e corren na súa axuda, o que fará que entre eles naza a amizade. Así é como vencen o seu receo inicial para converterse en cómplices da súa discreta misión, unha boa causa que cativará aos lectores, especialmente os afeccionados aos animais. |
Velaquí un libro de amador, como anuncia o propio autor. Un libro que bebe das mesmas fontes onde Cunqueiro encontrou a Sinbad. Un libro de libros, ou de historias para engaiolar lectores. É probable que cada lector ou lectora fique prendado dunha distinta. Por iso a cada viaxeiro lle corresponde "unha historia diferente, para que se expanda polo mundo e abraien os señores dos palacios e os rufiáns das tabernas, para que engaiolen as nenas en amores de príncipes encantados, e fagan soñar os rapaces aventureiros co que nunca viron... nin verán". |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
E moitos moitos máis ... |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||