|
Prelectores
|
|

|
Do
A ao Z. Galicia
Ana
María Fernández e Xoán Babarro (Textos) e Luisa
Vera (Ilustracións)
Everest
48
p. ; 6 €
|
|
Coñeces
ben a túa terra? Os ríos, a xente, o que se come,
as festas... O máis importante vas poder atopalo neste
libro, que che amosará, coas súas rimas e coas
súas explicacións, a verdadeira Galicia.
A
tradición e a modernidade deste fermoso país noso
fúndense nunha aperta de futuro.
|
|

|
Os
Bolechas queren saber como son os xogos olímpicos e paralímpicos
Pepe
Carreiro (Textos e lustracións)
A
Nosa Terra
28
p. ; 7,5 €
|
|
Para coñecer todos os deportes olímpicos cos Bolechas.
|
|

|
Quen
levou a Lúa?
Mario
Catelli (Textos) e Madalena Matoso (Ilustracións)
OQO
Editora
40
p. ; 11,50 €
|
|
Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos grandes; unha
noite de lúa chea escapa á montaña e aspira tan forte que a lúa se
desprende do ceo...
Na infancia, o xeito máis activo de coñecemento é a imitación; os
cativos absorben o mundo a través dos sentidos e, coa capacidade de
imitar, responden ao entorno.
O xogo é tamén unha parte fundamental para o desenvolvemento
intelectual e emocional; permite explorar o mundo e poñer en marcha a
imaxinación e a creatividade. Ademais, no xogo, os cativos poñen en
práctica os coñecementos sociais e aprenden a socializarse, respectando
regras e normas.
Mario Catelli conta unha divertida historia sobre aprendizaxes e
descubrimentos da vida, que suxire que a sabedoría se adquire cos anos,
así como a necesidade de gozar cada etapa.
As expresivas ilustracións de Madalena Matoso recrean a sensibilidade
do narrador destacando, no uso da colaxe, a harmonía das composicións
nos elementos da natureza.
Unha historia sinxela para unha comprensión intuitiva da esencia das cousas.
|
|
|
|
Infantil
|
|

|
Simios
Martin
Jenkins (Textos) e Vicky White (Ilustracións) [Trad.
de Pilar Martínez]
Faktoría
K de Libros
48
p. ; 16 €
|
|
Hai cinco tipos de grandes simios no mundo.
Os cinco son diferentes entre si, pero non moi diferentes. En realidade todos
pertencen á mesma familia. Catro destes simios son moi escasos: os orangutáns,
os chimpancés, os bonobos e os gorilas...
Faktoría
K presenta un álbum ilustrado de
gran formato sobre os grandes simios que habitan o planeta. Catro deles están
nunha delicada situación a nivel de conservación da especie, mentres que o
quinto, o ser humano, exerce non só sobre eles, senón tamén sobre o resto das
criaturas, unha dominación que os está abocando á extinción.
Trátase dun estudo informativo, ben
documentado e fundamentado dende o punto de vista científico, para inculcarlle
ao público infantil a sensibilidade polo medio ambiente e a concienciación que
require apostar polo equilibrio e a protección do contorno que nos rodea,
independentemente da súa lonxanía. Así, invita aos máis cativos a pensar,
sentir e imaxinarse na pel destes simios, para coñecer máis sobre a súa vida,
os seus costumes, a súa intelixencia e a súa forma de pensar...
|
|

|
O
pequeno señor Paul
Martin
Baltscheit (Textos) e Ulf Keyenburg (Ilustracións)
[Trad. de Patricia Buján Otero]
Xerais
80
p. ; 13,75 €
|
|
O pequeno señor Paul vivía nun mundo cheo de
libros, adoraba os libros. Medrou entre árbores cargadas de libros e
dedícalle todos os días un tempo á lectura. Ás veces encóntrase con que
un libro ten un final errado e, sen pensalo dúas veces, aló vai ver o
escritor. Ou se ten que cambiar algo na súa vida, vai a un taller de
remendos ou sobe a un tren invisible, rumbo ao país da risa perdida, en
que coñece un home forzudo que lle explica como se pode saber que
aspecto ten un día bo ou un día malo, se está agochado dentro dun
bolso. No mundo do señor Paul, todo o que teña espazo entre as tapas
duras dun libro e o que faga vibrar a alma dun lector é posible. E todo
iso, son moitas, moitas cousas…
En breves relatos ilustrados por Ulf
K., orixinais e sorprendentes , Martin Baltscheit vainos presentando ao
señor Paul, protagonista de todas as historias, amosándonos, ao tempo,
unha mirada inxenua e aguda da realidade.
|
|

|
Don
Agapito o apesarado
Joel
Franz Rosell (Textos) e Federico Fernández (Ilustracións)
[Trad. de Xosé Manuel González]
Kalandraka
48
p. ; 12 €
|
|
A historia de Don Agapito ten a cualidade do bo humor: trátase dun
texto dinámico, contado cunha linguaxe actual e co que calquera se pode
sentir identificado. Por outra banda, é unha obra non exenta de crítica
social, un relato que move á reflexión ante os problemas da sociedade e
que chama a atención sobre a necesidade de levar un ritmo de vida máis
reflexivo, malia que o mundo nos envolva na súa vértixe.
Porque Agapito vai asumindo sen decatarse as cabilacións que lles
preocupan aos seus veciños; para todas ten unha gaiola. As penas que
Don Agapito atura descríbense con características humanizadas:
aliméntanse de pensamentos, teñen necesidades fisiolóxicas e requiren
coidados constantes, coma se de mascotas se tratara. Pero a capacidade
de Agapito para atender semellante responsabilidade é limitada e axiña
se lle multiplican os problemas, aínda que sexan alleos. A historia
revaloriza a figura do xubilado que, como Don Agapito, préstalle á
sociedade o seu mellor servizo a base de paciencia, tranquilidade e
mesura.
|
|
|
|
Xuvenil
|
|

|
Habitación
202
Concha
Blanco (Textos) e Suso Cubeiro (Ilustracións)
Everest
144
p. ; 8,50 €
|
|
"Habitación
202" colle o seu nome dun dos diferentes escenarios no
que se desenvolve esta historia de maquinacións, pesadelos
e aparicións. O personaxe principal, que se estrea como
licenciado xornalista, comeza a recibir recorrentes visitas
dun ser que aparenta chegar do Alén conseguindo alterarlle
o ritmo da súa vida cotiá. Isto lévao a
pescudar sobre o seu propio pasado, que el percibe opaco pola
sospeitosa discreción dos pais. Os resultados das indagacións
favorecen a intriga, que se vai complicando nunha atmosfera
de misterio, a xeito de xogo cun colle-deixa deixa-colle, entre
o protagonista e o resto dos personaxes que van enleando, mentres
tecen, a historia ata chegar a un final capaz de conseguir un
sorriso tenro no lector.
Obra
gañadora do Premio Novela por Entregas 2007 de La Voz
de Galicia
|
|

|
Historias
de Galiza. Tomo I
Carlos
Rafael [Guión] e Idoia de Luxan, Jerónimo Piñeiro,
Juan Luis Pérez, Carlos Alfonso e Jaime Eizaguirre
Difusora
200
p. ; 10 €
|
|
Primeiro dos cinco volumes que compoñerán a colección
"Historias de Galiza",
unha obra de banda deseñada que, coa historia do noso país de marco de
fondo, recolle diferentes creacións de cinco xoves autores. A obra,
está patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
Esta primeira entrega conta con cinco historias que retratan a prehistoria e os primeiros tempos da romanización en terras de Galicia.
As cinco historias están apoiadas cun apéndice cos datos deste amplo período xunto cunha bibliografía e un glosario.
|
|

|
Maus
Art
Spiegelman [Trad. de Diego García]
Inrevés
300
p. ; 25 €
|
|
Maus é unha autobiografía na que Art Spiegelman relata a historia do
seu pai Vladek, un sobrevivente de Auschwitz. Realiza tamén un retrato
do seu pai na actualidade, no momento en que o entrevista para que lle
transmita as súas lembranzas da guerra, e da súa tensa relación con el.
Vai máis alá do Holocausto, internándose na psicoloxía do pai, na
sombra dunha nai suicida e na pantasma dun irmán ao que nunca coñeceu.
Como característica formal cómpre salientar que as personaxes amosan
trazos faciais de animais, recurso que Spiegelman emprega con fins
narrativos. Deste xeito representa aos xudeus como ratos e aos nazis
como gatos.
Maus está considerado unanimemente pola crítica como un dos mellores
cómics da historia, que non só transcendeu ao gran público, senón que
acadou un recoñecemento notable. En 1992 gañou o Premio Pulitzer e
mesmo o Museo de Arte Moderna (MoMA) de Nova York lle dedicou unha
exposición.
|