Biblioteca máxica
|
Prelectores |
Infantil |
Xuvenil |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Un gato na árbore
Pablo Albo ; ilustracións de Geraldine Alibeu OQO Editora 48 p. ; 11,9 €
|
Orellas de bolboreta
Luísa Aguilar ; ilustracións de André Neves [trad. de Manuela Rodríguez] Kalandraka Editora 32 p. ; 13 €
|
As pantasmas sodes do que non hai
Amadeo Cobas Sotelo Blanco Edicións 120 p. ; 9,5 €
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Un gato perseguido por un can sube a unha árbore moi alta e non é quen de baixar. Os que pasan ao carón da árbore soben coa intención de axudar; pero a cousa vaise complicando cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e familiares acaba sendo un problema para a árbore, que xa non pode con tanto peso... O conto desenvólvese a en escenarios cotiáns, mesturando o real co fantástico, e dándolle un aire de credibilidade a sucesos que poderían parecer inverosímiles. Finalmente, todo se resolve coa intervención da natureza que, de modo simple e "moi natural", leva esta historia a un final feliz. Un conto con moito humor e interese que emprega os recursos esenciais da oralidade– apréciase o oficio do autor, contacontos-, que mira os pequenos detalles da vida e esperta o interese pola lectura e pola experiencia literaria.
|
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros. Por iso cómpre un libro que lles demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables. E especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que lles transmite este relato é que convirtan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Porque recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. É o primeiro paso para aprender a rir dun mesmo... Luisa Aguilar amosa unha gran sensibilidade neste texto sinxelo e cheo de forza literaria, que transporta o lector a un mundo de formas, cores, emocións e sentimentos. A figura materna destaca como referente vital da protagonista, que contesta a cada comentario dos nenos seguindo as indicacións da súa nai: o que para outros é un defecto, para Mara é unha vantaxe da que os demais carecen. |
Gorecho Papa Gaio é un tipo tan instranscendente como anónimo, un solteirón pálido, que endexamais chamaría a atención de ninguén, aparvado pola falta de motivacións e polas doses abondas de alcohol unidas ás tamén abondas teorías alcohólicas e ás moitas partidas de cartas que, segundo el mesmo di, lle proporcionan un estado semellante á felicidade, por máis que sexa a felicidade do nugallán que pasa pola vida sen pedirlle nada a esta. Esa existencia pequena nunha vila pequena transformouse cando regresa á súa casa convertido en pantasma para ter unha segunda oportunidade. Ante un feito tan insólito, Gorecho compórtase de xeito tamén insólito, aínda que convincente. As teorías que invoca para explicar o seu comportamento na súa primeira vida son todo un tratado das inconsistencias do mundo que nos rodea e das dificultades para atoparlle un sentido. Nesa segunda oportunidade encontrará a ocasión de emendarse. Cun constante sentido do humor retranqueiro, Cobas conduce o seu protagonista a través dun percorrido pola Galicia máxica e tradicional. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
E moitos moitos máis ... |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||