Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

Crocodilo namorado

Así comezou todo

Comandante Hussi

Crocodilo namorado

Daniela Kulot. Tradución de Pilar Martínez e Marc Taeger

Faktoria K de Libros

32 p. ; 15 €

 

Así comezou todo

Jürg Schubiger-Franz Hohler. Ilustracións de Jutta Bauer. Tradución de Patricia Buján Otero

Xerais de Galicia

128 p. ; 12 €

Comandante Hussi

José Araujo. Ilustracións de Pedro Sousa Pereira. Tradución de Ramón Nicolás Rodríguez

Editorial Kalandraka

76 p. ; 14 €

Hai días que Crocodilo está inquedo. Ás veces ten frío, ás veces ten calor, ás veces está moi triste... O que lle pasa é que está namorado

Este título é o primeiro dunha serie de álbumes protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. Aparentemente, a súa relación pode resultar un tanto complicada porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é aí onde Crocodilo emprega toda a súa maña, co obxectivo de facerse notar para chamar a atención de Xirafa.

A Este libro é unha viaxe de ida e volta en que a través de 34 historias alternas, dous poetas, Jürg Schubiger e Franz Hohler, contan e supoñen historias de cómo foi a creación. Historias sobre a creación: o ceo, a terra, a lúa, as estrelas, os seres humanos, os animais, as cousas… e sobre como comezou todo cando o grande paxaro negro abriu a porta que daba á nada. Cal foi o primeiro invento que realizaron os seres humanos? Cal foi a primeira lingua? Cal a primeira frase completa que pronunciaron? De onde lles veñen os nomes aos animais? De onde vén o frío? Por que os leóns comen carne? Por que o demo é malo? Os autores fan preguntas e encontran respostas, e fano con filosofía, cun ton poético, con seriedade e con moito humor. 

O conflicto de Guinea irrompeu na vida de Hussi e converteuno nun neno soldado. Vivía coa súa familia en Porto dos Batuquinhos nunha casa pobre pero digna, con paredes de cartón, tellados de colmo, alfombra de terra batida... E coñecía a felicidade, que "tamén se fai de cousas pequenas". Pero nunha guerra "as balas nunca preguntan primeiro pola idade" e Hussi cambiou de súpeto o balón e a súa prezada bicicleta -un fermoso elemento máxico introducido no relato- polo campo de batalla: mensaxeiro, axudante de cociña, transportista de armas e municións ata a fronte...
Jorge Araújo escribe e Pedro Sousa pinta de acuarela este relato poético e descriptivo, inzado de metáforas, que rezuma humor e intelixencia. Sitúa ao lector na pel do protagonista e descúbrelle aspectos que denotan a súa alma infantil, porque Hussi "na vida, como no fútbol, xogaba coa cabeza no ar, co corazón no ceo".
Esta obra plantexa tamén unha reflexión necesaria sobre a inxustiza e a tiranía do poder, sobre a miseria dos desfavorecidos, a destrucción e a traxedia da morte. Porque as feridas da guerra deixan unha pegada imborrable: "un país moribundo, rúas desertas cubertas de cadáveres, casas feridas de bala...". Hussi foi unha víctima máis dese drama, como outros que aínda transcorren no mundo actual privando a moitos nenos dunha vida plena. Unha realidade que cómpre darlle a coñecer á xente nova, para conciencia los de que "a guerra é como andar nunha bicicleta, cando se aprende, nunca máis se esquece".

   

E moitos moitos máis ...

Leopoldo e Casilda

A abella na orella da ovella

¿Onde está o sol?

¿Quén me quere adoptar?

 

Ovos duros

A lagoa das nenas mudas

O cuarto prohibido

Un día de treboada

 

Plastlina nos pulmóns

Soidades de Ana

A expedición do Pacífico

Todo o verán por diante

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns