Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

¿Quen me quere adoptar?

Un día de treboada

Todo o verán por diante

¿Quen me quere adoptar?

Fina Casalderrey, ilustracións de  María Fe Quesada Rodríguez

Un día de treboada

María de Mata, ilustracións de Mariana Riestra

Todo o verán por diante

Joaquín González i Caturla

Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só e sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que, logo puxo na súa porta, e rezaba: “¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos.”¿Quen me quere adoptar? de Fina Casalderrey é un libro que propón aos nenos e nenas de sete anos en diante unha reflexión sobre a soidade que viven moitas das persoas maiores: ¿É posible adoptar un avó? A importancia e o valor dos libros e as relacións familiares son outros dos temas que aborda un texto marabilloso, ilustrado por Mª Fe Quesada.

Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.

Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.

Unha narración que capta a atención dos lectores desde o primeiro momento polo seu acercado retrato do mundo xuvenil.

Este libro ten como protagonistas a Toni e Raquel, dous rapaces que van ó mesmo instituto e que se ven enredados nunha relación sentimental non exenta de atrancos e dificultades. A acción, situada nunha cidade indeterminada, desenvólvese con moita sinxeleza e céntrase no mundo dos estudiantes novos e as súas inquedanzas: os amigos, os pais, os profesores, os sentimentos, o amor...

   

 

     

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns