Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

Tres desexos

Furia

A casa dos Lucarios

Tres desexos

Eva Mejuto ; ilustracións de Gabriel Pacheco

Oqo Editora

36 p. ; 11 €

 

Furia

Patxi Zubizarreta

Baía Ediciones

62 p. ; 6,50 €

A casa dos Lucarios

Teresa Moure

Xerais de Galicia

104 p. ; 9,80 €

'Soñar en noites de lúa, trae fortuna. Podedes pedir tres desexos', dicía o misterioso papel caído pola cheminea, mentres os velliños pasaban o tempo asando un anaco de pan. Dentaduras de ouro, traxes elegantes, un pazo de diamantes... Que difícil escoller...! Entón a velliña pensou que cun chourizo metido no pan, pensaría mellor. E, de repente... zas!, apareceu o chourizo. Acababa de usar o seu primeiro desexo!

¿Cantos soños caben en tres desexos? Este conto, adaptado desde a tradición oral portuguesa, fálanos do poder dos soños, da sorte que aparece e desaparece caprichosa diante nosa e de como só o afecto e o desexo de seguir soñando nos traen felicidade.

Gabriel Pacheco aporta unhas ilustracións de gran poder evocador, xogando de principio a fin cos recursos escénicos e introducindo elementos que aportan ao texto unha gran carga simbólica, como o xogo da lúa, que co seu nobela tece e destece a fortuna dos protagonistas, as chaves, pechaduras. A colección da cor é fundamental en relación coas emocións e o momento realidade ou desexo representado.

O pai de Carlos é xinete e corre no Grand National. Súa nai está preocupada porque descubriu que Carlos só ten unha amiga, a televisión, que quere ver a todas horas. Un día, vaise a luz e parece que o mundo se acaba. Non hai televisión! Pero a sorpresa que lle prepararon faralle esquecerse de todo.

Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas de madeira. Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval. A vida ía manando paseniño, coa correspondente ración de dores e alegrías, como mudaba a casa dos Lucarios.

Teresa Moure ofrece nesta novela curta, escrita nunha prosa engaiolante, enchida de humor e sensualidade, a historia dunha familia a través das mudanzas e transformacións realizadas na súa vivenda ao longo de varias décadas. Un texto memorable dunha das nosas grandes escritoras contemporáneas.

 

   

E moitos moitos máis ...

As linguas dos animais

Inventando números

Crocodilo namorado

Leopoldo e Casilda

A abella na orella da ovella

¿Onde está o sol?

¿Quén me quere adoptar?

 

O sorriso de Daniela

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Así comezou todo

Ovos duros

A lagoa das nenas mudas

O cuarto prohibido

Un día de treboada

 

As máns do medo

Viaxe a Libunca

Comandante Hussi

Plastlina nos pulmóns

Soidades de Ana

A expedición do Pacífico

Todo o verán por diante

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns