Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

Un barco no ceo

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Reino en perigo

Un barco no ceo

Quentin Blake ; trad. de Emma Lázare Rodríguez

Kalandraka

48 p. ; 15 €

 

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Anxo Fariña

A Nosa Terra

128 p. ; 5 €

Reino en perigo

Herbie Brennan ; trad. de Moisés Rodríguez

Xerais de Galicia

520 p. ; 16 €

...Isabel e Nicolás voan no seu barco. Coa axuda das cegoñas transfórmano nunha arca acolledora. Todos os que sofren na Terra atopan un sitio abordo...
1800 nenos do mundo traballaron con Quentin Blake para facer despegar esta asombrosa historia.
Este libro é o resultado do traballo conxunto entre o escritor e ilustrador británico Quentin Blake con nenos de Gran Bretaña, China, Irlanda, Luxemburgo, Noruega e Francia. Reuníronse e intercambiaron correspondencia durante un ano, opinando sobre o humanismo, a situación do mundo e as inxustizas que se cometen na actualidade. O obxectivo era facer un libro no que os cativos puideran plasmar a súa idea dun mundo mellor, no que a amizade e a solidariedade estiveran por riba da desigualdade e da violencia.
O barco voador é o símbolo da liberdade; os seus tripulantes, os promotores dunha serie de arriscadas accións de rescate: dende que acollen a unha cegoña ferida, outras vítimas doutras tantas situacións de perigo atopan refuxio nel. Así encadéanse unha serie de reflexións sobre a discriminación por razón de raza, a lacra do traballo infantil, a contaminación, os conflictos bélicos...
Quedan moitas máis causas nobres que defender, moitas persoas que sofren, moitos países sumidos na pobreza, na guerra, moitos nenos que carecen de oportunidades... Cómpre que os lectores aprendan con esta obra colectiva cales son os motivos polos que paga a pena intentar que o mundo sexa máis habitable.

Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un incidente fará que as súas vidas cambien. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asisteiren á mesma escola.

Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. Todo iso mesturado nunha viaxe polo tempo, na procura de respostas, na terra dos seus antergos... os celtas

Henry visita o Reino dos Elfos por terceira vez, pero alí todo é diferente. Holly Blues está á fronte do Reino e parece que Lord Hairstreak quere propoñerlle unha tregua entre os elfos da noite e os elfos da luz; porén, corren rumores dunha invasión dos demos encabezada por Beleth, o Príncipe das Tebras. Mentres, o príncipe Pyrgus descubre unhas flores de cristal máxicas que inflúen no transcurso do tempo, unha arma secreta aparentemente formidable. A raíña Blue, que desconfía da rara xenerosidade do seu tío Lord Hairstreak, visita o labirinto do Mestre Especieiro para tratar de adiviñar o posible futuro do Reino. Blues, Pyrgus e Henry atoparanse inmersos nunha aventura apaixonante na que deberán loitar con todas as armas que teñen a man para protexer o Reino e garantir que o trono continúe en mans da súa lexítima raíña.

O Reino en perigo é a terceira parte da serie iniciada con O portal dos elfos e seguida por O emperador púrpura, novelas fantásticas publicadas na colección Fóra de Xogo. Herbie Brennan combina maxistralmente fantasía, mitoloxía e ciencia para ofrecer un universo de aventuras trepidantes.

   

E moitos moitos máis ...

Tres desexos

As linguas dos animais

Inventando números

Crocodilo namorado

Leopoldo e Casilda

A abella na orella da ovella

¿Onde está o sol?

¿Quén me quere adoptar?

 

Furia

O sorriso de Daniela

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Así comezou todo

Ovos duros

A lagoa das nenas mudas

O cuarto prohibido

Un día de treboada

 

A casa dos lucarios

As máns do medo

Viaxe a Libunca

Comandante Hussi

Plastilina nos pulmóns

Soidades de Ana

A expedición do Pacífico

Todo o verán por diante

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns