Biblioteca máxica
|
Prelectores |
Infantil |
Xuvenil |
||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
O soño do osiño rosa Roberto Aliaga ; il. de Helga Bansch OQO Editora 40 p. ; 11.5 €
|
Son un cabalo Gonzalo Moure ; il. de Esperanza León ; trad. de Xosé Ballesteros Kalandraka 48 p. ; 20 € |
Illa soidade An Alfaya Xerais de Galicia 144 p. ; 12 € |
||||||||||||||||||||||||||||||
|
O osiño choraba desconsolado porque tiña perdido o seu soño. A xirafa estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do rio... Mais nada do que lle trouxeron fixo que deixase de chorar... con qué soña un osiño rosa? A xirafa tráelle unha bufanda, o cabalo unhas ferraduras e a ra unhas gafas de sol; sen decatarse ningún deles de que tiñan estado buscando os seus propios anceios, e non os do osiño. Só o moucho, animal sempre unido á sabedoría, cae na conta do erro cometido polos animais e é quen de atopar unha solución. Dunha maneira sinxela e efectiva Roberto Aliaga preséntanos una historia que fala da necesidade de ser comprensivos e poñernos no punto de vista dos demais para ser más solidarios. Querer axudar a alguén pide máis que boas intencións e así llo deixará moi claro o moucho co simple aceno de preguntarlle ao oso cal era o seu soño. Helga Bansch, gran coñecedora do mundo da infancia, crea uns personaxes entrañables, dunha gran dozura, que empatizarán desde o primeiro momento cos primeiros lectores. A ilustradora austríaca déixanos en cada imaxe algún detalle onde os máis pequenos poden recrearse e dar renda solta á súa imaxinación...
|
A través dun relato cheo de tenrura e emoción, en ton poético, Gonzalo Moure invita ao lector a adoptar un punto de vista inusual, a poñerse na alma e nos sentidos dun cabalo, o que en definitiva supón verse a si mesmo a través doutros ollos para comprender como somos vistos os humanos por seres sobre os que exercemos dominación, e mesmo violencia. Trátase dun libro “cabalista”, non “homista”, como o define o autor; un libro enriquecedor, unha cura de humildade, unha historia de amor na que o cabalo dános unha lección de xenerosidade, tolerancia e comprensión. O cabalo asume que a linguaxe de homes e equinos é diferente, pero apredeu a interpretar a vontade das persoas a través das súas expresións e movementos; a cambio, pídenos o mesmo esforzo que el fai por nós: que saibamos o valor dos seus xestos, olores e rinchos, porque a comunicación non se cingue unicamente ás palabras. A clave está en adoptar outra visión do cabalo, non como obxecto de pracer ou de traballo físico, senón como exemplo de nobreza, equilibrio e respecto coa natureza. Un animal que ama a liberdade, unido por un profundo vínculo cos seus semellantes, cunha forza directamente proporcional á súa sensibilidade. |
Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas. Illa soidade foi premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. |
||||||||||||||||||||||||||||||
|
E moitos moitos máis ... |
||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||