Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

¿Onde está o sol?

O cuarto prohibido

A expedición do Pacífico

¿Onde está o sol?

Texto e ilustracións de Chus Ferrín

Ed. Sotelo Blanco

28 p.

 

O cuarto prohibido

Texto e ilustracións de Itziar Ezquieta

Ed. OQO

48 p.

A expedición do Pacífico

Marilar Aleixandre

Ed. Xerais de Galicia

160 p.

Narra a historia dunha aldea onde a súa xente está moi triste porque chovía día tras día, no verán e no inverno, e non vían nunca saír o sol. Unha nena desta aldea, Xoana, decide xunto coa súa avoa iniciar unha longa viaxe en busca do sol. As ilustracións, tamén de Chus Ferrín, axudan a darlle ó texto a expresividade que buscaba en cada momento

“¿Quen se atreve a esnaquizar a miña casa e espertarme do meu sono?”, berrou o xigante cheo de rabia polo burato da árbore, despois de recibir un golpe da machada que lle caera ao leñador. En pago polo seu descoido, tivo que levarlle a maior das súas fillas… Un conto arrepiante, tomado da tradición popular castelá, que leva ao lector a un mundo misterioso e desconcertante.

 

O malvado xigante seduce as fillas do leñador ofrecéndolles a súa fortuna, para despois enganalas e arrastralas a un terrible final. Pero a astucia da máis pequena conseguirá devolverlles a vida. Neste caso, a morte afróntase coma unha viaxe iniciática; unha experiencia que leva as cativas a renacer máis sabias e a trunfar sobre o mal. A pesar da aparente crueldade da historia, os lectores entenderán de maneira intuitiva o seu carácter simbólico.

Preséntasenos un complicado labirinto de cuartos e corredores subterráneos, que fascina tanto pola palabra como pola imaxe. As ilustracións funcionan cun ritmo perfecto e confiren unha singular forza ao escenario misterioso. Itziar Ezquieta, unha das máis prometedoras artistas galegas, traslada a nivel plástico un mundo desacougante de espazos enigmáticos, que levan ao lector cara un universo descoñecido, atraente e perigoso a un tempo.

 

A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.  

   

E moitos moitos máis ...

¿Quén me quere adoptar?

 

 

Un día de treboada

 

 

Todo o verán por diante

 

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns