Biblioteca máxica
|
Prelectores |
Infantil |
Xuvenil |
||||||||||||
|
|
|
|
||||||||||||
|
Leopoldo e Casilda Daniela Kulot. Tradución de María Fe González Faktoria K de Libros 32 p. ; 15 €
|
Ovos duros Marisa Núñez. Ilustracións de Teresa Lima OQO Editora 64 p. ; 11.50 € |
Plastilina nos pulmóns Jaureguizar Editorial Tambre 129 p. ; 8.7 € |
||||||||||||
|
Daniela Kulot cóntanos a historia dunha dobre amizade: a dos pequenos Leopoldo e
Casilda, e a dos seus respectivos nai e pai. Leopoldo conta coa axuda da súa nai
para escribirlle a Casilda unha carta na que a invita a unha festa na súa casa.
E a Casilda, o seu pai axúdalle a ler a invitación que recibe. Pequenos e
adultos gozan da compañía mutua e constrúen pouco a pouco os alicerces dunha
nova familia. |
A filla do carboeiro era coñecida pola súa intelixencia. O príncipe, atraído polo seu inxenio, rétaa nun xogo intelectual que acabará por marcar o destina das súas vidas. Reconstruído a partir dunha versión oral do Magreb, este conto, de carácter híbrido, coñece unha extraordinario difusión linguística e cultural; podemos atopar variantes deste relato en lugares de Europa como Finlandia, baixo o título de Os ovos duros, ou a recollida por Afanasiev en Rusia, baixo o título de A moza lista. A clave do conto está no reto intelectual, no xogo de preguntas e respostas, na capacidade de desenvolver con inxenio e astucia as tarefas imposibles até despertar a sensibilidade a abrandar o corazón dun ser inxusto e caprichoso. As situacións, as adiviñas impostas polo rei ou polo zar, varían dun país a outro sendo común no desenlace o triunfo da sabedoría e a reconciliación; neste caso pártese dunha versión oral magrebí; os pobos bereberes de Kabylia teñen contado a historia da filla do carboeiro e moitas xeracións porque o amor é un dos temas esenciais da literatura oral destas tribus nómadas.
|
Nos anos 80, Annapurna, unha moza galega, acompaña ao seu pai ao Himalaia. O home organizou unha expedición para procurar a cámara de fotos de George Mallory, que probaría que foi o primeiro montañeiro en coroar o Everest. Agora é Namche, o fillo de Annapurna, quen, así que cumpre 18 anos, viaxa áo Tíbet para desenguedellar os misterios daquela expedición, coñecer as súas consecuencias e saber máis do seu admirado avó Tomás. Para iso deberá afastarse do seu mundo, inclinacións xenófobas incluídas. E, no seu pescudar, chegarán respostas inesperadas. |
||||||||||||
|
E moitos moitos máis ... |
||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||