Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

Petra

Aiko

O único que queda é o amor

Petra

Texto e ilustracións de Helga Bansch

OQO Editora

48 p. ; 11,5 €

 

Aiko

Texto e ilustracións de Ánxeles Ferrer

Everest-Galicia

48 p. ; 9,5 €

O único que queda é o amor

Agustín Fernández Paz

Xerais de Galicia

176 p. ; 13,75 €

 

Petra é unha pequena elefante que rexeita a súa gordura e soña cun físico diferente.

Logo de romper as súas espectativas con frustrados intentos de adelgazar por métodos que non se acomodan a súa especie, e coa ilusión de buscar a solución ao que ela considera “un problema”, Petra inicia unha viaxe que propiciará un encontro moi especial, divertidas aventuras e, sobre todo, fará que tome conciencia de si mesma, acepte de bo grado a súa condición natural e sinta unha percepción da gordura, non distorsionada.

En certo modo, este conto reflicte unha metáfora da realidade e unha alegoría dunha sociedade que non deixa de seducir con modelos que se alonxan  da realidade de cada quen, pero na que moitas persoas tratan de proxectarse.

O conto propón unha visión optimista no sentido de aprender que a autenticidade será o camiño da satisfacción, e que os demáis nos aceptarán tal como somos.

A ilustradora austríaca amosa unha vez máis, neste caso tamén como autora, o seu dominio da psicoloxía d@s nen@s. As ilustracións aportan sempre unha chiscadela ao texto, xogando cos detalles e cos personaxes secundarios facendo que cada nova mirada sobre o libro nos ofreza unha nova lectura, máis rica e suxestiva.

 

Aiko naceu canda a cerdeira do pequeno horto da casa.
A vida leva a seu pai a emigrar a un país máis próspero, co fin de proporcionarlle á súa familia unha vida máis doada.
Antes de marchar, faille a Aiko unha promesa: cando chegue a primavera e bote flores a cerdeira, el regresará.

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

   

E moitos moitos máis ...

O soño do osiño rosa

Un barco no ceo

Tres desexos

As linguas dos animais

Inventando números

Crocodilo namorado

Leopoldo e Casilda

A abella na orella da ovella

¿Onde está o sol?

¿Quén me quere adoptar?

 

Son un cabalo

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Furia

O sorriso de Daniela

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Así comezou todo

Ovos duros

A lagoa das nenas mudas

O cuarto prohibido

Un día de treboada

 

Illa soidade

O reino en perigo

A casa dos lucarios

As máns do medo

Viaxe a Libunca

Comandante Hussi

Plastilina nos pulmóns

Soidades de Ana

A expedición do Pacífico

Todo o verán por diante

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns