Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

As linguas dos animais

O sorriso de Daniela

As máns do medo

As linguas dos animais

Anxo Fariña

A Nosa Terra

26 p. ; 9 €

 

O sorriso de Daniela

Carmen Gil Martínez

Kalandraka

40 p. ; 15 €

As máns do medo

Xosé Miranda

Xerais de Galicia

168 p. ; 9.8 €

O avó de Lena e Xulio ten un álbum de cromos e vailles ensinar como falan os animais. Así, eles aprenden que o pombo arrola, o merlo trila, o estorniño chifra, o granso gralla ....

Daniela saíra cedo da casa. Aquela mañá o aire ulía a festa, o ceo estaba moi azul e un sol grande e redondo dáballe os bos días dende o alto. Daniela sorriu. E o sorriso de Daniela voou e voou ata pousar no corazón de Roberta, coma un colibrí de primavera.
Un relato inzado de figuras literarias que rezuma optimismo e ledicia en cada unha das súas liñas. Daniela irradia gañas de vivir a cantos seres alicaídos se cruzan no camiño do seu sorriso voador, un sorriso que se transmite en cadea a todos os animais que protagonizán esta fábula.
Carmen Gil ofrécelles aos lectores un relato de estructura circular, que cheo de contrastes e gran carga simbólica. Tamén se pode interpretar como un puzzle de historias unidas por un fío conductor: o sorriso de Daniela, que se contaxia dun personaxe a outro ata volver á protagonista principal logo de ter sido "colibrí en primavera, bolboreta de cores, raio de sol, chuvia de maio e un aloumiño do ar".

Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemiterio das Pedras Brancas, onde atopará unha caixa dourada que atesoura unha man. Unha man humana, enteira, perfecta. Viva. Xosé Miranda recolle neste volume algúns dos seus mellores relatos de medo e terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos de ocultismo, o home peixe… son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que meten ao lector dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir. 

   

E moitos moitos máis ...

Inventando números

Crocodilo namorado

Leopoldo e Casilda

A abella na orella da ovella

¿Onde está o sol?

¿Quén me quere adoptar?

 

Contos da tía Rosario: Titi, caca

Así comezou todo

Ovos duros

A lagoa das nenas mudas

O cuarto prohibido

Un día de treboada

 

Viaxe a Libunca

Comandante Hussi

Plastlina nos pulmóns

Soidades de Ana

A expedición do Pacífico

Todo o verán por diante

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns