Biblioteca máxica


Prelectores

Infantil

Xuvenil

A abella na orella da ovella

A lagoa das nenas mudas

Soidades de Ana

A abella na orella da ovella

Xavier López Rodríguez. Ilustracións de Marta Rivera Ferner

Ed. Everest Galicia

48 p.

 

A lagoa das nenas mudas

Fina Casalderrey. Ilustracións de Patricia Castelao

Ed. Xerais de Galicia

128 p.

Soidades de Ana

Jordi Serra I Fabra. Tradución de Silvia Gaspar

Ed. Galaxia

180 p.

A abella Fedella —as súas compañeiras chamábanlle así porque nunca paraba de enredar— non soubo que estaba un pouco chosca ata o día en que acabou presa na branca orella dunha ovella que confundiu cunha azucena.

Mágoa que o carácter de Fedella sexa tan malo de cambiar; se cadra, esta aventura non lle serve de escarmento.

Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peiténase coma ela…, son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.

A lagoa das rapazas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración e o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralingüistica ou o coñecemento da cultura africana son alguns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante.  

Chamábase Ana, pero agora xa só é un recordo. Un aborto mal practicado no seu corpo de adolescente embarazada acabou con ela.

No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír os últimos días de Ana, cando, abandonada por todos, se ve obrigada a vivir as súas máis fondas soidades.

   

E moitos moitos máis ...

¿Onde está o sol?

¿Quén me quere adoptar?

 

O cuarto prohibido

Un día de treboada

 

A expedición do Pacífico

Todo o verán por diante

 

 

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns