|
Impartirá
conferencias nas cidades de Zürich, Lucerna
e Xenebra
Esperanza
Mariño Dávila espallará a figura
de Uxío Novoneyra nas Sociedades Galegas
de Suíza
(28-Maio-2010)
Durante
a primeira semana do vindeiro mes de xuño, a escritora e catedrática de Lingua e
Literatura galegas no IES de Cacheiras (Teo), Esperanza Mariño Davila, impartirá
un ciclo de conferencias sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra -homenaxeado
co Día das Letras Galegas 2010- a varias asociacións galegas en Suíza.
Esta iniciativa parte da
Federación de Sociedades Galegas en Suíza, dirixida por Pedro Hombre
e Cristina Pena.
Esta
será a segunda ocasión na que Mariño Dávila se desprazará a Suíza para impartir
un ciclo de conferencias sobre o personaxe homenaxeado no Día das Letras
Galegas. En 2007 faloulles a diversas sociedades de emigrantes galegos no país
helvético sobre a figura María Mariño, repartindo alá exemplares doutra obra da
súa autoría: o "Dicionario"María
Mariño (3C3
editores).
O
programa de conferencias de Esperanza Mariño Dávila é o
seguinte:
-
3 de xuño. Centro Galego de Zug e Promoción
da Cultura de Zürich.
-
4 de xuño. Asociación Lucerna.
- 5 de xuño. Centro Galego de
Lucerna.
- 6 de xuño. Centro Galicia de Olten e Irmandade Galega de
Xenebra.
En todos estes actos Esperanza Mariño vailles
entregar para as bibliotecas destas sociedades de emigrantes Galegos en Suíza
exemplares do seu recente libro "Dicionario"Uxío
Novoneyra (3C3 Editores).
|
|
|
|
Recrearase
o Ourense da xeración Nós
Ourense
devén este domingo na Bela Auria
(28-Maio-2010)
Este
domingo no xardín do Posío e no IES
Otero Pedraio celebrarase A Bela Auria, unha festa de recreación histórica, ambientada no Ourense da xeración
Nós.
Tomada
do nome que empregaba Otero Pedraio para referirse
a Ourense, A Bela Auria converterase nunha xornada
festiva cuxo programa de actividades versará
sobre tres eixos principais: A Bela Auria, actividades situadas
cronolóxicamente entre comezos de século e o ano 1936; Saberes Perdidos,
obradoiros para aprender a manexarse en habilidades
precisas para unha sociedade menos industrializada; e A historia dentro da historia, unha
homenaxe ao traballo de todas esas figuras que dedicaron
a súa vida ao estudo da historia.a
historia é a disciplina que dun ou doutro xeito cultivaron as grandes
figuras desta época. Unha homenaxe ao traballo destas figuras.
[Programa
da xornada A Bela Auria]
|
|
|
|
Celebrarase
do 20 ao 27 de xuño en Santiago de Compostela
Xacobeo
2010 presentou hoxe o I Encontro Internacional de
literatura de viaxes
(28-Maio-2010)
Xacobeo 2010 presentou
hoxe o I Encontro Internacional de Literatura
de Viaxes LITVI 2010, que se celebrará entre o 20 e o 27 de xuño e que
forma parte do Camiño da Reflexión da programación deseñada para o Xacobeo
e enmarcado no Ano do Libro e da Lectura. No acto
de presentación participaron
o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López
Rodríguez; o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo,
Ignacio Santos Cidrás, e a directora de Trevisani, empresa organizadora
de LITVI 2010, Ana García.
LITVI
2010 achegará ata Santiago de Compostela a
autores, profesionais, editores, axentes literarios e lectores, en
xeral, de todas as áreas que rodean a literatura de viaxes nun proxecto
único e singular. A súa programación conta
con encontros con autores, un congreso temático sobre As literaturas do
camiño, ciclos de conferencias, mesas redondas, sinaturas de libros,
unha Feira Internacional de Dereitos ou unha gran feira aberta a todo o
público na Alameda santiaguesa. Previamente, un grupo de autores e
xornalistas realizarán un percorrido polo Camiño Francés de tres días.
Este primeiro encontro internacional de literatura de viaxes complementarase
con espectáculos de animación na rúa, campañas de difusión,
comunicacións, encontros coa prensa e outros actos de interese.
Na
presentación do LITVI 2010 anunciáronse
os nomes dalgúns dos participantes desta
singradura, na que están Suso de Toro, Xavier Alcalá, Xavier
Queipo, Antonio Pérez Henares, César Antonio Molina, Fernando
Martínez Laínez, Francisco Singul, Javier Reverte, John Rutherford,
Jordi Lloréns Estapé, Josep Mª Bernadás, Julio Llamazares, Luisa
Castro, Manuel Lourenzo, Pablo Arribas Briones, Paco Nadal, Paulo
Caucci, Pemón Bouzas, Pere Tobaruela, Sérgio Luís de Carvalho, Soledad
Puértolas e Susana Fortes.
[Descargar
o dossier de LITVI 2010]
|
|
|
|
Do
29 de maio ao 6 de xuño
Comeza
a 26 Feira do Libro de Ourense
(28-Maio-2010)
A
26 edición da Feira do Libro de Ourense comeza
mañá co pregón do escritora
Teresa Moure. Ata o 6 de xuño, a praza do
bispo Cesáreo da cidade auriense acollerá
aos 16 expositores participantes e as múltiples
actividades que se desenvolverán nesta festa
do libro.
Presentacións
de libros, recitais, maxia, monólogos, música,
etc. estarán presentes ao longo dos nove
días que durará a Feira do Libro.
Entre as novidades literarias que se presentarán
na Feira están o libro de Elena Gallego Abad,
Dragal. A herdanda do Dragón; A Voz Herdada, de Kike Benlloch
e David Rubín; Guía secreta da gastronomía de
Galicia, de Martín Álvarez Gonález;
ou Lingua e futuro, de Goretti Sanmartín,
entre outros.
[Programa
da 26 Feira do Libro de Ourense]
|
|
|
|
Os
nomes dos gañadores coñeceranse o
12 de xuño
Xerais
fixo públicos os membros dos xurados dos
seus premios de Novela e Merlín
(28-Maio-2010)
Xerais
fixo público hoxe os membros do xurado que
ditaminarán as obras gañadoras dos
premios Xerais 2010.
O xurado da XXVII edición
do premio Xerais de Novela, no que concorren trinta
e oito obras, está formado por Comba
Campoy (actriz), Manuel Ángel Candelas Colodrón (profesor da
Universidade de Vigo e blogueiro),
Roberto Pérez Pardo (profesional do libro), Belén Regueira
(xornalista), Antón Sobral (pintor) e Fran Alonso (secretario do
xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O
XXV premio Merlín de Literatura Infantil,
ao que se presentaron trinta e dúas obras,
conta co xurado composto por An
Alfaya (Premio
Merlín, 1997), Jacobo
Fernández Serrano (Premio
Merlín, 2009), Antonio
García Teijeiro (Premio
Merlín, 1996), Mar
Guerra (Premio
Merlín, 2008), Gloria
Sánchez (Premio
Merlín, 1990), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en
representación de Xerais, con voz e sen voto.
O
4 de xuño os dous xurados reuniranse para
deliberar sobre as obras presentadas. O sábado
12 de xuño coñeceranse os nomes dos
gañadores na festa dos premios que terá lugar na illa de San Simón.
|
|
|
|
Polo
artigo titulado A procura do tesouro
Marica
Campo gaña o VI Premio de artigos xornalístcos
normalizadores do Concello de Carballo
(28-Maio-2010)
O
artigo titulado A procura do tesouro de Marica
Campo, foi o gañador do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores
do Concello de Carballo.
Segundo o xurado, o
recoñecemento deste artigo débese á súa capacidade para atraer públicos
diversos, con niveis de lectura diferentes; ao seu contido de valor
intrínseco, desde as raíces até o futuro; á súa calidade lingüística e
literaria, cunha metaforización exacta, nun artigo de estrutura circular
e con conexión con modalidades literarias tanto cultas como populares.
O xurado do VI Premio estivo composto por Belén Puñal,
María Pilar
García Negro, Xesús Fraga, e Nel Vidal,
como
secretario, sen voto. O xurado decidiu tamén outorgarlle un accésit ao
artigo Por unha Galiza neofalante, do autor Marcos Abalde Covelo, que
xa recibiu tamén un accésit na edición anterior do certame.
Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación
social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e
promocionar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na
prensa escrita. Nas cinco edicións anteriores deste certame foron premiados
autores como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana
Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu
Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga e María Pilar García Negro.
|
|
|
|
Estará
operativa a partires do 1 de xullo
Preséntase
a plataforma de contidos dixitais Meubook
(28-Maio-2010)
Onte
presenteuse no Centro Social Caixanova de Santiago
de Compostela a Plataforma de Contidos Dixitais Meubook.
O portal Meubook ofertará a partires de xullo os seus servizos electrónicos a centros de
formación, editores, autores, librarías e usuarios, centrándose
principalmente na recompilación, actualización e intercambio de
contidos. Outro dos servizos estreas de Meubook é o denominado 'libro a
demanda', unha función de impresión de libros de baixo custo, onde as
editoriais, a partir do libro electrónico, imprimen só os libros que
lles demandan, cunha técnica de impresión diferente a tradicional e que
se realiza ao momento.
Asemade, Meubook pon a disposición dos autores ferramentas innovadoras
para a elaboración albumes fotográficos, contos personalizados e outros
produtos singularizados. Os usuarios do módulo de autopublicación teñen a
oportunidade de incorporarse á librería cun perfil propio de
autor-editor.
No
accionarado de Meubook atopamos a empresas como
o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego,
Tórculo, Espiral Maior, a libraría
Couceiro, Academia Postal, Distribucións Grial e Edicións Bolanda.
A parte tecnolóxica corre a cargo do Laboratorio de Redes da Universiade de Vigo e do Centro
Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia e a administración
e dinamización a cargo de Algueirada.
|
|
|
|
Coa
intención de celebrar unha tertulia cada
trimestre, a primeira delas terá lugar na
galería Sargadelos da Coruña o 2 de
xuño
Principian
as Tertulias AGPI na Coruña
(26-Maio-2010)
O
vindeiro mércores 2 de xuño a Asociación
Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)
principia unha nova actividade, as Tertulias AGPI,
que achegarán á sociedade galega diferentes
visións e temas por parte dalgúns
dos ilustradores máis representativos do
país.
A
primeira tertulía celebrarase na galería
Sargadelos da Coruña e terá como tema
central Fuga de talentos. Segue a ser necesaria
a emigración de ilustradores?, que contará
coa participación de Alberto Guitián,
quen durante anos desenvolveu o seu traballo profesional
en Barcelona.
Estas
tertulias, aínda sen periodicidade fixa,
ten previsto espallarse por diferentes cidades galegas,
fixando unha data por trimestre.
|
|
|
|
A
autoría é da historiadora Sabela Taboada
González
Un
traballo sobre a prensa galega no Guerra da Indepencia
faise co premio da VII edición do premio
de ensaio "Manuel Murguía"
(26-Maio-2010)
O ensaio
histórico titulado E fíxose a nación. A idea de nación española:
liberais vs. absolutistas na prensa galega da Guerra de Independencia
(1804-1814), da historiadora compostelá Sabela Taboada González, foi
elixido, por unanimidade do xurado, gañador da VIII edición do premio de
ensaio "Manuel Murguía", convocado pola Deputación da Coruña.
O
xurado, formado por Xosé Manuel Alfeirán, Carmen Valderrama e Pedro
Armas, cualificou a obra gañadora como "un traballo
senlleiro", e que "está ben estruturado, ben artellado, e
resulta de interese científico, social e para os medios de
comunicación". Pedro Aramas, membro do mesmo, explicou polo miúdo o contido do traballo gañador, no que se analiza a
historia de prensa galega "nun período moi convulso da historia de
España" e considerou que, a pesar do paso do tempo, o tema central
del, "o concepto de nación", segue estando "de plena actualidade".
Sabela
Taboada, amais do premio económico, verá
publicada a súa obra.
|
|
|
|
Varias
entidades unen os seus esforzos na organización
de actividades
Presentada
a web do centenario do escritor Carvalho Calero
(26-Maio-2010)
Entidades
culturais como a
Associaçom Galega da Língua (AGAL),
a Mesa pola Normalización Linguística,
a Fundaçom Artábria, a Associação
Cultural Pró-AGLP, o Local Social Aturuxo,
o Centro Social Gomes Gaioso e o Instituto Cultural
Brasil-Galiza veñen de presentar a páxina
web dedicada ao centenario do escritor e profesor
Ricardo Carvalho Calero.
A
páxina web www.carvalhocalero2010.net
componse de completas biografías e bibliografías
do escritor ferrolán, actividades que se
están a desenvolver neste centenario, mediateca,
colaboracións, etc. Igualmente está
aberta ás aportacións de todos aqueles
interesados en achegar calquera contribución.
[Páxina
web do centenario de Carvalho Calero]
|
|
|
|
Faro
referencial da cultura e da sociedade galega
Pecha
o blog As uvas na solaina
(26-Maio-2010)
o
blog As uvas na solaina é un faro.
Serve por igual como centro de vixía como
punto luminoso. A súa razón de ser,
ese ollo que da voltas unha e outra vez para retornar
á orixe, é a cultura. A cultura galega.
Esta toma consciencia cando é iluminada por
ese ollo xigante de luz. Por ese ollo de Marcos
Valcárcel.
Historiador,
escritor e unha das mentes máis lúcidas
que deu este país noso nos últimos
vinte e cinco anos, pecha unha etapa. Aberto alá
polo ano 2006, As uvas na solaina foi un
referente na internet, unha ágora dirixida
pola batuta e a man tendida, aberta e xenerosa de
Marcos Valcárcel, quen espallou as súas
uvas permitindo que agromasen novos acios dende
a súa Auria natal.
O
martes publicouse o último post cunha carta
de despedida de Marcos Valcárcel. Esperamos
que sexa só un ata logo.
Carta
de Marcos Valcárcel (As uvas na Solaina.
Ourense, 24 de maio de 2010)
Aproveito a
amabilidade do amigo Juan, un dos meus coidadores, para enviar estas
liñas a todos os amigos e amigas.
Son de agradecemento a todas as
entidades que nos últimos tempos me dedicaron o seu apoio ou
recoñecemento, como o Pen Clube de Galicia, a Asociación de Escritores
en Lingua Galega, a Asociación de Editores Galegos e o Liceo de Ourense.
Grazas
a Xosé Luís Baltar por defender con éxito a miña candidatura ao premio
Otero Pedrayo 2008, e á Presidencia da Xunta de Galicia por concederme a
medalla Castelao.
Grazas tamén á Fundación Curros Enríquez, ao
Congreso Manuel Luís Acuña, á Fundación Carlos Casares, ao grupo
Sarabela e aos medios de comunicación.
Grazas aos meus compañeiros do
Instituto da Carballeira, os mellores do mundo. Grazas aos amigos que
organizaron a homenaxe do 2008 e o libro Marcos Valcárcel, o valor
da xenerosidade, con máis de duascentas colaboracións de escritores
e artistas. Os amigos foron un diamante en bruto e un apoio constante:
Benito Losada, Afonso Monxardín, Eduardo Núñez, César Ansias, Moncho
Quintana, Xosé Luís Troitiña, Xoán Fonseca, Pepe Trebolle, Xulio
Outomuro, Millán Picouto, e as súas donas.
Grazas ao meu irmán Fiz e a
Ánxela polas xornadas fresqueiras ao pé dos carballos da súa casa no
Pereiro.
E, por suposto, a María e a Eire: por todo.
Aproveito para
despedir voces amigas, destacadas na nosa historia cultural: Anselmo
López Morais, Manuel de Dios, Begoña Muñoz, Javier Randulfe e Perfecto
Estévez.
"A vida, un lóstrego entre dúas escuridades", escribiu o poeta
Vicente Aleixandre. Até o labrego que vive nunha aldea na montaña deixa
ese lóstegro entre os seus seres amados.
Escoito a cantante brasileira María
Bethânia e encontro este verso:"Navigar é preciso; viver nao é preciso".
Navigar,
descubrir a vida en cada minuto, deixar as fiestras abertas e
reconciliarse coa TERRA.
Nota
dos Amigos de Marcos:
O coidador foi apañando palabra a palabra,
letra a letra nos casos de dúbida, para escribir este texto nas longas
noites desta primavera. Con el péchase definitivamente o vizoso ciclo d´As
Uvas na Solaina. Moitas grazas a todos e todas.
[Blog
As
uvas na solaina]
|
|
|
|
A
colección compartirá deseño
e os exemplares venderanse a un prezo único
de 9,90 euros
Nace Módicos, unha colección que integra
fondos de Urco, 2.0 editora, Positivas e Rinoceronte
(24-Maio-2010)
As
editoriais Urco, 2.0 Editora, Positivas e Rinoceronte
unen parte dos seus catálogos para ofrecer
Módicos, unha colección de libros
que, baixo o mesmo deseño editorial, sairán
á venda ao prezo de 9,90 euros.
Os
primeiros títulos de Módicos corresponden
a fondos procedentes dos catálogos de Urco
Editora e de Rinoceronte Editora, e nas vindeiras
datas sumaranse os títulos escollidos tanto
por Positivas como por 2.0 editora. Estes libros
só se poderán mercar a través
da libraría online Toupa.net.
A
colección Módicos presentarase mañá
martes na galería Sargadelos (R/ Nova, 16)
de Santiago de Compostela ás 19.00 h.
|
|
|
|
Trátase
de ATRAVÉS|EDITORA e da editorial Anosacosta
Dúas
novas editoriais aparecen no país
(23-Maio-2010)
Se
hai un par de semanas anunciabamos a aparición
da editorial Barbantesa, agora son dúas editoriais
máis as que aparecen no panorama literario
do país, con dúas propostas totalmente diferentes
pero igual de interesantes e atractivas.
ATRAVÉS|EDITORA
nova marca editorial da Associaçom
Galega da Língua (AGAL), que estará
dirixida polo vicepresidente da AGAL Miguel R. Penas.
O obxectivo de ATRAVÉS|EDITORA nace co obxectivo
de "demostrar que a vía reintegracionista
é a mais válida e
útil para marcar un padrón galego actual". Os primeiros libros
saídos do carimbo de ATRAVÉS|EDITORA
son Animais!,
de Séchu Sende; Noente paradise. Poemas e canções,
de Ugía Pedreira; Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando
Pessoa,
de Carlos Taibo.
Pola
súa banda, a editorial Anosacosta publicará o seu primeiro libro no vindeiro mes de xuño,
cinco anos despois de abrir a web www.anosacosta.com,
referencia imprescindible para coñecer o
día a día na Costa da Morte. O obxectivo
da editorial Anosacosta é dar saída a novas voces poéticas e publicar libros sobre a historia da Costa
da Morte, Bergantiños, e Xallas. A primeira publicación será o segundo poemario individual do
poeta e xornalista Xosé Manuel
Lema, titulado Cartafol
de Néboas, mentres que o segundo volume recollerá poemas de varias autoras da Costa
da Morte, como Lupe Oroña, Diana Varela, Rocío Leira, Iria Ameixeiras ou
Alicia Baña.
|
|
|
|
O
mércores 26 de maio
O
Centro de Documentación e Recursos Feministas
de Vigo lembra o pasamento de Rosalía de
Castro cunha mesa redonda
(23-Maio-2010)
No
pasado mes de marzo inaugurouse o Centro de Documentación e Recursos Feministas dependente
da Concellería de Igualdade de Vigo, un centro
que integra 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais.
Para
o 26 de maio dito Centro de Documentación e Recursos Feministas
de Vigo celebra o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro
cunha mesa redonda integrada polas escritoras María
Xosé Queizán, María Pilar García
Negro e María do Cebreiro Rábade.
O
acto principiará ás 20.00 h. no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo,
sito na Biblioteca
Pública Central. (R/ Joaquín Yáñez, 6 -2º andar)
en Vigo.
A
relación das ponencias das participantes
na mesa redonda serán:
-
A xustiza pola man de Rosalia de Castro verso a verso,
de María Xosé Queizán.
-
A evidencia frente a conveniencia sexista de
María Pilar García Negro.
-
O sentido ético da poesía de Rosalía de Castro
de María do Cebreiro Rábade.
|
|
|
|
Baixo
a dirección da Fundación Carlos Casares,
desenvolverase entre os días 1 e 3 de xuño
no Pazo de Mariñán, en Bergondo
Xuño
principia cunha nova edición dos Diálogos
Literarios de Mariñán
(18-Maio-2010)
Os Diálogos Literarios de Mariñán, que
organiza a Fundación Carlos Casares coa colaboración
da Deputación da Coruña, da Xunta
de Galicia e a Fundación Caixa Galicia chegan
este ano a súa VII edición, que arrincará
o martes 1 de xuño no tradicional paraxe
do Pazo de Mariñán, na localidade
coruñesa de Bergondo.
Coordinados
polo poeta Román Raña, ao longo de
tres días destacados autores,
editores, críticos e profesores procedentes de Galicia, Angola, Euskadi,
Catalunya, Estremadura e Aragón intercambiarán
opinións e experiencias sobre o proceso literario e editorial baixo o
lema central de As fronteiras ambiguas.
Os
VII Diálogos principiarán o 1 de xuño
Begoña Caamaño e Xabier Quiroga centrarán
a mesa de traballo As fronteiras ambiguas. Mito
e negrura, moderado por Xosé Monteagudo.
O mércores 2 Baldo Ramos e o angoleño
Valter Hugo Mãe compartirán espazo
en As fronteiras ambiguas. Pintura e poesía,
coordinado por Emma Couceiro. Ese mesmo día,
pola tarde, Jon Kortazar moderará a tertulia
A literatura vasca. Perspectivas. Para rematar
esta segunda xornada Antonio Altarriba e Miguel-Anxo
Murado, coa coordinación de Olivia Rodríguez,
compartirán mesa no Auditorio da Fundación
Caixa Galicia coas As fronteiras ambiguas. O
texto e a vida, no que será o único
acto público dos Diálogos.
Rematarán
estes VII Diálogos literarios o xoves con
dúas mesas: a primeira, baixo a moderación
de Fran Alonso, na que intervirán Harkaitz
Cano e José Luis García Martín
en As fronteiras ambiguas. Prosa e poesía.
Pola tarde, será a quenda de Francesc Parcerisas
e Miguel Anxo Fernán Vello para falar de
As fronteiras ambiguas. Palabra lida, palabra recitada.
Esta última moderada por Lucía Aldao.
[Programa
dos VII Diálogos Literarios de Mariñán]
|
|
|
|
Do
15 ao 23 de maio
Arrinca
este sábado a Feira do Libro de Lugo
(13-Maio-2010)
Este sábado 15 de maio arrinca na Praza Maior de
Lugo a XXVIII edición da Feira do
Libro, co pregón do escritor Isidro Novo. Un total de 14 stands
conforman a oferta cultural desta edición que conta cun programa cunha serie de
actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis
pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e concursos.
Como en
anos anteriores celebraranse actividades musicais, teatrais e recitais
literarios a cargo de varios escritores. Así como presentacións de libros e
mesas redondas sobre diferentes temas literarios.
A feira
estará aberta ata o domingo 23 de maio en horario de 11.00 h. a 14.00 h. e de
17.30 h. a 21.30 h. entre semana e as fines de semana de 11.00 h. a 14.30 h. e de
17.30 h. a 21.30 h.
[Programa
da 28º Feira do Libro de Lugo]
|
|
|
|
O
xurado destacou de As crebas a mistura que
presenta de clasicismo, culturalismo e compromiso
social
Miro
Villar faise co 'Concello de Carral' de Poesía
(11-Maio-2010)
As
crebas, de Miro Villar, foi a obra gañadora
do XIII Certame de Poesía 'Concello de Carral'
fallado onte.
O xurado, formado polos poetas
Eli Ríos -gañadora da edición do pasado ano-, Baldo Ramos e Tati Mancebo, baixo a presidencia da Concelleira
de Cultura, Mª José García Fariña, e asistidos en calidade de
secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio,
Carlos Lorenzo Pérez, escolleu o libro de Villar de entre as 46 obras presentadas ao certame
pola mistura que presenta de clasicismo, culturalismo e compromiso
social; polo acerto co que integra as alusións mitolóxicas no discurso
poético; e tamén polo novidoso tratamento que fai da modernidade
temática dentro do clasicismo.
O premio,
xunto a dotación económica correspondente,
conleva a publicación da obra na
colección de poesía de Edicións Espiral Maior. O acto de entrega do premio terá lugar o 28 de maio, na Casa da Cultura
de Carral.
O
premio de poesía 'Concello de Carral', un
dos certames clásicos dentro do panorama
poético galego, foi instituído no
ano 1997 e foi obtido en edicións anteriores
por Fernando Díaz-Castroverde, Rafael Lema,
Rafa Villar, Lucía Novas, Baldo Ramos, Eduardo
Estévez, Xurxo Alonso, Marcos Calveiro, Isidro
Novo, Xosé Luís Mosquera Camba, Paulino
Peña Álvarez e Eli Ríos.
|
|
|
|
Cinco
poetas e trinta espectáculos percorrerán
o Camiño de Santiago
Camiños
de amor e lúa na Ruta Xacobea
(11-Maio-2010)
Xacobeo 2010 presentou hoxe en Santiago a iniciativa Camiños de Amor e
Lúa, un proxecto no que se conxuga o Ano do Libro e da Lectura co propio
Ano Santo. Neste marco, desenvolveranse unha serie de eventos de
animación á lectura, nos que se mesturan música e poesía, que terán
lugar en 30 concellos polos que discorren os distintos camiños que teñen
como meta Santiago de Compostela.
O programa de Camiños de Amor e Lúa está formado por tres espectáculos
diferentes. O primeiro deles presentase baixo nome de Recital de Amor e
Lúa e corre a cargo do poeta Xosé Carlos Caneiro. Este espectáculo xira
arredor do poemario Camiños de Amor e Lúa publicado por
Biblos, que o escritor publicou o ano
pasado, e consiste na declamación de poemas acompañados por Xosé Manuel
Salgado (guitarra clásica e guitarra acústica). O segundo espectáculo desta iniciativa denomínase Camiño ao Mar e toma o
nome dun poemario de X.H. Rivadulla Corcón. Xunto a
X. H. Rivadulla o trompetista e músico Franky Valencia pon as notas que
alumean na narración do poeta. O último dos espectáculos que conforman Camiños de Amor e Lúa é o
titulado Voces novas nos camiños, no que participan tres poetas novas:
María Lado, Olaia Cociña e María Canosa, acompañadas por música en
directo.
A primeira das actuacións enmarcadas nesta iniciativa terá lugar o
próximo domingo, 15 de maio, no faro de Fisterra a partir das 19.00
h. Nesa xornada será a quenda do espectáculo Camiño ao Mar de
Rivadulla Corcón.
[Descargar
o dossier de Camiños
de amor e lúa]
|
|
|
|
Na
categoría de castelán, o premio foi
para María Luísa Frisa Gracia
Alberto
Gómez Aneiros gaña o XII Certame de
Narración Curta 'Ánxel Fole'
(11-Maio-2010)
Alberto
Gómez Aneiros e María Luísa
Frisa Grácia son os gañadores do XII
Certame 'Ánxel Fole' de Narración
Curta nas modalidades de galego e castelán,
respectivamente.
O xurado encargado de elixir aos gañadores, composto nesta edición
por: o
xornalista Jesús Varela, e os escritores Pablo Núñez e Saturnino
Valladares na categoría de castelán; e o escritor e docente Toño Núñez, o
profesor Primitivo Iglesias e a profesora Carmen Silva na categoría de
galego; decidiron premiar na categoría de galego a Alberto Gómez
Aneiros polo seu traballo Encontros e desencontros.
O segundo premio foi para Alberto Rodríguez
por O sangue que tinxe as rúas de Gottam.
En castelán a zaragozana María Luísa
Frisa Gracia gañou o primeiro premio por
Matar a un hombre,
e un segundo premio para a obra No solo de frío se tirita de Manuel
Luque Tapia.
A responsible
da concellería de Cultura de Lugo, Nuria Mundiña, entidade
organizadora do concurso, indicou que, como todos os anos, publicaranse os catro relatos gañadores
para darlle maior publicidade ás obras.
|
|
|
|
Son
un total de sete poemas de xuventude e da primeira
madurez
Víctor
Aneiros musica no seu novo traballo os versos de
Ramiro Fonte
(11-Maio-2010)
O
bluesman Víctor Aneiros
ven de publicar o seu quinto traballo discográfico,
que leva por título Brétemas da
memoria, no que o músico ferrolano leva
ao seu terreo sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta
de Pontedeume Ramiro Fonte.
Non é
a primeira vez que Victor se achega á poesía de Fonte, pois no seu
anterior disco xa recreou Na barra, tema onde estaban moitas das
obsesións do escritor: ambientes nocturnos, personaxes decadentes
atrapados entre sombras, atracción polo abismo, Ofelias afogadas na
noite... Puro blues, segundo o artista. Os poemas que Aneiros musica en Brétemas
da memoria
son: Autor de westerns, Vida bohemia,
Un tute á morte, Sirenas da policía, Lupanar de cristal, Sombras de Compostela e
Máis alá. Víctor Aneiros
inclúe no seu novo traballo, ao carón
dos versos de Ramiro Fonte, Axúdame,
un tema baseado nun texto doutro poeta contemporáneo, Xosé Carlos
Caneiro.
[Podes
escoitar algúns dos temas de Bretémas
da memoria
no myspace de Víctor Aneiros]
|
|
|
|
Publicará
un catálogo no que o lector atopará
dende autores galegos ata traducións en diferentes
xéneros
Edicións
Barbantesa xorde no mapa editorial galego
(11-Maio-2010)
Edicións
Barbantesa é o novo proxecto literario de
Penélope Pedreira (Rinoceronte Editora, Axencia
Literaria Galega, Xestión Literaria Galega,
Morgante Editora) que comeza a dar os seus primeiros
pasos entre Cangas e Sevilla.
Barbantesa
nace con catro títulos dun catálogo
que promete ser variado e plural, onde o lector
atopará dende novidades de autores galegos
como traduciones nos máis variados xéneros,
como mostran os primeiros títulos da editorial:
As Médulas, de Silvia Bardelás,
Pan prós crocodilos, de Calros Solla;
A balada do café triste, de Carson
McCullers; e Os ditosos anos do castigo,
de Fleur Jaeggy.
Edicións
Barbantesa pon ao dispor dos seus lectores a posibilidade
de subscribirse aos novos títulos que vaian
aparecendo no seu catálogo. Esta opción
conleva un desconto dun 15% do prezo normal e os
gastos de envío de balde.
[Web
de Edicións Barbantesa]
|
|
|
|
Celebrarase
igualmente a IV Conferencia da Fundación
Iberoamericana do PEN Clube
Compostela
acollerá a III Bienal Literaria Internacional
(09-Maio-2010)
Santiago
de Compostela acollerá a III Bienal Literaria Internacional, que terá lugar do 2 ao 6 de xuño do 2010, na que se enmarcará asemade a IV
Conferencia da Fundación Iberoamericana do PEN Clube coincidindo coa
celebración do Ano do Libro e da Lectura e o Xacobeo 2010.
No
acto de presentación, no que interviron Luís
González Tosar, presidente do PEN Clube Galicia;
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago
de Compostela; e o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto
Varela, apuntouse á capacidade do congreso para contribuír a
que "a literatura galega viaxe e se proxecte por toda América e todo o
mundo, fortalecendo as frutíferas pontes que unen a Península Ibérica
con Latinoamérica". Roberto Varela subliñou que a III Bienal supón unha
"excelente iniciativa dinamizadora da cultura e das letras galegas".
Do 2 ao 6 de xuño de 2010, a III Bienal de Pedra e de
Palabra concibirase como un punto de encontro e máis un foro de debate.
Non se trata dun congreso de escritores senón de que os participantes
contrasten as súas opinións na procura de camiños abertos e plurais para
o feito literario, neste caso en Iberoamérica. A literatura
galega será a anfitrioa, tanto do mundo das letras hispanoamericanas
coma das letras luso-brasileiras. Coa III Bienal preténdese que a
literatura galega sirva de punto de encontro entre dúas grandes áreas
lingüísticas e literarias, a hispanoamericana e a lusófona. As fondas
históricas relacións de Galicia con América e a diáspora a aquel
continente xustifican de sobra o evento.
De Pedra e de Palabra
consolídase na súa terceira edición como un foro aberto entre escritores
das diversas rexións do mundo celebrado en Santiago de Compostela.
Nesta edición está prevista a participación de poetas, novelistas,
ensaístas, dramaturgos, xornalistas, críticos, profesores de literatura,
editores e cantos dun xeito ou doutro participan da escritura creativa,
da industria do libro e da promoción de lectura.
|
|
|
|
A
Asociación Cultural Monte Branco organiza
un ano máis o Festiletras. Do 15 ao 23 de
maio
Un
ano máis as letras vanse de festa ata Ponteceso
(09-Maio-2010)
A
Asociación Cultural Monte Branco de Ponteceso
organiza un ano máis Festiletras, que conta
para esta edición cun amplo programa cultural, artesanal
e de musical. As actividades do Festiletras
2010 desenvolveranse entre os días 15 e 23
de maio.
Isabel
Blanco será a encargada de ler o pregón
da edición deste ano. O domingo 16 terá
lugar un dos actos máis emotivos da edición
deste ano coa entrega dos premios aos 'bós
e xenerosos' a Bernardino Graña e a Avelino
Pousa Antelo. Xabier P. Docampo, Mini e Mero, Xurxo
Souto, Concha Blanco ou Xoán Babarro serán
algúns dos que se achegarán ao longo
da semana ata Ponteceso.
[Programa
do Festiletras 2010]
[Web
Festiletras 2010]
|
|
|
|
Natural
de Melide, o poeta e escritor reside en Cangas desde
o ano 1973
Cangas
inaugura unha rúa dedicada a Xosé
Vázquez Pintor
(05-Maio-2010)
O
poeta e escritor Xosé Vázquez Pintor
terá unha rúa co seu nome no concello
de Cangas. Así o decidiu a Corporación
Municipal de Cangas no pasado mes de outubro. Será
concretamente na parroquia de Coiro.
Natural
de Melide, Vázquez Pintor reside en Cangas
desde o ano 1973. O seu labor literario ten sido recoñecido con numerosos premios,
como o Cidade de Ourense, o Esquío, o
Torrente Ballester ou o Premio da Crítica Española.
O
día 21 de maio terá lugar a inauguración
oficial da rúa Xosé Vázquez
Pintor, que contará cun completo programa
de actividades.
Programa
19.30 h.Presentación do último libro de Xosé Vázquez Pintor
Máis vidas (Espiral Maior) a cargo de Miguel Anxo Fernán Vello e o
propio autor.
20.30 h.Concentración a carón da Ponte do Bouzós na Av. de
Lugo e, pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Tromentelo.
20.45 h. Saúda ao distinguido e autoridades. Glosa sobre Xosé
Vazquez Pintor. Descuberta da placa Rúa Xosé Vazquez Pintor.
Intervencións da Sra. Concelleira de Cultura, Sra Alcaldesa e Xosé
Vázquez Pintor. Percorrido de toda a comitiva pola Rúa Xosé Vázquez
Pintor, na compaña de música tradicional. Diante da segunda placa,
conclúe o acto coa interpretación do Himno Galego.».
|
|
|
|
A
plataforma intégrase en Europeana, a Biblioteca
Dixital Europea
O
acervo bibliográfico galego dixitalizado
en Galiciana
(04-Maio-2010)
Xa
están cargados os primeiros rexistros de
Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola
Consellería de Cultura e Turismo e a
Fundación Cidade da Cultura da
Xunta
de Galicia e xestionada pola Biblioteca Nacional
de Galicia co obxectivo de difundir e preservar o rico acervo
bibliográfico galego.
Nestes
intres poden se consultar máis de 1700 obras
e case un millón de imaxes dixitalizadas.
Tamén conta cunha ampla hemeroteca con publicacións
periódicas que van dende o ano 1803 ata o
2000. O documento máis antigo que podemos
ver está datado no ano 1517.
Os
usarios ten ao seu dispor dous tipos de buscas:
unha sinxela e outra avanzada e índices por
autor, título, materias. lugares e editores.
Galiciana intégrase en Europeana,
a Biblioteca Dixital Europea patrocinada polo programa
eContentplus da Comisión Europea, como unha forma
de contribuír á preservación e difusión do noso patrimonio
bibliográfico e de amosar ao mundo á riqueza
cultural dos pobos de Europa.
[Biblioteca
Dixital Galega Galiciana]
|
|
|
|
Abrirá
o ciclo o venres 7 a poeta Mª do Carme Kruckenberg
O
Verbum vigués acolle a segunda edición
de Poéticas para unha vida
(04-Maio-2010)
Unha
nova edición de Poéticas para unha
vida arrancará este venres no marco incomparable
do Verbum vigués, fronte a praia de Samil.
Durante
quince días a oralidade, a visualidade, a
palabra e a expresividade, toda ela poesía
inaudita, tomarán a Casa das Palabras.
O
venres 7 principiará o ciclo Poéticas
María do Carme Kruckenberg a partires das
20.00 h. Ao día seguinte dobre sesión
con Yolanda Castaño ás 20.00 h. e
a Compañía de David Fernández Rivera ás
21.00 h.
Nas
dúas fins de semana seguintes estarán
no Verbum Micropoetisa Ajo, Quico Cadaval, Dax31,
(na Rúa Príncipe), Inéditos
Libres, Avelino Saavedra, Antón Lopo, Estela
Lloves e Ad Hoc. No Verbum proxectarase de sesión
continúa diversos videos.
[Descargar
o cartel de Poéticas para unha vida]
|
|
|
|
Do
9 ao 14 de maio
V
Semana do Libro e a Lectura de Carballo
(04-Maio-2010)
O
Pazo da Cultura de Carballo acollerá do desde
o 9 ata o 14 de maio a V
Semana do Libro e a Lectura de Carballo. Esta cita, organizada polo Concello carballés
e a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración de Caixanova
e Conservas Calvo, contará con obradoiros, exposicións, contacontos,
teatro e maxia e afondará en disciplinas como a regueifa, a gráfica
creativa, a oralidade, a dramatización, a escrita creativa, a música ou a
expresión corporal.
O programa de actividades está dividido en varios apartados
e abranguen actividades cos centros de ensino, para
o profesorado, contacontos e exposicións
permanentes.
Evencio
Ferrero, alcalde de Carballo, resaltou durante a
presentación do programa a importancia de esta
iniciativa para "que faga bos lectores e cidadáns libres".
[Programa
da V
Semana do Libro e a Lectura de Carballo]
|
|
|
|
Na
Biblioteca da Muller do Concello de Muxía
A
Galería Mulleres dedica o mes de maio a Rosalía
de Castro
(04-Maio-2010)
A
Galería de Mulleres, nada coma actividade
de difusión da Biblioteca da Muller da Biblioteca
Municipal de Muxía, dedica o mes de maio
á poeta Rosalía de Castro.
A Biblioteca da Muller inclúe obras escritas por
mulleres, sobre mulleres ou sobre temáticas que afectan á muller.
Así
haberá obras sobre feminismo, obras sobre filosofía, antropoloxía, arte,
literatura infantil, poesía, novela.. escritas por mulleres ou que
aborden todos estes temas dende unha perspectiva de xénero. Para este
mes o Concello de Muxía repartirá
carteis de Rosalía de Castro e indicacións
para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra.
Na
Biblioteca da Muller do concello de Muxía
o usuario poderá atopar un variado e amplo
número de exemplares de e adicados a Rosalía
de Castro.
|
|
|
|