|
As
letras galegas tíñense de loito novamente
Finou
Anxo Rei Ballesteros, autor de Dos anxos e dos
mortos
(30-Outubro-2008)
Tras
unha longa enfermidade onte finou o escritor Anxo
Rei Ballesteros. Aínda que nado en Boqueixón,
residía dende anos na parroquia de Santa
Cruz da Pobra do Caramiñal. Literariamente
cultivou a narrativa, o relato curto, o ensaio e
o teatro.
Debutou
en 1977 con Dos anxos e dos mortos en Castrelos
(reeditada por Galaxia no ano 2001) onde retrata
a vida dun grupo de rapaces na Compostela da década
dos 70 e a crise identitaria da xuventude galega
da época. Esta obra foi considerada pola
crítica como o inicio dun novo xeito de narrar
na literatura galega. Ese mesmo ano resulta
premiado no Pedrón de Ouro o seu conto Querido
Brais, publicado en volume colectivo. En 1992
sae publicada Loaira (Galaxia), onde igualmente
recrea o período final da ditadura franquista
en Compostela. Esta obra resultou gañadora
do premio Losada Diéguez. No 98 publica o
libro de relatos A sombra dos teus soños
(Galaxia) e en 2005 Non sei cando nos veremos
(Galaxia), unha crítica á moral
e ás formas de vida da sociedade de hoxe.
Como
ensaísta publicou Tempo e vinganza
(Galaxia), obra gañadora do Premio Ramón
piñeiro de Ensaio 2002, onde fai un análise
sobre a concepción do tempo na modernidade
a través do Hamlet de Shakespeare e xunto
a Carlos Fernández Fernández foi gañador
do Premio Ánxel Fole por Urda e mundo.
Un ensaio sobre Rof Codina.
En
1987 o grupo de teatro Malbareta estrea a súa
peza teatral Xogos de damas, que será
publicada en Xerais ao ano seguinte. Anxo tamén
e autor da versión de A voz humana
de Jean Cocteau, estreada en 1991 baixo a súa
dirección.
Recentemente
fixo a tradución de Molloy de Samuel
Becket para Galaxia.
Anxo Rei Ballesteros recibira hai dúas semanas unha homenaxe por parte
dun grupo de amigos arredor da tertulia viguesa Café Voltaire. O acto funerario civil terá lugar mañá venres á unha da tarde no cemiterio do Barqueiro.
|
|

|
|
Kiko
da Silva dirixe o proxecto polo que pasaron algúns
dos mellores humoristas gráficos dos últimos
anos
Un
ano de humor galego con Retranca
(30-Outubro-2008)
O
31 de outubro de 2007 presentouse en sociedade,
no Café Moderno da Fundación Caixa
Galicia, o número 1 de Retranca, unha revista
de humor nacida en e para Galicia. Un ano despois,
o Café Moderno volve ser testemuña
co primeiro aniversario de Retranca.
Con
Kiko da Silva aos mandos da nave retranqueira, polas
súas páxinas e viñetas desfilaron
nomes ilustres do humor galego como Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila, Andrés
Meixide, Alberto Guitián, Jacobo Fernández ou os colectivos Pestinho+1
e Reizentolo.
A
celebración do primeiro aniversario se acompañará
coa presentación do número 12 de Retranca.
A maiores, na Galería Sargadelos de Pontevedra
inaugurarase, a partires do luns 3 de novembro,
a Expo Retranqueira: Lerasnos de morto se non
nos les de vivos.
|
|

|
|
Los
judios en Galicia (1044-1492) está
publicado pola Fundación Barrié de
la Maza
Un
libro sobre os xudíos na Galicia baixomedieval
gaña o Premio Samuel Toledano
(28-Outubro-2008)
A doutora
de Historia Medieval e investigadora no CSIC-Instituto
de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" María
Gloria de Antonio Rubio ven de recibir o Premio
Samuel Toledano que promove a Fundación do
mesmo nome pola súa obra Los judios en
Galicia (1044-1492) publicado pola Fundación
Pedro Barrié de la Maza.
Este premio concédese
anualmente e presentado en Xerusalén e leva o nome de Samuel
(Sam) Toledano z"l, un dos renovadores da comunidade
xudía en España. O premio concédese a un investigador hebreo
e a outro do estado español, que traballan sobre temas aos que se dedicou Samuel
Toledano: ao estudo das comunidades xudías en España e nos
países da diáspora sefardí: a súa historia e ao
seu legado cultural; as relaciones entre xudeos, cristiáns e musulmáns en España;
e as relacións entre España e Israel.
A comisión do Premio está presidida por Yitzhak Navón, quinto Presidente do Estado de Israel e
a compoñen
destacados membros do campo académico e por personalidades do ámbito
público (político, cultural, etc.) israelí ase como representantes da familia Toledano. O xurado está composto por tres membros, que se
elixen anualmente pola comisión do Premio.
Los
judios en Galicia (1044-1492) é
un estudo integral sobre a poboación
xudía que habitou en Galicia, principalmente
no período baixomedieval.
Por unha parte a autora trata a demografía xudía en Galicia e os personaxes máis
sobranceiros
da comunidade hebrea, situándoos no marco de cada vila ou cidade onde
se radicaban, así como as actividades
socio-profesionais que exercían e as relacións que mantiñan
coas distintas institucións e
grupos sociais da época (Coroa, Igrexa, Nobreza e Concellos) e coa poboación
cristiá. Por outra banda preséntanse
documentos inéditos como publicados previamente
que serviron de
base á investigación e que se complementan cos correspondentes
índices onomástico e de documentos.
|
|

|
|
Trátase
de After Babel: Aspect of Language and Translation e George Steiner at the New Yorker
Xerais
publicará dúas obras de George Steiner
(29-Outubro-2008)
Edicións
Xerais publicará o vindeiro ano as obras
de George Steiner After Babel: Aspect of Language and Translation -publicada
en 1975- e George Steiner at the New Yorker, obra inédita, que aparecerá tamén
nos Estados Unidos no vindeiro mes de xaneiro.
George
Steiner é un dos intelectuais de influencia internacional máis relevantes dende mediados do século XX.
Escritor, crítico e teórico da literatura e da cultura, Steiner
colabora habitualmente cos seus artigos para revistas e xornais
como The New Yorker, The Times Literary Supplement y The Guardian.
Aínda
que George Steiner fíxose famoso recentemente
no ámbito social galego por unha entrevista
ao xornal El País, estas dúas traducións
van supoñer unha achega ao galego dun dos
maiores estudosos e especialista na cultura europea.
Tanto
After Babel: Aspect of Language and Translation como George Steiner at the New Yorker
aparecerán
publicadas na colección Xerais Ensaio, un
proxecto da editorial de traducir para o galego grandes textos do ensaio do século XX.
Dentro da mesma colección tamén aparecerá o segundo tomo d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir e o Tractatus Logico-Philosoficus 1918 de Wittgenstein e
traducido por Arturo Leyte.
|
|

|
|
Los
judios en Galicia (1044-1492) está
publicado pola Fundación Barrié de
la Maza
Un
libro sobre os xudíos na Galicia baixomedieval
gaña o Premio Samuel Toledano
(28-Outubro-2008)
A doutora
de Historia Medieval e investigadora no CSIC-Instituto
de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" María
Gloria de Antonio Rubio ven de recibir o Premio
Samuel Toledano que promove a Fundación do
mesmo nome pola súa obra Los judios en
Galicia (1044-1492) publicado pola Fundación
Pedro Barrié de la Maza.
Este premio concédese
anualmente e presentado en Xerusalén e leva o nome de Samuel
(Sam) Toledano z"l, un dos renovadores da comunidade
xudía en España. O premio concédese a un investigador hebreo
e a outro do estado español, que traballan sobre temas aos que se dedicou Samuel
Toledano: ao estudo das comunidades xudías en España e nos
países da diáspora sefardí: a súa historia e ao
seu legado cultural; as relaciones entre xudeos, cristiáns e musulmáns en España;
e as relacións entre España e Israel.
A comisión do Premio está presidida por Yitzhak Navón, quinto Presidente do Estado de Israel e
a compoñen
destacados membros do campo académico e por personalidades do ámbito
público (político, cultural, etc.) israelí ase como representantes da familia Toledano. O xurado está composto por tres membros, que se
elixen anualmente pola comisión do Premio.
Los
judios en Galicia (1044-1492) é
un estudo integral sobre a poboación
xudía que habitou en Galicia, principalmente
no período baixomedieval.
Por unha parte a autora trata a demografía xudía en Galicia e os personaxes máis
sobranceiros
da comunidade hebrea, situándoos no marco de cada vila ou cidade onde
se radicaban, así como as actividades
socio-profesionais que exercían e as relacións que mantiñan
coas distintas institucións e
grupos sociais da época (Coroa, Igrexa, Nobreza e Concellos) e coa poboación
cristiá. Por outra banda preséntanse
documentos inéditos como publicados previamente
que serviron de
base á investigación e que se complementan cos correspondentes
índices onomástico e de documentos.
|
|

|
|
V
Simposio O libro e o mercado
A
situación do libro galego no mundo actual
e as súas posibilidades no exterior a debate
en Santiago de Compostela
(28-Outubro-2008)
O
presente e o futuro do libro galego no mundo centrará
o Simposio O libro e o mercado que anualmente organiza
a Asociación Galega de Editores (AGE) e o Centro Español de Derechos
Reprográficos (CEDRO) coa colaboración do Consello da
Cultura Galega e que chega a súa quinta edición os días
13 e 14 de novembro.
Mentres que o ano pasado o simposio se centrou no mercado editorial,
este ano o grande protagonista será o libro galego no mundo, a súa
situación no mundo actual e as súas posibilidades de cara á promoción
exterior. Para iso contarase con importantes representantes das máis
destacadas feiras internacionais do mundo da edición e profesionais do
sector con ampla experiencia no exterior.
A vicedirectora da Feira Internacional do Libro de Frankfurt, que vén
de celebrarse do 15 ao 19 de outubro na cidade alemá e que é sen dúbida
a cita editorial máis importante do ano a nivel internacional, será a
encargada de impartir a primeira conferencia do simposio. Así, Mary Fé
Boix falará do libro galego ante a Feira de Frankfurt. A continuación o
Xosé Ballesteros, director de Kalandraka, unha das editoriais galegas
con maior proxección internacional e membro da AGE, relatará a súa
experiencia persoal na promoción e venda do libro infantil e xuvenil no
exterior.
Outro destacado persoeiro no sector editorial español, o Director do
Instituto Ramón Llull, Josep Bargalló, aportará xa pola tarde novos
datos e características da presenza internacional da literatura catalá
no mundo, grazas á xestión realizada dende o seu organismo para a
promoción da lingua e culturas de Catalunya, que o ano pasado foi a
cultura convidada na Feira Internacional do Libro de Frankfurt.
A xornada do xoves completarase con dúas mesas redondas, unha pola mañá
e outra pola tarde. Na sesión matutina intervirán, a propósito da
proxección internacional do libro e a literatura galega, o profesor de
Teoría da Literatura da USC Arturo Casas, a profesora da Universitat de
Barcelona Helena González e o lector de lingua e literatura galega en
Stirling (Escocia) Xabier Cid. A outra sesión, centrada na experiencia
dos editores galegos nas feiras internacionais, correrá a cargo de
Carlos del Pulgar (Nova Galicia Edicións), Pepe Puga (A Nosa Terra) e
Francisco Villegas (Edicións do Cumio).
A directora da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de
Bolonia, Roberta Chinni, falará xa na mañá do venres do mercado
infantil e xuvenil dende a súa perspectiva, tema que se concretará na
experiencia profesional tendo en conta as características da edición
galega da directora de OQO Editora Eva Mejuto, editorial recoñecida con
numerosos premios internacionais na literatura para os máis cativos.
A presenza internacional da mañá do 14 de novembro completarase coa
mesa redonda "A lusofonía, un mercado para Galicia". Nela intervirán a
responsable do Projeto APEX para a internacionalización da edición
brasileira, Dolores Manzano, a responsable da Editorial Callis
(Brasil), Miriam Gabbai, e o responsable do Programa de Bibliotecas
Públicas e Comunitárias do Estado de Sao Pâulo, Jose Luiz Goldfarb.
Xa pola tarde, o Director Executivo da Federación de Gremios de
Editores de España, Antonio María Ávila, falará das súas numerosas
vivencias no mercado exterior representando o libro español. E para
clausurar o V Simposio O libro e a lectura contarase nesta edición coa
Directora para Europa da Feira Internacional do Libro de Guadalajara,
Amelia Guardiola. Precisamente esa feira é a próxima cita profesional á
que se desprazarán os editores da AGE con stand propio e que terá lugar
do 29 de novembro ao 7 de decembro na cidade mexicana.
A asistencia ao
V Simposio O libro e o mercado é gratuíta e o prazo de inscrición establécese entre o 23 de outubro e o venres 7 de novembro.
[Máis
información na web da Asociación Galega
de Editores]
[Programa
do V Simposio O libro e a lectura]
[Folla
de inscrición]
|
|

|
|
No
Alén tamén se fala galego
En
galego, agora e sempre
(28-Outubro-2008)
Preto
de oitenta persoas do mundo da cultura, as artes,
a política, o ensino e o deporte de Vilagarcía
de Arousa e o seu entorno manifestan as súas
derradeiras vontades respecto á lingua galega
no libro de mandas que vén de publicar a
Asociación Galega de Funcionarios pola Normalización
Lingüística en colaboración coa
Concellería de Cultura e a Secretaría
Xeral de Política Lingüística.
|
|
|
|
O
xardín das pedras flotantes, A cabeza
de Medusa e Xenaro e o misterio da mochila
verde
Esta
semana chega ás librarías os Premios
Xerais 2008
(27-Outubro-2008)
O
pasado xuño, tras coñecerse as obras
premiadas na edición deste 2008 dos Premios
Xerais de novela, de literatura xuvenil e de literatura
infantil, a expectación pasaba polo intre
en que os lectores e lectoras puidesen ter a súa
opinión sobre eses tres libros merecentes
do prestixioso galardón. Esta semana Xerais
envía ás librarías O xardín
das pedras flotantes, A cabeza de Medusa
e Xenaro e o misterio da mochila verde.
O
xardín das pedras flotantes, a obra de
Manuel Lourenzo González gañadora
do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato
dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón
e Anabel, marcado por unha historia, que arrinca
desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade.
Trátase dunha novela entretida, vizosa e
sedutora.
A
cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre
gañadora do Premio Fundación Caixa
Galicia de literatura xuvenil 2008, relata a violación
que sofren dúas rapazas e o pedregoso camiño
da busca da xustiza que comeza para elas dende a
mesma noite da agresión. A amplificación
social da violación e tamén a procura
dos amores ventureiros, o papel do amor e a amizade
na resistencia ao medo e á vergoña
son temas abordadas nesta novela con valentía,
claridade e tenrura.
Xenaro
e o misterio da mochila verde, a novela de Mar
Guerra gañadora do Premio Merlín de
literatura infantil 2008, foi definida polo xurado
como "un thriller psicolóxico"
que desenvolve unha historia cotián de rapaces
e rapazas dun centro escolar.
|
|

|
|
Os
fondos estarán dispoñibles antes de
que remate este ano
Un
acordo entre Galaxia e Google permitirá a
lectura dos fondos editoriais da emblemática
editorial na Rede
(24-Outubro-2008)
A
Editorial Galaxia e a
empresa transnacional Google anuncian a próxima presentación do fondo dixital
da edición galega. Ambas as dúas empresas veñen de asinar un acordo que
permitirá, antes de fin de ano, a publicitación na rede dos fondos da editorial
galega, tanto clásicos como contemporáneos, edicións vivas no mercado e
edicións catalogadas.
En palabras dos responsables das dúas empresas, Víctor F.
Freixanes como director xeral de Editorial Galaxia e Luis Collado, responsable
de Google Búsqueda de Libros, trátase de proxectar globalmente na Rede, con
presencia en todo o mundo, unha parte importante da edición galega, a que a
devandita editora representa. A comercialización dos libros será por conta de
Editorial Galaxia, mais a publicitación universal dos mesmos será
responsabilidade de Google, que dende antes do verán está a dixitalizar os
fondos da editora nas súas sedes de California.
“Queremos
que a literatura galega estea presente no diálogo universal da Rede”,
declararon ambos os dous responsables, “para o cal fixemos un importante
esforzo entre as dúas partes, conscientes da necesidade de que a a cultura
galega participe activamente na era dixital”.
Algúns
títulos estarán disponibles para a súa lectura na Rede. Outros, segundo a
disponibilidade dos autores e as autoras, amosarán parcialmente os seus contidos,
para a súa identificación e consideración por parte dos internautas. No mes de
decembro, ambas as dúas empresas realizarán unha demostración pública do acordo
aos usuarios potenciais.
O
acordo entre Editorial Galaxia e Google realízase por iniciativa de ambas as
dúas empresas, sen axudas institucionais de ningún tipo.
|
|
|
|
O
humorista gráfico Forges será a estrela
invitada na edición deste ano
Máis
de cen profesionais da ilustración galega
celebrarán o seu V encontro en Compostela
(24-Outubro-2008)
O vindeiro sábado, 25 de
outubro, celebrarase en Santiago de Compostela o V Encontro Galego de
Ilustración, organizado pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da
Ilustración), que inclúe a máis de cen profesionais do sector de toda Galicia.
Deste xeito consolídase o derradeiro fin de semana de outubro como unha data
de referencia para o sector da ilustración gráfica profesional en Galicia.
Autores de diferentes especialidades, que proceden de todos os lugares da
xeografía galega, reúnense en Santiago de Compostela para avaliar o estado da
profesión e para abordar os diferentes aspectos técnicos e problemáticos en
torno a ela.
Segundo declara o
director das xornadas, Manel Cráneo; "con esta quinta edición, queremos
ofrecer aos profesionais e a todos os interesados no sector, un día agradable
no que compartir vivencias e coñecementos dentro dunha profesión xa consolidada
hoxe en día, non sen esforzo; así como amosar á sociedade, unha vez máis, o
recoñecemento dun oficio en auxe e que comeza a ter o peso social e cultural
que se merece”.
Personaxes da talle de Irene Penas,
directora de publicacións da Editorial Everest Galicia, ou do archicoñecido
Forges analizarán, entre as súas vivencias, os factores económicos, legais e
sociais deste sector. Estes actos, de portas abertas ó público en xeral, terán
lugar o sábado pola mañá, entre as 10 e as 14 horas, no salón de actos da Fundación
Caixa Galicia, sita na Rúa do Vilar, 19, en Santiago de Compostela. Segundo declara Cráneo, “as previsións nos din que o salón de actos da Fundación estará
cheo, e non só polos cerca de cen ilustradores galegos que se acercarán ao
Encontro, senón pola importancia mediática dos nosos invitados”.
Pola
súa banda, para o presidente da AGPI Santy Gutierrez, “despois de cinco anos da existencia da asociación, éste é o culme da
intensa actividade realizada. Cremos, por tanto, que este é o mellor xeito de
festexalo; cunha figura da ilustración mediática e punteira como é Forges e con
outra con multitude de coñecementos dos entresixos editoriais como é Irene
Penas. Con este punto e seguido na nosa fructífera traxectoria, tamén
celebramos que este ano pasamos a barreira dos cen ilustradores profesionais
asociados procedentes de todos os rincóns de Galicia”.
Para a realización desta programación, AGPI conta coa
colaboración da Fundación Caixa Galicia, a Dirección Xeral de Creación e
Difusión Cultural, de a Consellería de Cultura, e a propia FADIP (Federación de
Asociaciones de Ilustradores Profesionales).
|
|

|
|
II
Bienal Literaria Internacional "De Pedra e
de Palabra"
O
Pen Clube achegará a Galicia as literaturas
de Asia e de África
(24-Outubro-2008)
O
PEN Clube de Galicia organiza a II Bienal Literaria
Internacional "De Pedra e de Palabra"
entre os días 25 e 30 de outubro. Nesta edición
profundizarase nas literaturas de África
e Asia.
O
acto literario de inauguración, ás
20.30 h. no Pazo de Fonseca da capital galega, correrá
a cargo do escritor chinese Gao Xingjian, galardoado
co Premio Nóbel de Literatura no ano 2000.
Ao
longo das seguintes xornadas a literatura, música
e conferencias africanas, asiáticas e galegas
tomarán o CGAC e o Museo do Pobo Galego.
Un
dos actos máis emotivos chegará o
último día da Bienal, despois do acto
de clausura, cando se lle renderá un homenaxe
poético a Ramiro Fonte a cargo de Ana Romaní,
Anxo Angueira, Gonzalo Navaza, Xavier Seoane, Xosé
Mª Álvarez Cáccamo e Salvador
García Bodaño.
[Programa
da II Bienal Literaria Internacional "De pedra
e de palabra"]
|
|
|
|
O
Presidente da Real Academia Galega confirmou a celebración
do acto central do Día das Letras Galegas
2009 na vila natal de Ramón Piñeiro
Avelino
Pousa Antelo recibe en Láncara o Premio Ramón
Piñeiro "Facer País"
(20-Outubro-2008)
O
intelectual galeguista Avelino Pousa Antelo foi
homenaxeado o pasado sábado en Láncara
co Premio Ramón Piñeiro "Facer
País", por toda unha vida entregada
á causa de Galicia. Neste premio, que organiza
a Asociación Cultural Val de Láncara,
participan todas as asociacións culturais
da comarca de Sarria.
O
acto de homenaxe contou coa asistencia de máis
de duascentas persoas que quixeron renderlle tributo
a unha das personalidades máis sobranceiras
do país.
A
xornalista Tereixa Navaza foi a encargada de dirixir
as primeiras palabras a Pousa Antelo. A continuación,
o presidente da Real Academia Galega, Xosé
Ramón Barreiro, anunciou que a celebración
solemne do Día das Letras Galegas terá
lugar o 17 de maio do 2009 na vila de Láncara.
Daquela a RAG reunirá o seu plenario nestas
terras de Lugo, en memoria de Ramón Piñeiro.
Ramón
Villares escribiu a laudatio do homenaxeado, subliñando
tres características da súa personalidade:
a súa condición de mestre, formado
na tradición da Segunda República;
a súa vocación agrarista, que | |