MESES ANTERIORES

 

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

Agosto 2008

Xullo 2008

Xuño 2008

Maio 2008

Abril 2008

Marzo 2008

Febreiro 2008

Xaneiro 2008

Decembro 2007

Novembro 2007

Outubro 2007

Setembro 2007

Agosto 2007

Xullo 2007

Xuño 2007

Maio 2007

Abril 2007

Marzo 2007

 Xaneiro 2007

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

Ámbolos dous libros foron premiados posteriormente na Cea das Letras da AELG

O soño da febre e De provincia a nación premiados na XXIII edición dos Premios Antón Losada Diéguez

 

(28-Abril-2008)

 

XXIII premios Antón Losada DiéguezO xurado do XXIII Premio Antón Losada Diéguez acordou conceder o pasado sábado os premios correspondentes á XXIII edición dos premios Antón Losada Diéguez a O soño da febre (Galaxia) de Miguel Anxo Murado no apartado de creación literaria e a De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Xerais) de Justo Beramendi na modalidade de investigación.

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense. Prémianse dúas obras publicadas no ano anterior, unha na modalidade de creación literaria e outra de investigación, de entre as presentadas a concurso polas editoriais.

A entrega dos premios terá lugar o vindeiro 8 de xuño no pazo da familia Losada, ubicado na localidade de Moldes, en Boborás.

Na última edición, os premios recaeron en Manuel Rivas, pola obra Os libros arden mal (Xerais) e en Gonzalo Navaza por Fitotoponimia galega (Fundación Pedro Barrié de la Maza).

 

Arriba

 

 

 

De provincia a nación, O único que queda é o amor, Sextinario: trinta e seis + tres, O soño da febre, Poemas canónicos, Ciclo de Marte, Xosé L. Ménez Ferrín, Nancy Morejón e a Mostra de Teatro de Ribadavia resultaron premiados no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela

Os escritores e escritoras galegos recoñecen o traballo dos seus compañeiros na Cea das Letras

 

(27-Abril-2008)

 

Premios Cea das LetrasO Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela converteuse onte nunha gran festa das Letras Galegas na que asistiron unha centena de escritores e escritoras galegas que celebraron a Cea das Letras, organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

No transcurso da Cea foron concedidos os premios á mellor obra publicada no 2007 nas modalidades de Ensaio, Literatura Infantil e Xuvenil, Poesía, Narrativa, Tradución, Teatro e Traxectoria Xornalística, galardóns que, concedidos por escritores/as para escritores/as, levan camiño de se afianzar como uns dos de máis prestixio no noso panorama literario. Tamén foron entregados á poeta cubana Nancy Morejón o galardón “Escritora Galega Universal” e a Mostra de Teatro de Ribadavia o Premio AELG para Institucións.

Da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda polos asociados/as á AELG -coa participación dos socios/as de Gálix para elixir a mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil e dos membros do Colexio de Xornalistas para a modalidade de Traxectoria xornalística-, elaborouse unha listaxe de obras finalistas correspondentes a cada xénero dos mencionados, sobre a que os socios e socias emitiron de novo o seu voto nunha segunda quenda para elixir as obras gañadoras dos Premios AELG.

Unha vez computados os votos, estes son os gañadores do Premio AELG ás mellores obras publicadas no 2007:

Ensaio: Justo G. Beramendi, pola súa obra De provincia a nación: historia do galeguismo político (Edicións Xerais de Galicia)

Literatura Infantil e xuvenil: Agustín Fernández Paz, pola súa obra O único que queda é o amor (Edicións Xerais de Galicia), ilustrada por Pablo Auladell

Poesía: Marica Campo, pola súa obra Sextinario: trinta e seis + tres (Sotelo Blanco Edicións)

Narrativa: Miguel Anxo Murado, pola súa obra O soño da febre (Editorial Galaxia)

Tradución: Yolanda Vilarchao, pola súa obra Poemas canónicos, de Konstantinos Kavafis (Rinoceronte Editora)

Teatro: Millán Picouto, pola súa obra Ciclo de Marte (Ediciones Linteo)

Mellor traxectoria xornalística: Xosé L. Méndez Ferrín

 

Arriba

 

 

 

O volume está coeditado polo Consello da Cultura Galega e o Seminario de Estudos Galegos

Ánxel Casal, un editor para un país recolle os rexistros bibliográficos publicados en Lar e Nós

 

(24-Abril-2008)

 

Ánxel Casal, un editor para un paísÁnxel Casal, un editor para un país recupera a figura do escritor e editor compostelán asasinado en Cacheiras a comezos da Guerra Civil no 36.

O gran contributo de Ánxel Casal á Galicia do século XX estivo no campo da industria cultural, no seu intento de dotar Galicia, coa lingua galega como vehículo de comunicación, dunha estrutura editorial estable, tanto na edición propiamente dita de textos fundamentais para a cultura galega moderna, como na presentación estética desas obras, de acordo coas tendencias máis comúns da edición europea do momento. Neste catálogo, coordinado por Alfonso Mato e editado polo Consello da Cultura galega e o Seminario de Estudos Galegos, móstranse por primeira vez os rexistros bibliográficos e as cubertas de case todas as publicacións que Casal editou e imprimiu, primeiro na editorial Lar, xunto con Leandro Carré Alvarellos, e logo, xa en solitario, na editorial Nós.

 [Máis información e posibilidade de descargar o libro no Consello da Cultura Galega]

Arriba

 

 

 

O dicionario incorpora as etimoloxías e as equivalencias en portugués, catelán e inglés

Ir Indo publica na Rede o seu dicionario de galego con máis de 65.000 entradas

 

(23-Abril-2008)

 

www.digalego.comIr Indo Edicións celebra o Día Internacional do Libro colgando en Internet o seu dicionario de galego, froito da experiencia de máis de vinte anos de traballo a prol da cultura galega. Os interesados poderán consultar a obra, con máis de 65.000 entradas en máis de dúas mil páxinas e o primeiro redactado na normativa oficial aprobada pola Real Academia Galega en 2003, entrando (también por teléfono móbil) na páxina web www.digalego.com.

O dicionario, que vai ser permanentemente actualizado, perfeccionado e ampliado coas aportacións dos usuarios, xa incorpora as etimoloxías e as equivalencias en portugués, castelán e inglés, o que o convirte nun dos dicionarios máis completos e actualizados do mercado lexicográfico galego. En breve disporá tamén de sinónimos, antónimos e frases feitas.

 [www.digalego.com]

Arriba

 

 

 

Achegarase os hábitos da lectura a todos os ámbitos e sectores sociais

A Consellería de Cultura presenta a campaña Máis libros, máis libres para a promoción do libro e da lectura

 

(22-Abril-2008)

 

Promoción do Libro e da LecturaIncrementar os hábitos de lectura entre os sectores poboacionais menos sensibilizados, favorecer o mercado do libro, promover o uso das bibliotecas públicas, potenciar a función cultural das librarías e abrir o mundo do libro a novos espazos son os obxectivos da nova campaña de promoción do libro e da lectura da Consellería de Cultura e Deporte.

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presentaron hoxe no Café Literarios de Compostela, a campaña de promoción do libro e da lectura á que se destina 1,1 millóns de euros e que dará comezo mañá, Día Internacional do Libro. As bibliotecas, as librarías, os medios de comunicación e novos espazos públicos como medios de transporte, centros deportivos e outros lugares de lecer servirán como plataforma de transmisión deste hábito.

Esta campaña encargararse de achegar os hábitos da lectura a todos os ámbitos e sectores sociais co obxectivo de facer visible e máis presente ao libro en Galicia. Trátase de levar os libros máis alá das librarías e das bibliotecas e facer do libro un obxecto cotiá que se pode atopar en calquera lugar.

Baixo a frase Máis libros, máis libres, a campaña estará presente en todos os medios de comunicación e en todas as accións, lembrando o papel da lectura como unha actividade que favorece a comprensión e o entendemento.

As librarías galegas acollerán campañas que potencien a compra de libros entre o público e desenvolveranse actividades específicas de promoción nas bibliotecas. Ademais destes dous ámbitos relacionados estrictamente coa lectura, a campaña buscará novos espazos e achegarase a outros públicos a través de bibliotecas móbiles en praias ou lugares de lecer. Os libros tamén estarán presentes en diversos medios de transporte como o bus e o tren, eventos deportivos e de masas en xeral acollerán actvidades de carácter literario e desenvolveranse programas dirixidos á hostalaría e ao comercio.

Esta iniciativa encádrase dentro do Plan da Lectura, que ordena por primeira vez de forma integral todos os esforzos que se realizan para incrementar o hábito da lectura e fortalecer todos os actores do sector, desde libreiros a bibliotecas ou editores e que un orzamento para este ano de 9 millóns de euros.

Arriba

 

 

 

As bibliotecas liberarán unha morea de libros por difernetes puntos da cidade

23 de abril, Día do Libro nas bibliotecas da Coruña

 

(22-Abril-2008)

 

Bibliotecas Municipais da CoruñaComo celebración do Día do Libro 2008 as Bibliotecas Municipais da Coruña tennos preparados unha serie de actos nos que se convida todos os cidadáns a un completo programa de libros e lectura.

As bibliotecas municipais da Coruña ofrecerán información aos usuarios das estacións de autobuses e trens sobre as súas actividades e recursos. Espazos de paso pero tamén de encontro, bos lugares onde ollar un libro mentres agardan o de o elixir co fin de ler ao longo do traxecto. As bibliotecas porán os libros a disposición dos viaxeiros, que poderán levalos e lelos. Tamén disporán dun punto de información e folletos das bibliotecas, marcapáxinas e un cartel conmemorativo.

Outra das iniciativas será unha liberación de libros por puntos distintos da cidade, cunha nota no interior para facelos recoñecibles, por se quen o atopa decide liberalo de novo.

A partires das 19.00 h., na Biblioteca Municipal de Montealto, a Concelleira de Cultura fará entrega dos premios aos finalistas e participantes do Concurso de fotografía dixital 'Amósanos o que les'. Nese mesmo acto o mimo Fredi mostrará as posibilidades dos libros e da lectura.

Arriba

 

 

 

Antonio Seijas, Alberto Vázquez e Retranca premiados polo público

Fanzine enfermo, único premiado galego no Saló Internacional del Còmic de Barcelona

 

(22-Abril-2008)

 

Fanzine Enfermo nº 8Fanzine enfermo, dirixido por Alberto Vázquez, foi o único premiado galego no 26º Saló Internacional del Còmic de Barcelona no Premio ao Mellor Fanzine do 2007.

Fanzine enfermo recibe así o recoñecemento póstumo a un proxecto polo que pasaron autores como Jano, Alberto Vázquez, Lola Lorente, Daniel García, Luci Gutierrez, Braïs Rodriguez, Fermín Solís, Elparras, David Rubín ou Elfelix e que rematou a súa andaina no número 8. Feito á maneira clásica, isto é, con papel reciclado e fotocopia de tóner, agás a portada a láser, os promotores conseguiron sacar un producto chaeo de coherencia e harmonía.

Por outra banda, os autores galegos tiveron máis fortuna nos premios concedidos polo público. O ilustrador de Ares Antonio Seijas obtivo o Premio ao Mellor Guión por Un hombre feliz (Ediciones de Ponent), Alberto Vázquez Premio ao Mellor debuxo por El Evangelio de Judas (Astiberri) e Retranca, o novísimo proxecto de Kiko da Silva, Premio á Mellor Revista.

Coincidindo coa presenza institucional no Saló del Còmic, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presentou en Barcelona a estratexia global de apoio á banda deseñada galega que está a desenvolver a Consellería de Cultura. Bará aproveitou a súa intervención para anunciar que este ano a Consellaría de Cultura ten previsto convocar tres bolsas de creación de banda de deseñada dotadas con 6.000 euros cada unha, en total 18.000 euros. Así mesmo, deu a coñecer aos asistentes outras iniciativas que se están desenvolvendo para fomentar o sector en Galicia.

Outra das novas que se anunciou no Saló é o convite, por parte da organización, a Galicia para ser a comunidade convidada de honra do ‘Saló del Cómic de Barcelona’ no ano vindeiro, feito anunciado polo director desta feira, Carles Santamaría, no acto de peche da edición deste ano.

 [Listaxe de premiados]

Arriba

 

 

 

As VI Xornadas Literarias celebraranse do 24 ao 26 de abril

William Faulkner falará galego en Neda

 

(21-Abril-2008)

 

Xornadas Literarias Faulkner en NedaAs Xornadas Literarias que se celebran en Neda co gallo do Día do Libro versarán este ano ao redor da figura de William Faulkner e do seu legado literario. Esta é a sexta edición dunhas xornadas onde, en anos anteriores, trataronse a obra e o estudo de autores como James Joyce, Marcel Proust ou Julio Cortazar.

Estas xornadas celebraranse os días 24,25 e 26 de Abril e contará coa presenza dos escritores Ramón Loureiro, Ramón Pernas e Milagres Frías; os investigadores Rachel Olfft Basse (da Universidade de Nova York) e Ted Olson (da East Tennessee Universtity); o escritor e tradutor da obra de Faulkner ao galego Xurxo Borrazás; o libreiro e escritor Miguel Salas e José Manuel Sande García, membro do equipo de programación do CGAI.

Ademais, como todos os anos, un grupo de alumnos do I.E.S. Fernando Esquío de Neda achegará a súa visión do autor co relatorio Welcome to Yoknapatawpha.

As xornadas están organízadas en colaboración coa Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña. A inscrición é gratuíta e obtense 1 crédito de libre configuración (pódese formalizar persoalmente na Casa da Cultura de Neda, por teléfono, fax ou e-mail: cultura@neda.dicoruna.es).

Arriba

 

 

 

O próximo sábado 26 de abril entregaranse os galardóns dos escritores galegos na tradicional Cea das Letras

A autora cubana Nancy Morejón recibirá o premio Escritora Galega Universal da AELG

 

(21-Abril-2008)

 

Nancy MorejónAchégase a data de celebración dun dos actos máis importantes do ano da Asociación de Escritores en Lingua Galega: os Premios AELG, uns galardóns que, concedidos por escritores/as para escritores/as, levan camiño de se afianzar como uns dos de máis prestixio no noso panorama literario. No transcurso da Cea das Letras, que se celebrará o sábado día 26 de abril, ás 20.30 h., no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela, recoñecerase a mellor obra publicada no 2007 en cadanseu xénero: Ensaio, Literatura Infantil e Xuvenil (en colaboración con Gálix), Poesía, Narrativa, Tradución (en colaboración coa Asociación Galega de Tradutores), Teatro e Traxectoria Xornalística (que premiará o/a autor/a coa mellor traxectoria xornalística do 2007, e para cuxa elección se contará cos votos dos/as membros do Colexio de Xornalistas).

Así mesmo, entregarase no transcurso da Cea o Premio AELG Internacional 2008 “Escritora Galega Universal” á autora cubana Nancy Morejón, e mais o Premio AELG para Institucións á Mostra de Teatro de Ribadavia.

Nancy Morejón nace en Cuba en 1944. Aos 18 anos foi incluída na antoloxía Novísima Poesía Cubana, e publica o seu primeiro libro de poemas, Mutismos. La duodécima noche de William Shakespeare. En 1989 asiste como invitada de honra ao 54 Congreso Mundial do Pen Club Internacional en Toronto e Montreal. En 1992 é invitada polo Congreso Nacional de Escritores Sudafricanos (COSAW) e percorre a República Sudafricana, onde ofrece recitais e obradoiros literarios. Asistiu como invitada de honra á III Conferencia de Escritores del Caribe, celebrada en Curazao, así como á V Edición de Carifesta, en Trinidad-Tobago. Entre as súas obras, caben salientar: Richard trajo su flauta y otros argumentos, Nación y mestizaje en Nicolás Guillén, Piedra pulida, Paisaje célebre, Elogio y Paisaje e Poemas 1987-1992. Obtivo numerosos premios, como: Premio de Poesía Rubén Martínez Villena da Universidade da Habana; Mención da Unión Nacional de Escritores y Artistas Cubanos; Premio Nacional de Ensayo Enrique José Varona; Mención no Premio Internacional de Poesía “Pérez Bonalde”; Premio da Crítica Literaria por Piedra Pulida, 1986 e Elogio y Paisaje, 1996, e en 2001 foi Premio Nacional de Literatura.

O programa previsto de Nancy Morejón é o seguinte:

Xoves 24 de abril, ás 20.00 h., conferencia de Nancy Morejón na Fundación Rosalía de Castro, en Padrón, baixo título Nancy Morejón: a muller na súa obra e na literatura cubana e caribeña. Estarán presentes a Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán; a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, e a secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas

Venres 25 de abril, ás 19.00 h., Conferencia-coloquio na sede do Consello da Cultura Galega. Será presentada polo presidente da AELG, Cesáreo Sánchez.

Sábado 26 de abril, ás 20.30 h., entrega do premio na Cea das Letras, no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.

 [Ver nominados aos premios da AELG]

Arriba

 

 

 

Xosé Luis Mosquera Camba obtivo o accésit por Amebas

Xavier Lama gaña o premio Esquío pola obra Melancolía líquida da idade das vacas

 

(21-Abril-2008)

 

Xavier Lama premio EsquíoO pasado venres falláronse en Ferrol os premios correspondentes á XXVII edición do Premio Concello de Ferrol-Esquío de Poesía nas modalidades de galego e castelán.

Xavier Lama López, pola obra Melancolía líquida da idade das vacas, e a Miguel García-Posada por El lamento de las praderas foron os seleccionados polo xurado por unanimidade. A convocatoria inclúe dúas accésit, que recaeron en Xosé Luis Mosquera Camba, por Amebas, e en Eugenio Maqueda Cuenca, por La mirada secuestrada.

O Esquío está dotado con 25.000 euros en premios, que se distribúen entre os 10.000 que se otorgan ao gañador de cada modalidade, con cadanseu accésit de 2.500 euros.

O reconto final de orixinais que este ano participan no Premio de Poesía Esquío, nas convocatorias de galego e castelán, foi un das máis numerosos dos últimos anos e tanto nunha como noutra categoría superan á de 2007.

Na modalidade de galego, o xurado está composto por Xulio Valcárcel (presidente), Vicente Araguas, Luz Pichel e Marica Campo. Julia Uceda (presidenta), Luis García Jambrina, Carlos Galán Lorés e Julia Barella. Pola súa banda, o de castelán está integrado por Julia Uceda (presidenta), Luis García Jambrina, Carlos Galán Lorés e Julia Barella.

Na súa intervención, a concelleira de Cultura Yolanda Díaz reiterou o compromiso do Concello coa continuidade do galardón e agradeceu expresamente aos xurados e ao conxunto de entidades participantes o apoio para a pervivencia da convocatoria.

Arriba

 

 

 

En Vieira do Minho do 25 de abril ao 2 de maio

Poetas galegos participarán na exposición de arte contemporánea Arte e Criação II

 

(20-Abril-2008)

 

Exposição Arte e Criação IIEntre o 25 de abril e o 2 de maio, celebrarase no concello portugués de Vieira do Minho, a segunda convocatoria de Arte e Criação, unha exposición de arte contemporánea que integrará 39 artistas portugueses e 15 estranxeiros, confrontando xeracións e divulgando algunhas das tendencias emerxentes da producción artística portuguesa e estranxeiras actuais. Dividido en áreas distintas: Auditório Municipal, tenda gigante e espaços públicos (Cámara Municipal; Academia de Música do Alto Ave; Atelier de artes; edifício da Casa do povo e Espaço Internet). Preténdese que nestes espazos os artistas alicercen obras realizadas en diversos medios de expresión: escrita, pintura, desenho, escultura, fotografia, performance, música e audiovisual.

Coordinada pola artista plástica Adriana Henriques, as xornadas contarán coa presenza galega de poetas como Óscar Antón Pérez, Rafa Villar, Verónica Martínez, María N. Soutelo e Alberte Momán, o artista plástico e tamén poeta Anxo Pastor, ou o profesor universitario Carlos Quiroga.

 [Descargar programa]

Arriba

 

 

 

Desenvolveranse en cidades e vilas do país ao longo deste ano

Diferentes actividades homenaxearán a figura de Curros Enríquez no centenario do seu pasamento

 

(19-Abril-2008)

 

Actividades itinerantes para lembrar a Curros Enríquez no centenario do seu pasamentoGalicia rende homenaxe a Curros Enríquez no centenario do seu pasamento. A Consellería de Cultura e Deporte e os concellos de Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago e Pontevedra organizan o programa Centenario Curros Enríquez, no que o escritor é homenaxeado cunha serie de actividades que se desenvolverán en cidades e vilas galegas ao longo deste ano. As actividades arrancan o 25 de abril na Coruña coa inauguración da exposición Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso.

Forman o programa unha exposición sobre a figura de Curros Enríquez, un ciclo de conferencias, un recital poético-musical, un concerto dun cuarteto de corda, e a representación teatral dunha obra escrita por Curros. Tamén se creará un documental e unha unidade didáctica dirixida aos centros escolares.

Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso trátase dunha mostra para o exterior, que se inaugurará o 25 de abril na zona do Obelisco, na Coruña. A exposición fai un percorrido pola significación literaria, social e política de Curros. Está mostra percorrerá despois outras cidades galegas.

Xunto á exposición desenvolverase un ciclo de cinco conferencias co título Curros e o seu tempo. Na Coruña celebrarase en maio, e está previsto que logo se traslade a outras cidades. O ciclo consta de cinco conferencias. Francisco Rodríguez Sánchez falará sobre A vixencia da obra de Curros. Laura Mariño e Diego Pardo disertarán sobre Curros Enríquez e a Igrexa do seu tempo. Manuel Rei Romeu afrontará o tema Curros fronte ao poder establecido. Pilar García Negro tratará A defensa da lingua galega en Curros Enríquez, e Elisardo Varela falará de Curros en Cuba.

Desde outras disciplinas tamén se homenaxeará a Curros, o compositor Paulino Pereiro presentará o 18 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña un concerto con composicións creadas para conmemorar o Centenario. Un recital poético-musical percorrerá as cidades galegas e tamén a vila natal de Curros, Celanova. Co título Na fronte unha estrela, o espectáculo estrúturase arredor de poemas e cantigas líricas baseadas nos seus textos. As pezas serán interpretadas pola mezzosoprano María José Ladra e o barítono e recitador Antón de Santiago, autor tamén do guión do espectáculo. A parte instrumental correrá a cargo do grupo Cítola.

O grupo de teatro amador Achádego porá en escena unha adaptación de O divino sainete realizada por Marica Campo. Nesta versión, o texto escrito hai 120 anos actualízase para amosar a súa vixencia no presente.

Os organizadores encargaron tamén a realización dunha produción audiovisual sobre Curros Enríquez. O documental, realizado por Carlos Oro, centrarase nos aspectos máis salientables da súa vida, da súa obra e da súa actividade política. Tamén se achegará ao escultor Asorey e o monumento a Curros nos Cantóns da Coruña.

Estas actividades previstas pretenden achegar a figura do poeta a todos os públicos, nesta liña creouse unha unidade didáctica para o alumnado da ESO e Bacharelato co título A volta a Curros en oito actividades.

Arriba

 

 

 

A promoción da industria cultural é un dos obxectivos prioritarios na liña de actuación prevista pola Asociación Galega de Editores para o ano 2008

18 editoriais galegas amosarán as súas novidades na Feira do Libro de Buenos Aires

 

(19-Abril-2008)

 

334ª Feira do libro de Buenos AiresA produción editorial galega estará presente na XXXIV Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, dentro do expositor organizado pola Asociación Galega de Editores en colaboración coa Consellaría de Cultura e Deporte. Do luns 21 de abril e ata o luns 12 de maio, os asociados poderán amosar as súas novidades no stand da AGE e algúns representantes das editoriais se desprazarán ata Arxentina para establecer contactos con diferentes actores do sector.

A obra presente no expositor da AGE corresponde ás editoriais Everest Galicia, Edicións Xerais de Galicia, Rodeira – Edebé, Edicións Positivas, Edicións Tambre – Luis Vives, Sotelo Blanco Edicións, Biblos Clube de Lectores, Editorial Galaxia, Ideaspropias Editorial, Ir Indo Edicións, A Nosa Terra, Edicións do Cumio, Nova Galicia Edicións, Toxosoutos, Editorial Linteo, Kalandraka Editora, Faktoría K de Libros e Editorial Laiovento.

A Feira Internacional do Libro de Buenos Aires é un dos encontros latinoamericanos con maior número de actividades, non só para os profesionais do sector editorial senón tamén para o máis de millón de lectores de tódalas idades e diferentes partes do mundo que está previsto que asistan. Así, nesta edición haberá mesas redondas, conferencias e diálogos con prestixiosos intelectuais arxentinos e invitados do exterior; presentacións de libros; espectáculos; talleres; celebracións de días de países e provincias; e actividades para a familia, mozos e nenos.

Está previsto que nesta edición participen máis de 1.500 expositores entre editoriais, librerías e distribuidoras de Arxentina e do exterior, institucións culturais e educativas, medios xornalísticos, representacións de países e stands colectivos. A ubicación da feira, como en anos anteriores, será o Predio Feiral de Buenos Aires, no distrito de La Rural, e os horarios serán amplos para acomodarse a tódalas necesidades.

 [Ver reportaxe completo na web da AGE]

Arriba

 

 

 

A exposición complétase cunha serie de actividades paralelas con obradoiros e conferencias

A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez

 

(17-Abril-2008)

 

A palabra e os días. Homenaxe a Xosé Mª Álvarez BlázquezA Casa Galega da Cultura acolle dende o luns 21 de abril e ata o 25 de maio a exposición A palabra e os días. Homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez, organizada por Editorial Galaxia e patrocinada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

O visitante poderá achegarse a obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez a través do material bibliográfico exposto, tanto da súa autoría como da súa faceta de editor, e a súa vida a través dos obxectos persoais e as pezas dos fondos da familia Álvarez Blázquez. Esta exposición pretende achegar aos visitantes á súa figura atendendo ás súas múltiples facetas vitais e creativas.

Nesta homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez é unha viaxe pola súa vida desde o seu nacemento en Tui ata a súa morte en Vigo. É, dalgunha maneira, unha viaxe pola Galicia do século XX, unha terra ferida, coma o propio Xosé María tralo fusilamento do pai polos fascistas no 36, pero que quixo erguerse do seu sono, loitando contra da escuridade, a través da edición de libros fermosos, a través de palabras deitadas á roseira do mencer, batallando contra os ruíns, abrindo canles segredas para que entrase a luz e fluíse o vento.

A inauguración da exposición terá lugar o luns 21 de abril, ás 12.00 h. Contará coa participación de Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura; Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura de Vigo; Francisco Fernández del Riego, director da Biblioteca Penzol; Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Francisco Castro, comisario da exposición.

Paralelamento, a exposición contará cun ciclo de conferencias e obradoiros de arqueoloxía e cantigas medievais galegas.

 [Máis información e programa]

Arriba

 

 

 

O certame está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e os 30 anos

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade convoca GZ Crea 08 para creadores novos

 

(16-Abril-2008)

 

GZ Crea 08A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de relato, poesía, banda deseñada, teatro, artes plásticas, moda, música, videocreación, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.

Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2008.

Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade, ou por modalidade no seu caso, establecendose os seguintes premios por especialidade (teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias):

- Un primeiro premio de 3.000 euros

- Un segundo premio de 1.500 euros

- Un terceiro premio de 1.000 euros

Con carácter xeral, poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades a aquelas obras que, a xuízo da comisión seleccionadora, acaden calidade bastante. Así mesmo, poderanse conceder mencións de honra que carecerán de dotación económica, ás obras dos/as participantes menores de idade para os efectos de recoñecemento da súa participación.

Na edición do pasado ano os gañadores foron:

En relato:

- 1º Mónica Fernández Armesto, pola obra A vida que me debes.

- 2º Paulo Martínez Lema, pola obra O profeta.

- 3º Gerardo Neira Pereira, pola obra A lenda do comebrasas.

En poesía:

- 1º María Arce Barreiro, coa obra A máquina de horas.

- 2º Alba Cid Fernández, coa obra Versomancia.

- 3º (Compartido) Silvia Penas Estévez, coa obra A tiranía do des e Silvia Díaz Iglesias, coa obra De carne e gozo.

En banda deseñada:

- 1º Declarado deserto polo xurado.

- 2º D. Jerónimo Piñeiro de Castro, pola obra Teo vai ó inferno.

- 3º Brais Rodríguez Verde, pola obra A casa de mamá.

 

 [Máis información e bases]

Arriba

 

 

 

Miguelanxo Prado, David Rubín e 'Barsowia' serán protagonistas de tres das sete mostras previstas para o evento

Trinta creadores galegos estarán presentes no 26e Saló Internacional del Còmic de Barcelona

 

(15-Abril-2008)

 

26º Salón Internacional del Cómic de BarcelonaAs últimas novidades da banda deseñada galega daranse a coñecer na cita máis importante do cómic no eido estatal, o Saló Internacional do Cómic de Barcelona, que terá lugar do 17 ao 20 de abril. Máis de 30 creadores do país, mostras, presentacións, mesas redondas e sinaturas promocionais encherán o programa de actividades do encontro, que volverá contar cun stand propio da Consellería de Cultura e por primeira vez cun de venda. Neste stand terá cabida unha exposición de publicacións, que reúne máis de setenta títulos de autores galegos editados ao longo dos últimos anos por empresas e colectivos de Galicia e foráneos. Ademais de acoller presentacións e sinaturas de obras, este espazo funcionará tamén como punto informativo cara ao público e ás editoras interesadas nos traballo da BD galega.

Por primeira vez, Galicia terá cun stand de venda da banda deseñada galega no que participan dez entidades entre editoras, asociacións e autores independentes do país e que porán a disposición do público máis de medio cento de publicacións. Este novo espazo é unha proposta da Mesa da Banda Deseñada.

Entre o material promocional que se achegará a Barcelona destaca o folleto ‘ABC BD’ elaborado polo Consello da Cultura Galega e que fai un repaso do panorama actual da BD galega a través de autores, obras, editoras, colectivos, distribución... Así mesmo, tamén estarán dispoñibles outras publicacións de carácter informativo como 5 anos de BD, un folleto co programa das actividades galegas e o catálogo da exposición Dez anos de BD galega.

Entre os máis de 30 creadores galegos viaxarán ata Barcelona para amosar a banda deseñada galega están Alberto Guitián, Jacobo Fernández, Kiko Da Silva, David Rubín, Bartolomé Seguí, Miguel Porto, GoChi, Norberto Fernández, Fausto, David Lorenzo, Mariano Casas, Hugo Covelo, Miguelanxo Prado ou Victor Rivas e que representan aos colectivos BD Banda, Cerditos de Guinea Cómics, El Patito Editorial, Faktoría K, Fuck Cómics, Las historias de Mariano, Polaqia e Retranca.

E como froito dos premios acadados o pasado ano polos nosos autores Miguelanxo Prado, David Rubín e o fanzine ‘Barsowia’, do colectivo Polaqia, a organización do 26º Saló Internacional do Cómic de Barcelona decidiu organizarlles tres das sete mostras previstas para o evento.

 [26e Salò Internacional del Còmic de Barcelona]

Arriba

 

 

 

Xosé Neira Vilas lerá o pregón nunha feira do libro que busca a súa consolidación

II Feira do Libro de Lalín

 

(15-Abril-2008)

 

II Feira do Libro de LalínFiguras de primeira liña como Xosé Neira Vilas, Xosé Luna e Miguel Anxo Fernán-Vello estarán na II Feira do Libro de Lalín, que se celebrará entre os días 17 a 20 abril na Praza da Igrexa de Lalín. A estes nomes uniranse outros autores como Ruth Gómez, doutora en Pedagoxía Terapéutica do CHUS e experta en literapia (terapia a través da literatura); o historiador Xoán Carlos García Porral; o ensaísta Clodio González, a gañadora do Premio Xerais 2005, Teresa Moure, e o gañador do Premio Gourmand 2007, Flavio Morganti.

Con esta segunda edición a Feira do Libro, organizada polo Concello de Lalín, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, cos libreiros locais e co Casino de Lalín, consolídase como unha cita anual estable dentro da programación cultural do Concello de Lalín.

O certame contará cun total de 11 libreiros reunidos en 10 casetas, das que unha estará dedicada ao libro de ocasión. A relación de participantes é a seguinte: librerías de Lalín (Alvarellos, Álvarez, Carpi, Dalvi e Raíces), Concello de Lalín, Libraría Pedreira (Santiago), Gran Enciclopedia Galega, Libraría Cartabón (Vigo), Libraría Aenea (Santiago) e A Serpe Edicións Bibliofilia. Os horarios en que estará aberta a feira son: o xoves e o venres de 11.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 21.30 h., e o sábado e o domingo de 11.00 h. a 14.30 h. e de 17.30 h. a 21.30 h.

A inauguración efectuarase co pregón de Xosé Neira Vilas, o xoves, ás 19.00 h. Entre as actividades complementarias que se celebrarán durante eses días destaca unha exposición de “O Principiño” no Casino de Lalín, que se desenvolverá en colaboración coa Fundación Carlos Casares. A clausura oficial terá lugar a unha da tarde do domingo cun concerto-espectáculo da Banda Infantil de Lalín. Pero na tarde do domingo proseguirán as actividades coa presentación e sinatura de libros de Flavio Morganti -Vacas, a súa dignificación sexual e gastronómica (Everest Galicia). Todos os días se sorteará ao final da tarde un lote de libros.

 [Ver programa na Axenda]

Arriba

 

 

 

O poeta Xosé María Álvarez Cáccamo recibiu o galardón ao mellor autor. O resto dos premiados foron O señor Lugrís e a negra sombra, De provincia a Nación, os suplementos culturais do Faro de Vigo, PEN Clube de Galicia, a libraría Trama e o IES de Sanxenxo

Entregados os XVII Premios Irmandade do Libro

 

(14-Abril-2008)

 

Premios Irmandade do Libro 2008A Federación de Libreiros de Galicia entregou o pasado sábado no Clube Náutico de Sanxenxo os XVII Premios Irmandade do Libro, para as obras publicadas ao longo do pasado ano.

Como xa estaba anunciado, o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo recibiu o galardón ao mellor autor.

No resto das categorías os premiados foron:

- O libro do ano 2007: O señor Lugrís e a negra sombra (Xerais) de Luis rei Núñez.

- A obra editorial do ano: De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Xerais) de Xusto Beramendi.

- Medios de comunicación e novas tecnoloxías: os suplementos culturais e pedagóxicos de Faro de Vigo.

- A actividade desenvolvida por unha institución en prol da lectura: O Pen Clube de Galicia.

- Libraría: libraría Trama de Lugo.

- Centros de ensino: o I.E.S. de Sanxenxo.

O xurado estivo composto polo Presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xaime Carlos Corral Prieto, o secretario Xurxo Patiño, a Delegada da Consellería de Cultura e Deporte en Pontevedra, Mª Xesús López Escudeiro, a escritora Inma López Silva, o profesor Luciano Rodríguez Gómez, a bibliotecaria Isabel Blanco Prado e o libreiro Rafael Silva Costoya.

Arriba

  

 

A obra gañadora será publicada ao longo do mes de agosto

La Voz de Galicia convoca o oitavo premio de Novela por entregas

 

(14-Abril-2008)

 

La Voz de GaliciaLa Voz de Galicia e Canal Voz convocan por oitavo ano consecutivo o premio de Novela por Entregas que, en colaboración con Ámbito Cultural de El Corte Inglés e dotado con 6.000 euros, servirá para seleccionar a obra que se ofrecerá por capítulos no xornal ao longo dos 31 días de agosto.

No premio de Novela por Entregas poderán participar todas as persoas que presenten unha novela inédita e que non opte a outros concursos, escrita en galego, que conste de 31 capítulos destinados á súa publicación diaria en agosto do 2008. Cada capítulo terá exactamente a mesma extensión, que se fixa en 3.500 caracteres, con espazos incluídos. As obras presentaranse ata o 22 de maio por triplicado.

Nos últimos anos os gañadores do premio de Novela por Entregas foron Acio sanguento (Xerais) de Carlos Freire, Non quero ser Doris Day (Biblos) de Inma López Silva, Game Over (Biblos) de Santiago López e Habitación 202 de Concha Blanco, gañadora na pasada edición.

 [Máis información]

Arriba

 

 

 

Será o día 15 de abril ás 12.00 h.

O Consello da Cultura Galega presenta un anuario onde se recollen os datos existentes no sector cultural galego

 

(13-Abril-2008)

 

Consello da Cultura GalegaO 'Anuario de Estatísticas Culturais 2006', elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, será presentado públicamente o día 15 de abril ás 12.00 h. no salón de actos do CCG. Trátase da primeira síntese estatística que compila, sistematiza e estrutura os datos existentes para o sector cultural galego. No acto intervirán: Ramón Villares, Presidente do CCG; Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte; José Colino, Director Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios da Consellería de Economía e Facenda, e Ángel Luís Tarrío Tobar, director do Instituto Galego de Estatística.

O anuario, promovido pola Consellería de Cultura e Deporte recolle as principais magnitudes estatísticas sobre o sector cultural en Galicia procedentes de diferentes fontes dispoñibles para o ano 2006. O traballo, de catrocentas páxinas, aporta unha base de coñecemento cuantitativo que permite unha visión xeral do sector, o coñecemento das principais variables nos últimos anos e a comparación con datos referidos ao conxunto español ou a outras comunidades autónomas.

O traballo está estruturado en dúas grandes áreas. A primeira recolle de xeito agregado as estatísticas e indicadores que afectan transversalmente o conxunto do sector cultural. Figuran aí os datos referidos a: empresas culturais; gasto público en cultura; emprego cultural; consumo, prácticas e hábitos culturais, ensinanzas do ámbito cultural e lingua.

A segunda área de traballo estrutúrase con base nas dimensións en que se clasifica o sector cultural. A saber: patrimonio cultural, arquivos, bibliotecas, libros e publicacións periódicas, artes visuais, arquitectura, artes escénicas e musicais, audiovisual e cultura científica.

Arriba

  

 

A obra presentarase dentro das actividades do Salò do Cómic de Barcelona na Galería Sargadelos da cidade condal

Presentan As aventuras de Cacauequi, gañadora da última edición do premio de banda deseñada "Castelao"

 

(13-Abril-2008)

 

Publicación de 'As aventuras de Cacauequi'O cómic de Jacobo Fernández Serrano As aventuras de Cacauequi, obra gañadora da última edición do premio de banda deseñada "Castelao", foi presentado o pasado venres na sede da Deputación da Coruña, durante un acto que contou coa presenza do presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda; do coordinador do certame, Miguelanxo Prado, do responsable da empresa editora, Fausto Isorna e do autor do libro, Jacobo Fernández.

Segundo explicou Fernández Moreda editaranse un total de 4.700 exemplares do libro, dos cales 2.700 estarán en galego e 2.000 en castelán. A edición en galego pode encontrarse xa en máis de 120 librerías de toda Galicia. Ademais, Aventuras de Cacauequi presentarase o próximo día 19 na Galería Sargadelos de Barcelona e dentro do calendario de actividades do salón do cómic da Cidade Condal. Como en anteriores edicións, a Deputación da Coruña organizará unha exposición da obra gañadora, que percorrerá dez institutos de secundaria da provincia.

Jacobo Fernández cualificou a súa obra como "unha historia de amor non común, con doses de terror e ás veces inquietante, que se desenvolve nun mundo fantástico, pero moi cuspido ao real".

Arriba

 

 

 

O fallo dos premios será o sábado 7 de xuño na Illa de San Simón

Máis de 100 obras presentadas aos Premios Xerais 2008

 

(11-Abril-2008)

 

Premios Xerais 2008Onte pechouse a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2008. O número de participantes de cada unha das modalidades é o seguinte:

- XXVº Premio Xerais de Novela: 54

- XXIIIº Premio Merlín de Literatura Infantil: 32

- IIIº Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil: 28

 

A composición dos xurados darase a coñecer durante o mes de maio. Os premios Xerais para o ano 2008 ten unha dotación de: Premio Xerais de Novela, 25.000 euros; Premio Merlín de Literatura Infantil: 10.000 euros ; Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil: 10.000 euros.

Na pasada edición os libros gañadores foron Cardume (Xerais de Novela) de Rexina Vega, Illa Soidade (Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil) de An Alfaya e Minimaladas (Premio Merlín de Literatura Infantil) de Carlos López.

Arriba

  

 

Don Avelino Pousa Antelo, o Museo do Pobo Galego, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! e o Laboratorio de Formas de Galicia son bos e xenerosos

Homenaxe dos Escritores Galegos á Asociación Socio-Pedagóxica Galega

 

(09-Abril-2008)

 

Os bos e xenerosos 2008No ano 2004 a Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg) puxo en marcha a homenaxe Os bos e xenerosos, un acto de recoñecemento da figura dun escritor/a ou colectivo que contribuíse a unha maior difusión pública da cultura galega desde o compromiso vital con Galicia. Este 2008, a homenaxe alcanza os cinco anos de vida co tributo que se renderá á Asociación Socio-Pedagóxica Galega pola traxectoria dun movemento de renovación pedagóxica pioneiro, con trinta anos de actividade ininterrompida: formación docente, publicación de materiais didácticos, promoción de espectáculos audiovisuais, elaboración de estudos sociais, implicación decisiva no proceso de normalización lingüística, etc.

Son bos e xenerosos Don Avelino Pousa Antelo (2004), o Museo do Pobo Galego (2005), a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! (2006) e o Laboratorio de Formas de Galicia, singularizado na persoa de Don Isaac Díaz Pardo (2007).

A data da homenaxe será o vindeiro sábado 12 de abril, a partir das 11.45 h., no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (Rúa Valle-Inclán, s/n).

O programa de actos comezará cunha actuación musical a cargo do dúo de corda “Noite na auga”. Seguirá a lectura da acta de concesión do Premio, por parte da secretaria xeral da Aelg Mercedes Queixas Zas, e a laudatio que pronunciará Francisco Rodríguez Sánchez. Intervirá a continuación Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Aelg coa entrega dunha placa conmemorativa ao colectivo homenaxeado, e pechará a resposta á laudatio o presidente da AS-PG Xoán Costa Casas. Ás 14.30 h. está previsto un xantar no Restaurante do Hotel Porta do Camiño.

Arriba

 

 

 

Entre os días 16 e 19 de abril Ferrol convertirase nun grande poemario

A Palabra Encarnada. I Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol

 

(08-Abril-2008)

 

A palabra encarnada. I Semana de Poesía Salvaxe de FerrolUnha semana que son catro días. Unha semana de axitación poética na que dez artistas percorrerán as rúas, prazas, mercados e capelas da cultura de Ferrol, megáfono en man, para elevar a voz ancestral da poesía sobre o ruído cotián, para reivindicar a forza da oralidade sobre o texto domesticado.

Importa a emoción compartida, importa a potencia expresiva, e importan ambas por enriba de todo estilismo, fronteira ou disciplina. Por iso a nosa semana incorpora o ouveo, a carnalidade, o ritmo e a imaxe nun mix que só persigue a confusión. Porque xa se sabe: da confusión e a calor brotaron as formas elementais...

Entre os días 16 e 19 de abril Ferrol convertirase nun grande poemario por onde desfilarán, en diferentes manifestacións poéticas, Guillermo Ferrández e Carlos González ('Karlotty'), María Lado e Lucía Aldao, Víctor Díez, David González, Camilo Franco acompañado de Magín Blanco, O Leo, Estevo Creus e Carlos Oroza acompañado por Carlos Vilas.

Os cineastas e ferroláns Rubén Coca e Pablo Portero gravarán cos seus dispositivos de vídeo para un tempo despois devolvernos a súa mirada sobre o evento.

 [Programa]

Arriba

  

 

Mírote, de Susana Folgueiras, foi a gañadora do primeiro concurso de microrrelatos eróticos

Vieiros recompila os microrrelatos eróticos do concurso Ferve a Rede

 

(08-Abril-2008)

 

Ferve a Rede 2008A lingua galega usouse para o sexo dende antigo, dende aquel Quantas sabedes amar amado/ treides comig'a lo mar levado/ e banhar-nos-emos nas ondas de Martín Códax. Por iso, para estimular a imaxinación (e algo máis) e impulsar o xénero do relato erótico, non sempre recoñecido, Vieiros, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou o concurso Ferve a Rede de microrrelatos.

Ao concurso presentáronse máis de 290 relatos, dos que saiu como gañador Mírote, de Susana Folgueiras. O segundo premio, o dos lectores de Vieiros, foi parar a Susanamoo, co seu relato A papuxa na caluga.

Unha vez rematado o concurso, Vieiros recompila todos os relatos presentados en Ferve a Rede 2008, nun cómodo formato para botar unha ollada ao erotismo literario galego.

 [Ferve a Rede 2008]

Arriba

 

 

 

A finalista foi Rocío Leira con As sete tristes notas do meu vals

O X premio Ánxel Fole de narración curta vai para Francisco Rozadas polo seu O vestiario máxico

 

(07-Abril-2008)

 

X edición do certame Ánxel FoleO xurado do premio Ánxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo ofreceu hoxe o resultado da súa deliberación de onte sobre os dous gañadores nas dúas categorías. Nesta décima edición presentáronse ao concurso de narración curta 38 obras en galego e 50 en castelán.

En galego as obras gañadoras foron, en primeiro lugar, O vestiario máxico do abade do pontevedrés Francisco Rozadas e como segundo Rocío Leira, de Cee, coa obra As sete tristes notas do meu vals.

Na categoría de castelán resultaron gañadores Miguel Ángel López Alba, de Guadalajara, coa obra El cepillo de dientes e Juana Cortés, de Alcorcón, polo relato La misma luz, los mismos colores, en primeiro e segundo lugar, respectivamente.

O certame está dotado, en cada unha das modalidades, con dous premios de 1.000 e outros dous de 500 euros, para o primeiro e o segundo clasificado en cada unha das categorías. Os premios Ánxel Casal están xa consolidados como un premio suficientemente importante a xulgar polo número de participantes, que é moi elevado todos os anos. De feito, esperta moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. Para darlle máis relevancia ao premio, e seguindo o costume dos últimos anos, publicaranse os 4 relatos gañadores para darlle maior distribución ás obras.

O xurado da categoría de galego estivo formado por Xosé Luís Vázquez Somoza, primeiro premio en galego da IX edición; José Manuel Núñez Blazquez, presidente de Ágora Cultural e deseñador gráfico; Manuel Celso Matalobos, vicedirector do IES Lucus Augusti. Do traballo gañador destacaron “o discurso Cunqueirano, a súa riqueza de vocabulario e a súa calidade literaria”. Do segundo clasificado destacan como un relato tan breve pode enganchar ao lector pola súa poesía, a súa lírica e a súa densidade.

Na categoría de relatos en castelán actuaron como xurado María Luisa Rodríguez López, profesora do IES Virxe dos Ollos Grandes, o escritor Francisco Javier Reija, e o director do proxecto Esperta-Zoe, Rubén Pérez Pombo.

Do gañador do certamen destacaron a calidade narrativa, a súa orixinalidade, forza expresiva e técnica revolucionaria. Do segundo clasificado destacaron o profundo lirismo que transmite.

Arriba

  

 

A historia comeza na Coruña de preguerra para continuar no exilio en Francia

Inma López Silva, gañadora do Premio Blanco Amor

 

(06-Abril-2008)

 

Inma López Silva, gañadora do Premio Blanco Amor 2008Memorias da cidade sen luz, da escritora compostelá Inma López Silva, foi elixida obra gañadora do Premio Blanco Amor de Novela Longa 2008 cunha obra ambientada na Coruña pre-Guerra Civil e que continúa pola Europa da postguerra.

O xurado, que se reuniu onte en Lugo para dar a coñecer ao premiado, estivo formado polos escritores Xesús Rábade Paredes, Marica Campo e Isidro Novo, máis os críticos literarios Ramón Nicolás e Dolores Vilavedra.

Inma López Silva suma este galardón aos acadados na súa longa carreira literaria. Con só 24 anos foi a segunda muller en gañar o premio Xerais de Novela con Concubinas; agora é a terceira en gañar o Blanco Amor tras Dolores Ruíz Gestoso e Úrsula Heinze. A este dato fixo referencia na rolda de prensa do premio.

O Premio Blanco Amor está patrocinado por 75 concellos galegos e está considerado como o máis importante da narrativa en lingua galega cun importe que supera os 12.000 euros. Desde a súa creación no ano 1981, o Blanco Amor foi gañado por escritores da relevancia de Alfredo Conde, Lois Diéguez, Fran Alonso, Suso de Toro, Francisco Castro, Xosé Carlos Caneiro, Úrsula Heinze ou Séchu Sende.

 

Arriba

 

 

 

Os membros do xurado destacaron o alto nivel da tradución galega

Ánxela Gracián gaña o VII Premio Plácido Castro pola súa tradución de A illa misteriosa, de Jules Verne

 

(06-Abril-2008)

 

Ánxela Gracián gañadora do VII Premio de Tradución Plácido CastroO xurado do VII Premio de Tradución Plácido Castro, reunido onte á mañá en Vilagarcía de Arousa, decidiu outorgarlle o premio Plácido Castro 2007 a Ánxela Gracián pola tradución d'A illa misteriosa de Jules Verne. O xurado salientou que esta tradución consegue recrear con excelencia un espazo histórico-social do século XIX e adaptalo á actualidade galega. A maiores, quixo destacar moi especialmente a calidade lingüística do texto, en concreto no que se refire á fraseoloxía e léxico de xenea galega e á adaptación á sensibilidade dos lectores galegos actuais.

Na rolda de prensa celebrada ao termo da reunión, os membros do xurado salientaron a calidade das obras e das traducións presentadas este ano, así como a variedade de xéneros e de idiomas dos textos orixinais. Segundo Carlos Arias, nesta edición quedou patente que a tradución galega se atopa xa “nas máis altas cotas”, resultado de que “algo se está a mover Galicia, tanto a nivel dos creadores, como dos apoios que se están a dar dende a administración e outros sectores para que isto suceda”.

Tanto a obra gañadora como as restantes, pasan a engrosar o fondo de traducións ao galego da Biblioteca Virtual BIVIR, composto na actualidade por 150 textos de distintos xéneros e linguas e aos que se pode acceder a través da súa páxina web.

O Premio de Tradución Plácido Castro nace coa filosofía que rexeu a traxectoria profesional do propio Plácido Castro del Río e que se resumía en que recuperar a lingua era un xeito de recuperar a cultura. E para recuperar esa lingua, a tradución, que el practicou, era un excelente medio. O premio está convocado pola Asociación de Traductores Galegos, a Fundación Plácido Castro del Río e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).

[Ver a acta do xurado]

Arriba

  

 

Estes premios foron celebrados en Huelva por mor do cincuenta aniversario do pasamento do poeta Juan Ramón Jiménez

O señor Lugrís e a negra sombra e Vigo, Premios da Crítica

 

(06-Abril-2008)

 

Premios da CríticaNunha cerimonia celebrada en Huelva déronse a coñecer os gañadores dos Premios Nacionais da Crítica. Estes premios queren destacar as mellores obras literarias nas categorías de narrativa e poesía publicadas no Estado Español durante o ano anterior nas catro linguas do Estado. En Galicia estes premios son propostos pola Sección de Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Os premiados en galegos son O señor Lugrís e a negra sombra (Xerais) de Luis Rei Núñez en narrativa e Vigo (Galaxia) de Helena de Carlos en poesía.

En O señor Lugrís e a negra sombra o escritor coruñés combina a biografía e a ficción para construír un relato en torno ao pintor galego Urbano Lugrís. A obra, que recorre ao coñecido pretexto do 'manuscrito encontrado', recrea o universo mítico do pintor, así como de numerosos personaxes, reais ou de ficción.

Vigo é un libro dedicado a esta cidade, de xeito elexíaco e ecos clásicos, escrito con un verso elegante e equilibrado. O tempo e a memoria son dous elementos moi presentes neste poemario no que a autora plasma a súa voz íntima e persoal.

Nas restantes linguas os premiados foron:

- Castelán: Crematorio (Anagrama) de Rafael Chirbes en narrativa e Hilos (Tusquets) de Chantal Maillard en poesía.

- Catalán: L'home manuscrit (Edicions Proa i Moll), de Manuel Baixauli e Casa de Misericòrdia (Proa), de Joan Margarit en poesía.

- Éuscaro: Antzararen bidea (Alberdania) de Jokin Muñoz en narrativa e Jainkoa harrapatzeko tranpa (Pamiela) de Jon Gerediaga en poesía.

Na edición do pasado ano os gañadores foron Os libros arden mal (Xerais) de Manuel Rivas e A esmeralda branca (Follas Novas) de Manuel Vilanova.

Arriba

 

 

 

Os traballos de investigación sobre nacionalismo galego e a difusión da cultura galega no exterior foron algúns dos méritos alegados polo xurado á hora de conceder os premios

Xusto Beramendi e Xosé Lois García premiados na edición do 2008 dos Pedrón de Ouro e Honra

 

(06-Abril-2008)

 

Xosé Lois García e Xusto BeramendiA Fundación Pedrón de Ouro deu coñecer os gañadores do 2008 dos premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, que ten como finalidade a de distinguir a personaxes ou entidades comprometidas coa cultura galega dentro e for a de Galicia.

Do escritor, docente e investigador Xusto Beramendi, que o pasado ano publicou a extensa De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Xerais), o xurado destacou a súa figura como "investigador rigoroso da historia do nacionalismo galego" á hora de lle declarar gañador do Pedrón de Ouro 2008.

As actividades no exterior do chantadino Xosé Lois García en prol da difusión e o coñecemento da cultura galega foi algúns dos méritos que resaltou o xurado á hora de destacar os méritos que levaron á concesión do escritor e poeta do Pedrón de Honra 2008. Xosé Lois García ven de publicar recentemente unha Antoloxía dos poetas galegos en Cuba (Toxosoutos).

A entrega dos premios celebrarase o 12 de maio nun acto na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón.

Arriba

  

 

O xurado do premio está conformado polos alumnos do IES Rosalía de Castro xunto cos estudantes de catro instituos máis, un por cada provincia

XIV Edición dos premios de narrativa Juan de San Clemente

 

(02-Abril-2008)

 

 XIV Edición dos premios de narrativa Juan de San ClementeHoxe ao mediodía déronse a coñecer os finalistas da XIV Edición dos premios de narrativa Juan de San Clemente, organizado polo IES Rosalía de Castro. Unha das características destes premios é o xurado, formado polos alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela máis catro institutos, un por cada unha das provincias galegas. O premio está organizado en tres modalidades: novela galega, novela castelán e novela estranxeira. Cada unha delas está dotada con 9000 € e un premio.

Finalistas

Novela Galega

          - Así nacen as baleas (Galaxia) de Anxos Sumai.

          - Mentres a herba medra (Galaxia) de Xesús Rábade.

          - Cardume (Xerais) de Rexina Vega.

Novela Castelán

          - Hoy Júpiter (Tusquets) de Luis Landero.

        - Crematorio (Anagrama) de Rafael Chirbes.

          - La muerte lenta de Luciana B. (Destino) de Guillermo Martínez.

Novela Estranxeira

        - Arthur e George (Rinoceronte) de Julian Barnes.

         - Terrorista (Xerais) de John Updike.

         - Zapatos italianos (Tusquets) de H. Mankell.

Os fallos definitivos dos premios darase a coñecer no vindeiro mes de xuño.

 

Arriba

 

 

 

Abertas as novas edicións dos premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde

Convocados os premios para textos dramáticos do IGAEM

 

(02-Abril-2008)

 

Premios a textos teatrais do IGAEMCo fin de incentivar a creación literaria no ámbito do teatro, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), convoca a XVII edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, a III edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e a VI edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.

Existirá un único galardoado por premio (e modalidade, no caso do premio Barriga Verde) cunha dotación económica de 6000 € por cada unha das categorías.

A decisión do xurado producirase antes do 24 de outubro de 2008 e darase a coñecer por resolución do Consello Reitor a través dos medios de comunicación ou ben en acto público. Os galardoados deberán aceptar de forma expresa a concesión do premio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da comunicación. Transcorrido este prazo sen comunicar a aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Na edición do pasado ano resultaron gañadores Roberto Salgueiro González coa obra Historia da chuvia que cae todos os días e Carlos Losada Galiñáns co texto Game over son os gañadores, respectivamente dos Premios Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais e Manuel María de Literatura Dramática Infantil. No apartado Barriga Verde quedaron desertos os premios en ambas a sdúas categorías.

[Ver convocatoria no DOGA]

Arriba

  

 

Este premio de tradución é o único destas características existente en Galicia

O xurado do VII Premio de Tradución Plácido Castro reúnese o sábado en Vilagarcía de Arousa

 

(02-Abril-2008)

 

VII Premio de Tradución Plácido CastroO fallo do VII Premio de Tradución Plácido castro emitirase este ano desde Vilagarcía. Será o sábado, 5 de abril, unha vez rematada a reunión do xurado do premio a partir das 12 do mediodiía no Concello. O premio está convocado pola Asociación de Traductores Galegos, a Fundación Plácido Castro del Río e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).

O xurado estará presidido por Xosé Luís Axeitos Agrelo, en representación da Real Academia Galega; Carlos Arias Iglesias, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia; Xosé Castro Ratón, do Concello de Vilagarcía e da Fundación Plácido Castro; Xoán Manuel Garrido Vilariño, da Universidade de Vigo; Xosé María Gómez Clemente, da Asociación de Tradutores Galegos; e Alberto Álvarez Lugrís, que actúa en calidade de secretario do xurado, con voz pero sen voto.

O Premio de Traducción Plácido Castro é o único desta natureza existente en Galicia, e érguese como un dos medios de expresión máis cabal da contemporaneidade do universalismo galego. O premio quere servir de estimulo para a incorporación ao galego non soamente das grandes obras da literatura universal, senón tamén do pensamento científico a todos os niveis, de xeito que se poida dispoñer na nosa lingua dos máis avanzados e sobresaíntes textos que forman parte do patrimonio da humanidade.

Entre as obras que compiten polo Premio de Tradución Plácido Castro do ano 2007 atópanse Kornél Esti (de Dezsõ Kosztolányi), traducida ó galego por Jairo Dorado, as traducións de Perfecto Andrade de Unha estación infernal (de Arthur Rimbaud) e Discurso da servidume voluntaria (de Étienne de la Boétie), A illa misteriosa (Julio Verne), traducida ao galego por Ánxela Gracián, O viaxeiro astral (Jack London) cuxo traballo de tradución asínao Xoán Abeleira e varios relatos curtos de Katherine Mansfield, pasados ao galego por Ana María Valladares.

En 2006 a entrega tivo como escenario o Auditorio de Vilagarcía. Ese ano o premio recaeu, a título póstumo en Xela Arias, pola tradución de O Spleen de París, de Baudelaire e en Moisés Rodríguez Barcia, por pasar ao galego O asasinato de Thomas de Quincey.

 

Arriba

 

 

 

Ao longo do mes de abril na Biblioteca Pública Municipal

Dan comezo as III Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra

 

(02-Abril-2008)

 

III Xornadas de Banda Deseñada de PontevedraA partires do primeiro de Abril, darán comezo as III Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra, nas que a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Asociación BD Banda, unen forzas no labor de participar na difusión do Noveno Arte.

Mantendo o mesmo esquema dos anteriores anos, as xornadas estructúranse en tres ramas. En primeiro lugar fanse eco da situación da Banda Deseñada Galega e para iso, este ano organizan unha conferencia retrospectiva do Premio Castelao, o máis importante de Galicia, reunindo aos tres gañadores ata o momento: David Rubín, Antonio Seijas e Jacobo Fernández. En segundo lugar e na liña de incidir na didáctica do cómic, Sergio García, autor e estudioso do medio á vez que profesor universitario de Belas Artes, ilustraranos sobre o proceso creativo no cómic, coa charla e a exposición Historia dunha Páxina. Finalmente, homenaxearase á revista satírica El Jueves polo seu 30 cumpleanos, coa exposición 30 anos en Portadas e cunha charla a cargo de JL Martín, editor e histórico da revista.

Como o ano anterior, as Xornadas compleméntanse coa proxección de películas onde a Séptima e a Novena arte atopan un nexo de unión, sexa a directa traslación dun medio ao outro, ou a lóxica continuación do repertorio dun determinado autor.

Como novidade de este ano serán os obradoiros de Banda Deseñada para cativos, concertados entre a Biblioteca Pública Municipal e diversas escolas municipais, e impartidos polos autores galegos Jacobo Fernández e Norberto Fernández. Para rematar, cabe suliñar que este ano as Xornadas cambian a súa ubicación é organízanse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal, sita na rúa Alfonso XIII, nº3.

[Programa de actividades]

Arriba

  

 

Migracións será publicada por Espiral Maior

Rafa Villar faise co XXIV Premio de Poesía Cidade de Ourense

 

(01-Abril-2008)

 

Rafa VillarO poeta ceense Rafa Villar venceu por unanimidade, coa obra Migracions, o XXIV Prémio de Poesia Cidade de Ourense, aberto a poetas portugueses e galegos.

O xurado resaltou a alta calidade dos traballos presentados. Da obra gañadora destacou "o carácter intenso e comprometido, asi como a música e ritmo interior que se inicia no primeiro poema e se mantén constante até ao final do libro".

Migracións será publicado contra finais de ano por Espiral Maior, editorial que xa publicou Miño, de Francisco X. Fernández Naval, obra gañadora na edición do pasado ano.

Rafa Villar, poeta e escritor, é responsábel do Departamento de Normalización Lingüística da CIG e publicou a pasado ano Memoria de Ahab na editorial Sotelo Blanco.

 

Arriba

 

 

 

O libro recolle as colaboracións de 51 ecritores e escritoras e estará acompañado dun CD das lecturas dos textos

Presentan Letras novas, froito das colaboracións recadadas pola AELG para o xornal Infoxove

 

(01-Abril-2008)

 

InfoxoveO vindeiro venres día 4 de abril, ás 12.00 h. na sé da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, vai ser presentado o libro Letras novas, que nace das colaboracións recadadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega durante o 2006-2007 para o xornal Infoxove, editado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Mes a mes, grazas á colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, deixou a pegada máis viva da literatura galega de hoxe na sección Letras novas.

Letras Novas naceu como un espazo ermo que a creación literaria de hoxe debería tomar e moldear para si, até converter a sección nun fluxo mensual de savia elaborada en que agromar palabras poéticas, pensamentos libres e reflexións internas. Mes a mes, as páxinas centrais de Infoxove acubillaron no seu seo a creación das escritoras e dos escritores máis noveis á par daqueloutros representantes das liñas literarias xermoladas con grande éxito nas dúas últimas décadas, no tempo de entre dous séculos.

O libro recompilatorio, que inclúe un CD coas gravacións das lecturas dos respectivos textos da voz dos 51 escritores e escritoras colaboradores, converte esta fotobiografía sonora nunha ocasión única para coñecérmolos na súa arte literaria, mais tamén desde a súa biografía persoal e bibliográfica e desde a súa propia voz, configurando un moi estimable arquivo sonoro.

No acto de presentación do libro estarán: Rubén Cela, director xeral de Xuventude e Solidariedade; Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega; Antía Otero, vicepresidenta da Asociación de Escritores en Lingua Galega e colaboradora do libro.

Os escritores e escritoras que aparecen no libro son: Antía Otero, María Lado, Lucía Novas, María do Cebreiro, Séchu Sende, Eduardo Estévez, María Reimóndez, Celso Fernández, Paco Souto, Rosa Aneiros, Iago Mouriño, Alicia Fernández, Teresa Seara, Eva Moreda, Elvira Riveiro, Alberte Momán, Francisco Castro, Inma López Silva, Rosa Enríquez, María Canosa, X.L. M. Pereiro, Marica Campo, Xosé M. Eyré, Paco de Tano, Estíbaliz Espinosa, Diego Ameixeiras, Laura Caveiro, Rafa Villar, Arsenio Iglesias, Lucía Aldao, Mario Regueira, Ledicia Costas, Samuel Solleiro, Iria L. Teijeiro, Suso Pensado, Xiana Arias, Xabier Xil, Oriana Méndez, Leo F. Campos, Brais González, Daniel Salgado, Verónica Martínez, Silvia Penas, Iago Castro, Olga Novo, Claudia Castro, Lorena Souto, Ana Cibeira, Yolanda López, Olalla Cociña e Emma Pedreira.

Arriba

  

 

O acto comezará no cemiterio de San Amaro e finalizará nos xardíns de Méndez Núñez

A Coruña abre o vindeiro sábado os actos de homenaxe a Curros Enríquez

 

(01-Abril-2008)

 

Coruña homenaxea a Curros EnríquezA concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, acompañada polo bibliotecario e arquiveiro da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, presentou onte o acto cívico Cortexo de Honra a Curros Henríquez que se realiza o vindeiro sábado 5 de abril. O acto comezará ás 17.30 h no cemiterio de San Amaro e finalizará no monumento de Francisco Asorey, nos Xardíns de Méndez Núñez, despois de varias paradas en distintos puntos do percorrido. A actividade, organizada polo Concello da Coruña e a Real Academia Galega, conta coa colaboración da Deputación da Coruña e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Na presentación do acto, María Xosé Bravo recordou que hai cen anos o cortexo fúnebre de Curros reuniu a miles de persoas nas rúas da cidade da Coruña "cunha capacidade de convocatoria só comparable entón á dos reis e caudillos". Tamén destacou que "xunto con Rosalía, Curros Enríquez é o poeta galego máis musicado", polo que as corais terán unha presenza fundamental na realización do cortexo do próximo sábado. Follas Novas, Cantigas da Terra, El Eco, e Toxos e Frores actuarán en distintos puntos do percorrido.

Está confirmada as intervencións de Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte e Javier Losada de Azpiazu, alcalde da Coruña.

 

Arriba

 

 

 

Lareira Literaria

Manuel Núñez Singala, Xoán Neira, Carlos Mosteiro e Biblos na Lareira Literaria de abril

 

(01-Abril-2008)

 

Lareira Literaria de AbrilNa Lareira Literaria deste mes contamos coa presenza de Xoán Neira, Carlos Mosteiro, Manuel Núñez Singala e Biblos Clube de Lectores.

Xoán Neira, tras a publicación de Farrapos de nube (Baía Edicións), publicará en breve Can de Palleiro, un libro de versos sobre animais. Para o público adulto traballa nun novo poemario, que posibelmente titularase Damnificados.

Carlos Mosteiro, tras gañar o premio O Barco con Unha bruxa ben rara (SM) con ilustracións de David Pintor, prepara a publicación de Patacas por estrelas, que conta a historia dun extraterrestre que chega á Terra na busca das famosas patacas novas de Roirás.

Manuel Núñez Singala está a espera de coñecer a sorte que lle depara ao seu último libro, Comedia Bífida (Galaxia), nomeada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega como un dos mellores libros do 2007 na categoría Teatro. Mentres, retoca as últimos relatos do seu novo proxecto, onde Singala non esconde a súa simpatía por autores coma Poe, Maupassant, Quim Monzó ou Horacio Quiroga.

Biblos Clube de Lectores lanzará nas vindeiras datas dous novos libros. Na colección Mandaio aparecerá Acompañamento para fuga, de Carlos Freire. Un libro de relatos cheos de misterio, sonoridades, humor e retranca. Para celebrar o Día Internacional do Libro o 23 de abril, sairá á venda Ferrol, un libro para bibliófilos onde se recollen sesenta acuarelas de Miguel Fernández acompañadas de breves textos de Ramón Loureiro.

 [Lareira Literaria]

Arriba

  

 

» O soño da febre e De provincia a nación premiados na XXIII edición dos  Premios Antón Losada Diéguez

» Os escritores e escritoras galegos recoñecen o traballo dos seus  compañeiros na Cea das Letras

» Ánxel Casal, un editor para un país recolle os rexistros bibliográficos  publicados en Lar e Nós

» Ir Indo publica na Rede o seu dicionario de galego con máis de 65.000  entradas

» A Consellería de Cultura presenta a campaña Máis libros, máis libres para  a promoción do libro e da lectura

» 23 de abril, Día do Libro nas bibliotecas da Coruña

» Fanzine enfermo, único premiado galego no Saló Internacional del Còmic  de Barcelona

» William Faulkner falará galego en Neda

» A autora cubana Nancy Morejón recibirá o premio Escritora Galega  Universal da AELG

» Xavier Lama gaña o premio Esquío pola obra Melancolía líquida da idade  das vacas

» Poetas galegos participarán na exposición de arte contemporánea Arte e  Criação II

» Diferentes actividades homenaxearán a figura de Curros Enríquez no  centenario do seu pasamento

» 18 editoriais galegas amosarán as súas novidades na Feira do Libro de Bos  Aires

» A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez

» A Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade convoca GZ Crea 08 para  creadores novos

» Trinta creadores galegos estarán presentes no 26e Saló Internacional del  Còmic de Barcelona

» II Feira do Libro de Lalín

» Entregados os XVII Premios Irmandade do Libro

» La Voz de Galicia convoca o oitavo premio de Novela por entregas

» O Consello da Cultura Galega presenta un anuario onde se recollen os  datos existentes no sector cultural galego

» Presentan As aventuras de Cacauequi, gañadora da última edición do  premio de banda deseñada "Castelao"

» Máis de 100 obras presentadas aos Premios Xerais 2008

» Homenaxe dos Escritores Galegos á Asociación Socio-Pedagóxica Galega

» A Palabra Encarnada. I Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol

» Vieiros recompila os microrrelatos eróticos do concurso Ferve a Rede

» O X premio Ánxel Fole de narración curta vai para Francisco Rozadas polo  seu O vestiario máxico

» Inma López Silva, gañadora do Premio Blanco Amor

» Ánxela Gracián gaña o VII Premio Plácido castro pola súa tradución de A  illa misteriosa, de Jules Verne

» O señor Lugrís e a negra sombra e Vigo, Premios da Crítica

» Xusto Beramendi e Xosé Lois García premiados na edición do 2008 dos  Pedrón de Ouro e Honra

» XIV Edición dos premios de narrativa Juan de San Clemente

» Convocados os premios para textos dramáticos do IGAEM

» O xurado do VII Premio de Tradución Plácido Castro reúnese o sábado en  Vilagarcía de Arousa

» Dan comezo as III Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra

» Rafa Villar faise co XXIV Premio de Poesía Cidade de Ourense

» Presentan Letras novas, froito das colaboracións recadadas pola AELG  para o xornal Infoxove

» A Coruña abre o vindeiro sábado os actos de homenaxe a Curros Enríquez

» Manuel Núñez Singala, Xoán Neira, Carlos Mosteiro e Biblos na Lareira  Literaria de abril

 

Novas Abril 2008