MESES ANTERIORES

 

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

Agosto 2008

Xullo 2008

Xuño 2008

Maio 2008

Abril 2008

Marzo 2008

Febreiro 2008

Xaneiro 2008

Decembro 2007

Novembro 2007

Outubro 2007

Setembro 2007

Agosto 2007

Xullo 2007

Xuño 2007

Maio 2007

Abril 2007

Marzo 2007

 Xaneiro 2007

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

                       

                       

 

Novas Xaneiro 2007


 

 

 

O Concello de Carballo propón unha iniciativa para a difusión da lectura en galego

Literactúa é un novo proxecto de promoción da lectura

Unha nova proposta desde a Concellería de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística que contará coa presenza dos autores. Estará apoiado por diversos estabelecementos do concello e haberá un seguemento en un blog.

 

(11-Xaneiro-2007)

 

Concello de CarballoO Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, pon en marcha unha iniciativa para a promoción do libro e a lectura en galego.
Literactúa, que nace coa vontade de estabilizar e darlle continuidade a ese fomento do libro e da lectura en galego e de englobar e tecer pontes entre outras propostas que xa se desenvolven desde o Concello, como poden ser, por exemplo, a Praza dos Libros, a Semana do Libro e a Lectura, Libros Ceibes, etc., e outras posíbeis organizadas por outras entidades nas que pode participar o Concello de Carballo.

O programa pretende ser un espazo aberto, dinámico e participativo no que se vaian incluíndo novas actividades, adquirindo novos compromisos, incrementando e diversificando as súas accións, e implicando ao maior número de persoas, entidades e colectivos.

A proposta concreta consiste na seguinte estratexia:

Para cada trimestre proporase a lectura de tres libros, un por mes.

O último mércores de cada mes, o autor ou a autora do libro proposto virá a Carballo para participar nun acto de conversa cos seus lectores e lectoras nun estabelecemento hostaleiro da localidade.

As propostas de libros daranse a coñecer por medio de marcapáxinas que se difundirán por todo o concello, especialmente nas librarías, bares e edificios municipais, e estes libros poderanse mercar nas librarías de Carballo colaboradoras co programa. Serán sempre obras de literatura galega actual.

Ademais, toda a información do programa estará sempre actualizada no blog www.carballo.org/literactua, onde se anunciarán e comentarán os libros propostos, onde se difundirán os actos cos autores e autoras, onde haberá información completa do programa, onde todas e todos poderedes comentar e opinar e desde onde se fará un seguimento actualizado de todas as accións que se desenvolvan.

Arriba  

 

 

Iniciativa dos profesionais do ensino

Doce docentes galegos compoñen Edugaliza

Os docentes destinan o seu traballo ao profesorado e é de libre uso

 

(06-Xaneiro-2007)

 

Compoñentes EdugalizaAntón Rodríguez, Xose Antón Vicente, Ester Vázquez, Felo Couto, Fran Macías, Luís Teira, Manolo Gesto, Manolo de Carnota, Manolo Veiga, Sabela Núñez, Suso Lojo e Suso Lorenzo, forman Edugaliza , unha iniciativa froito do traballo desinteresado de todos os profisionais galegos do ensino que colaboran na súa elaboración.

Os integrantes non perciben ningún tipo de compensación polo seu traballo, agás a
"gratificación moral da utilidade que todo isto poida ter para os compañeiros de profesión".

Os materiais de edugaliza son propiedade do autor en cada un deles ou é referenciado como tal, sendo fruto do equipo de coordenación unicamente a estrutura, deseño ou presentación dos materiais.

Todos os materiais realizados polos compoñentes de edugaliza están destinados ao profesorado galego de centros de ensino non universitario e son de libre uso nos centros.
Os profesores de ensino que conforman Edugaliza desenvolven a meirande parte do seu traballo asociativo na rede.

Arriba  

 

 

Ir Indo comeza o ano con catro novos títulos de diversa temática

Novos títulos de Ir Indo Edicións

Aconteceres, De espellos, trens e outros velenos, O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular e A poboación galega (1900-2005)

 

(03-Xaneiro-2007)

 

Ir IndoIr Indo Edicións incorpora catro novos títulos ao seu fondo editorial. As catro novidades pertencentes a distintas coleccións, coas que Ir Indo pretende achegar a súa dose de frescura ao panorama editorial galego. Trátase de Aconteceres, de Bieito Ledo Cabido, editor de Ir Indo Edicións; De espellos, trens e outros velenos, onde se recollen diversos relatos de Virginia Woolf, D. H. Lawrence e Katherine Mansfield; A poboación galega (1900-2005), do profesor José Antonio Aldrey Vázquez; e O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular, de Edelmiro L. Mateo García, que xa están á venda nas librerías de toda Galicia.

Aconteceres, de Bieito Ledo, incluído na colección de Narrativa, constitúe un feixe de fermosas historias que xogan cunha certa ambigüidade; por unha banda, todas elas teñen un trasfondo histórico e real, pero pola outra a imaxinación do autor fai que nalgunha delas recoñezamos elementos da súa propia colleita.

Clásicos

A colección de Clásicos incorpora tamén outro novo título. Trátase de De espellos, trens e outros velenos, onde teñen cabida algúns dos mellores relatos de Virginia Woolf, D. H. Lawrence e Katherine Mansfield, tres escritores relevantes do modernismo británico. Os tres creadores destacaron pola súa complexidade, innovación e capacidade intelectual á hora de construír historias, nun mundo marcado pola crise e o cambio de ideais, o papel da muller na nova sociedade anglosaxoa, a deconstrución do Imperio e a loita de clases, tal e como se reflicte neste conxunto variado de relatos, traducidos por Begoña Rodríguez Otero, e aos que tamén esta mesma autora incorpora un prólogo ilustrado que facilita a comprensión do que logo se vai ler. (PVP 15,45 €)

A poboación galega (1900-2005), subtitulado como "Cambio demográfico e implicacións territoriais", do profesor da USC José Antonio Aldrey Vázquez, e incluído na colección A Fraga Universitaria, analiza o profundo cambio social motivado polo novo modelo territorial xurdido do forte proceso de urbanización acontecido en Galicia nas catro últimas décadas. Un interesante libro onde se ofrecen as diferentes tipoloxías demográficas da Galicia de hoxe e onde o autor tamén repasa a historia demográfica do noso país neste pasado século XX. (PVP 17,51 €)

O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular

Cómpre destacar unha nova achega ao mundo do viño, e non é a única, de Ir Indo Edicións. O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular, de Edelmiro L. Mateo, membro dunha coñecidísima familia bodegueira de Verín. Neste volume, o mestre Miro realiza unha completísima escolma de cantigas, -algunhas con partitura-, refráns e ditos populares relacionados co viño e o seu mundo. A través dunha serie de pequenos artigos, o autor introdúcenos no mundo do viño cun novidoso e interesante punto de vista, o da vitimelomanía e o da vitiparemioloxía. Por outra banda, tamén a literatura e o humor teñen cabida nesta excepcional contribución de Miro Mateo á sabedoría popular de Galicia

Arriba  

 

 

Dor Pantasma, de Alberto Manuel Ramos

A novela gañadora do premio Biblos-Pazos de Galicia xa está a venda

No acto estiveron presentes representantes do mundo cultural galego. A obra saldrá simultaneamente en galego e castelán.

 

(02-Xaneiro-2007)

 

Premio Biblos-Pazos de GaliciaA desaparición dunha moza de Cangas do Morrazo sen razóns coñecidas e o baleiro que deixa na súa familia, nos amigos e no conxunto da sociedade centran o argumento de Dor pantasma, a novela coa que Alberto Manuel Ramos Ríos gañou o 2º Premio Biblos-Pazos de Galicia e que foi presentada con enorme éxito (máis de duascentas persoas asistiron aos actos) nos centros de El Corte Inglés de Santiago (día 26 de decembro), A Coruña (día 27) e Vigo (día 28) tanto na versión galega como na tradución de Saleta Fernández ao castelán.

O autor estivo acompañado nos sucesivos actos por Xesús Flores, responsable de suplementos de La Voz de Galicia; Iria López Teijeiro, gañadora do premio na anterior edición e integtrante do xurado; e Xosé Ramón Pena, coordinador do suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo e membro tamén do xurado que concedeu o premio.

Alberto Ramos, de vinte anos, aborda un tema tan traxicamente actual que resulta difícil atopar para el un enfoque no que a ficción non renxa ao lembrar os sucesos reais. Ese é o mérito da obra, que penetra de forma moi intelixente en tal argumento a través dun narrador omnisciente en terceira persoa que nos enfronta ao ritmo lento da ausencia e da desesperación, aos esforzos por racionalizar o acontecido, á imposible recuperación da normalidade anterior.

O xurado

O xurado que lle otorgou o premio estivo formado por Darío Xohán Cabana, que ao longo do mes de outubro dirixirá ao gañador para que mellore o texto presentado como primeira versión da novela; Iria López, gañadora da edición anterior e que actuou como secretaria; Xosé Ramón Pena, que emitiu o seu voto por correo por atoparse de viaxe; e Tucho Calvo.

O gañador recibiu ademais unha escultura de Luís Loureira, unha segunda versión de «A peneira dos soños», e un ordenador portátil, e verá publicada a súa obra na colección Mandaio e nunha edición especial en castelán dirixida principalmente aos clientes de fóra dos establecementos asociados de Pazos de Galicia.

Encontro do mundo cultural galego

Ao xantar na Casa Grande do Bachao asistiu máis dun cento de escritores, editores e representantes do mundo social e cultural galego, que disfrutaron da boa mesa e da música do grupo de vento-metal Em-brass integrado por alumnos do conservatorio da Coruña. De conducir o acto encargouse o actor e dramaturgo Gustavo Pernas.

Na súa intervención, Tucho Calvo quixo render homenaxe en nome de Biblos a todos os escritores do mundo lusófono representados no acto polo escritor portugués Sérgio Luís de Carbalho, á Real Academia Galega polo seu traballo centenario e ao patrón e tripulantes do pesqueiro Francisco y Catalina polo seu exemplo de humanidade e solidariedade.

Arriba  

 

  

 » Literactúa é un novo proxecto de promoción á lectura

 » Doce docentes galegos compoñen Edugaliza

 » Novos títulos do ano de Ir Indo Edicións

 » Á venda a novela gañadora do premio Biblos-Pazos de Galicia