MESES ANTERIORES

 

Xullo 2008

Xuño 2008

Maio 2008

Abril 2008

Marzo 2008

Febreiro 2008

Xaneiro 2008

Decembro 2007

Novembro 2007

Outubro 2007

Setembro 2007

Agosto 2007

Xullo 2007

Xuño 2007

Maio 2007

Abril 2007

Marzo 2007

 Xaneiro 2007

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

XXXVI Feira do Libro da Coruña

A Feira do Libro que comeza mañá na Coruña contará cunha nutrida representación de escritores e espérase unha asistencia de preto de 100.000 visitantes

 

(31-Xullo-2007)

 

XXXVI Feira do Libro da CoruñaMañá comeza a 36º edición da Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nos céntricos xardíns de Méndez Núñez, e prolongarase ata o vindeiro 10 de agosto.

Na Feira participarán un total de 50 postos: 35 librerías, 11 selos editoriais e 4 postos de organizacións e información.

O pregón da Feira correrá a cargo do escritor compostelán Suso de Toro, que dará paso a multitude de actividades, presentacións de libros, encontros cos autores. Terá unha especial importancia as actividades que se desenvolverán a diario orientadas aos rapaces, con obradoiros, teatro, contacontos, ...

Entre os asistentes destaca a presenza do recente Ministro de Cultura, César Antonio Molina, que estará presentando o seu derradeiro poemario en galego, Eume (Galaxia), a finalista do Planeta 2006, Marta Rivera de la Cruz ou a presentación de María das Batallas (Galaxia) de Alfredo Conde.
 

[Ver programa completo]

Arriba

 

 

 

I Xornada Cultural-Literaria Mindoniense

O movemento cultural da Terra de Trasancos 'Ao carón da lareira' organiza unha xornada cultural-literaria por terras mindonienses

 

(29-Xullo-2007)

 

I Xornada Cultural-Literaria MindonienseO vindeiro día 2 de agosto o colectivo Ao carón da lareira organiza unha xornada por terras mindonienses ao que acudirán diversas persoas do ámbito cultural. Dita Xornada durará todo o día e contará entre outros actos con dous importantes conferencias impartidas por D. Félix Villares e D. Ramón Loureiro no Seminario Conciliar.

Calqueira dos asistentes poderán ler algún dos seus versos ou de outros autores en calquera das paradas que se farán na xornada. Paradas que se fan xustamente para dar paso ó ambiente de tertulia e de intercambio cultural.
  
Colaboran nesta xornada a editorial Biblos (Tucho Calvo) así como Toxos e Froles.

Para aquelas persoas que estean interesadas en acudir a esta xornada están disponibles os seguintes números de teléfono: 615 87 37 31 mais o 626 13 86 83. Ou o enderezo electrónico: aocarondalareira@hotmail.com
 

[Máis información no blog Ao carón da lareira]

[Ver programa completo]

Arriba

 

 

 

Un recoñecemento a un traballador incansáble

Isaac Díaz Pardo recibe a Medalla de Ouro de Galicia por unha vida enteira á creación de cultura

 

(26-Xullo-2007)

 

Isaac Díaz PardoNunha cerimonia celebrada onte no parque compostelán de Bonaval, fíxose entrega a Isaac Díaz Pardo da Medalla de Ouro de Galicia, a máxima distinción do país, nun acto que en palabras do presidente do goberno galego "interpreta os desexos e os afectos dese pobo que quere a Isaac".

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, que presidiu o acto, fixo entrega do galardón, a vez que definiu a Díaz Pardo como “un traballador incansable” que foi quen de “sinalarlle ao país un camiño, un procedemento para a recuperación dunha identidade cultural deturpada”. Touriño expresouse así no acto do homenaxe ao intelectual galeguista, refundador e recuperador de Sargadelos, creador de Cerámicas do Castro, de Ediciós do Castro, en recoñecemento a “unha vida enteira dedicada á creación de cultura, de identidade, de ideas, de prosperidade”.

Pérez Touriño cualificou a Díaz Pardo como “un home grande mergullado nun fol pequeno” e lembrou as palabras de Manuel Rivas, quen non hai moito se referiu a el como “a persoa máis querida de Galicia”. “Unha persoa que se fai acredora dun título como ese, quizais o máis fermoso co que se pode agasallar a un galego, merece por forza que Galicia lle faga entrega da súa máis alta distinción”.

[Máis información]

Arriba

 

 

 

Onte fallouse o premio Espiral Maior de poesía, un dos máis importantes neste xénero do país

Yolanda Cataño gaña o XV premio de poesía Espiral Maior

 

(25-Xullo-2007)

 

Yolanda CastañoOnte fallouse o XV premio de poesía Espiral Maior, un dos máis impostantes do país neste xénero, convocado pola editorial Espiral Maior, que dirixe Miguel-Anxo Fernán Vello e o Ámbito Cultural de El Corte Inglés, e que pretende ser unha homenaxe á gran tradición histórica da lírica galega medieval, e que este ano recibiu un total de 161 orixinais.

Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) fíxose co galardon coa obra Profundidade de campo, que, en palabras do xurado, formado nesta ocasión por Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Baixeiras e Miguel-Anxo Fernán Vello: "É unha obra que reflexiona sobre a identidade de carácter existencial e de concepto confesional, no que a autora amosa a súa total madurez", e como dí a propia Yolanda: "É un libro que comecei escribir no ano 2002" .

A obra gañadora terá unha tirada de 2000 exemplares e aparecerá na Colección Poesía de Edicións Espiral Maior.

 

Arriba

 

 

 

O Pen Clube presentou a Marisol López os proxectos que a entidade ten previsto desenvolver este ano

Política Lingüística e o Pen Clube abren vías de colaboración para a proxección da literatura galega no exterior

 

(25-Xullo-2007)

 

Firma proxección literatura galega no exteriorA Secretaría Xeral de Política Lingüística abre vías de colaboración co Pen Clube de Galicia para incrementar a proxección exterior da literatura galega. Marisol López recibiu onte á nova xunta directiva da asociación de escritores, presidida por Luís González Tosar, da que forman parte Úrsula Heinze, Gonzalo Navaza, Helena Villar Janeiro ou Marilar Aleixandre, entre outros.

No encontro, a nova xunta directiva do Pen Clube presentoulle á Secretaria Xeral os proxectos que tentan desenvolver ao longo deste ano e que se centran en conseguir unha maior presenza dos escritores e escritoras galegas nas áreas xeográficas onde a literatura galega aínda non é coñecida; así como desenvolver actividades que propicien un diálogo coas diferentes literaturas do mundo.

Marisol López salientou o interese das propostas e asegurou que o seu departamento tratará a posibilidade de que os Centros de Estudos Galegos sirvan de canle para a proxección da literatura galega no mundo.

Política Lingüística e o Pen Clube xa manteñen colaboración en diversas actuacións en materia de normalización da lingua, a través dun convenio de colaboración subscrito entre ambas as dúas entidades.

 

Arriba

 

 

 

A coruñesa impuxose ás outras dous finalistas coa obra 'Vidas entrelazadas'

Patricia Casas gaña o 3º premio Biblos-Pazos de Galicia cunha obra urbana e alternativa

 

(21-Xullo-2007)

 

Patricia Casas, gañadora do 3º Premio Biblos-Pazos de GaliciaPatricia Casas, natural de A Coruña, 24 anos, licenciada en Dereito e estudante de Filoloxía Hispánica, é a gañadora do 3º Premio Biblos-Pazos de Galicia para menores de 25 anos que se fallou onte na Casa Grande do Bachao, en Santiago de Compostela.

A súa obra, co título provisional de Vidas entrelazadas, ambientada na cidade da Coruña, e que supón unha visión do transcorrer da existencia urbana, impuxose ós proxectos presentados polas outras duas finalistas, Cristina Ferreiro, de Lugo e Raquel Campos, de Santiago de Compostela aínda que residente en Madrid. O xurado, integrado por Camilo Franco, Helena Villar Janeiro, Alberto Ramos e Tucho Calvo, considerou a importancia da "adecuación da novela aos ritmos urbanos e a vontade de atopar formas alternativas de narración que singularizan esta proposta".
O premio apórtalle á gañadora unha escultura de Luís Loureira titulada A peneira dos soños, un ordenador portátil, a estancia ao longo do mes de outubro na Casa Grande do Bachao para ultimar Vidas entrelazadas baixo a tutela de Helena Villar e a edición da obra en galego e castelán antes de rematar o ano.
As dúas edicións anteriores foron gañadas por Iria López Teijeiro, a quen tutelou Xosé Luís Méndez Ferrín coa novela Meniña de cristal, xa publicada tamén en castelán e máis recentemente en Portugués (Campo das Letras); e Alberto Ramos, que tivo para a súa Dor pantasma a Darío Xohán Cabana como titor.

[Máis información]

Arriba

 

 

 

As primeiras obras que se integrarán no portal van ser A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire e A Gaita galega (LA Habana, 1885-1889)

Política lingüística e a Biblioteca Virtual Cervantes asinan un convenio polo que poderán consultarse os fondos do Centro Ramón Piñeiro

 

(20-Xullo-2007)

 

Momenta da firma do convenio entre a Biblioteca Virtual Cervantes e Política LingüísticaA secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e Ignacio Jiménez Raneda, rector da Universidade de Alacant e vicepresidente da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes asinaron onte un convenio marco de colaboración para a creación dun novo portal -que se poderá acceder a través da Biblioteca Cervantes- que acollerá as obras que integran as liñas de investigación do Centro Ramón Piñeiro, fundamentais no ámbito da literatura galega.

Este portal, realizado entre o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes contará con obras fundamentales da literatura galega. As dúas primeiras obras que se integrarán van ser A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire e A Gaita Gallega (La Habana, 1885-1889).

No acto da firma do convenio contou coa presencia de Manuel González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Anxo Tarrío, director da sección de literatura e Guillermo Rojo, director da sección de literatura. E por parte da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes asistiron o director xeral, Manuel Bravo, Luis Rodríguez, director de Relacións Institucionais e Darío Villanueva, director do Consello Científico.

 

[Máis información]

[Primera Vista Libros]

Arriba

 

 

 

A AGE considera que con este Decreto os estudantes estarán capacitados para a elección democrática de elixir e empregar calquera das duas linguas oficiais de Galicia

Apoio da Asociación Galega de Editores ao Decreto de promoción do galego

 

(19-Xullo-2007)

 

Asociación Galega de EditoresManifesto da Asociación Galega de Editores en favor do Decreto de promoción do galego:

A Asociación Galega de Editores (AGE) desexa facer pública a súa postura con respecto ao decreto polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, elaborado pola Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Consciente de que o decreto dota de instrumentos aos alumnos para que camiñen cara a mesma competencia lingüística nas dúas linguas oficiais, o galego e o castelán, a AGE fai pública a súa postura totalmente favorable ao decreto e, nese sentido, considera imprescindible apoiar e felicitar á Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística por asumir, con esta lei, unha postura moito máis decidida de apoio á lingua galega, xa que o decreto fixa un mínimo do 50% da presenza do galego no ensino obrigatorio. A Asociación Galega de Editores desexa subliñar que unicamente desde a mesma competencia nas dúas linguas, os estudantes estarán capacitados para exercitar o seu dereito democrático de elixir e empregar unha ou outra lingua con liberdade.

Nese sentido, a AGE lembra que o Consello Escolar de Galicia facía público recementemente un estudo que alertaba sobre o efecto desgaleguizador do ensino. No estudo subliñábase o feito de que os nenos e nenas galegofalantes perden a súa lingua en favor do castelán ao entrar en contacto co sistema educativo. En concreto, o Consello Escolar de Galicia empregaba a expresión «fracaso insólito» no uso do galego para definir o resultado das políticas lingüísticas anteriores e o tratamento da lingua galega no ensino.

A Asociación Galega de Editores quere facer fincapé en que os índices de lectura en lingua galega en Galicia son moito máis baixos que en castelán, xa que só un 25% dos lectores galegos habituais declaran ler libro en galego. Sen dúbida, o sistema de ensino aínda non foi capaz de crear lectores competentes nas dúas linguas e a ese efecto o decreto do galego tamén pode ser un instrumento eficaz para acabar coas condicións desfavorables ás que está sometida a lingua galega. Evidentemente, é preciso lembrar que os efectos da durísima marxinación histórica que sufriu a lingua galega son aínda moi visibles hoxe en día e cómpre habilitar medidas que palíen esa situación.  

[Máis información]

Arriba

 

 

 

Haberá paradas nas praias de Covas y Cabanas

A Federación de Gremios de Editores de España presentan a campaña 'Le na praia' 2007

 

(18-Xullo-2007)

 

Federación de Gremios de Editores de EspañaPiratas, capitáns, fidalgos e escudeiros, novicias e institutrices, cigarreiras e outros personaxes de conto percorrerán España de costa a costa nunha campaña para fomentar a lectura organizada pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), co patrocinio do Ministerio de Cultura. A campaña Le na praia, que se iniciará o 17 de xullo na praia guipuzcoana de Zarautz e rematará na catalana de A Barceloneta o 8 de agosto, é unha iniciativa promocional que se inscribe dentro do Plan de Fomento da Lectura e o Libro co obxetivo de incentivar o hábito lector na sociedade española.

No seu paso por terras galegas, haberá duas paradas: o 23 de xullo na praia de Covas (Viveiro) e o 24 de xullo no Areal A Madalena, no concello de Cabanas.

As actividades que realizará a FGEE o longo dos meses de xullo e agosto forman parte do Plan de Fomento de la Lectura patrocinado polo Ministerio de Cultura desde 2001.  

[Máis información]

Arriba

 

 

 

Foi creada na Arxentina por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda

50º Aniversario da creación da Editorial Follas Novas, unha fiestra da cultura galega no exilio

 

(15-Xullo-2007)

 

Xosé Neira Vilas e Anisia MirandaUn 15 de xullo de 1957 Xosé Neira Vilas e a súa dona, Anisia Miranda, fundan en Bos Aires a librería-editorial Follas Novas, un espazo cultural onde pretenden difundir entre os emigrantes e exiliados en América o libro galego. Follas Novas convértese na primeira distribuidora do libro galego fora de Galicia. Neste tempo Neira Vilas é un activista cultural no continente americano, monta exposicións do libro galego en Bos Aires, Caracas ou Montevideo, e crea delegacións de Follas Novas en Mar del Plata, Rosario ou Santa Fe na Arxentina e no continente desde Nova York ata Montevideo ou Santiago de Chile. Na sé de Follas Novas (Rúa Asunción, 3035) nace en 1959 a Asociación Arxentina de Fillos de Galegos. Neira Vilas e Anisia Miranda dirixieron a editorial ata o 1961, ano que se asentan en Cuba e deixan Follas Novas en máns de Elisa Fernández, que xa traballara con Blanco-Amor e Luis Seoane.

Arriba

 

 

 

O acordo achegará ás bibliotecas do país máis de dous millóns e medio de euros

A Consellería de Cultura e o Ministerio de Cultura asinarán un convenio para a dotación de fondos bibliográficos para as bibliotecas

 

(11-Xullo-2007)

 

Acordo dotación bibiotecas GaliciaA Consellaría de Cultura e Deporte vai asinar un convenio de colaboración co Ministerio de Cultura dirixido á adquisición de fondos bibliográficos para as bibliotecas. O acordo destinará a estes centros galegos de lectura e consulta máis de 2.616.000 euros, orzamento que pagarán á medias cada un dos organismos.

Paralelamente á compra de novidades editoriais -con especial interese na edición en lingua galega-, realizarase a adquisición de novo equipamento informático e promoverase a formación de profesionais para mellorar os servizos ofertados nas bibliotecas.

Para este ano a Consellaría de Cultura e Deporte ten previsto xestionar 7,1 millóns de euros en medidas para dinamizar o sector do libro. En canto á edición en lingua galega, xunto aos 1,2 millóns de euros comprometidos para a compra de exemplares, a Consellaría apoia con 200.000 euros á tradución desde e para o galego e destina case outro tanto para a subvención de grandes proxectos editoriais.

Ademais adicarase unha especial atención as actividades especificamente pensadas para estender o hábito da lectura, para o que neste ano se investirá 1,5 millóns de euros. A Consellaría está a desenvolver campañas de fomento da lectura en espazos como centros de saúde, comercios, medios de transporte e centros culturais e está a deseñar e levar a cabo programas especiais como as semanas do libro. 

[Máis información]

Arriba

 

 

 

No ano 1994 deixou publicadas suas memorias no libro Matádeo mañá

Finou en México con 97 anos Elixio Rodríguez, cofundador da revista Vieiros e do Padroado da Cultura Galega en México

 

(10-Xullo-2007)

 

Elixio Rodríguez DomínguezO luns 9 de xullo morreu en México, con 97 anos, o histórico galeguista Elixio Rodríguez Domínguez.

Elixio Rodríguez, nado un 4 de xaneiro en Grou (Loibos) e veciño de Bande, iniciouse no galeguismo da mán de Vicente Risco e Otero Pedrayo en Ourense cando só era un adolescente. Ingresou sendo mozo no Partido Galeguista e foi fundador das Mocidades Galeguista de Bande, polo que foi detido e encarceado no mosteiro de Celanova pola Garda Civil no comezo do alzamento militar do 36. En febreiro do 37 alístase na lexión Cóndor, da que fuxe cara a Xibraltar un mes máis tarde para sumarse á aviación republicana, onde estivo acusado de espionaxe para o enimigo. Grazas a Castelao e outros deputados galegos que intercediron por él librouse dunha clara pena de morte. Pasou o resto da guerra en Barcelona, tras a caída de Cataluña pasou a Francia, e de aí a Veracruz (México) o 13 de xullo de 1939.

En México mantivo a militancia no Partido Galeguista no exilio. O 29 de xuño de 1953 participou na fundación do Padroado da Cultura Galega, e en 1958, xunto a Carlos Velo, Luis Soto e Florencio Delgado Gurriarán, alentará a aparición da revista Vieiros.

En 1994 publica na editorial Xerais o libro de memorias, Matádeo mañá, unha memoria lúcida do exilio galego en México e unha grande aportación á memoria colectiva de Galicia.

 

Arriba

 

 

 

A biblioteca, ubicada na sede da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, contará con máis de 12.000 volumes

Inaugúrase a Biblioteca Galega de Bos Aires

 

(09-Xullo-2007)

 

Federación de Sociedades Gallegas da la República ArgentinaOnte inaugúrouse a Biblioteca Galega de Bos Aires, a primeira biblioteca galega no exterior e que acolle na súa sede a Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, entidade que este ano celebra o 85º aniversario.

Este biblioteca, que recibiu para a súa creación 20.000 € da Consellería de Cultura, conta con máis de 12.000 volumes e vai ofrecer ós lectores servizo de lectura en sala, sección infantil e xuvenil, préstamo a domicilio, catálogo en liña, consulta especializada e actividades de extensión cultural.

Esta biblioteca, polo acordo asinado en abil do 2006 coa Consellería de Cultura, recibirá os mesmos aportes bibliográficos cas suas equivalentes públicas de Galicia.

 

Arriba

 

 

 

Sustitúe a Carmen Calvo no cargo

O galego César Antonio Molina asume a carteira do Ministerio de Cultura

 

(06-Xullo-2007)

 

César Antonio MolinaO xornalista, escritor e director do Instituto Cervantes César Antonio Molina foi nomeado hoxe Ministro de Cultura polo presidente do Estado José Luis Rodríguez Zapatero. César Antonio Molina (A Coruña, 1952) é licenciado en Dereito e Ciencias da Información. Traballou en Cambio 16 e Diario 16 e foi profesor na Universidade Complutense de Madrid e na Universidade Carlos III. En maio do 2004 foi designado director do Instituto Cervantes.

A súa obra literaria, composta de máis de 30 libros, está moi vencellada a Galicia. O seu primeiro libro Épica, foi publicado pola editora coruñesa Argrove no ano 1974.

Entre as suas obras destacadas estás:

   - Épica (Argrove, 1974)

   - La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930). (Nos, 1984)

   - Antología de la poesía Gallega contemporánea. (Júcar, 1984)

   - El fin de Finisterre. (Sociedad de cultura Valle Inclán, 1988). Edición bilngüe    galego-castelán.

   - Prensa literaria en Galicia (1809-1920) (Xerais, 1989)

   - Prensa literaria en Galicia (1920-1960) (Xerais, 1989)

   - Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa (Akal, 1990)

   - Viaje a la Costa da morte (Huega & Fierro, 2003)

   - Eume (Galaxia, 2007)

 

Arriba

 

 

 

A filosofía da homenaxe é a de honrar escritores e escritoras cunha dilatada carreira literaria

A AELG entrega a súa 'Letra E' ao dramaturgo Manuel Lourenzo

 

(06-Xullo-2007)

 

Homenaxe a Manuel LourenzoA Homenaxe O Escritor na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XIII Edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Manuel Lourenzo, que será homenaxeado no val onde naceu, O Valadouro. Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da asociación, e tense constituído ao longo dunha década como unha celebración na que a terra de orixe do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental nesta cita cultural. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando, deste xeito, o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe. Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica asinada por un/ha recoñecido/a artista galego/a), a plantación dunha árbore simbólica (elixida polo propio autor, e que neste caso é un érbedo), a colocación dun monolito conmemorativo ou a inauguración dun espazo público co nome do/a homenaxeado/a ou cun nome elixido polo/a homenaxeado/a.

Os actos de homenaxe terán lugar o domingo 8 de xullo, a partir das 11:30 da mañá. A filosofía da homenaxe é a de honrar escritores e escritoras cunha dilatada carreira literaria que suscite o consenso de todos en canto á súa valía. Quere ser unha homenaxe que goce da presenza do homenaxeado/a contando coa súa implicación persoal durante a organización. Busca tamén a complicidade dos veciños e autoridades locais da que o escritor/a considera a súa terra, neste caso o Val do Valadouro, que abarca os concellos de Alfoz e O Valadouro.

[Máis información na web da AELG]

[Ver programa]

Arriba

 

 

 

 

 

 

Día das Letras Galegas 2008

A Real Academia Galega escolleu a Xosé María Álvarez Blázquez para adicarle o Día das Letras Galegas do 2008

 

(01-Xullo-2007)

 

Xosé María Álvarez BlázquezNa asemblea ordinaria celebrada onte na Coruña os membros da Real Academia Galega elixiron ó polígrafo tudense Xosé María Álvarez Blázquez como figura a homenaxear no Día das Letras Galegas 2008 o vindeiro 17 de maio.

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985) foi unha das figuras clave na cultura galega dentro do que se chamou o exilio interior. Na sua mocidade formou parte da Federación de Mocidades Galeguistas para pasar despois ó Partido Galeguista.

Escritor, investigador, editor e profundo galeguista. Xosé María Álvarez Blázquez publicou en distintos xéneros: poesía, novela, narrativa infantil e ensaio. Foi ademáis un laborioso investigador de arqueoloxía, literatura e historia. Cofundador no ano 1950 da primeira editorial en editar en galego tra-la Guerra Civil, a editorial Monterrey xunto a Luis Viñas Cortegoso e de Edicións Castrelos en 1964.

En 1962 entra a formar parte da Real Academia Galega cun discurso sobre Cantares e Romances vellos prosificados.

Destaca a súa poesía neotrobadoresca, da que foi figura clave xunto a Fermín Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro. Entre a súa obra podemos destacar os tres libros de poemas publicados en vida: Poemas de tí a tí, Roseira do teu mencer e Canle segredo.

 

Arriba

 

 

 

» A Feira do Libro que comeza mañá na Coruña contará cunha nutrida  representación de escritores e espérase unha asistencia de preto de  100.000 visitantes

» O movemento cultural da Terra de Trasancos 'Ao carón da lareira'  organiza unha xornada cultural-literaria por terras mindoniensesa

» Isaac Díaz Pardo recibe a Medalla de Ouro de Galicia por unha vida enteira  á creación de cultura

» Yolanda Castaño gaña o XV premio de poesía Espiral Maior

» Política Lingüística e o Pen Clube abren vías de colaboración para a  proxección da literatura galega no exterior

» Patricia Casas gaña o 3º premio Biblos-Pazos de Galicia cunha obra  urbana e alternativa

» Política lingüística e a Biblioteca Virtual Cervantes asinan un convenio  polo que poderán consultarse os fondos do Centro Ramón Piñeiro

» Apoio da Asociación Galega de Editores ao Decreto de promoción do  galego

» A Federación de Gremios de Editores de España presentan a campaña 'Le  na praia' 2007

» 50º Aniversario da creación da Editorial Follas Novas, unha fiestra da  cultura galega no exilio

» A Consellería de Cultura e o Ministerio de Cultura asinarán un convenio  para a dotación de fondos bibliográficos para as bibliotecas

» Finou en México con 97 anos Alixio Rodríguez, cofundador da revista  Vieiros e do Padroado da Cultura Galega en México

» Inaugúrase a Biblioteca Galega de Bos Aires

» O galego César Antonio Molina asume a carteira do Ministerio de Cultura

» A AELG entrega a súa 'Letra E' ao dramaturgo Manuel Lourenzo

» A Real Academia Galega escolleu a Xosé María Álvarez Blázquez para  adicarle o Día das Letras Galegas do 2008

             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                        

 

Novas Xullo 2007