MESES ANTERIORES

 

Xullo 2008

Xuño 2008

Maio 2008

Abril 2008

Marzo 2008

Febreiro 2008

Xaneiro 2008

Decembro 2007

Novembro 2007

Outubro 2007

Setembro 2007

Agosto 2007

Xullo 2007

Xuño 2007

Maio 2007

Abril 2007

Marzo 2007

 Xaneiro 2007

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

Justo González Beramendi dedicou máis de 25 anos en rematar esta monumental obra

Xerais lanzará as librarías De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Unha obra de máis de 1200 páxinas onde se analiza a historia do galeguismo político

 

(30-Agosto-2007)

 

De provincia a naciónXerais vai publicar na primeira semana de setembro a obra de Justo González Beramendi De Provincia a nación. Historia do galeguismo político. Un traballo de investigación ó que o autor dedicou máis de 25 anos.

De provincia a nación é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade. Este libro é unha contribución decisiva para coñecer e entender, por que Galicia ten hoxe unha personalidade política irreversiblemente diferenciada.

Justo González Beramendi (Madrid, 1941) é catedrático de Historia Contemporánea da USC. Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e actual presidente da súa Xunta Reitora.

 

Arriba

 

 

 

A Concellería de Cultura de Carballo organiza estes encontros entre público e autores en diferentes pubs do concello

Séchu Sende, Carlos G. Meixide e Manuel Rivas participarán no vindeiro trimestre de Literactúa

 

(30-Agosto-2007)

 

LiteractúaO programa Literactúa, que organiza a Concellería de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística de Carballo, e que propone un encontro entre lectores e autores presentou a súa programación para o terceiro trimestre, que se desenvolverá os días 26 de setembro, 31 de outubro e o 28 de novembro.

O 26 de setembro Séchu Sande falará cos lectores da súa última obra, o libro de relatos Made in Galiza (Galaxia). Séchu Sende foi premio Blanco Amor no 2003. Será na Taberna-Café O'Patacón.

O 31 de outubro será Carlos G. Meixide quen converse sobre o seu libro O home inédito (Edicións da Rotonda), disponible en principio únicamente en internet, aínda que xa se pode obter en papel tra-la edición de Rinoceronte Editora. No café Colón.

Para rematar o ano literario Manuel Rivas e o seu múltipremiado Os libros arden mal (Xerais) estarán na Cervexaría Dublín.

Arriba

 

 

 

O xoves comeza o XXI Festival da Poesía no Condado

Numerosas actividades arredor da poesía danse cita en Salvaterra do Miño

 

(29-Agosto-2007)

 

XXI Festival da Poesía no CondadoA Sociedade Cultural e Desportiva do Condado presenta a XXI edición do Festival da Poesía do Condado, que este ano estará adicado á recuperación da memoria histórica e coma homenaxe ós loitadores e loitadoras contra o fascismo.

O festival, que se desenvolverá desde o xoves 30 de agosto ata o 1 de setembro na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño, acollerá poetas de diferentes nacionalidades, ademais de numerosas actividades paralelas como exposicións de pintura, proxección de audiovisuais, concertos, video-poemas...

Marica Campo, Ana Romaní, Daniel Salgado ou Jon Benito serán algúns dos poetas que estarán presentes en Salvaterra.

A organización habilitou zona de acampada e transporte de balde para os asistentes. 

[Máis información]

Arriba

 

 

 

Xosé Ramón Barreiro e Ramón Villares coordinarán o proxecto

O diario La Voz de Galicia pon na rúa a versión máis completa e actualizada da Historia de Galicia

 

(27-Agosto-2007)

 

Historia de GaliciaO diario La Voz de Galicia porá a disposición dos lectores o vindeiro 9 de setembro un coleccionable, formado por 32 volumes, da historia de Galicia. O planteamento da obra abrangue desde os primeiros poboadores ata os nosos días, prestando unha especial atención a relación entre Galicia e América e á diáspora galega.

A obra estará coordinada polo presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que ademais firman diferentes volumes.

O 9 de setembro entregarase de forma gratuíta o tomo XI, Historia política da Galicia Contemporánea. De Isabel II á Restauración (1933-1874) de Xosé Ramón Barreiro.

 

[Máis información]

Arriba

 

 

 

Canle segredo e a narrativa completa de Xosé María Álvarez Blázquez estarán nos andeis os vindeiros meses

A editorial Galaxia adiántase e prepara libros sobre o homenaxeado das Letras Galegas 2008

 

(23-Agosto-2007)

 

A editorial Galaxia prepara lanzamentos de Xosé María Álvarez BlázquezA figura de Xosé María Álvarez Blázquez ofrece unha chea de posibilidades: poeta, narrador (os seus relatos breves son tan pouco coñecidos como excelentes), mestre da lingua, investigador do pasado literario, arqueólogo, etnógrafo, ensaísta, publicista, editor...

A editorial Galaxia ven de anunciar unha de serie de novidades arredor do homenaxeado nas Letras Galegas 2008. Así, Galaxia publicará nos próximos meses unha biografía e unha antoloxía poética de Xosé María Álvarez Blázquez, así como a súa obra máis significativa, Canle segredo, e varios inéditos do autor, entre eles a súa narrativa galega completa.

Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta tamén, fillo de Xosé María Álvarez Blázquez, está a preparar unha
Memoria do pai, e anotará a edición de Canle segredo, libro publicado en 1976 e escrito vinte anos antes (recibira o Premio do Centro Galego de Buenos Aires en 1954). Fixará definitivamente o texto o tamén poeta Rodríguez Baixeras.

Entre os inéditos ou textos pouco coñecidos, recuperarase os seus relatos breves,
A pega rabilonga e outras historias de tesouros, e unha colección curiosa de aforismos e xogos de lingua que o poeta gardaba entre os seus papeis persoais: A significación dos soños.

[Máis información]

Arriba

 

 

 

O obxectivo é a declaración como Patrimonio Cultural Europeo desde a desembocadura do Eume e do Xuvia ata a do Eo

O colectivo Ao carón da lareira recolle firmas para a conservación do legado material e inmaterial da Galicia do Norte

 

(23-Agosto-2007)

 

Mosteiro de San Salvador de LourenzáA nova iniciativa do colectivo Ao carón da lareira, xunto a escritores e artistas que se sumaron á iniciativa, é conseguir recolectar firmas suficientes para que a parte do norte de galicia (a diócese de Mondoñedo e outros concellos colindantes) sexa declarada Patrimonio Cultural Europeo.

Iso significaría que toda a cultura (tanto a material como a intanxible) sería declarada patrimonio polo que gozaría de protección e axudas para o seu desenvolvemento.

Desde o Colectivo declaran: " Cremos que a zona do norte de Galicia é suficientemente rica en historia e en cultura como para ser patrimonio.". "Temos todas as construccións relixiosas, as contruccións celtas e as máis contemporaneas. Tamén temos un mundo rural moi rico pero en decadencia, un conxunto de artistas moi diversos e comprometidos coa cultura. E tantas outras cousas que poderíamos enumerar."

O obxectivo é acadar máis de 3000 firmas para conseguir que desde as Administracións se dean os pasos necesarios para que o Patrimonio Material e Inmateria da Galicia Norte, da que se extende desde a desembocadura do Eume e do Xuvia ata a do Eo (a súa literatura, a súa paisaxe, as súas tradicións e os seus monumentos se declaren Patrimonio Cultural Europeo.

[Blog de Ao Carón da Lareira]

Arriba

 

 

 

A Feira Literaria estará amenizada con múltiples actividades paralelas como concertos ou títeres

O 23 de agosto comezará unha nova edición da Praza dos Libros en Carballo

 

(20-Agosto-2007)

 

Praza dos Libros. Feira literaria de BergantiñosO Xardín Municipal encherase durante catro días, do 23 ao 26 de agosto, de libros, de actividades lúdicas, participativas, divertidas e formativas para nenas e nenos e para persoas adultas, de autoras e autores da comarca e do país, de presentacións e sinaturas de libros, de recitais, de actuacións, de representacións, etc. Unha nova edición da Praza dos Libros, a feira literaria de Bergantiños. E todo isto convivirá o xoves 23 e o domingo 26 coa feira tradicional.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Belén Lendoiro; e o representante dos libreiros, Ramón Tasende, presentaron en conferencia de prensa a semana pasada a Praza dos Libros 2007.

Na feira participarán diversas librarías (Brañas e Trasgo, de Carballo; Couceiro e Orizales, da Coruña; e Roget, de Vimianzo), mais tamén outras entidades e asociacións con diversos produtos culturais (A Xente das Cores e Manis, con orixinais camisetas; Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Concello de Carballo, etc.).

O programa inclúe múltiples presentacións de libros, como
Lingua, nación e identidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato; As horas de María, de Paco Souto; Arte e parte, de Xurxo Borrazás; Crónicas de Carballo, de Xan Fraga; Historia dunha lata e Lume!, de Alberto Varela Ferreiro; Seavia é nome de parroquia, de Xosé Antonio Andrade; e O bosque da Nadgor, de Farruco Graña. Tamén haberá sinatura de libros por parte de Santiago Jaureguizar. A encargada do pregón será Mercedes Queixas Zas, secretaria xeral da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) e coordinadora dos equipos de normalización lingüística (ENL) dos centros de ensino da provincia da Coruña. Será o xoves 23 ás 13.00 h.

As casetas estarán abertas en horario de 11.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 21.30 h.

[Máis información]

Arriba

 

 

 

A AGAI reclama a devolución da Biblia Kennicott

A biblia Kennicott foi publicada no século XV na Coruña e é un dos máis bellos manuscritos existentes

 

(09-Agosto-2007)

 

Biblia KennicotA AGAI (Asociación Galega de Amizade con Israel) ven de lle solicitar ó goberno galego que dea todos os pasos necesarios para a devolución ó pobo galego da Biblia Kennicott, posiblemente a máis exquisita biblia xudea, escrita e ilustrada na cidade da Coruña no ano 1476, só 16 anos antes da súa expulsión da península.

A biblia foi encargada por Salomón de Braga, un xudeo coruñés ó calígrafo Moises Ibn Zabarah. A biblia foi mercada en Inglaterra por Benjamin Kennicott, hebreísta, bibliotecario e párroco da Universidade de Oxford, e alí é onde permanece,a día de hoxe, a biblia xudea galega.

O presidente da asociación, Pedro Gómez Valadés, ven de reclamarlle á Xunta que solicite á Universidade de Oxford á devolución da Biblia: " O seu lugar non é Oxford, o seu lugar é o Museo do Pobo Galego"

[Blog da A.G.A.I.]

Arriba

 

 

 

Onte presentouse a X Edición do Salón Internacional do Cómic

A edición deste ano prestará especial atención á banda deseñada galega e valenciana

 

(07-Agosto-2007)

 

X Edición do Salón do Cómic de CoruñaMiguelanxo Prado, director de Viñetas desde o Atlántico e Carlos González Garcés, concelleiro de festas, deron a coñecer onte o programa do X Salón Internacional de Cómic de A Coruña, que se celebrará este ano entre os días 13 e 19 de agosto.

Este ano o Salón contará con invitados de auténtico luxo, como o xaponés Yoshihiro Tatsumi (Xapón, 1935), un dos maiores exponentes do manga nipón; o americano Jeff Smith, pai artísitico de Bone ou o francés Étienne Davodeau, que presentou recentemente 'Ha muerto un hombre'.

O cartel deste ano completarase con exposicións, habilitadas en varias salas da cidade herculina, e que prestarán unha especial atención a estes dez últimos anos de banda deseñada galega e valenciana, xunto á novela gráfica.

O Salón terá unha especial incidencia e presencia na cidade, onde haberá multitude viñetas espalladas ó longo da Coruña.

[Visitar blog Viñetas desde o Atlántico]

Arriba

 

 

 

O vigués Jacobo Fernández Serrano verá a súa obra publicada pola Deputación da Coruña

Fallouse a III Edición do Premio Castelao de Banda Deseñada

 

(03-Agosto-2007)

 

III Edición do Premio Castelao de Banda DeseñadaO autor de cómic, ilustrador e pintor Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971), coa súa obra Aventuras de Cacauequi (edición anotada), é o gañador da terceira edición do premio Banda Deseñada Castelao, que convoca a Deputación da Coruña. O premio Banda Deseñada Castelao foi dado a coñecer onte á mañá polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, tras a reunión do xurado que seleccionou por unanimidade, do conxunto das oito creacións presentadas, o traballo artístico de Jacobo Fernández Serrano. Ademais de Salvador Fernández Moreda, do xurado formaron parte o comisario do premio, o creador coruñés Miguelanxo Prado, así como a deputada responsable da área de Cultura, Caridad González Cerviño; ademais de Antonio Seijas Cruz, gañador da anterior edición; Ángel de la Calle, Carlos Portela Orjales e Agustín Fernández Paz.

O xurado estima que a obra galardoada, segundo o manifestado por Miguelanxo Prado, "a partir da premisa toda historia do pensamento pode estar mal, Aventuras de Cacauequi (edición anotada), ofrécenos unha historia na que o autor crea un mundo propio e orixinal, tanto no plano artístico como no narrativo".
Considera tamén o xurado que "A historia, narrada cunha estrutura nova, crea un mundo fantástico que reflicte unha ollada inxenua e madura a un tempo, non exenta de amargura, sobre as relacións humanas. A proposta tamén é orixinal no plano plástico, cun enfoque que bebe da fontes clásicas da ilustración, sabiamente asimiladas".

A maiores, o presidente da Deputación da Coruña manifestou que as creacións de Jacobo Fernández Serrano formarán parte dunha exposición que se exhibirá no Quiosco Alfonso da Coruña con motivo da celebración nos próximos días dunha nova edición de Viñetas desde O Atlántico.
Neste contexto presentarase tamén a obra gañadora da segunda edición do premio Castelao, neste caso a do tamén membro do xurado Antonio Seijas Cruz, que leva por nome Un home feliz. Esta foi realizada por Edicións Lea por encarga da Deputación da Coruña.
Pola súa banda, Miguelanxo Prado sinalou que o xurado apreciou na obra gañadora unha "importante calidade gráfica", inspirada na tradición da ilustración clásica. Respecto ao conxunto da obra presentada a esta nova edición do premio Banda Deseñada Castelao dixo que o xurado observou unha falta de equilibrio entre a achega gráfica, e o traballo de guión.

[Ver programa completo]

Arriba

 

 

 

» Xerais lanzará as librarías De provincia a nación. Historia do galeguismo  político. Unha obra de máis de 1200 páxinas onde se analiza a historia do  galeguismo político

» Séchu Sende, Carlos G. Meixide e Manuel Rivas participarán no vindeiro  trimestre de Literactúa

» Numerosas actividades arredor da poesía danse cita en Salvaterra do  Miño

» O diario La Voz de Galicia pon na rúa a versión máis completa e  actualizada da Historia de Galicia

» A editorial Galaxia adiántase e prepara libros sobre o homenaxeado das  Letras Galegas 2008

» O colectivo Ao Carón da lareira recolle firmas para a conservación do  legado material e inmaterial da Galicia do Norte

» O 23 de agosto comezará unha nova edición da Praza dos Libros en  Carballo

» A Biblia Kennicott foi escrita no século XV na Coruña e é un dos máis  bellos manuscritos existentes

» A edición deste ano prestará especial atención á banda deseñada galega  e valenciana

» Fallouse a III Edición do Premio Catelao de Banda Deseñada

             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                        

 

Novas Agosto 2007