MESES ANTERIORES

 

Xullo 2010

Xuño 2010

Maio 2010

Abril 2010

Marzo 2010

Febreiro 2010

Xaneiro 2010

Decembro 2009

Novembro 2009

Outubro 2009

Setembro 2009

Agosto 2009

Xullo 2009

Xuño 2009

Maio 2009

Abril 2009

Marzo 2009

Febreiro 2009

Xaneiro 2009

Decembro 2008

Novembro 2008

Outubro 2008

Setembro 2008

Agosto 2008

Xullo 2008

Xuño 2008

Maio 2008

Abril 2008

Marzo 2008

Febreiro 2008

Xaneiro 2008

Decembro 2007

Novembro 2007

Outubro 2007

Setembro 2007

Agosto 2007

Xullo 2007

Xuño 2007

Maio 2007

Abril 2007

Marzo 2007

 Xaneiro 2007

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

Fin de semana de premios

Premiados nos Antón Losada Diéguez e a Fundación Premios da Crítica

 

(30-Abril-2007)

 

Manuel RivasEsta fin de semana fallaronse os premios Antón Losada Diéguez en Carballiño e os Premios da Crítica en Mondariz-Balneario.

Na XX edición dos premios Antón Losada Diéguez, na modalidade de narrativa, Manuel Rivas acadou un novo premio pola súa última novela 'Os libros arden mal' (Xerais de Galicia). No apartado de investigación, o premio foi para a obra 'Fitotoponimia galega' (Fundación Pedro Barrié de la Maza) de Gonzalo Navaza.

En Mondariz-Balneario deronse a coñecer os gañadores da XXX edición dos premios que concede a Fundación Premios da Crítica. No ámbito literario, 'A violencia excedente' (Laiovento) de Francisco Sampedro fíxose co galardón en ensaio e pensamento. En investigación foi premiada 'Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940)' (Universidade de Santiago), unha obra de Ricardo Gurriarán. 'Os libros arden mal' (Xerais de Galicia) foi premiada en creación literaria.
 

Arriba

 

 

 

Animalario: Arte de la India

Factoria K, un ano despois da súa creación, obtén o primeiro Premio Nacional de Edición na categoría de arte

 

(27-Abril-2007)

 

Animalario: arte de la IndiaA editora viguesa Factoria K, vén de acadar o primeiro Premio Nacional de Edición na categoría de arte pola obra "Animalario: Arte de la India", de Gita Wolf e Kanchana Arni. Animalario é unha obra que recompila diversas representacións de animais segundo a interpretación da arte popular, tradicional e tribal dese país. Trátase dunha edición numerada e limitada, da que se publicaron 2000 exemplares. Fabricado artesanalmente por unha comunidade de impresores da India, na súa elaboración empregouse unha técnica única, de xeito que cada páxina é unha impresión orixinal, unha serigrafía sobre papel especial feito á man.

Os premios nacionais de edición están convocados polo Ministerio de Cultura; as 15 obras galardoadas, dun total de 383 presentadas nas diversas categorías, serán expostas nas principais feiras do libro de todo o mundo.
 

Arriba

 

 

 

Isaac Díaz Pardo: creación e compromiso na Galicia do século XX

A Deputación da Coruña publica o traballo máis completo sobre Isaac Díaz Pardo

 

(24-Abril-2007)

 

Isaac Díaz Pardo: creación e compromiso coa Galicia do século XX“Isaac Díaz Pardo: creación e compromiso na Galicia do século XX”, é o último título da colección “Grandes Pintores” que edita a Deputación da Coruña. Un total de corenta significados representantes do mundo da cultura, a empresa, a comunicación, a universidade e a política conforman o equipo de colaboradores desta publicación cuxa edición foi coordinada por dous directos colaboradores de Díaz Pardo, o seu fillo, Xosé Díaz, e Guillermo Escrigas.

"Se hai unha personalidade na Galicia de hoxe que sintetice os valores da cultura, da arte, da dimensión empresarial coa preocupación histórica, social e humana do seu país, é certamente Isaac Díaz Pardo”, dixo Fernández Moreda, que lembrou que o libro xestouse durante os tres últimos anos, e “a pesar de Isaac, pois non quería que fixéramos a publicación”, que considerou que se trata “da máis completa que ate agora se fixo sobre Díaz Pardo”. A dirixente provincial gabou o traballo realizado polos 40 colaboradores da obra, e salientou que entre eles atópanse destacados empresarios, intelectuais, literatos, e políticos.

Isaac Díaz Pardo recibiu estes eloxios non sen rubor, e sinalou que a publicación é froito do cariño e do afecto que lle profesa o presidente da Deputación da Coruña. Pola súa banda, Xosé Díaz, coordinador do libro, manifestou que o libro “é a biografía máis completa que até agora se fixo de Isaac Díaz Pardo; percorre toda a súa vida, dende que sendo moi neno traballou para axudar ao seu país”.

 [Máis información]

Arriba

 

 

 

Día do Libro 2007

Renfe e a Consellería de Cultura agasallán ós viaxeiros con 11.000 libros

 

(23-Abril-2007)

 

RenfeConmemorando o día do Libro, Renfe e a Consellería de Cultura entregarán ós usuarios das liñas de tren 11.000 libros, 10.000 exemplares do relato 'O Encalatro' de Eduardo Blanco Amor e 1.000 dunha edición especial coas obras gañadoras e finalistas dos Premios do Tren. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentará na estación de ferrocarril de Santiago de Compostela a colección Estación literatura-Contos do tren (onde está enmarcado o libro de Blanco Amor) e que tendrá como elemento principal o mundo do ferrocarril. Nas vindeiras semanas distribuiranse os títulos 'Pásmanse os espectadores, cando pasa o tren' de Luís Villalta, 'Ela' de Xosé Luís Méndez Ferrín e 'Trinta e sete días sen verte, Laura' de Xosé Carlos Caneiro cun número total de 40.000 exemplares

 

Arriba

 

 

 

25º Salò Internacional del Còmic de Barcelona

Miguelanxo Prado, David Rubín e Polaqia premiados

 

(21-Abril-2007)

 

Trofeo Salò Internacional del Còmic de BarcelonaOnte á noite déronse a coñecer os premiados no 25º Salò Internacional do Còmic de Barcelona, que ven a ser unha das grandes citas da Banda Deseñada no Estado español. Nunha cerimonia presidida por el Conseller de Cultura de la Generalitat de Catalunya Joan Manuel Tresserras, Miguelanxo Prado obtivo o Gran Premio do Salò, en recoñecemento a toda unha trayectoria profesional. O artista ourensán David Rubín foi Premio Josep Toutain ó autor revelación 2006 e o colectivo Polaqia obtivo o Premio mellor Fanzine 2006 por Barsowia.

 

[Relación completa premiados]

Arriba

 

 

 

Feiras do Libro 2007

A Consellería de Cultura regula, dentro das feiras culturais, as seccións de feiras do libro en Galicia que se celebrarán no ano 2007

 

(20-Abril-2007)

 

Consellería de Cultura e DeporteHoxe saíu no DOGA a Orde do 16 de abril de 2007 pola que se regulan, dentro das feiras culturais, as seccións de feiras do libro en Galicia que se celebrarán no ano 2007.

As feiras do libro que realizará a Consellería de Cultura e Deporte en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia para o ano 2007 relaciónanse a seguir:

Lalín: do 21 de abril ao 24 de abril.
Santiago de Compostela: do 27 de abril ao 6 de maio.
Lugo: do 12 de maio ao 20 de maio.
Vilagarcía de Arousa: do 21 de maio ao 24 de maio.
Ourense: do 30 de maio ao 7 de xuño.
Ferrol: do 11 de xuño ao 17 de xuño.
Noia: do 21 de xuño ao 24 de xuño.
Vigo: do 29 de xuño ao 8 de xullo.
Pontevedra: do 12 de xullo ao 19 de xullo.
Cangas: do 21 de xullo ao 25 de xullo.
A Coruña: do 29 de xullo ao 10 de agosto.
Viveiro: do 13 de agosto ao 16 de agosto.
Foz: do 17 de agosto ao 20 de agosto.
Monforte de Lemos: do 22 de agosto ao 25 de agosto.

[Ver DOGA, 20 de abril de 2007]

Arriba

 

 

 

Salvaxe agresión ó poeta vilagarcían Gonzalo Bouza Brey

Unha chapa coa bandeira republicana motivou a agresión ó poeta, intelectual e escritor Bouza-Brey e a súa compañeira

 

(16-Abril-2007)

 

Gonzalo Bouza BreyGonzalo Bouza-Brey e a súa compañeira foron salvaxemente agredidos na madrugada do xoves ó venres á saída da cafetería California de Vilagarcía de Arousa. Un día antes da conmemoración do día da República, o ex-concelleiro polo PCE en Vilagarcía, estivo con María Isabel Rodríguez comentando os actos que se ían celebrar o día seguinte cando á saída da cafetería, R.L.E.R., natural de Meis, despois de intentar quitar a María Isabel un 'pin' coa bandeira republicana, comezou a agrediles mediante puñetazos e patadas por todo o corpo. A policia atopou a Bouza-Brey e a súa compañeira inconscientes nun charco de sangue, aínda que o escritor evoluciona favorabelmente e María Isabel xa está dada de alta. O agresor, con antecedentes de delitos contra o patrimonio e roubos con forza, foi detido pola policia de Vilagarcía e está internado na Unidade de Psiquiatría do Hospital Provincial de Pontevedra.

Arriba

 

 

 

Representación galega en Bos Aires

Do 16 de abril ó 5 de maio celebrarase en Bos Aires a 33ª Feira Internacional do Libro

 

(16-Abril-2007)

 

22º Feira do Libro de Bos AiresUnha nutrida representación de editoriais galegas estarán presentes na 33ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Xunto a stands de editoriais como os de A Nosa Terra, Xerais ou Everest Galicia entre outros participarán tamén entidades como a Consellería de Cultura ou a Asociación Galega de Editores.

[Ver web da 33ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires]

Arriba

 

 

 

Os Editores Galegos estarán na Semana de Sant Jordi

A Asociación Galega de Editores e Sargadelos Barcelona organizan a Semana do Libro Galego

 

(13-Abril-2007)

 

Asociación Galega de EditoresA Asociación Galega de Editores e a galería Sargadelos de Barcelona, co apoio da Consellería de Cultura e Deporte, organizan a Semana do Libro Galego en Barcelona, actividade que se desenvolverá dentro da Semana de Sant Jordi na capital catalana do 18 ó 27 de abril. Contará coa presencia da Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e do Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará e dentro dos actos presentaranse os libros Máis alá do tempo de María Mariño, A mirada impasibel (A filmografía de Andy Warhol) de Alberte Pagán, Os paxaros tamén migran ao sur de Silverio Cerradelo, A dirección de autores de Daniel Salgado e Dramaturxia de Afonso Becerra.

Arriba

 

 

 

"O libro é un instrumento prioritario para o desenvolvemento das persoas"

A Consellería de Cultura investirá 50 millóns até o 2011 na promoción da lectura

 

(11-Abril-2007)

 

Ánxela Bugallo"O libro é un instrumento prioritario para o desenvolvemento das persoas e para a promoción da cultura, a historia e a lingua galegas". A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, definiu así a importancia do sector do libro e concretizou o apoio institucional: 50 millóns de euros desde este ano até o 2011.

Nunha comparecencia destinada a avaliar o desenvolvemento da lei do libro, Ánxela Bugallo indicou que nas vindeiras semanas o seu departamento trasladará ao Parlamento o Plan de lectura 2007-2011. Para levar a cabo a súa posta en marcha, a Consellería prevé un investimento duns 50 millóns de euros. O obxectivo é mellorar os índices de lectura e reforzar o tecido creativo e empresarial dun sector que a conselleira definiu como "estratéxico" pola súa importancia cultural e económica e pola súa implicación na participación democrática dunha cidadanía culta e ben informada.

Trátase de mellorar a imaxe social do libro e da lectura, incrementar tanto en cantidade como en calidade a oferta, incidir de forma especial entre a xente máis nova, en concreto a través do ensino; e reforzar a formación do persoal de promoción da lectura. Para isto, Cultura traballará con todos os actores implicados: edición, deseño, impresión, comercialización, bibliotecas e librarías.

En canto á edición en lingua galega, xunto aos 1,2 millóns de euros comprometidos para a compra de exemplares, a Consellería apoia con 200.000 euros á tradución desde e para o galego e destina case outro tanto para a subvención de grandes proxectos editoriais.

Un apartado especial son as actividades especificamente pensadas para estender o hábito da lectura, para o que neste ano investirá 1,5 millóns de euros. A Consellería desenvolve campañas de fomento da lectura en espazos como centros de saúde, comercios, medios de transporte e centros culturais e está a deseñar e levar a cabo programas especiais como as semanas do libro.

[Máis información]

Arriba

 

 

 

O bosque animado converteuse esta fin de semana na fraga ilustrada

23 ilustradores dibujaron 'El bosque animado' de Wenceslao Fernández Flores

 

(02-Abril-2007)

 

Fraga IlustradaA Asociación galega de profesionais da ilustración organizou esta finde semana unha xuntanza de debuxantes que ilustraron El bosque animado de Wenceslao Fernández Flores, A fraga ilustrada.

O obradoiro, que se desenroló no mesmo espazo onde se trascorre a acción da novela, na fraga de Cecebre, contou coa colaboración do Concello de Cambre, a Deputación da Coruña e a Fundación Wenceslao Fernández Flores.

Para Manuel Craneo, presidente de AGPI, 'os obxectivos básicos destas xornadas son fomentar a interrelación entre os profesionais da ilustración que, polo xeneral, traballamos aillados, así como analizar a interesnte contribución á literatura de Wenceslao Fernández Flores nunha novela tan visual.

[Máis información]

Arriba

 

 

 

As obras de Manuel Vilanova e Manuel Rivas consideradas como os seus cimos literarios

'A esmeralda branca' e 'Os libros arden mal' Premios da Crítica nos apartados de poesía e narrativa en lingua galega

 

(01-Abril-2007)

 

Premios da CriticaO poemario 'A esmeralda branca' do escritor ourensán Manuel Vilanova e 'Os libros arden mal' de Manuel Rivas, no apartado de narrativa, foron premiados na 50 gala dos Premios da Crítica, que este ano celebrouse na cidade andaluza de Almería, e que concede a Asociación Nacional da Crítica Literaria.

O resto dos premiados foron:

Poesía en castelán: Zona desconocida de Julia Uceda.

Narrativa en castelán: Llámame Brooklyn de Eduardo Lago.

Poesía en catalán: Nura de Ponc Pons

Narrativa en catalán: La decisió de Brandes de Eduard Márquez

Poesía en éuscaro: Rimmel de Koldo Izagirre

Narrativa en éuscaro: Erretzaileen eremua de Jon Alonso

[Máis información]

Arriba

 

 

 

 

» Premiados nos Antón Losada Diéguez e a Fundación Premios da Crítica

» Factoría K, un ano despois da súa creación, obtén o primeiro Premio  Nacional de Edición na categoría de arte

» A Deputación da Coruña publica o traballo máis completo sobre Isaac Díaz  Pardo

» Renfe e a Consellería de Cultura agasallan ós viaxeiros con 11.000 libros

» Miguelanxo Prado, David Rubín e Polaquia premiados

» A Consellería de Cultura regula, dentro das feiras culturais, as seccións de  feiras do libro en Galicia que se celebrarán no ano 2007

» Unha chapa coa bandeira republicana motivou a agresión ó poeta,  intelectual e escritor Bouza-Brey e a súa compañeira

» Do 16 de abril ó 5 de maio celebrarase en Bos Aires a 33ª Feira  Internacional do Libro

» A Asociación Galega de Editores e Sargadelos Barcelona organizan a  Semana do Libro Galego

» A Consellería de Cultura investirá 50 millóns até o 2011 na promoción da   lectura

» 23 ilustradores dibujaron 'El bosque animado' de Wenceslao Fernández   Flores

» 'A esmeralda branca' e 'Os libros arden mal' Premios da Crítica nos   apartados de poesía e narrativa en lingua galega

             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

          

                       

 

Novas Abril 2007