MESES ANTERIORES

 

Xullo 2008

Xuño 2008

Maio 2008

Abril 2008

Marzo 2008

Febreiro 2008

Xaneiro 2008

Decembro 2007

Novembro 2007

Outubro 2007

Setembro 2007

Agosto 2007

Xullo 2007

Xuño 2007

Maio 2007

Abril 2007

Marzo 2007

 Xaneiro 2007

 

índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

                       

                       

 

Novas Marzo 2007


 

 

O premio estará dotado con 15.000 euros

O Ministerio de Cultura crea o Premio Nacional de Banda Deseñada

A banda deseñada equipararase en cuantía ós de Literatura, Historia de España, Mellor tradución e Literatura Infantil e Xuvenil

(28-Marzo-2007)

 

Premio Nacional de Banda DeseñadaA banda deseñada en España conta cunha gran tradición letora e na actualidade vive un momento de gran auxe, debido á creatividade dos autores que o cultivan e á expansión da súa industria editorial. Dacordo co estudo “Comercio Interior de libros en España 2005” en España en 2005 editáronse 13.883.540 de exemplares de 1.139 títulos distintos de banda deseñada, cifras que supón un 6% máis de títulos e un 55% máis de exemplares respecto do ano anterior. É de destacar tamén unha rede de librerías (unhas 150 de distintos tamaños) especializadas no mundo da banda deseñada.

A creación tivo lugar nunha Orde Ministerial do Ministerio de Cultura, datada o 20 de marzo de 2007, que modifica á do 22 de xuño de 1995, pola que se regulan os Premios Nacionais do ministerio. A orde ministerial foi publicado no BOE o 27 de marzo e entra en vigor hoxe 28 de marzo

 

Arriba

 

 

 

Os días 30, 31 de marzo e o 1 de abril

O centro comercial compostelán Área Central organiza a II Feira do Libro Infantil e Xuvenil galego

As editoriais Sotelo Blanco, A Nosa Terra e Baía Edicións exporán ás súas últimas novidades

(27-Marzo-2007)

 

Area CentralOs vindeiros días 30, 31 de marzo e 1 abril Área Central acollerá a segunda edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego, na que as editoriais galegas Sotelo Blanco Edicións, Baía Edicións e Edicións A Nosa Terra exporán as súas últimas novidades, ademais de organizarse outras actividades ao longo destes tres días, ao gusto de todos os rapaces.

En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consorcio Editorial Galego e as editoriais mencionadas, ao longo destes tres días Área Central convertirase na sede das letras galegas dirixidas aos máis pequenos, con este evento que se enmarca dentro das actividades vinculadas ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemora o 2 de abril.

[Ver programa completo]

Arriba

 

 

 

Noite de recoñecementos

Fina Casalderrey, a gran triunfadora na XVI edición dos premios Irmandade do Libro

Evencio Ferrero, alcalde do concello de Carballo, reivindicou a figura de Xesús San Luís Romero como candidato ao Día das Letras Galegas

(24-Marzo-2007)

 

Fina CasalderreyOnte déronse a coñecer os premiados da XVI edición dos premios Irmandade do Libro, que se celebrou no hotel Punta del Este de Carballo. Fai uns días coñecíamos a nova do premio do xurado á pontevedresa Fina Casalderrey -premio 'White Ravens 2006' da Biblioteca Internacional da Mocidade de Münich polo libro '¿Quén me quere adoptar?'- como mellor autor.

 

O resto dos premiados foron:

- Libro do ano: 'Os libros arden mal' de Manuel Rivas

- Centros de ensino: CEP Marcos da Portela, de Monteporreiro, Pontevedra

- Obra editorial do ano: O feísmo, de Difusora das Letras, Artes e Ideas

- Institución: Centro de Investigación Ramón Piñeiro

- Medios de comunicación e novas teconoloxías: Biblioteca Virtual (BIVIR), da Asociación de Tradutores/as Galegos/as

- Libraría: Ler, de Santa Comba

 

Arriba

 

 

 

Repartiranse os versos de dez poetas nas bolsas do pan de máis de 1100 panaderías de Galicia

Cultura presentou a campaña 'Pan con poesía' que percorrerá 114 concellos galegos

 

(22-Marzo-2007)

 

Luis BaráO director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presentou na Coruña con motivo do Día da Poesía o programa `Pan con poesía 2007’, unha iniciativa que pretende trasladar este xénero a outros ámbitos uníndoa a un elemento con arraigada tradición social, o pan.

Os cidadáns de 114 concellos elixidos poderán levar durante unha semana na súa bolsa do pan os versos de dez poetas galegas contemporáneas Marilar Aleixandre, Marica Campo, Mª do Carme Kruckenberg, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Xohana Torres, Eva Veiga e María Mariño, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

Está previsto o reparto de 500.000 bolsas de pan, 50.000 cos versos de cada poeta, entre as máis de 1.100 panaderías de toda Galicia que participan no proxecto. O programa ‘Pan con poesía 2007’ conta co apoio da Federación Galega de Panaderías, FEGAPAN, que colabora para que a obra destas dez autoras contemporáneas estea presente na mesa de miles de galegos.

[Máis información]

Arriba

 

 

 

O acto celebrarase o vindeiro venres 23 de marzo en Carballo

Finalistas dos XVI Premios Irmandade do Libro

O obxectivo destes premios, que naceron en 1991, é recoñecer o traballo de promoción e divulgación do libro e da lectura en galego, desenvolvidos por persoas, entidades e institucións da sociedade galega

 

(21-Marzo-2007)

 

Premios Irmande so LibroXa se coñecen os nominados aos XVI Premios Irmandade do Libro que convoca anualmente a Federación de Libreiros de Galicia que este ano terá lugar en Carballo o venres 23 de marzo.

O acto comezará as 18 h. cunha visita turística por Carballo e pola comarca de Bergantiños, de seguido haberá un coctel no hotel Punta del Este e a entrega de premios ás 23.30 h.

Os finalistas dos XVI Premios Irmandade do Libro son:

CENTROS DE ENSINO
-CEP Marcos da Portela, de Monteporreiro, Pontevedra.
-CEIP Castrelo, de Cambados.
-CEIP San Martiño, de Igrexa, Salcedo, Pontevedra.

LIBRO DO ANO
-Home sen nome, de Suso de Toro
-Os libros arden mal, de Manolo Rivas
-Pepa a Loba, de Carlos Reigosa

OBRA EDITORIAL DO ANO
-Diciopedia do Século 21, de Editorial Galaxia, Edicións do Cumio e Ediciós do Castro
-O feísmo, de Difusora das Letras, Artes e Ideas
-Colección Rescate, da Editorial Alvarellos

INSTITUCIÓN
-Fundación Alexandre Bóveda
-Centro de Investigación Ramón Piñeiro
-Biblioteca Municipal de Cambre

MEDIOS DE COMUNICACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS
-Faro das Letras
-Programa A casa do vagabundo, da Radio Galega
-Biblioteca Virtual (BIVIR), da Asociación de Tradutores/as Galegos/as

LIBRARÍA
-Ler, de Santa Comba
-Andel do Libro Galego e Portugués, de Vigo
-Libraría Nós, da Coruña
-Libraría Torga, de Ourense

Tamén outorgaráselle a Fina Casalderrey o premio Irmandade do Libro na categoría de mellor autor.

Arriba

 

 

 

Os libros en galego sumaron un total de 1406 exemplares

Galicia, a sexta comunidade onde máis libros editáronse no 2006

O galego é a terceira lingua do Estado en produción de libros por detrás do castelán o do catalán

 

(20-Marzo-2007)

 

Instituto Nacional de estadísticaGalicia está nos primeiros postos na edición de libros. Así o reflexan os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística no derradeiro estudo de Producción Editorial de Libros do ano 2006. Cun total de 2444 títulos, Galicia sitúase no sexto lugar por detrás de Madrid (22629 títulos), Cataluña (18384 títulos), Andalucía (5541 títulos), Pais Valenciá (3696 títulos) e Castela e León (2725 títulos).

En canto a lingua de edición os libros editados en galego sitúanse no terceiro lugar con 1406 títulos, por detrás do castelán, con 51858 títulos e do catalán, valenciano e balear, con 7079 títulos, e por diante do éuscaro, 962 títulos. En canto a temática en galego, os máis editados foron os libros de Literatura, Historia e Crítica literaria (589 títulos), Publicacións oficiais (249 títulos) e Literatura infantil (242 títulos).

Máis títulos, menos tirada. Aínda que apareceron un maior número de títulos, isto non se reflexou na tirada media de exemplares, que se situou en 3859 ex/tít.; o que supón un descenso do máis do 12% repecto ao ano 2005.

[INE- Producción Editorial de Libros]

Arriba

 

 

 

XVI Premios Irmandade do Libro

O Concello de Carballo acollerá a edición 2007 dos premios Irmandade do Libro, que convoca a Federación de Libreiros de Galicia

A convocatoria contempla seis modalidades: Librarías, libros do ano, centros de ensino, medios de comunicación, institucións e autores

 

(16-Marzo-2007)

 

Concello de CarballoOnte presentouse no Pazo de Cultura do Concello de Carballo a XVI Edición dos premios Irmandade do Libro, que convoca anualmente a Federación de Libreiros de Galicia dende o ano 1991 e que terá lugar o vindeiro venres 23 de marzo.

No acto, onde estiveron presentes Xaime Corral, presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fernández, coordinador da Federación, a concelleira de cultura de Carballo Belén Lendoiro e o libreiro Ramón Tasende, mostrouse o programa que comezará ás seis da tarde e rematará cunha cea no hotel Punta del Este onde se darán a coñecer os premiados.

A convocatoria contempla seis modalidades: Librarías, libros do ano, centros de ensino, medios de comunicación e novas tecnoloxías, institucións e autores.

Arriba

 

 

 

 

Teoría de Galicia. Obra xornalística en Vida Gallega, 1926-1963

Alvarellos Editora reúne nun volume os 72 escritos de Otero Pedrayo para Vida Gallega, inéditos en libro

O libro corresponde ao sexto tomo da Colección Rescate, onde xa apareceron F. del Riego, Álvaro Cunqueiro, Vicente Risco, Leandro Carré Alvarellos e C. J. Cela

 

(14-Marzo-2007)

 

Teoría de GaliciaAlvarellos Editora publica o tomo sexto da súa Colección Rescate coa edición, por primeira vez en libro, de toda a obra xornalística de Ramón Otero Pedrayo para a revista Vida Gallega, unhas colaboracións esquecidas que se remontan ao ano 1926 e que chegaron, catro décadas despois, até 1963. Trátase do volume titulado Teoría de Galicia. Obra xornalística en Vida Gallega, 1926-1963, un libro de 400 páxinas, escrito en galego e castelán, onde se reúnen 72 escritos de temática e xénero variados: de prosas líricas a crónicas da época, pasando por ensaios e mesmo relatos de ficción. A visión conxunta de todos eles enxerga efectivamente toda unha teoría de Galicia e son unha mostra da monumental prosa oteriana.

A obra conta cun amplo estudo introdutorio a cargo do profesor, historiador e escritor ourensán Marcos Valcárcel, titulado “Otero Pedrayo no xornalismo galego”.

Arriba

 

 

 

IV Edición do Certame de Poesía Galega

Caixanova e o Pen Clube de Escritores de Galicia consolidan o certame poético mellor dotado económicamente de Galicia

O premio, obtido nas últimas edicións por Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova e Marilar Aleixandre, increméntase este ano ata os doce mil euros

 

(08-Marzo-2007)

 

VI Premio de Poesía CaixanovaFroito da colaboración entre o PEN Clube de Escritores de Galicia e Caixanova, xurdiu, no 2002, a convocatoria anual do Premio de Poesía Caixanova. O premio, que é un e indivisible, está dotado con 12.000 € , 2.000 € mais que nas edicións anteriores - a contía máis importante dos premios de poesía que se convocan en Galicia, e unha das máis altas a nivel nacional-. O fallo farase público a comezos de decembro de 2007 e a él poden concurrir os poetas que o desexen presentando unha obra escrita en lingua galega cunha extensión mínima de 600 versos que non poderá estar concurrindo simultaneamente a outro concurso. 

[Bases do concurso]

Arriba  

Nominados no 25º Saló Internacional del Cómic de Barcelona

David Rubín, Alberto Vázquez, Barsowia e Puñetas desde el Atlántico entre os mellores en banda deseñada

Acumulan un total de oito nominacións

 

(05-Marzo-2007)

 

25º Saló Internacional del Còmic de BarcelonaO 25º Saló Internacional del Còmic de Barcelona celebrarase do 19 ó 22 de abril na Fira de Barcelona. David Rubín (Ourense, 1977), está nominado nas categorías de Autor Revelación, Mellor obra, Mellor guión e Mellor debuxo coa obra La tetería del oso malayo (Astiberri). Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), con Psiconautas (Astiberri) opta ós premios Autor Revelación e Mellor debuxo e os fanzines Barsowia, do colectivo Polaquia e Puñetas desde el Atlántico como Mellor fanzine. Os resultados daránse coñecer o vindeiro 20 de abril.

 

[Máis información]

Arriba

 

 

 

A consellería de Cultura e Deporte promove unha nova actividade de promoción á lectura

A semana do Libro e da Lectura percorrerá oito localidades

Moaña, Monforte, Viveiro, Porriño, Carballo, Ames, Allariz e Pontedeume acollerán distintas actividades

 

(05-Marzo-2007)

 

Consellería de Cultura e DeporteO director de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presentou en Pontevedra as Semanas do Libro e a Lectura, que baixo a temática do medo teñen como obxectivo "seguir a mesma liña do Salón do Libro Infantil e Xuvenil" facendo un encontro "participativo, formativo e agradábel" que se estenderá por oito concellos do país ata xuño.

O domingo 11 de marzo Moaña será a encargada de inaugurar estas Semanas itinerantes que se desenvolverán ata o 15 de marzo e incluirán unha homenaxe ao escritor Bernardino Graña. Na Casa da Cultura de Monforte comezarán as xornadas o 18 para rematar o 22; Viveiro abrirá as súas portas ao evento o domingo 25 e pecharaas o 30 de marzo, en Porriño terán lugar do 9 ao 14 de abril, en Carballo do 22 ao 28 no Pazo da Cultura, en Ames do 6 ao 12 de maio, en Allariz do 20 ao 26 de maio e en Pontedeume do 3 ao 9 de xuño.

[Máis información]

                                                                                                          Arriba    

Nova iniciativa editorial de Rinoceronte

"Longa noite de pedra" e "Gramática do silencio" serán os primeiros títulos

A proposta pretende traducir as obras en varias linguas

 

(05-Marzo-2007)

 

Rinoceronte Editora"Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro e "Gramática do silencio" de Eusebio Lourenzo Baleirón son os títulos cos que comeza a súa andaina, a nova sección da editora Rinoceronte para traducir autores galegos. As obras presentaranse en castelán, pero a empresa ten a intención de traducir tamén a outras linguas. Rinoceronte é unha editorial galega especializada en traducións, dirixida polo tradutor e crítico literario Moisés Barcia.

Arriba  

 

Culturgal

A AGE e as consellerías de Cultura, Educación e Industria presentan Culturgal

A iniciativa aglutinará tódolos sectores do mundo da cultura, como a edición, as artes gráficas, o disco, as novas tecnoloxías, o audiovisual e multimedia, entre outras

 

(03-Marzo-2007)

 

Culturgal A Asociación Galega de Editores está a organizar Cultur.gal, Feira do Libro e da Industria Cultural, un espazo de encontro no que amosar e compartir toda a oferta producida pola industria cultural do país.

Este proxecto celebrarase no Pazo de Cultura de Pontevedra entre os días 10 e 13 de maio de 2007, tratando de ser unha plataforma de referencia obrigada na que se integren, dinamicen e interrelacionen todos os sectores reunidos entorno á industria cultural galega.

Todos os que queiran coñecer esa oferta cultural do país teñen unha gran cita en Cultur.gal, pois constitúe un perfecto escaparate tanto para os técnicos, que terán nesta feira un punto de encontro de asociacións profesionais, como para a cidadanía en xeral, que poderá coñecer e mercar todos os produtos culturais: libros, discos, produtos audiovisuais, produtos informáticos, artesanía do libro e do papel.

Unha das grandes liñas de actuación do Cultur.gal será a das actividades culturais. Xa que logo, ao longo deses catro días de maio existirá unha continuada oferta de eventos, baseada na presentación de libros e discos, no encontro con escritores e músicos, proxeccións, mesas redondas, actuacións musicais, actividades infantís ou danza, así como a retransmisión en directo de diversos programas de radio e televisión, para o que se conta co apoio da RTVG
.

Arriba  

 

  

» O Ministerio de Cultura crea o Premio Nacional de Banda Deseñada

» O centro comercial compostelán Área Central organiza a II Feira do Libro  Infantil e Xuvenil galego

» Fina Casalderrey, a gran triunfadora na XVI edición dos premios  Irmandade do Libro

» Cultura presentou a campaña 'Pan con poesía' que percorrerá 114  concellos galegos

» Finalistas dos XVI Premios Irmandade do Libro

» Galicia, a sexta comunidade onde máis libros editáronse no 2006

» O Concello de Carballo acollerá a edición 2007 dos premios Irmandade do  Libro, que convoca a Federación de Libreiros de Galicia

» Alvarellos Editora reúne nun volume os 72 escritos de Otero Pedrayo para  Vida Gallega, inéditos en libro

» Caixanova e o Pen Clube de Escritores de Galicia consolidan o certame   poético mellor dotado económicamente de Galicia

» David Rubín, Alberto Vázquez, Barsowia e Puñetas desde el Atlántico  entre os mellores en banda deseñada

» A semana do Libro e da Lectura percorrerá oito localidades

» "Longa noite de pedra" e "Gramática do silencio" serán os primeiros títulos

» A AGE e as consellerías de Cultura, Educación e Industria presentan   Culturgal