índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Lecturas no verán


 

 

 

 

Na praia, na montaña, no parque, no bosque, no río, na piscina, no sofá, na aldea, no estranxeiro, debaixo dunha árbore, no céspede, no Festival de Ortigueira, con música, en bikini, de noite, na cafetería, en Lugo, á sombra ou ao sol, na rúa, en Chantada, na casa, relaxado... O tempo estival é ideal para gozar de boas lecturas durante o período vacacional. Ao longo dos últimos seis meses ofrecímosvos na Biblioteca Máxica algunhas das novidades máis interesantes coas que nos agasallaron @s nos@s autor@s neste tempo. Sumámoslles outros libros de indubidable interese para acompañar estas datas de descanso. Agardamos que as gocedes!!!!!!

 

 

Infantil

As aventuras da mazá vermella

As aventuras da mazá vermella / Jan Lööf [Trad. de Jarna Piipo e Ramón Nicolás]

Kalandraka. 13 €

 

O azar sorpréndenos a cada momento, como aos protagonistas deste trepidante relato: o froiteiro pasa de burlador a burlado e o home do traxe a raias atopa recompensa á súa inxenuidade. Cunha sinxela mazá vermella como fío conductor, este álbum invita o lector a realizar un animado percorrido polos recunchos dunha cidade, atrapado nunha serie de circunstancias casuais e encadenadas entre sí, cada cal máis insólita.

 

Boa sorte

Boa sorte / María Solar [Textos] e Xosé Tomás [Ilustracións]

Baía. 12 €

 

"Boa Sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo neste mundo foi nacer, e xa non lle saíu ben, porque Boa Sorte naceu de cu".

Desde entón estar ao seu carón resultaba perigoso porque calquera cousa podía pasar. Todo foron desfeitas até que un día atopou unha explicación a tanta mala sorte... Pero mellor que a coñezas ti, lendo a súa historia.

 

 

Bocas

Bocas. Animais extraordinarios / Xulio Gutiérrez [Textos] e Nicolás Fernández [Ilustracións]

Faktoría K. 16 €

 

Estamos ante un libro moi instructivo, ameno, ben estructurado e de gran atractivo visual. Comeza situando o lector ante os diversos grupos do reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sul, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece de cada un deles un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose especialmente na forma de obter o seu alimento.

Trátase dunha obra recomendada non só para o eido escolar, senón para todos os lectores interesados no medio ambiente. Dende a superlingua do oso formigueiro, ata os dentes coma coitelos da piraña, pasando poia anatomía imposible do ornitorrinco ou o aspecto primitivo da lamprea, este libro abriranos as portas ao fascinante mundo dos animais.

 

Cleta, un agasallo do mar

Cleta, un agasallo do mar / Joan Vila i Vila [Textos] e Roger Olmos [Ilustracións] [Trad. de Luis Manuel Fernández]

Tambre. 7,50 €

 

Cleta é unha cativa cos ollos verdes coma dúas esmeraldas, unha longa cabeleira da cor do ouro e un corpo que recende a sal. O seu rostro é branco coma a escuma das ondas que rachan ao pé do faro en que vive. Ela é a protagonista dunha historia que empezou unha noite de lúa chea, cando unha serea abandonou as profundidades do seu reino para amosarlle á filla o que hai fora da auga.

 

Hop Frog

Hop Frog / Edgar Allan Poe ; Paco Liván [Adaptador] e Alberto Vázquez [Ilustracións]

OQO Editora. 11,90 €

 

Ao rei gustábanlle as bromas pesadas; para divertirse, pensou en burlarse do seu bufón e fíxolle beber viño, sabendo que o poñía tolo.

Entón a Hop-Frog empezáronlle a brillar os ollos e os dentes a renxer...

e maquinou un plan para vingarse de todas as afrentas recibidas.

Esta foi unha das últimas obras escritas por Poe, publicada en 1849 -ano da súa morte-, historia macabra de dor e vinganza na que o bufón protagonista decide tomar a xustiza pola man e acabar de vez coas burlas e desprezos que os poderosos da corte lles dispensaban a el e á súa amiga Tripetta.

 

A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín

A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín / Anna Castagnoli [Textos] e Susanne Jansen [Ilustracións] [Trad. de Antón Fortes]

OQO Editora. 11,90 €

 

Aquel neno pasaba as horas subido nunha gran árbore. A nai berráballe desde a ventá: Es un galopín! E isto, todos os días de todos os meses do ano, tanto e tan seguido que o neno esqueceu o seu verdadeiro nome. Mais un día estraño de maio, o galopín atopou na copa da árbore un pequeno ovo de paxaro...

Como Cósimo, o barón rampante de Italo Calvino, o protagonista desta historia toma desde as alturas certa distancia cun mundo que non comparte; unha distancia que lle proporciona liberdade e unha nova perspectiva do mundo, das persoas e dos acontecementos desde a que reconstruírse el mesmo.

 

Lía e as zapatillas de deporte

Lía e as zapatillas de deporte / María Reimóndez [Textos] e Iván Sende [Ilustracións]

Xerais. 9 €

 

As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis.

Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto.

 

Os ourizos cachos e o gran río gris

Os ourizos cachos e o gran río gris / Rosa Aneiros [Textos] e Rodrigo Chao [Ilustracións]

Galaxia. 9,10 €

 

Velaquí unha familia de ourizos: mamá ouriza e os seus tres fillos, Espi, Cacheiro e Pugón.

 

Mamá ouriza encárgase de ensinarlles moitas cousas. Sobre todo, a teren coidado no gran río gris.

 

 

 

A viaxe do bisavó

A viaxe do bisavó / Marta Farias [Textos] e Aitana Carrasco [Ilustracións] [Trad. de Manuel Rodríguez]

Kalandraka. 14 €

 

Éste é un relato sobre unha viaxe soñada e sempre aprazada: o bisavó, un gran xefe indio, soña con cruzar o mar , pero sempre hai algo que o retén: a marea, a falta de vento o nacemento da filla, en fin…a vida. Terá que ser a súa filla quen faga realidade o soño , cruzará o océano nun gran barco e coñecerá o que hai ó outro lado: as cidades, as xentes, os costumes, pero tamén a morriña e a soidade. Ata que asomada os tellados para tratar de oir os sons da súa terra, que tanto bota en falta, atopa a un rapaz que espera que o vento lle traia o recendo do mar. Namóranse, teñen fillos, netos, en fin…a vida. Unha das netas narra esta historia mentras contempla como a súa irmá, María, soña con cruzar o mar para coñecer o que hai do lado do bisavó.

 

 

 

 

 

Xuvenil 

 

Adiviña quen son

Adiviña quen son / Beatrice Masini e Roberto Piumini

Tambre. 8,8 €

 

<>.Así comeza a singular aventura entre dous mozos compañeiros de clase que intercambian mensaxes anónimas nas que falan de si, dos seus sentimentos, dos seus compañeiros de instituto, das súas familias. Unha historia escrita a dúo na cal os protagonistas van tecendo e descubrindo a misteriosa linguaxe do amor e da sedución.

 

 

Agardarei por tí en África

Agardarei por ti en África / Blanca Álvarez [Trad. de Mª Isabel Soto]

Planeta & Oxford. 6,92 €

 

Aos seus doce anos, Roxelio non é un neno feliz. Non sofre as dentadas da fame nin as escasezas da posguerra, como ocorre en tantas casas da vila, aínda que lle custa aturar a fame de cariño e o peso dun segredo que non coñece pero que intúe. Será no cemiterio, o lugar dos mortos, onde descubrirá a alegría de vivir. Unha novela que fala da guerra e da posguerra, das feridas que o rancor non deixa cerrar e da forza do amor que acaba superando os obstáculos.

 

 

O asegurador de ovnis e catro contos máis

O asegurador de OVNIS e catro contos máis / Xerardo Neira [et. al]

Xunta de Galicia. 3 €

 

Libro que recolle o conto gañador do Premio Ourense de Contos para a Mocidade así como os catro accésit da súa 24ª edición, convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e a Delegación Provincial da Igualdade e do Benestar, como contribución á festa do Día das Letras Galegas. Xerardo Neira, santiagués de 29 anos, é o autor de “O asegurador de ovnis”. É un conto ameno, fácil de ler, que mestura o mundo real como é a busca dun traballo, a dureza do mundo laboral e a realidade das compañías de seguros, cun mundo ficticio como a chegada dos extraterrestres á terra, e faino cunha historia que consegue enganchar ao lector ata un final moi ben resolto. Tamén se publican os catro accésit, de Alba Cid, de Ourense, co conto “Na febra da miña trampa”; de Rocío Leira Castro, de Cee, A Coruña, a obra “Folerpas de neve negra”; de Mario Otero Iglesias, do Corgo, Lugo, o conto “A chave dos soños”; e de Andrés Ocampo Lourido, de Ourense, con “Loucura” —este último, dentro do apartado de menores de 18 anos—.

 

Guernica

Guernica / Heliane Bernard [Textos] e Olivier Charpentier [Ilustracións] [Trad. de Emma Lázare]

Kalandraka. 17 €

 

Cun plantexamento cronolóxico, esta obra desgrana os episodios que conduciron á materialización dunha das obras da Arte Contemporánea máis famosas de todos os tempos, Entre malo e xuño de 1937, o pintor Pablo Picasso plasma toda a rabia, a impotencia e a dor que Ile causa o bombardeo sobre Guernica.

O mural foi un encargo para representar a España na Exposición Universal de París, pero converteuse nun símbolo da libertade, unha metáfora sobre o drama humano, o despropósito político e a antesala da debacle posterior, co estourido da II Guerra Mundial.

 

Nano

Nano / Concha Blanco [Textos] e Manel Cráneo [Ilustracións]

Everest Galicia. 8,50 €

 

Nano é un mozo que ben se pode identificar co inverno, pola súa cor gris, estación do ano de días curtos e noites largas. Nano procura recoñecerse e aceptarse tal como é, cos seus defectos e virtudes. Inténtao primeiro da man de Mali e logo da de Román. Cústalle abrir a porta da gaiola na que el mesmo se pecha cada día e comezar a voar, proxectándose libremente ao exterior ante os ollos da súa xente. Cuando cre que o vai conseguir, unha desgraciada circunstancia, coa que ninguén contaba, convértese nun atranco difícil de salvar. Pero do dano sufrido tamén se aprende e Nano non se permite tocar fondo e rexorde, agora coma os gromos na primavera.

Unha historia de intriga e de loita polo recoñecemento da propia identidade sexual.

 

A vida encaixa

A vida encaixa / Eugène

Xerais de Galicia. 7,50 €

 

Se os adultos respondesen a todos os interrogantes dos nenos, que sucedería?... Unha mañá o pai de Sachinka levanta o dedo maimiño para pedirlle un café a súa muller. A súa filla pregúntalle por que fixo ese xesto, e el non sabe contestar. Sachinka insiste, pois quere respostas sinxelas para as súas preguntas e non parará ata conseguilo. Dende a súa pregunta, suspendida no aire, Sachinka expresa o seu interese de comprender o mundo, o seu afán por arpender e buscar solucións ante a adversidade. A vida encaixa, do escritor romanés Eugène, é unha novela xuvenil na que se abordan temas como a solidariedade, a sociedade de consumo, a curiosidade infantil, a inocencia, o espírito crítico e a análise e a procura da propia identidade.

 

 

 

 E non deixes de visitar a Biblioteca Máxica!!!

 

>> Adultos