Lecturas no verán
|
Na praia, na montaña, no parque, no bosque, no río, na piscina, no sofá, na aldea, no estranxeiro, debaixo dunha árbore, no céspede, no Festival de Ortigueira, con música, en bikini, de noite, na cafetería, en Lugo, á sombra ou ao sol, na rúa, en Chantada, na casa, relaxado... O tempo estival é ideal para gozar de boas lecturas durante o período vacacional. Ao longo dos últimos seis meses ofrecímosvos no Andel algunhas das novidades máis interesantes coas que nos agasallaron @s nos@s autor@s. Sumámoslles outros libros de indubidable interese para acompañar estas datas de descanso. Agardamos que as gocedes!!!!!!
|
Adultos
|
|
Atracción total / Carmen Blanco Xerais de Galicia. 16,50 €
Atracción total é unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrelato e do relato de relatos. O libro deseña, con retallos, un tapiz de tapices, como a vida, e foi escrito como que cose. Nel faise unha exaltación radical do pracer, da liberdade, das mulleres, dos homes, da natureza, do progreso harmónico e da memoria contra o poder, para asumir plenamente a vida, en paz, con alegría e ata as súas últimas consecuencias. Con el, pois, atracción total: o amor, a liberdade, a vida.
|
|
|
A capela maldita / Mario Franco Toxosoutos. 7,50 €
Na segunda metade do século XIX, un médico compostelán recibe unha chamada de auxilio para un colega amigo que está agonizando, e un escrito no que conta os estranos sucesos que viviu despois de atopar unha capela no monte aparentemente abandonada... mais onde, porén, se apreciaban os signos de que algo a habitaba. Nas súas palabras mestura o mundo dos vivos e o mundo dos mortos. E eses feitos mudarán os valores das persoas que presencian a transformación das verbas en carne. Este é un relato áxil que manterá en vilo ao lector ata o derradeiro alento.
|
|
|
La Casa de la Troya / Alejandro Pérez Lugín Camiño do Faro. 17,30 €
Trata de los amores y las peculiaridades de una villa jacobea y estudiantil -Santiago de Compostela- a finales del siglo XIX. La novela destaca por su valor etnográfico y su divertida traza; bajo la vigilancia de los villéus, los profesores y los burgueses y propietarios. El argumento, en el que tienen un papel los madrastros que se oponen a la pareja protagonista, se resuelve felízmente. Edición de Lucindo-Javier Membiela basada en la 1ª edición de 1915. Prólogo de 30 páginas y 120 ilustraciones originales de la artista Cristina Figueroa.
|
|
|
Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética / Celso Emilio Ferreiro ; il. de Baldo Ramos Faktoría K. 15 €
Celso Emilio Ferreiro plasmou na súa obra poética o seu xeito de contemplar o mundo: comprometido, rebelde, crítico, mais tamén sensible, solidario, vangardista. Esta escolma reúne os versos máis senlleiros publicados en “Longa Noite de Pedra”, “Viaxe ao país dos ananos” e “Onde o mundo se chama Celanova”. Baldo Ramos presenta, a partir de cada poema, a súa visión persoal do que transmiten os versos; de estilo surrealista, formato caligráfico, unha mestura cromática na que contrastan negro, branco, vermello, amarelo, lila, granate...
|
|
|
O curioso incidente do can á media noite / Mark Haddon Rinoceronte Editora. 18,50 €
Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.
|
|
|
Da beleza / Zadie Smith Galaxia. 26 €
Situada en ambas as beiras do Atlántico, nos EUA e en Inglaterra, a terceira novela de Zadie Smith (Londres, 1975) é unha brillante e divertida ollada á vida dunha familia, á parella, ao vencello entre vida persoal e política. Unha honesta e fonda pescuda na desilusión da xente e nas súas consecuencias para a sociedade. Da beleza conta a historia dos Belsey, un profesor inglés casado cunha afroamericana, e os seus tres fillos. A historia dos seus ideais, da súa busca do amor e máis do seu compromiso con eles mesmos e cos demais.
|
|
|
Da vendima á zafra. Crónica dun emigrante galego en Cuba / Emilio Comas Paret Edicións Sotelo Blanco. 10 €
Un labrego de Eiras (San Amaro) embarca para Cuba con quince anos. Xa vello, rememora na Habana a potencia campesiña da bocarribeira de Razamonde nos comezos do século XX: riquísima en viño e carne, libérrima no fornicio pero implacábel na lei tribal do casamento; festeira e bailadora pero violenta, con código de pólvora e machado, polas estremas e contra os mozos pretendentes das aldeas veciñas. Entrampado polos ganchos (os axentes das navieiras que vendían billetes para América a comisión), o protagonista foxe de polisón nun vapor para vivir un susto cada hora, coma os perseguidos de Barrigaverde. Xa na beira da costa cubana, o rapaz rompe a chorar cando o sorprende un cociñeiro: “A fin de contas –recorda- era un cativo: só tiña quince anos”. O pícaro supera a Huckleberry Finn na súa inventiva para sobrevivir na travesía e na Cuba que resiste xa no primeiro cuarto de século XX a inxerencia norteamericana. Reparte carbón, aprende a conducir un Ford T, faise cociñeiro experto, poceiro, tractorista na zafra e mecánico dun ingenio até que a Revolución lle asegura un merecido retiro.
|
|
|
Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto / Antonio Reigosa Morgante.
Coas versións dos cinco contos que aquí ofrecemos pretendemos un achegamento ao imaxinario popular do Antigo Exipto. Todos eles teñen en común esa orixe de raigame popular. Son relatos de intriga e de aventura, de maxia e de persuasión, que tratan do fado ou do destino, de viaxes marabillosas protagonizados por xentes do común pero tamén por magos coma Senorisis, por heroes, por faraóns e deuses coma Anubis ou Osiris. Non faltan os obxectos máxicos, as plantas fabulosas, as transformacións e os encantamentos aglaiantes, o misterio, o enigma ou as situacións sorprendentes que en moitos casos semellan ser a orixe, o berce, de motivos semellantes aos que aparecen nos relatos populares que aínda hoxe se difunden de boca a orella no noso mundo occidental. Do Antigo Éxipto ata hoxe cóntanse moitos centos, e ata milleiros, de anos pero as almas dos exipcios de antano e as nosas siguen nutríndose con ese manxar exquisito que entón e agora chamamos fantasía.
|
|
|
Fume / Rubén Ruibal Insomnio / Rubén Ruibal e Carlos Losada Estaleiro Editora. 6 €
Primeiro título da colección de teatro de Estaleiro Editora. O presente volume recolle as pezas teatrais Fume de Rubén Ruibal e Carlos Losada e Insomnio, de Rubén Ruibal.
|
|
|
As mellores intencións / Begoña Paz Xerais de Galicia. 15,25 €
As vidas de Gabriel e Lis encóntranse en Aldara, a cativa a quen el quere salvar, a quen ela só sabe odiar. Amor e odio, verdade e mentira son os alicerces duns personaxes que se debaten entre a decepción pola vida que lles tocou en sorte e a esperanza de que, por unha vez, todo poida ira a mellor. As mellores intencións é unha historia de amores obsesivos, os que senten Gabriel por Aldara, a cativa pola súa nai, Lis polo “miñoca”. Un conto cruel cunha rapariga enfeitizada, unha cinsenta ferida e ferinte e un narrador que agocha, baixo a máscara da pasividade, unha cerna escura e implacable.
|
|
|
Na solaina / David D. Vázquez Álvarez Baía. 15 €
Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada vólvese libre e a vista que ante nós se ofrece resulta dunha amplitude totalmente descoñecida, serena... máis reconfortante. Ana é unha de tantas mulleres que naceran na segunda década do século XX e que viu rota a súa vida pola marcha do seu ser máis querido á outra beira do océano na procura duns pesos... e por unha guerra que nunca tiña que ter comezado... pola soidade, pola xenreira. Séntese, cando era moza, case unha nena, na obriga de abandonar a súa casa, a súa familia, coa soa idea de afastarse de todo para sempre, tentando ao mesmo tempo fuxir dos recordos que ameazaban con relala por dentro. A cidade da Coruña acolleuna cos brazos abertos e alí permanece durante corenta anos. Consegue co tempo o seu propósito de borrar o pasado. As circunstancias lévana de novo á súa terra. Un fortuíto accidente condúcea a un fogar da terceira idade que construíron preto da aldea que a viu nacer. Desde alí pode contemplar a diario todos os recantos nos que reverdecen outra vez, as lembranzas que cría durmidas... Ana ten algo máis de sesenta anos...
|
|
|
Obxectos antigos de orixe ignorada / Antón Risco Galaxia. 16 €
Novela inédita de Antón Risco que se publica postumamente. Recorrendo a materiais tan diversos coma artigos do xornal, transcricións de programas de TV, críticas de cine e cartas, o autor inicia ao lector nun xogo narrativo que comeza cun home de mediana idade asasinado nun tren. A partir de aquí, a novela desenvolve tres historias, posibles mais diferentes, nas que se ven implicadas as Brigadas Roxas, ETA e a espionaxe antes da caída do muro de Berlín.
|
|
|
Raiolas no faiado / Francisco Rozados Edicións Sotelo Blanco. 11 €
O título desta obra, Raiolas no faiado, está tirado dunha dedicatoria que Ánxel Vence lle fixo a Chano Piñeiro, que foi o inventor de Trasdomonte, transunto da bisbarra na que Chano e mais o autor do libro naceron, a Terra de Montes. Os relatos, habitados por personaxes de toda laia, transcorren nesa terra engaiolante na que a chuvia ten corpo e alma, e as mulleres tecen soños que se irmandan coa lembranza; na que cada árbore acubilla a alma dun home e cada outeiro é a gorida dun trasno; na que cada fraga e cada souto abeiran segredos milenarios, e os ríos e regatos carrexan quimeras imposibles de penetrar sen ollos avisados; na que homes e mulleres se mesturan con espíritos e ánimas familiares, e na que mortos e vivos conviven, consciente cadaquén dos seus andares.
|
|
|
Santa Matriusca / Iria López Teijeiro Biblos. 12 €
Santa Matriusca comeza no porto de O Grove, cando a Señora Encarnación, nunha viaxe organizada pola Asociación de Veciños de Santa Mariña de Eirís, bate cun posto ambulante no que se venden unhas figuriñas ben bonitas. Alí é onde a devota anciá merca a matriusquiña, convencida de que se trata dunha importante santa rusa. Días despois de que a Señora Encarnación mercase a boneca, na parroquia de Santa Mariña de Eirís ten lugar un milagre que pode salvar á vila da súa inminente desaparición baixo dunha autoestrada. A Señora Encarnación xa non terá dúbida de que se trata dunha virxe milagreira.
|
|
|
La soledad de las vocales / José María Pérez Álvarez Bruguera. 17 €
En el rótulo de la pensión Lausana faltan letras. Allí malviven, junto al protagonista borracho e insomne (que comparte habitación con el fantasma de una suicida) un joven escritor que sueña con alcanzar el éxito y rescatar a sus padres de la miseria en un Audi conducido por un chófer negro; un pintor enfermo que quiere morir lejos de quienes le conocen, y una mujer madura que asegura haber sido una nadadora famosa, bella y amada por Johnny Weissmuller.
|
|
E non deixes de visitar o Andel!!!
|
|