índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

 

 

Limpeza de sangue

 

Rubén Ruibal. Enviado por Marcos Torres Neira (Os Mallos-A Coruña)

 

 

 

Limpeza de sangueO dramaturgo Rubén Ruibal consigue, con “Limpeza de sangue”, trazar unha historia urbana, actual, tráxica. Unha trabada de realidade que mostra esa Coruña suburbana e escura afastada da Coruña de tarxeta postal coa Rúa Real, as marisquerías nas rúas adxacentes a María Pita e a Torre de Hércules.

 

Un ionqui sen sorte, Fernando, e un novo rico, Pantaleón, coinciden na sala de diálise do hospital. As conversacións que manteñen mentres lles practican a limpeza de sangue nos mostran dous modos de vida antagónicos, dúas realidades que conviven na mesma cidade. Fernando ten que roubar para pagar as facturas e poder manter a súa familia mentres intenta desengancharse da heroína mentres que as aspiracións de Pantaleón son gañar máis cartos e ascender socialmente traballando para un empresario sen escrúpulos.

 

Ao longo do libro vanse sucedendo unha serie de personaxes pertencentes a eses dous mundos: Mucha, a muller de Fernando, preocupada polo seu estado de saúde e que profesa por el un amor sen medida. Clemente, amigo de Fernando enganchado á heroína que busca por todos os medios o diñeiro para costearse as súas doses diarias de cabalo. Don Anselmo, o xefe de Pantaleón, amante dos animais, non dubida en salvalos do depósito pero pode aplastar aos seus empregados por conseguir os seus obxectivos. Castelo, o inspector de policía, corrupto ante os intereses de Don Anselmo. Don Luís, o médico que trata a Fernando e a Pantaleón, ético en cuestións profesionais e non tanto para recibir agasallos por parte de pacientes e provedores.

 

Rubén Ruibal utiliza un linguaxe da rúa, lonxe do que é un galego normativo. Os lectores sentímonos identificados coas expresións e localismos que utiliza. Os diálogos son fluídos, directos, sen concesións, non en van é un texto teatral. Hai moito humor, pero é un humor ácido, deses que che deixan medio sorriso. Aparecen críticas á sociedade, á política corrupta, ao pechar de ollos ante os problemas da xente, á hipocresía, á nula integridade das persoas e incluso unha (tristemente) divertida sobre a invisibilidade do teatro.

 

Ruibal roza o sobresaínte neste libro, que por desgraza só podemos ler ante a falta de apoios para a súa representación teatral.

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán

 

Conversas con Darío Xohán Cabana

 

Game Over