índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

    

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

            

                        

 

 

Retrato do artista cando novo

James Joyce. Enviado por Xurxo Cadarso (Agolada)

 

Retrato do artista cando novoO ‘Retrato do artista cando novo’ é a miña primeira incursión no mundo literario de James Joyce. Sempre me deu moita pereza ler o ‘Ulises’ e a este libro cheguei por un disco de Dar Ful Ful (antigo grupo do músico santiagués Marco Maril) de título homónimo co de Joyce.

A novela din que ten moitos rasgos autobiográficos do propio Joyce, reconvertido aquí no seu alter ego Stephen Dedalus, o que pode axudar a entender algunhas das características das obras do escritor irlandés (persoalmente eu non sei, repito que é o primeiro que leo deste escritor). James Joyce retrata a evolución dun cativo Stephen Dedalus ata chegar á Universidade. O seu paso polo estricto internado. A presencia da relixión tan presente na Irlanda de Joyce. O descubrimento do pracer. As loitas internas entre o ben e o mal. A política... Son algunhas das cousas que nos imos atopar neste libro, sempre revooteando sobre cada unha das follas a evolución espiritual do personaxe.

Un dos factores que máis me gustaron do ‘Retrato do artista cando novo’ é que sentes como o autor, coma pode ser Sergio Pitol ou Borges, disfruta escribindo: aparecen largas descricións (aínda cas veces cansantes e excesivamente largas, coma cando o sacerdote explica ós rapaces as penas do inferno), centrándose nos adxectivos, un ritmo lento pero á vez sufocante, e moitos moitos moitos monólogos interiores. No argumento destaca os cambios radicais na persoa de Stephen Dedalus, cando o rapaz pasa de ser un alumno máis ou menos bo, á luxuria e a depravación nunha Irlanda ultrarrelixiosa e dividida entre católicos e protestantes, ata plantexarse o servir a Deus tras unha intensa loita interior.

En fin, non é un libro para lectores fans de libros con argumentos ultrarrápidos coma todos eses que venden tanto ultimamente. Este libro precisa unha lectura reposada, regodearse en cada frase, e disfrutar dun bo libro ¡Cona!

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

Esteiro de noites falecidas

 

 

Limpeza de sangue

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán