índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

 

 

Viajes y yantares por Galicia

Álvaro Cunqueiro. Enviado por Xulio Devesa (Vigo)

 

Viajes y yantares por Galicia“Viajes y yantares por Galicia” mostra a faceta xornalística do mestre de Mondoñedo. O libro, que recolle artigos publicados na revista Vida Gallega, está dividido en tres partes: a primeira dedicada á gastronomía, a segunda ós viaxes e unha terceira de temática diversa agrupada co título xenérico de De varia re.

A parte correspondente á gastronomía lévanos por eses sabores de antano, eses sabores que lembramos da infancia. Así imos desde os agasallos que nos ofrece o porco: as talladas de lacón, a morcilla de sangue, a cachucha, orella, o dente... ata esas lampreas tan abundantes antes e preparadas á bordelesa ou en empanada (eu prefiro esta última) pasando polas ameixas de taberna, polas feiras onde o polbo é o rei e todo regado cun bo albariño de Cambados.

Como despois dun bo xantar é recomendable dar un longo paseo, Cunqueiro lévanos da man xunto a Don Luis de Góngora por Monforte de Lemos; con Montgolfier á solta do globo de Betanzos; pola Limia, país do olvido; por Lugo, A Coruña, Viveiro (sorprendente, Viveiro ven do latín bivarius, isto é, castor).

Unha vez que rematamos co paseo, podemos sentarnos relaxadamente en casa e disfrutar das boas lecturas que nos ofrece na parte final do libro, De varia re, onde nos invita a contemplar as estrelas, a pintura de Manuel Prego ou os libros de Ánxel Fole.

Aquí se nos mostra un Álvaro Cunqueiro dunha pluma xenial, case que máxica. E todo nunha magnífica edición de Alvarellos en tapa dura e cun formato non moi grande e manexable.

 

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

Esteiro de noites falecidas

 

 

Limpeza de sangue

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán