índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

           

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

     

                        

 

 

Pepa a Loba                

Carlos G. Reigosa. Enviado por Marquiños (A Coruña)

 

Pepa A LobaPara min, sen dúbida algunha, Carlos Reigosa é o Pérez-Reverte da literatura galega (aínda que comezase escribir moito antes que o creador do Alatriste), esto é, pertencen a esa clase de escritores que, aínda que non pasen á historia das letras pola súa calidade escrita (aquí estou a falar de personaxes da talla de Cunqueiro, Fole ou Ferrín) están por enriba da narrativa de escritores tipo Dan Brown ou Ildefonso Falcones, e os seus libros están por enriba da media xeral se falamos de cifras en canto exemplares vendidos.

Reigosa conta a historia da bandoleira galega máis famosa de tódolos

tempos, aínda que xa avisa de que estamos ante unha novela histórica (moi ben documentada), froito de anos de investigación, e que todo o aprendido está mezclado coa ficción.  Pepa a Loba, despois dunha mocidade moi dura, ve como todo o que ama ao redor desmorónase e ademais é encerrada na cadea. Cando Pepa consigue fugarse, convértese en capitá de gavela, cun grupo de homes a quen, como a ela, esquivoulles a sorte, a partir de aí, Pepa a Loba e o seu pequeno exercito de 'desarroupados' enfrontaranse a caciques, ó clero, ...

Sen querer destripar o contido do libro, 'Pepa a Loba' é unha novela que

engancha, que divirte a súa lectura. Acción, romanticismo e drama son

algúns dos seus ingredientes. Obra recomendábel para aqueles que queiran ter unha lectura agradábel.

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

Limpeza de sangue

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán

 

Conversas con Darío Xohán Cabana