índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Eric-Emmanuel Schmitt. Enviado por Anónimo de Vigo

 

O señor Ibrahim e as flores do CoránVelaquí o relato perfecto. Desde ese comezo onde "Aos once anos, rompín o meu porquiño e fun visitar as putas" até o final. "O señor Ibrahim e as flores do Corán" mergúllanos nunha engaiolante historia que non podemos deixar de ler até rematar as escasas 60 follas do libro.

Moisés (Momo) é un neno xudeu do París dos anos 60 abandonado pola nai e esquecido do amor paternal. Momo é un neno solitario cuxo maior obxectivo é conseguir os douscentos francos que custan as putas do seu barrio.

Nesas coñece ao señor Ibrahim, un tendero musulmán que rexenta unha tenda de comestibles onde Momo soe ir roubar para financiar as súas necesidades.

A diferencia de relixións fai desconfiar ao principio a Momo dese home que lle deixa roubar sempre e cando non roube noutras tendas, pero pouco a pouco crecerá unha grande amizade entre ámbolos dous. O señor Ibrahim é un home solitario, sabio, cunha forma moi particular de ver a vida que axudará a Momo a enfrontarse ás vicisitudes da súa idade.

Cando Momo é abandonado polo pai, el máis o señor Ibrahim iniciarán xuntos unha viaxe até a aldea natal do señor Ibrahim. Momo irá aprendendo unha lección de bondade e xenerosidade que o acompañará toda a súa vida.

"O señor Ibrahim e as flores do Corán" é unha fermosa historia moi positiva sobre a tolerancia e a amizade. Por veces moi divertida, aprendemos con Momo as sabias leccións do vello musulmán.

Resumindo: un grandísimo libro que inspirou unha grandísima película.

 

 

 

 

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

Esteiro de noites falecidas

 

 

Limpeza de sangue

 

Conversas con Darío Xohán Cabana