índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

 

 

O bosque dos raposos aforcados

Arto Paasilinna. Enviado por Manuel Castiñeiro (Santiago)

 

O bosque dos raposos aforcadosOiva Juntunen é un ladrón profesional finlandés. Oiva, con dous compañeiros máis de fechorías rouban uns lingotes d'ouro ó goberno noruegués. Os compañeiros de Oiva acaban no cárcere e este esconde os lingotes á espera de que salgan e repartir o botín, pero Oiva prefire quedarse él só con todo o ouro e escapa á Laponia profunda onde espera non ser atopado. Este é o comezo de todas as súas aventuras: en Laponia xúntase cun comandante borrachuzo, atopan unha vella de espírito rebelde, enfróntase co seu antigo socio de asaltos que quere recuperar a súa parte e ten que sobornar a un gardabosques para non ser denunciado.

A grandes rasgos este podería ser o resumo da obra de Paasilinna. Como puntos fortes da novela podería reseñar que é unha novela que se le rápida e dun xeito sinxelo. Desborda moitisimo humor, ten un bo argumento e permítenos coñecer un mundo que para nós queda tan lonxe como é a Laponia finesa.

Agora os puntos febles. Aínda que sexa un libro que case non puiden parar de ler até rematalo quedoume un certo sabor amargo cando terminei. O bosque dos raposos aforcados está por debaixo da calidade doutras obras que publica Rinoceronte. Eu quedeime marabillado cos libros de Houllebecq, de Ivo Andric e con Anxos do universo, de Einar Mar Gundmunsson. E este libro non chega a ese nivel.

Este libro de Paasilinna é como eses films que vemos para nos entreter, pero non volvemos ver máis veces.

 

 

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

Esteiro de noites falecidas

 

 

Limpeza de sangue

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán