índice

novas

axenda

andel

conversas

lectores

rapaces

reseñas

firmas

ligazóns

 

Biblioteca dos Lectores


 

 

 

 

Madia Leva!

Antón Grande. Enviado por Raquel Loureiro (Lugo)

 

Madia Leva!Non podo deixar de recomendar o último libro de meu paisano Antón Grande, Madia Leva!. Un conxunto de relatos ambientados básicamente na miña cidade (aínda que tamén aparecen outras como Santiago de Compostela ou Vigo).

En Madia Leva! atopamos a un Antón Grande inxenioso, conciso, que nos conta as historias de tí e de mín, de noso compañeiro de traballo, dos borrachos das tabernas onde imos tomar unha cunca de viño xa tardiña, dese músico que toca por esa rúa que pasamos tódolos días ou dese veciño tan raro que nunca vemos nas escaleiras. Ademáis, Antón ten a capacidade de nos contar esas historias dunha forma breve, clara e concisa. Nunhas poucas liñas de texto é capaz de mostrarnos esa realidade existente arredor de nós e que non sempre somos capaces de ver.

Unha das características deste libro é a colección de perdedores que pasan polas súas páxinas: o borracho atropelado, a estudiante que apuntaba alto e ramatou traballando nun bingo, emigrantes que teñen medo de voltar a súa aldea, o traballador que despeitado rouba a seu antigo xefe, ... Parece que Antón regodease con esta serie de personaxes, pero sen embargo consegue botarlles un chisco de humor e unha grande humanidade. Aínda que tamén sabe porse tenro, como ese mozo que despois de vinte e cinco anos volve ver que súa antiga moza, xa casada, conserva os seus agasallos.

Meus preferidos Veña Merengue!, Relacións de sociedade e impresionantemente xenial Os proscritos. Un libro que, por desgraza, faise moi curtiño.  

 

 

Biblioteca dos lectores

Opinións

Clube de lectura

Fervenzas dos lectores

 

 

Últimas aportacións

 

 

Esteiro de noites falecidas

 

 

Limpeza de sangue

 

 

O señor Ibrahim e as flores do Corán